30 nov 2012

II Encontros anarquistas (A Coruña)

Os vindeiros días 6,7,8 e 9 de decembro terán lugar os segundos Encontros anarquistas no CSOA Palavea de A Coruña (R/Río Quintas 31, N-550 xunto á discoteca Oh! Coruña).

O venres 7 a partires das 18:00h debate "Estratexa e Táctica do anarquismo actual e proxección cara ó futuro".

O sábado 8 desde as 11 da mañá (con pausa para xantar) debate "Anarquismo e organización".

Leer más...

Palco de Autoridades

Levo uns dias dando-lhe voltas a minha cabeçinha, tudo desde que soubem que no Pavilhom de Despostes do Sar em Compostela, a cancha onde o clube de baloncesto Obradoiro joga os seus partidos da casa, nom deixam entrar as "estreleiras", ou seja as bandeiras galegas com a estrela vermelha, por orde da polícia e a raiz da denúncia dalguns siareiros que nom gostam de ver ondear esta bandeira.

A notícia é de aupa, pois no caso de conseguir cola-la, a pessoa que porte a "estreleira" pode receber umha multa mesmo superior aos tres mil euros. A razom esgrimida pola polícia (o clube desentende-se da polémica) seica é que "a estreleira nom é oficial, tem umha estrela e incita á violência".

Mas nom é isso a origem da minha teima, nom. Tem-me igual o que aconteza num partido de élite desportiva (tanto tem se é futebol ou baloncesto ou outro qualquer negócio capitalista baseado no espectáculo). O que me chamou ardentemente a atençom foi a resposta "contundente" da equipa municipal do BNG: "Os membros do grupo municipal do BNG deixarám de ir ao palco do Multiusos Fontes do Sar entanto nom se soluçone a situaçom derivada da retirada de bandeiras galegas com estrela para apoiar o Obradoiro"

Vam deixar de ir ao Palco de Autoridades como medida de pressom!!!

É dizer, os concelheiros e concelheiras do BNG, suposta alternativa do povo, estám a ir DEBALDE aos partidos espectáculo e sentam como AUTORIDADES no Palco que os separa do povo, nessa zona com umha especial ubicaçom e melhor vissom do que acontece na cancha, e delimitada do público em geral, que recebe o nome de PALCO de HONOR, e que vem a ser umha rémora mais do franquismo (se bem os paises chamados comunistas som e forom também grandes ostentores dessas parafernálias).

E nom só isso, numha crónica de El Correo em 29.05.2011 , falam de que o Ruben Cela estava no Palco de Autoridades quando só era candidato do BNG à alcaldia.

Estas som as alternativas políticas que nos achacam às anarquistas aquelas pessoas que seguem pensando que votar ao BNG ou AGE é umha alternativa diferente de PP e PSOE.

Só resta-me agradecer-lhe ao BNG a sua sinceridade, que me transmite que nom estou errado quando berro PP, PSOE, BNG A MESMA MERDA É !!!

Edu
Leer más...

[Compostela] Sábado 1 dezembro.- Primeira Asemblea para a formación dun Clube Social de Cannabis.

Recebemos un correo da XA (Xuntanza Antiprohibicionista) dando conta desta convocatoria que colamos:

Como acordamos nas VI Xornadas Antiprohibicionistas durante a charla de Clubes Sociais de Cannabis -CSC-, a Xuntanza Antiprohibicionista coordina a convocatoria da primeira asemblea para a formación dun CSC en Compostela.

Esta primeira xuntanza terá lugar na "Casa do Vento" (Rueiro de Figueiriñas - Compostela) o sábado 1 de decembro as 18:00h.

Nesta primeira xornada un compañeiro da Xuntanza Antiprohibicionista informará e asesorará sobre como debe ser o proceso de formación dun CSC e as bases legais, para empezar a poñer a funcionar o proxecto.

Martín Barriuso sobre los clubes sociales de cannabis en España from ddaa on Vimeo.


Ademais fazemos recordatorio de que XA! está a realizar todo-los martes de 18:00' a 20:00', também no CSO A Casa do Vento un “Obradoiro de Autodefensa ante a Lei Corcuera” para aprender a recorrer as túas sancións administrativas por infracción da Lei Orgánica 1\92 de Protección de Seguridade Cidadá (multas por tenencia ilícita ou consumo na vía pública de sustancias psicoactivas perseguidas).

¿Que é un acordo de iniciación? ¿Cal é o prazo para presentar alegacións? ¿Que teño que alegar?

Também podes poñerte en contacto con a Xuntanza Antiprohibicionista X.A! mediante correo electrónico.

Saudos Antiprohibicionistas!
Xuntanza Antiprohibicionista X.A!
a_xuntanza@hotmail.com
http://xuntanzaantiprohibicionista.wordpress.com/
Leer más...

29 nov 2012

Gilbert Ghislain SECUESTRADO ILEGALMENTE polo Estado Frances

Copiamos, traducimos e colamos o último comunicado emitido hoxe mesmo en gilberttextos.blogspot

Tivemos o xuízo pola apelación contra os 4 anos de condena da fuga en helicoptero; esperamos a deliberación o 20 de Decembro.

Esta martes 27 de Novembro; ía ser o Refere ( demanda de liberdade por detención arbitraria) que fora aprazado en dúas ocasións, bo... pois se suspendeu por "conflito de intereses".... Co cal a única ferramenta xudicial que tiñamos para denunciar un secuestro en toda regula; anuláronnola. Imos volver convocalo... pero se está permitido aprazalo as veces que queiras ou anulalo... xa non sabemos se funcionará.

Hoxe 29 de novembro ía ser a audiencia para a saída con pulseira e vixiado; foi aprazada tamén ata xaneiro.

E así toda a vida... Estamos ante un caso evidente de SECUESTRO ILEGAL e non podemos facer nada.... chegáronnos a dicir que o caso de Gil é un "marrón" xudicial e que ninguén quere tomar as reponsabilidades de darlle a liberdade, porque iso implicaría acusar xuíces e procuradores de manter ilegalmente unha persoa en prisión. Nin sequera os avogados queren tomar esa iniciativa.

E mentres estamos a chegar aos 30 ANOS DE PRISIÓN, e Gilbert vai superar todos os máximos legais Europeos que unha persoa debe estar en prisión.

Todo o mundo se escuda en que non se pode aplicar o máximo legal porque a condena foi cumprida en 2 países. Non obstante Francia sacou en xaneiro do 2010 unha lei que está no seu código penal (art. 132-23-1) que contabiliza as penas cumpridas en territorio dun país europeo. Disto aínda non se decataron nin os avogados. Polo tanto a nosa loita pola liberdade tamén é contra loanza avogados... os cales non queren entrar en enfrontamento co Estado e lles seguen o xogo e mentres nos cobran unha media de 1500 por cada audiencia.

Gilbert está só. non temos apoio e todo o que hai que mover o move soa a súa compañeira, a cal nin sabe case Francés.

Temos ante nós un secuestro ilegal e unha condena de 30 anos xuntas nunha soa persoa e ninguén nos chamou para ofrecernos axuda, nin iniciativas propias, nin chamadas a avogados ou de avogados, ningunha xestión, ningún contacto... amigos ou calquera movemento que nos puidese dar un pouco de aire. É que ninguén coñece alguén que puidese polo menos orientarnos en como movernos?

Un colectivo axudounos economicamente a pagar un dos avogados. Salvo eles; nada máis. E xa non nos queda máis.

Estamos abertos a calquera tipo de iniciativa de calquera clase; todo é benvido pois xa nada pode prexudicarnos.

Non deixamos de agradecer todas as participacións economicas para pagar toda esta burocracia:

2100 5875 87 0200043581 . La Caixa (Estado español)
20041 01016 1302461k037 06 La Banque Postale (Estado francés)

Un saúdo a todxs.

Familiares e amizades de Gilbert Ghislain.
Leer más...

EUA, Resistencia ao Gran Xurado: Carta de KteeO sobre a menstruación e a encarceración

Recollemos esta carta de ContraInfo dunha compa anarquista presa nos EUA polo caso "Gran Xurado"

Estiven a pensar algunhas cousas que me gustaría compartir se vos apetecese lelas:

Debo confesar que, ata que non me enfrontei á encarceración non pensara moito sobre a menstruación en prisión; pero cando me decatei de que me ían encerrar, empezou a converterse nunha preocupación que non paraba de darme voltas na cabeza.

Agora que pasei un ciclo menstrual enteiro en prisión (e estou a medio camiño doutro), decátome de que as miñas preocupacións non eran infundadas. Descubrín, ao igual que moitas outras, que sangrar en prisión é unha experiencia alporizante.

É unha experiencia que ou funciona adrede para degradar as reclusas ou nos degrada debido ás medidas para aforrar custos; de calquera xeito, o resultado é o mesmo. A prisión fainos odiar unha parte de nós; ponnos en contra dos nosos corpos.

Mirade, odio esaxerar as cousas, non me gusta ser dramática, así que, por favor, entendede que non intento facer nada diso cando falo dos efectos do cárcere combinados coa menstruación, explícome.

Primeiro, as compresas que nos dan, cando hai, son inadecuadas (unha vez, antes de chegar eu aquí, non lles deron compresas ás rapazas en dúas semanas); son pequenas e non teñen ás e dannos unha cantidade fixa. E os tampóns? Non hai tampóns na prisión federal. Se tiveses o diñeiro, unha antes podíallos comprar a prezo de ouro no economato, pero xa non. Durante as cinco primeiras semanas que estiven aquí, non houbo e agora, sen avisar, quitáronos do listado do economato.

Ben, ademais, non podemos facer a coada e a maioría das rapazas aquí non se senten demasiado cómodas mandando a roupa e as sabas manchadas de sangue.

Así que o resultado, sen importar a intención das prisións, é que aínda que aceptes o teu período, este se converte nunha experiencia degradante e limitadora (falando de degradante, non falemos do cacheo con espido integral cando estás coa menstruación, sobre todo, sen tampón...). A maioría da xente aquí describe ter o período cando estás no cárcere como unha das peores cousas de estar encerrada. Crea ansiedade e incerteza debido ás condicións coas que lidamos.

Podería falar moito máis sobre o asunto, pero creo que, por agora, vou parar. Só sei que non é algo no que pensase moito antes da miña encarceración e gustaríame telo feito, así que pensei que estaría ben compartilo.

Espero que non vos importe que isto sexa un enorme monólogo interior e non os meus pensamentos máis elocuentes. E millóns de grazas a amigx que se abre camiño entre a miña horrible ortografía e caligrafía...

Quero que saibades todxs que estou ben. Estou a coñecer mellor as miñas novas amigas; é emocionante cando as amizades empezan a ser algo máis que superficiais. Sigo sen xogar moi ben ás cartas, pero son bastante boa en voleibol.

Tamén estiven a facer deporte e lin bastante. Grazas a todxs polo voso incrible apoio e, de novo, perdón a quem aínda non contestei. As vosas palabras significan moito para min.

Ben, seguide sorrindo, seguide loitando; en solidariedade,
Kteeo

PD: Un saúdo enorme axs incréibles humanxs que se están a facer cargo da miña amiga gata; bótoa de menos todas as noites e todos os días, pero sabendo todo o amor que está a recibir faime sentir un pouco mellor.

***Despois de escribir isto, Kteeo mencionou que as compresas melloraron e que os tampóns volverán ao economato dentro de pouco***
Leer más...

Milhons de euros da Junta para entidades católicas.- Fundaçons do Opus som grandes beneficiárias

Colamos do nº 119 de "Novas da Galiza" (15 outubro - 15 novembro) esta reportagem assinada por Xavi Miquel:
No ultimo ano, as subvençons às associaçons ligadas á Igreja Católica representarom um alto porcentagem de ajudas em setores públicos chave para o desenvolvemento das pessoas, como podem ser ajudas às mulheres, à dependência, ou as ajudas a pessoas migrantes. Para além, muitas destas entidades estam claramente relacionadas com o Opus Dei, e algumhas mesmo estam acusadas do roubo de crianças no Franquismo e em anos posteriores. Mas nom se trata apenas dumha política da Junta do PP, já que durante o governo do Bipartido, a Igreja tamém recebiu subvençons milionárias.

Nos últimos meses veu à tona o debate sobre o IBI da Igreja católica como outro dos privilégios de que esta instituiçom goza num Estado que se diz constitucionalmente aconfessional. Além disso, fundaçons e associaçons de obediência clerical recebem cada ano milhons de euros dos cofres públicos para as suas atividades de caráter social. Assim, a Junta evita as suas responsabilidades subsidiando associaçons com clara vocaçom ideologizadora em campos tam significativos como a educaçom, o cuidado das pessoas idosas ou os serviços à gente imigrante.

Nas últimas subvençons da Secretaria-Geral da Igualdade para entidades de iniciativa social em programas para mulheres, 339.435 euros vam para entidades intimamente relacionadas com a Igreja católica. Representa 38% do total de mais dos quase 900.000 euros que o Fundo Social Europeu destinou a este campo. As maiores quantidades vam destinadas a fundaçons estreitamente relacionadas com a Opus Dei como a Betania Jesus Nazareno ou as Siervas de la Pasión, que recebem 36.200 e 38.800 euros respetivamente para ajudas ao fomento de ocupaçom. É também de salientar que umha associaçom contrária à despenalizaçom do aborto como a Red Madre receba 55.900 euros em subsídios de ajuda às mulheres.

Outro dos aspetos importantes som os subsídios que recebem estas associaçons para a manutençom de casas destinadas a pessoas com deficiências mentais. O caso mais notável foi o convénio que a Conselharia do Bem-Estar assinou com o centro Padre Menni da Congregación Hermanas Hospitalarias, dotado com 2,5 milhons de euros cada ano. Além deste subsídio, a entidade recebeu ainda 31.734 euros para a formaçom de emprego. A Conselharia assinou também um convénio com o centro residencial regido polas Esclavas de la Virgen Dolorosa (ligada à Opus) por 1.038.441,60 euros anuais.

Menores nas maos da Igreja

Outro dos campos largamente subsidiados som os centros para imigrantes procedentes da prostituiçom. Neste campo também abundam os subsídios a entidades opostas à despenalizaçom da interrupçom da gravidez que acolhem mulheres imigrantes que exercem a prostituiçom, como e o caso das Hermanas Oblatas del Santíssimo Redentor que com a sua casa em Ferrol recebem 37.000 euros anuais. Um dos métodos destas associaçons é poremse nas portas das clínicas privadas onde se pode abortar e repartir informaçom. Outra das associaçons que recebe dinheiro para esta atividade som as Adoratrices Esclavas com 31.000 euros anuais. Esta congregaçom tornouse famosa a nível estatal, quando visionou para os alunos dum colégio concertado da Rioja vídeos de fetos esquartejados misturandoos com imagens de Zapatero.

Os centros de menores geridos pola Junta som outro dos ramos sociais que estám totalmente nas maos das entidades vinculadas direta ou indiretamente à Igreja católica. É o caso dos 104.000 euros outorgados às Hijas del Divino Cielo Rogacionistas, por um centro com oito vagas. Mas nom é apenas umha política do PP, já que durante o governo bipartido também fôrom atribuídas largas subvençons neste campo. A Vice-presidência da Igualdade e do Bem-Estar dirigida por Anxo Quintana deu 6.862.000 de euros (75 por cento do total dos subsídios) a entidades católicas pola gestom dos centros de menores.

Finalmente, temos os centros infantis onde a politica privatizadora da Junta fai que as ajudas se multipliquem. Assim seriam os 73.740 euros atribuídos a umha escola infantil de Vigo polas Siervas de la Pasión ou os mais de 200.000 euros dados a quatro escolas dirigidas polas Hijas Caridad San Vicente de Paul.

Outros serviços onde a Igreja esta a receber subvençons som os serviços caritativos, basicamente através da Cáritas (mais de 2 milhons de euros no último ano), em fomento do voluntariado, programas para a prevençom do VIH, para as pessoas sem abrigo ou em projetos internacionais como os 175.000 euros entregues à Manos Unidas para um projeto na Bolívia.

Milhares de euros para entidades acusadas de roubo de crianças

Entre os subsídios outorgados destacam vários milhares de euros que som destinados a congregaçons que nos últimos meses fôrom acusadas de roubo de crianças durante o franquismo. O caso mais notório é o das Siervas de la Pasion que é incriminada de vários roubos nos diferentes orfanatos que tem no território espanhol. O orfanato de Vigo foi denunciado por várias pessoas que supostamente fôrom entregues a pais de adopçom sem as maes biológicas terem conhecimento disso. Além do mais e tal e como relata um dos afetados, umha das freiras encarregadas do orfanato, Josefa García Veiga, cada ano ia visitar os pais de adoptivos e sempre saía com um envelope cheio de dinheiro. Esta pessoa foi entrevistada para um documentário da televisom pública catalá e a resposta à jornalista foi “que nom me entra na cabeça desvelar nada. Que te mates agora a dar voltas inutilmente, para mim é umha perda de tempo”. Nom som as únicas, assim as Hijas Caridad San Vicente de Paúl, também som acusadas destes crimes em várias casas de acolhimento que tenhem em Bilbau. Ademais de receber generosos fundos públicos, esta associaçom através da instituiçom Padre Rubinos recebeu neste ano 25 milhons de euros da Fundaçom Amancio Ortega para um novo edifício que terá lar de idosos, escola infantil ou residência de religiosas entre outras. Em 2011, a instituiçom Padre Rubinos recebeu num convénio de colaboraçom com a Conselharia da Presidência, 40.000 euros. Outras entidades que fôrom subsidiadas e que som acusadas do roubo de crianças som as Adoratrices Esclavas, as Hermanas Oblatas del Santíssimo Redentor ou as Esclavas de la Dolorosa.
Leer más...

Manifiesto de perto de 200 juízes e juízas em protesto contra os indultos concedidos aos quatro mossos d'esquadra condenados por torturas.

Num post antérior de Abordaxe já se tocara este tema, mas a singulariedade deste conflito entre dois poderes que som piares desta sua democracia, o ejecutivo e o judicial, é tam novidoso, que considerie oportuno abrir estoutro post dando-lhe voz a essxs membros cabreadxs da judicaturia, com o que cópio, traduzo e colo este treito das suas palavras textuais (podedes le-lo manifesto à ìntegra em castelám nesta ligaçom de El diario.es:

Nom existe motivo razoável algum para um duplo indulto como o que o Governo concedeu. Os feitos declarados provados som moi graves e contrários à dignidade humana. Conceder um indulto nestas circunstâncias supom realizar um uso groseiro e desviado da instituiçom. Ao instrumentalizar o indulto para a consecuçom de fins alheios aos que o justificam, o Governo dinamita a divisom de Poderes e usurpa o papel do Poder Judicial, transladando à Judicatura umha mensagem inequívoca de desprezo ao situa-la numha posiçom subordinada na ordem constituiçonal.

A tortura é um dos piores actos realizáveis contra a dignidade da pessoa. Esta dignidade é o fundamento dumha ordem constituiçonal. O Tribunal Europeio de Direitos Humanos condenou ao Estado Espanhol por nom investigar istos feitos. O Governo deu um passo mais. Quando a Justiza actua, investiga e condena, o Governo indulta. Desde logo, parece difícil explicar ante esse Tribunal Europeio semelhante comportamento.

Todas as pessoas, sem excepçom, estám sujeitas às leis. Este signo distintivo do Estado Constituiçonal marca a diferência con los regímenes autoritarios, onde os detentadores do Poder estám exentos do cumprimento das normas. A decisom do Governo é imprópria dum sistema democrático de direito, ilegítima e éticamente inasumível. Por elo nom podemos deixar de manifestar o nosso rejeitamento a um uso tam desviado da instituiçom do indulto e advertir que os seus efeitos, em termos comunicativos, som devastadores.

Notícia redactada por Edu
Leer más...

27 nov 2012

Timba Poética na Casa do Vento e Palavea

Damos conta desta cita dupla de fin de semana, da que soubemos grazas a un correio que nos figeron chegar as compas da Casa do Vento, que di así:
A timba poética é berrar, escupir, falarse ao oído, espirse, escoitar, falar polo micro, sen micro, cantar, comer, tocar, tocarse…

Comezarán hacia as 9 da noite deste venres no CSO Casa do Vento de Compostela e polo que aponta o cartaz o sábado será no CSO Palavea de A Coruña.

Hai pactadas pero queda moito tempo de micro aberto para quen se anime a recitar (por dicir algo).

No CSO A Casa do Vento haberá bocatas veganos para cear e poder pagar os gastos
Leer más...

Xs assassinxs de Kentucky Fried Chicken (KFC) invertirám 88,4 milhons de euros para conquistar o Estado espanhol

Recebemos no nosso correio umha ligaçom com esta notícia publicada em veganxs.blogspot.com:

KFC é a cadena mais grande de restaurantes especializados em vender polos mortos, como um puto McDonald´s de merda. A marca conta com 17.000 restaurantes em 109 paises. Cada dia em tudo o mundo case 12 milhons de inutis comem morte nos restaurantes KFC. Em 1952 o Coronel Sanders abrira o seu primeiro restaurante. A el se lhe acredita como o pioneiro do desenvolvimento do concepto de franquícia dentro do sector de restaurantes. Despois da sua apertura, 10 anos mais tarde, aproximadamente, em 600 restaurantes estavam a servir o seu polo assassinado. Com o franquismo, em 1.971, aterrou KFC em Madrid.

Em Outubro de 1986 KFC foi adquirida por Pepsico Inc. Em 7 de Outubro de 1997, Pepsico Inc. segregará as suas actividades de restauraçom numha nova companhia, Yum Brands, Inc., que se enfocará no sector da restauraçom de comida lixo com as suas tres marcas: Pizza Hut, Kentucky Fried Chicken e Taco Bell.

O director geral da firma, Manuel Zamudio, na inauguraçom dum novo restaurante lixo em Madrid em 6 de novembro deste ano, digera que a cadena vai invertir perto de 88,4 milhons de euros até 2016 para abrir 52 novos centros, o que suporá na práctica duplicar o seu tamanho e chegar aos 120 estabelecementos no estado espanhol, frote aos 68 com os que conta na actualidade, e que a maioria dos novos estabelecementos que se abrirám serám imóveis de tipo chalé nos que a inversom ronda os 1,7 milhons de euros.

Zamudio também detalhou que a companhia lograra crecementos em vendas de duplo dígito nos tres últimos anos, o que qualificou de "oáis na situaçom de crise na que nos atopamos", ainda que nom facilitou a cifra de negócio da cadena integrada no grupo YUM!, por dar as suas vendas integradas junto a outros tres paises europeios, Alemanha, Holanda e França.

Entre os cámbios introduzidos, destacou que a cadena -que conta com os proveedores nazionais assassinos Avícola de Lérida e Grupo Sada- decidiu que tudo o polo que se utilizará nos restaurantes para empanar será morto fresco, fronte ao sistema anterior de congelado, e que esse processo se realizará direitamente nas cocinhas dos restaurantes.

BOICOTE e SABOTAGEM a KFC

Cabe engadir, que tal como recolhemos da mesma web veganxs.blogspot.com, no dia da greve geral em Madrid houvo umha acçom direita de ataque contra um restaurante KFC com o titular: Nom tod@s consentimos o negócio da morte. Colamos cá o vídeo da acçom:
Leer más...

Chuvia de Solidariedade para com o Companheiro "Ceive"

Damos conta desta petiçom de solidariedade e denúncia recebida no nosso correio e que traduzimos e colamos:

Saudos companheirxs!

Ponhemo-nos em contacto para comentar-vos a situaçom do companheiro “Ceive”, quem, como sabedes, está encirrado em León no centro de extermínio de Mansilla de las Mulas dispersado como medida repressiva tra-las suas contínuas denúncias e protestos dentro do cárcere de A Lama.

Segundo nos vem de contar "Ceive", os carceréiros junto com os médicos andam a amola-lo da seguinte maneira:

Nom lhe permitem estar em primeiro grado, incomunicando-lhe do resto de gente que peleja dentro do cárcere, com a intençom de que no volva a extender a luita a outrxs companheirxs, como já figera em A Lama.

Novamente quitarom-lhe a sua medicaçom, 5 pílulas de golpe, como forma de tortura. Cousa que temos denunciado a través dxs advogadxs.

Nom lhe estám entregando nengumha carta nem nengumha publicaçom desde há dias polo que fazemos um chamado a toda a gente para que lhe escrevades e mandedes de tudo, desde publicaçons, cartas de apoio, etc.... e também a que tentedes fazer-lhe chegar selos e sobres a ser possível.

Este é o seu endereço:

Roberto C. Fernandez Pardiñas
C. P. “Mansilla de las Mulas”
Paraje Villahierro - Mansilla de las Mulas;
24210 – León

ROBERTO NOM ESTÁ SÓ

ARRIBA XS QUE LUITAM
Leer más...

26 nov 2012

De indultos e de prémios.- Graça do governo espanhol para quatro mossos condenados por torturas

O Governo espanhol vem de indultar por segunda vez a quatro mossos d'Esquadra, Joan Salva, Manuel Farré, Fernando Cea e Jordi Perissé, que segundo sentência do Supremo, ficara provado que em 27 de julho de 2006 confundiram ao cidadá de origem rumano Lucian Paduraru, entom de 28 anos, com o ladrom dum piso, a quem esperaram na porta da sua morada, nom se identificaram como polícias, propinaram-lhe umha malheira, insultaram-no e incluso ameazaram-no introduzindo-lhe umha pistola na boca, tudo elo na presência da sua mulher, quem estava grávida de tres meses e recebera também um trato degradante. Os 4 mossos foram condenados em 2009, por delitos de torturas, lesions graves, detençom ilegal, inviolabilidade de domicílio, contra a integridade moral e maltrato.

O ejecutivo já intentara em fevereiro que nengum dos mossos tivera que entrar em prissom, e assim concedera-lhes um primeiro indulto que comutava as penas de quatro anos em umha só de 2 anos de cárcere e suspensiom de cárrego nesses 2 anos, com o que o governo de Rajoy supunha que assim os mossos torturadores livrariam de entrar no cárcere (dado que normalmente se o reo nom tem antecedentes, como era o caso, suspende-se a ejecuçom se nom supera os 2 anos), mas na altura, a Audiència de Barcelona sorprendera ao manifestar o seu desacordo com esta concessom do primeiro indulto e ratificava a necessidade do ingresso em prisom dos mossos pola gravidade da sua conducta e polo feito de que se tratara de membros dum corpo policial, que por mandato constituiçonal devem proteger à cidadania.

Assim a graça do ejecutivo espanhol contava com o posiçonamento contrário do aparato judicial, mas como no jogo de pedra, papel, tixeira, acá o ejecutivo ganha ao judicial quando se trata de elementos do seu serviço de ordem.

O 10 de dezembro era a data límite, ou o Governo atendia a petiçom dum 2º indulto ou entravam em prissom. Assim neste venres passado, o Governo de Rajoy volveu tirar de tixeira e concede-lhes este 2º indulto, polo que desaparecem os 2 anos e os mossos torturadores só terám que pagar 7.300 € de multa a pagar em quotas de 10 € diários e em 2 anos a patrulhear a cidade. E isso pese a que a Audiência advirtira num auto em agosto que um segundo indulto seria “umha sorte de fraude de lei ou abuso de direito”, e suporia “utilizar ao antolho” dos polícias e “individualizar ao seu capricho e melhor acomodo” esta figura excepçonal de graça, e remachava com “nada mais contrário aos princípios de igualdade e justiza que como fundamentos do nosso sistema jurídico penal devem ficar absolutamente preservados de qualquer comportamento arbitrário, antojadizo e caprichoso como o que sem dúvida, representa o próprio do caso de autos”. Mas tudo é pápel, e já se sabe que pápel contra tixeira...Como declara Joan J. Queralt, catedrático de Direito Penal da universidade de Barcelona: "Tudo fica num tirom de orelhas… ao peto dos polícias. Cabe inferir que esse é o prezo da indemnidade moral e física da cidadania" e engade "de seguir por esta senda de indultar a quebrantadores de direitos, afirma-se umha clara política: delinquir desde o mais sensível da funçom pública nom só é rendível, senom que resulta bem valorado políticamente".

De todas já nom causa estranheza que as forças defensoras do poder estabelecido tenham um trato de favor dos diferentes governos, já nom sorprende. Desde tempos imemoriais é assim e nom é nada novo na História, em épocas feudais, nas monarquias absolutistas, nas dictaduras dum e doutro sino e, por suposto, nas chamadas democracias, nom é raro que a actuaçom de militares e polícias de qualquer pelaje gocem de prebendas e parabens pelas suas actuaçons, sejam estas recebedas por massacrar a um outro povo declarado inimigo ou por repremer qualquer demanda do próprio povo em contra dos intereses dos governantes e dos beneficiários dos seus governos (sempre os mesmos ao longo da História).

Assim agora só falha que sejam ascendidos de grao e que recebam umha medalha em cumprimento do seu dever, ao igual que já estamos afeitas a ver nos falsimedios como os governos otorgam medalhas póstumas e tocata de hino nazional para militares por mor de ter ido assassinar gente em paises remotos no que agora gostam de chamar "missons de paz" e mesmo tem que estes heroes patriotas morreram em actos de combate (atentados chamam-lhe) que em accidentes de tráfico terrestre ou aéreo ou de infarto e outras enfermidades (1), som patriotas e ponto e tudos merecem Funerais de Estado e prebendas para as suas famílias (tanto económicas como mesmo a nacionalidade póstuma no caso de militares reclutados em Ámerica).

..................... (1) Segundo a wikipedia desde 1987 (1ª "missom da paz") até hoje levam mortos 165 efectivos militares no extérior, deles 90 em accidentes aéreos, 22 em accidente de tráfico terrestre, 11 de infarto e 4 de disparo accidental, por só 36 em acto de guerra.

Notícia redactada por Edu segundo informaçom recabada de ElDiario.es, e El Pais
Leer más...

25 nov 2012

Barricada na folga do 14 N en A Coruña

Difundmos o seguinte video do que tivemos coñecemento pola mensaxe dunha lectora que nos enviou o enlace:
Leer más...

[Compostela] Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" .- Novo Horario de Apertura

Leer más...

23 nov 2012

Mortes Silenciadas: Carta da Nai de José Manuel Jurado, aparecido morto em estranhas circunstâncias no cárcere "Sevilla I"

Colamos de Tokata para amplificar a notícia (respeitamos a lingua original ao ser umha carta pessoal) e além, fazemos pública a Denúncia da C.P.T. (Coordinadora pola Prevençom da Tortura), ante a sistemática política de ocultismo das mortes que se estám produzindo em prisom:

He perdido a mi hijo el día 3 de noviembre, en la cárcel de "Sevilla 1". Con solo 25 años.

Mi hijo falleció el día 3 de noviembre a las 3 de la mañana, en la cárcel “Sevilla 1″. En el tanatorio de San Jerónimo estaba a las 4, pero a mí me llamaron de prisiones a las 6,45 horas, me dicen que ha muerto y que no saben qué ha pasado.

Le hacen la autopsia y la forense me dice que es de un edema pulmonar y que va a mandar a Madrid pruebas para ver qué le causó ese encharcamiento de pulmones, ya que está completamente sano, ni siquiera neumonía y que nunca ha padecido de corazón tampoco.

Entró en prisión por el robo de 4 móviles (llevaba 3 meses) el juez lo mandó a prisión sin fianza, y el fiscal le pedía 9 años y medio. Haré todo lo que pueda para defender los derechos de mi hijo, que desde que entró en prisión los perdió.

Estoy hablando con AFAPREMA y APDHA para ver si me pueden ayudar a saber qué pasó. Junto con mi abogado solicitarán al defensor del pueblo una investigación, aunque yo como madre me gustaría hacerlo saber a España entera y ponerme en la puerta de Sevilla 1 para que lo sepan todos los familiares de presos, porque mañana les pueden pasar a sus hijos.

Contra a Política De Ocultismo Das Mortes Em Prisom.

Com os últimos casos ocorridos, a C.P.T. indica que "agora já as mortes nem se notificam passados uns dias, nem aparecem nos meios de comunicaçom, senom que se ocultam e nom se fam públicas como parte da estratégia de impunidade ante as mortes nom naturais que estám acabando com a vida de centos de pessoas presas no seno de instituiçons públicas com as que mantenhem umha relaçom de sujeçom especial e das que os seus direito à saude e à vida depende única e em exclusiva das mesmas". Que se está a passar? Porque se ocultam estas mortes? Porque nom se exigem responsabilidades ou quanto menos se investigam? Ocorriria isto mesmo se as vítimas fossem outras? Podem-se tolerar impunemente estas mortes no seno dumha instituiçom do estado como é o sistema penitenciário?

Instamos aos meios de comunicaçom, às instâncias políticas e judiciais, assim como às entidades que trabalham na defensa dos direitos humanos a que se dirijam à Direçom do penal, à Direçom Geral de Prisions e ao Serviço de Saude da sua comunidade autónoma, para que informem sobre as circunstâncias de cada nova morte dado que semelham mais preocupados por mete-lo cadáver embaixo da alfombra que por garantir o direito à saude e â vida das pessoas presas evitando que se produzam estes terríveis feitos.

Preocupa-nos a política de ocultamento nom dando informaçom pública sobre esta morte, pero além, a nula iniciativa de actuaçom por parte das autoridades judiciais competentes para esclarecer as circunstâncias destas mortes por causas nom naturais. Esta situaçom é inaceptável, sobre tudo quando a maioria dessas mortes poderiam ter-se evitado, simplesmente, com a aplicaçom estricta da actual legalidade vigente.
Leer más...

22 nov 2012

Mesa redonda: "Alternativas ao sistema penitenciario"

Esta semana nas Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas "Novembro Negro" mesa redonda sobre "Alternativas ao sistema penitenciario". Introducirán o debate José Angel Brandariz (activista e profesor de dereito da UDC) e Fran del Buey (membro de PRES.O.S.), para logo facer todxs xuntxs unha reflexión sobre como rematar coa eiva das prisións, co noxento sistema punitivo actual e, porqué non, coas causas que lle dan orixe.
-Hoxe xoves 22 na Casa do Vento de Compostela (rueiro de Figueiriñas 15. web.-http://casadovento.blogaliza.org/). Lamentablemente nesta ocasión Branda finalmente non poderá asistir.

-Sabado 24, as 19:30h, no C.S.O.A. Palavea de A Coruña (Rúa Río Quintas 31, na N550 xunto a discoteca OH!Coruña. Blog.- http://okupacorunha.wordpress.com

-Domingo 25 na Cova dos Ratos de Vigo (rúa Romil 3, baixo). web.-http://cova.arkipelagos.net Leer más...

[Compostela] Luns 26 às 20:30' .- Palestra en A Ghavilla: "Novas ameazas do progreso na Galiza : As plantas de Biomasa"

Informan desde a Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" desta interesante palestra a cargo dun compañeiro do Ateneo Libertario de Ponteareas "Lume Negro", quen xá levan feito un bo traballo de comunicación e denuncia ao respeito do que non nos contan sobre estas plantas de biomasa.

Na palestra falará da problemática das plantas de biomasa para producir electricidade a nivel galego, exemplificándoa no conflito da comarca de Ponteareas.

Também haberá Ceador Vegano. Leer más...

[Recordatorio] 23 e 24 Nov.- Palestras de presentación do proxecto antirrepresivo "Ruka Inche" en Allariz e na Guarda

Este Venres 23 de Novembro ás 18h no Café Cultural Roi Xordo (praza dos Mesóns, Allariz) e o Sábado 24 no CS O Fuscalho (r/Colóm nº3, A Guarda)ás 18:30h terán lugar a presentación do Documentario "De la cuna a las rejas..solo por ser pobres" e unha Palestra Informativa sobre a Casa de Acollida "Ruka Inche".

Para máis información sobre este proxecto visitade o seu blogue RukaInche.blogspot.com Leer más...

[A Valenzá] Venres 23 às 20:30' .- Ceador Vegano na Zalenvá

Chegounos ao noso correio esta convocatória na que se nos comunica que despois dunha pausa, volta o Ceador organizado por "A Zalenvá".

As compas apontan que este venres 23 de novembro de 2012 cambian de ubicación e o Ceador vai ter lugar a partires das 20:30' no local da Asociación de Veciñ@s das Lamas, e dan a seguinte indicación para chegar alá: "seguide Avenida de Celanova (A Valenzá) todo recto e ó pasar por debaixo da ponte da autovía tomade a primeira a dereita e seguide recto ata atoparnos na praza do pobo".

Apertas veganas Leer más...

21 nov 2012

Recordatório [Grécia] 22, 23 e 24 de novembro.- Chamado internacional de solidariedade com o caso de Luita Revolucionária.

A revoluçom social nom é o passado, senom o presente e o futuro do mundo.
Há uns días copiaramos, traduziramos e colaramos esta convocatória à íntegra de Contra Info, agora recebemos um correio no que se nos comunica que ponhem a disposiçom um material (em castelám e em formato pdf ao que podedes aceder clicando acá) para defundir sobre este processo contra Luita Revolucionária que amplifique o chamado de solidariedade internacional.

Sobre o chamado de solidariedade e acçom internacional:

Como assembleia polo caso de Luita Revolucionária e continuando as acçons de solidariedade com o mesmo, fazemos um chamado aberto a umha campanha de solidariedade, tanto a nível local, como internacional, para os dias 22, 23 e 24 de novembro.

Acordamos rachar com o muro de silêncio arredor do caso de Luita Revolucionária (L.R.) e demonstrar que xs compas que se enfrontam a juízo nom estám sozinhxs, que o caso de Luita Revolucionária é o caso de todxs nos e que está relaçonado com a esência da luita mesma. Convocamos, pois, axs compas arredor do mundo a contribuir com o seu acçonar e enviar a sua própria mensagem de Solidariedade e Luita.

O nosso objectivo é a ampliaçom das resistências dinámicas com umha perspectiva revolucionária. O nosso blanco, extender a Luita pola subversom do existente, demonstrando a sua necessidade histórica e o sinificado que tem no presente, entanto amosamos Solidariedade de facto com xs compas que estám em juízo.

O chamado internacional a tres dias de solidariedade, contrainformaçom e acçom polo caso de L.R. é parte e continuaçom da guerra social e de castes pola subversom e a Revoluçom. É justo ai onde ubicamo-lo e, assim, concibe-se históricamente o caso da Luita Revolucionária no seu conjunto.

Crónica do caso Luita Revolucionária:

Em 10 de março de 2010, tras um enfrontamento armado com forças policiais, cae assassinado o compa anarquista Lambros Foundas. Durante issos dias, Grécia cae baixo o control abofante da Troika, dias nos que Lambros Foundas, membro da organizaçom L.R., perde a vida num tiroteio durante umha acçom preparatória contra a elite política e económica que saqueia o planeta a nível global, que rapinha e dessangra a riqueza social, rebaixando a vida humana ao nadir.

Um mês depois e num clima de terror-histéria, em abril de 2010, no contexto de medidas preventivas para desarticular a organizaçom L.R., arrestam axs anarquistas Kostas Gournas, Nikos Maziotis e Pola Roupa, quem assumem a responsabilidade política da sua participaçom na organizaçom. Ao tempo, arrestam também aos anarquistas Vaggelis Stathopoulos, Christoforos Kortesis e Sarantos Nikitopoulos, quem rejeitam categóricamente, desde o princípio da sua detençom, a sua participaçom na organizaçom, declarando que a sua persecuçom está relaçonada com a sua participaçom desde há muitos anos en projectos subversivos, a sua integraçom política no espaço anarquista/antiautoritário e as suas relaçons de companheirismo.

Por participaçom na L.R., acusam também a Kostas Katsenos, contra quem havia umha orden de arresto pendente desde o momento das primeiras detençons. O sistema, querendo dar um golpe definitivo à organizaçom L.R., a quem se lhe considera umha ameaça, extende a sua ataque a través distos arrestos, para aplanar assim umha parte mais ampla do movimento subversivo.

No contexto desta extensom do ataque repressivo, 6 meses depois, as autoridades chamam a declarar a dezenas de compas do espaço anarquista/antiautoritario e familiares dxs arrestadxs.

O carácter vengativo dos mecanismos fica de novo demonstrado, chegando ao ponto de acusar a Marie Beraha, companheira de Kostas Gournas. A sua persecuçom é umha clara acçom vengativa em contra de Kostas Gournas, para quebrar a sua posiçom combativa.

Desde o 5 de outubro de 2011, leva-se a cabo o juízo de L.R. nos tribunais especiais dos cárceres de Koridallos, a porta fechada, com ausência total de publicidade. A pesar de que os meia estiveram sempre dispostos a apoiar o ataque repressivo e a propaganda estatal, esta vez de maneira provocativa e tras umha orde política, silenciam todo o relativo ao juízo do caso de L.R.

Pola sua banda, o régime leva a cabo um juízo contra os seus oponhentes políticos, num tento de amordazar qualquer mensagem de Luita e distorsionar o seu sinificado. Por outro lado, xs compas que assumiram a sua responsabilidade política na sua participaçom em L.R, defendem as acçons e o plano político da organizaçom, entanto que o conjunto dxs acusadxs, a través dos seus posiçonamentos, transformam as audiências em fortes ataques contra o sistema político-económico de miséria e exploraçom, contra o carácter das suas leis e os regimens especiais que impom a todxs quantxs resistem combativamente.

Há que dizer que actualmente nengum(ha) dxs compas está encarceradx. Vaggelis Stathopoulos, Sarantos Nikitopoulos e Christoforos Kortesis foram postos em liberdade depois dum ano de prisom preventiva tras umha ordem da fiscalia, entanto que Kostas Katsenos que se apresentou no juízo, permanecera 6 meses no cárcere. Xs membros da organizaçom Luita Revolucionária, Kostas Gournas, Nikos Maziotis e Pola Roupa foram excarceradxs depois de rematado o limite máximo de prisom preventiva (18 meses). Nikos Maziotis e Pola Roupa nom voltaram presentar-se no juízo e estám prófugxs (¡!).

No momento no que se escrebe este chamado, o juízo está na fase de declaraçns dxs testemunhas da defesa. Kostas Gournas, Nikos Maziotis e Pola Roupa, quem assumiram a sua responsabilidade pola sua participaçom em L.R. já declararom. Xs compas desde Grécia e o estrangeiro demonstrarom, a través das suas declaraçons, a importância da organizaçom L.R. a nivel político e histórico, defendendo a luita armada, a totalidade e o carácter amplo dos projectos revolucionários. Os vindourios dias declararám xs testemunhas de defesa de Vaggelis Stathopoulos, Kostas Katsenos, Sarantos Nikitopoulos, Christoforos Kortesis e Marie Beraha, quem rejeitam a sua participaçom na organizaçom pero demonstram a importância da luita e a necessidade de resistir.

Durante os dias do chamado internacional, calcula-se que os procedimentos do juízo estarám perto do momento das apologias dxs acusadxs. Por isso, consideramos moi importante que xs compas arredor do mundo enviem, ao seu jeito, mensagens de solidariedade e resistência, para demonstrar que xs compas em juízo nom estám sozinhxs, que a Luita polo derrocamento deste mundo é sempre actual.

O caso de Luita Revolucionária dentro da situaçom social, económica e política em Grécia:

Para entender o caso na sua totalidade, o mesmo que a sua importância, devemos examinar o contexto histórico, social e político específico no que o Estado blinda-se tras persecuçons, arrestos, encarceramentos, leis especiais e tribunais especiais.

O juízo do caso de L.R. leva-se a termo num momento no que o régime atopa-se em crise estructural e se lhe caerom as máscaras democráticas. A ferocidade com a que o régime contemporáneo impom-se nas nossas vidas nom se diferencia muito às dictaduras do passado. A cruel exploraçom e o control ampliado das nossas vidas projectam-se como a única maneira para sair da crise, deixando obviamente intacto o sistema que a criou, a impuso e a extendeu a tudos os aspectos da vida persoal e social.

Atualmente, pois, o régime demanda a exterminaçom política e a exclusom política dxs que luitam na sua contra, dxs que ressistem aos seus planeamentos, dxs que trabalham polo seu derrocamento. Neste momento, na Grécia da crise e a déveda, a perspectiva revolucionária da subversom do régime demonstra-se objectivamente necessária. É o dinamismo e polimorfia das luitas o que o Estado tenta deter e amordazar. É a noçom de solidariedade que se pujo como blanco e se prova.

Algumhas palavras sobre a cena internacional:

Mais lá das características específicas que tem Grécia nistos tempos de crise, seria um erro se viramos o caso de Luita Revolucionária como um caso ailhado na cena internacional. A crise nom vem da nada, atopa-se no coraçom do sistema capitalista mundial, na forma de governo e exploraçom económica que impom os dominadores deste mundo.

Sabemos moi bem que este mundo nunca foi regalado para quem resistem de maneira dinámica aos seus planos. Sabemos que a luita pola libertaçom humana e da sociedade foi sempre um caminho difícil. Sabemos que as relaçons entre xs luitadorxs som riqueza e parte importante da esência da Luita e a sua realizaçom. Que saibam todxs, pois, que xs que luitam nom estám sos.

Obrigémos-lhes a aprender que as leis especiais, os tribunais especiais e os regimens de detençom nom podem frear a esência mesma da Luita.

Contra as leis especiais, os julgados especiais e as condiçons de detençom especiais.
Solidariedade com todxs xs perseguidxs polo caso de L.R.
Solidariedade com todxs xs que luitam e som perseguidxs pola sua actividade subversiva.
NEM OLVIDO, NEM PERDOM.
HONOR ETERNO AO COMPA ANARQUISTA LAMBROS FOUNDAS, MEMBRO DA ORGANIZAÇOM LUITA REVOLUCIONARIA.

Assembleia polo caso da Luita Revolucionária

Para por-se em contacto com a assembleia:
RScase[arroba]espiv.net
Leer más...

Boletín "La Úrraca Ácrata" nº 5

Un correo chegado ao noso mail infórmanos da sáida do 5º número de "La Urraca Acrata", Boletín Informativo de carácter Libertario e de Publicación Bisemanal.

Este boletín é de difusión gratuita e podedes descárregar os 5 números editados ata agora no seu blogue ou recollelo nun dos puntos de difusión nas facultades da Universidade de Vigo así como na okupa Sevillana "C.S.O.A. Sin Nombre" e no Ateneo Libertario "Kamocho Libre", en Piornal, Cáceres.

Convidan a que para cualquer cousa enviedes un email a laurracaacrata@gmail.com
Leer más...

20 nov 2012

[Porto]: Detidos dois compas por ataques a sucursais bancárias na greve geral

Colamos de Indymedia Portugal esta crónica na que se solicita toda a solidariedade com os companheiros detidos:

Companheirxs,
Na madrugada da greve geral dia 14 de novembro, dois companheiros, Rodrigo e Rodolfo, foram detidos pelos corpos de repressom do estado em Matosinhos em seguida a umha acçom contra sucursais dos monopòlios banqueiros que regem tiranica e ilegitimamente as nossas vidas.

Antes de tudo mais, antes de todas as acusaçons e moralismos, tenho a dizer a nivel pessoal que Rodrigo e Rodolfo tiveram a plena consciencia, reflexon e conhecimento do quê, porquê e contra o que estariam a actuar. Quebraram simbolica e fisicamente a inviolabilidade fisica imposta entre o comum "cidadam", ser baixo a autoridade estatal, e o seu opressor, o capital, nomeadamente representado pelo sistema de créditos monetàrios que define umha lògica esclavagista entre todos os estratos sociais, gerido e centralizado em redor aos bancos, fortalezas da virtual integridade instituida por aqueles a quem mais lhes convém, protegidos pelo braço repressivo do estado, seu lacaio, agora mais que nunca empenhado em defender a reestruturaçom socio-economica da sociedade esclavagista - num processo ironicamente denominado "crise", quando todo este jogo està baseado na lògica monopolistica, por qualquer meio - assim como a nossa resposta serà levada com igual resposta: a sua destruiçom, por qualquer meio possivel, mas nom em nome da ganancia e da supremacia, mas em nome da necessidade, da sobrevivencia, tanto individual quanto colectiva - antes que o fascismo, ultimo laivo de coesom forçada do estado, se institua para finalizar a destruiçom da dissidencia subversiva face aos seus projectos.

Rodrigo e Rodolfo aguardam sentença fora, tendo dia 14 sido conduzidos da esquadra para o tribunal de Matosinhos, ao que, pelpo tipo de ocorrencia, foram transferidos para o TIC, estando acusados por dano qualificado de valor alto, podendo isso traduzir-se numha pena condicional e mais medidas coercivas... agora mais que nunca é necessaria toda a solidariedade para com os companheiros victimas directas de todo o aparelho de repressom - recordemo-nos, a sua primeira linha repressiva é o "ministerio da informaçom", ou seja, a opiniom publica instituida, os mass merda, que golpe por golpe, mentira por mentira, alienado por alienado, tentaram dividir e pré-condenar quem quer que apoie os companheiros e a sua luta concreta, activa e directa.

Nom os esqueçamos nos calabouços da repressom - tanto pela acçom como pela palavra, levantemos a barricada entre as nossas vidas e a escravidom instituida!

TODA A SOLIDARIEDADE A RODRIGO E RODOLFO,
ACÇOM CONSEQUENTE FRENTE A VIOLENCIA INSTITUCIONALIZADA,
SE NOS TIRAM A PALAVRA, GRITEMOS, SE NOS AGRIDEM, DEFENDAMO-NOS, SE NOM NOS ESCUTAM, ATAQUEMOS!

Alguem afim aos companheiros sequestrados.

Cabe sinalar que nos comentários da notícia apontam que os companheiros passaram a noite nos calabouços e foram a tribunal no dia seguinte para serem constituidos arguidos e conhecerem a medida de coaçom, que é a de apresentaçõns periodicas na esquadra. De seguida foram libertados e estãm a aguardar julgamento.
Leer más...

[Chile] Boas novas do "Tortuga" e de Gabriela

Colamos de VivalaAnarquia estas duas notícias que nos dam conta de que a Corte de Apelaçons rejeitou o recurso da fiscalia que pretendia volver julgar como terrorista ao compa anarquista Luciano Pitronello "Tortuga" e da reapariçom nas ruas da compa Gabriela Curilem dando assim por finalizado o seu periodo de clandestinidade que durou 2 anos e 3 meses.

Assim contam em VivalaAnarquia que ontem 19 de novembro, e passadas as 12 horas, a Octava Sala da Corte de Apelaçons de Santiago rejeitou o recurso de nulidade apresentado pola parte acusadora no caso de Luciano Pitronello. O recurso era o derradeiro intento desesperado da fiscalia para volver a começar o juízio desde o início, com a finalidade de lograr umha condena por Lei Antiterrorista. Afortunadamente isto nom aconteceu e Luciano cumprirá a sua condena por infraiçom à Lei de Control de Armas e Explosivos, de 6 anos em régime de liberdade vigiada tal como já sentenciaram os juízes do Tribunal Oral no Penal, quem determinaram que Luciano nom é terrorista.

Doutra banda, informa também VivalaAnarquia de que a compa Gabriela Curilem, e também ontem 19 de novembro, reapareceu nas ruas pola manhã.

Lembra VivalaAnarquia que Gabriela se passara à clandestinade a raiz do Caso Bombas, específicamente desde o 14 de agosto de 2010, dia em que se realizaram os arrestos e dera-se início a um juízo político que terminara de fracassar em 1 de junho deste ano, o dia no que xs 5 últimxs processadxs foram absoltxs. Nesse caso, Gabriela fora acusada como financieira da suposta asosiaçom ilícita que fabricava e instalava bombas.

Durante a manhã de ontem, Gabriela junto a advogadxs apresentou-se ante os sistemas de justiza chilenos e ficou com que tem que ir assinar (nom sabemos si cada semana ou cada mes) mas na rua.

Mais informaçom neste mesmo blogue:
Caso Tortuga
Caso Bombas
Leer más...

Hospitalizado Marcos Martín Ponce, preso do GRAPO por umha brutal malheira.

Recolhemos do blogue dos "Comités por um Socorro Vermelho Internacional" esta notícia que foi defundida nos falsimedios totalmente manipulada.

O preso dos GRAPO Marcos Martín Ponce sofreu umha brutal malheira na manhá do passado mércores 14 de Novembro na prisiom de Morón de la Frontera (Sevilla) ao tentar obligar-lhe a despir-se. Marcos defendeu-se da múltiple agressom, e ao parecer um carcereiro também ficou ferido.

Denunciam neste blogue que pese a que os carcereiros tenhem raquetas de cacheio, quigerom obrigar a despir-se a Marcos, quem negou-se por considerar esta medida innecessária, e ao tentar obrigar-lhe a despir-se pola força, Marcos defendeu-se e como consequência um dos carcereiros, sofreu numerosos golpes.

Como resultado da brutal malheira, Marco ficou ingressado no hospital, onde está em situaçom de incomunicaçom.

No entanto a imprensa do régimem da estoutra versom dos feitos:

“Marcos Martín Ponce, ingressado no módulo de Ailhamento e classificado como preso FIES, negou-se a cumprir "a ordem de cacheio" que é preceptiva quando estes internos perigosos vam sair ao pátio. O terrorista insultou e ameaçou aos funcionários de prisions e, quando este ia translada-lo à cela, o preso "revolveu-se agredindo brutalmente ao funcionário".

Em dito módulo, quando os dois carcereiros adscritos a este departamento dispunham-se a cachear-lhe, como é preceptivo, "nom só amenaçou-nos de morte senom que também arremeteu contra eles, agredindo-lhes, tendo de novo que ser assistidos por outros funcionários para poder reduzi-lo".

O trabalhador agredido foi assistido polos serviços médicos da prisiom de Morón de la Frontera e, umha vez que recebeu os primeiros auxílios, foi evacuado até os serviços de Urgência, onde está a ser atendido e apresenta um pronóstico "reservado". O funcionário recebeu fortes golpes na cara, no tórax e numha mão.

O coordinador de prisions de CSIF, Claudio Esteban, reiterou a "falha de seguridade" nos centros penitenciários devido principalmente à carência de funcionários”
.

Nem umha só cita ao estado de Marcos tra-la brutal malheira.

Notícia traduzida e colada por Edu
Leer más...

19 nov 2012

Contra o monopolio da violencia do estado

A sociedade non soamente debe aceptar as estratexias de resistencia pacífica, senón admitir tamén os instrumentos de violencia política Colamos e traducimos de La Haine este artículo asinado por Anibal Garzón

O sociólogo alemán Max Weber definiu na súa obra de 1919, "A Política como Vocación", que unha das esencias do estado moderno é o monopolio da violencia. Na configuración das sociedades modernas, principalmente o caso das europeas e tras a implementación do estado keynesiano socialdemócrata a partir do final da II Guerra Mundial en 1945, o poder político ocultou esta esencia facendo prevalecer que as bases dun estado moderno eran os seus servizos públicos e sociais para cubrir as necesidades que o mercado capitalista xeraba. As clases populares, que gozaron de certos servizos e niveis de consumo, deixaron de percibir o estado como un ente represivo, sen ser conscientes que con esta estratexia de ocultar a opresión se buscaba a despolitización das ideoloxías alternativas ao estado capitalista e a converxencia entre capital e traballo.

Actualmente, coa crise financeira internacional iniciada en setembro de 2008, a Unión Europea inseriu unhas políticas de austeridade e privatización que romperon co modelo do sistema do benestar reducindo a intervención do estado en investimentos de servizos públicos, como educación, traballo e saúde, entre outros. Políticas que readaptaron a estrutura social creando unha pirámide máis dicotómica clasista que manifesta un crecemento da desigualdade social, perdendo a escala baixa social niveis de servizos e consumo.

A causa diso, as protestas en Europa iniciáronse con mobilizacións masivas e folgas xerais en Grecia, España, Portugal e Italia, países máis afectados pola crise, pero ademais chegouse a un nivel de protesta unitaria ao celebrarse por primeira vez unha Folga Xeral, paros e mobilizacións, con coordinación entre 23 estados da Unión Europea o pasado 14 de novembro.

Estas protestas contrarias ás estratexias de extinción do Estado do Benestar e o renacemento do modelo neoliberal son e teñen sido duramente reprimidas polas estruturas dos estados. En España a policía detivo 110 persoas que se manifestaron durante esta folga e unhas 22 resultaron feridas. Estes datos que se expoñen nalgúns medios de comunicación que non son nada fiables, xa que son controlados subxectivamente por grandes corporacións empresariais vinculadas ao goberno español para defender esas políticas de austeridade e criminalizar calquera protesta, seguen traballando como mecanismo ideolóxico ao presentarnos o monopolio da violencia do estado como forzas de seguridade e non como institución de represión social.

Se o estado conseguiu eliminar nas conciencias sociais o seu papel represivo e lexitimou o seu monopolio da violencia ao ofrecer certos servizos públicos, entón se actualmente desaparecen estes servizos, por que a sociedade debe seguir enganada nas súas mentes sobre o verdadeiro rol do estado e a súa violencia como seguridade cidadá?

Para facer fronte á privatización estatal é necesario derrubar o seu estereotipo de monopolio da violencia. A sociedade non soamente debe aceptar as estratexias de resistencia pacífica, que son valoradas nas loitas sociais, senón admitir tamén os instrumentos de violencia política. En primeiro lugar, débense poñer en dúbida os mecanismos ideolóxicos do sistema capitalista, que utilizan principalmente cos seus medios de comunicación, onde as súas forzas non son para a seguridade civil senón para reprimir os manifestantes e os que protestan, para manter a súa orde social. O sistema debuxou e debuxará calquera persoa ou organización como terrorista por utilizar mecanismos violentos contra o estado, cando calquera acción violenta contra o estado e o seu "status quo" que está inspirada nunha ideoloxía contraria ao neoliberalismo, á desigualdade social, a favor dos servizos públicos, contra a ditadura do modelo financeiro, ou contraria ao roubo inmobiliario, é unha acción xustificada para a liberación social. A conciencia da definición do terrorismo debe ser sobre as accións do mesmo estado, crecendo así, polo tanto, o sentimento de ilexitimidade das súas accións políticas económicas.

Que unha persoa se suicide por non poder pagar a súa hipoteca e sexa desafiuzada, que un neno vaia desnutrido ao colexio, que unha moza non poida estudar na universidade por estar en paro,… son accións que o mesmo estado xera e pretende manter coas súas forzas de opresión ditatorial, pero se un grupo realiza accións violentas contra o estado para suprimir todas estas penurias eses actos deben ser aceptados polas clases sociais desfavorecidas facendo fronte á ideoloxía dominante do estado. Toda acción violenta contra o capitalismo neoliberal debe ser aceptada como acción de loita de liberación que desenmascara ao estado.

Unha pedra dunha estudante contra un policía, ou unha patada dun obreiro a un político do sistema, ou outras accións, deben ser máis aceptadas socialmente, polo seu fin político, que un policía protexido de pés a cabeza que aporrea unha manifestante ou un xuíz con seguridade persoal que acusa un folguista de terrorista.

A historia non se debe ocultar (escravismo, colonización, explotación laboral,…), como o papel da violencia do estado, e se existiron cambios estruturais foron pola loita de clases, as desposuídas contra os posuídos, algo que se debe facer evidente, pero nestas loitas utilizáronse para conseguir as súas metas moitos mecanismos violentos. Polo tanto, se comprendemos a historia comprendemos actuar do presente. Que o poder non manipule! E se pensa que esta tese é un erro ou é terrorismo, pode ser parte da violencia do estado capitalista!
Leer más...

[Compostela] Mércores 21 - Palestra "As Últimas Décadas das Loitas Contra a Prisión no Estado"

Como parte das Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas, "Novembro Negro" este mércores 21 de novembro às 20:00' contaremos na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" con esta palestra que estará composta de tres partes con tres distintas ponentes:

-Reximen F.I.E.S.: Baldomero Lara
-Motín de Quatre Camins: José Solís
-Campaña "Cárcere=Tortura": Virginia

Haberá Ceador Vegano.

Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" r/ Ponte da raiña nº 8 (zona de Belvís) Leer más...

17 nov 2012

Crónica da Folga Xeral en Compostela, 14-N

Os piquetes na madrugada organizados polos sindicatos tiveron especial intensidade no casco vello e os polígonos da cidade. Ás 12:00h da mañá deu comezo a mobilización dos sindicatos maioritarios, asistindo segundo as convocantes unhas 40.000 persoas. Durante o tránsito da manifestación á altura da Praza de Galiza varias sucursais bancarias foron atacadas con pedras. Ao mesmo tempo varios contentores arderon no barrio de San Lourenzo obrigando a movilizarse a unha unidade do corpo de bombeiros e varias unidades policiais. Pola tarde, unha manifestación promovida polas centrais CUT, CNT e diferentes colectivos sociais da cidade xuntou algo mais dun millar de persoas. Horas antes, este mesmo bloque organizou un piquete que percorreu varias rúas do centro e o casco histórico. Individualidades Contrainformativas Leer más...

Comunicado do piquete anarquista autónomo que actuou na manifestación dos sindicatos amarelos de A Coruña

Reproducimos o seguinte comunicado que de xeito anónimo fixeronlle chegar a un membro da nosa redacción:
Fai moitos anos que os sindicatos oficialistas non fan outra cousa que manter a paz social, a cambio das trinta moedas de prata que lle outorga o estado pola desmovilización da clase obreira (trinta moedas de prata que no ano 2011 traducíronse en 20.517.337 euros). Se isto é certo prácticamente dende os pactos da moncloa, en 1977, nos últimos anos, no contexto actual de crise económica e de destrucción inmisericorde das conquistas sociais acadadas polo movemento obreiro no último século, a traición sindical faise especialmente sangrante. Mentres outros países encaran o camiño da combatividade social e da protesta, coma Grecia, aquí a sumisa pasividade deste feixe de vendeobreirxs alcanza tintes surrealistas, perdidos na burocratización dos conflictos laborais, na xestión de suvbencións, o trapicheo de influenzas e a consecución de lucrativos chiringuitos coma os cursos de formación ou a participación en órganos consultivos.

Coma sabemos que as bases destes sindicatos na súa meirande parte aínda actúan de boa fe, e que moitxs delxs comparten connosco a crenza de que os sindicatos oficiais estan a deixar vendida á clase traballadora, decidimos evidenciar de forma pública a traizón destxs burócratas ao servizo do poder. Tamén quixemos amosar todo o noso desprezo polas cúpulas de liberadxs sindicais, a soldo do goberno, que converten a representación dxs traballadorxs nun lucrativo e descansado medio de vida, sabedorxs de que cobran dxs inimigxs da súa clase por apagar o lume da revolta e garantir a paz social.

É por iso que no contexto da Folga Xeral do pasado 14 de Novembro, na manifestación convocada na Coruña polos sindicatos oficiais C.C.O.O., U.G.T. e C.I.G, decidimos despregar unha faixa co lema "Sindicatos traidores. 5.000.000 de parados. Que coño estades facendo?" para marchar un anaco diante da cabeceira da procesión. Mentres, outrxs compañeirxs penduraban outra faixa na ponte do scalextric de Alfonso Molina chamando á folga indefinida.

Ao contrario do dito en moitos medios, nós nunca impedimos o transcurso da manifestación sindicaleira, pois logo de camiñar diante uns segundos, colocámonos na beirarúa coa intención de deixar pasar a comitiva amarelista diante da nosa faixa. Pero as cúpulas sindicais decidiron parar á marcha para que ninguén puidese vernos, salvo o selecto grupo de liderzuelxs, liberadxs e "seguratas "de petos reflectantes que, tras cintas de balizar a modo de perímetro móvil, encabezaban a ¿protesta?

Se varixs membrxs do noso piquete tapaban as súas caras con panos e bragas é precisamente porque nós non buscabamos protagonismos personais, ao contrario que xs xefecillxs de partidos e sindicatos, que monopolizan a cabeceira para eles sós, sempre na procura dunha boa foto de portada. Evidentemente tamén o fixemos para evitar inoportunas identificacións, pois, coma dixo o Subcomandante Marcos, "tapamos o rostro para dar a cara".

Tras empurrons e agresions variadas que non conseguiron impedir que continuaramos gritándolles verdades coma puños do estilo de "vós vendidos firmades os despidos", "Comisións e ugeté firmaron as ETT,s" ou "A folga dun día é unha tonteria, a folga debe ser indefinida", decidiron chamar aos antidisturbios (que como todo o mundo sabe sempre sirven aos intereses do poder). Chegadas as "forzas da orde" para facerlles de primo de Zumosol aos seus delegadxs sindicais, producíronse catro arrestos, mentres numerosxs chivatxs con pegatinas das tres centrais convocantes sinalaban a compañeirxs e incluso puñan a cambadela a unha compañeira para evitar que escapase.

É importante sinalar que, así coma moitxs delegadxs e membros da cabeceira da manifestación insultaronnos e delatáronnos á policía, un significativo número de participantes anónimos amosaron de diversas formas o seu apoio, incluso tratando de frear as detencións. Porque está claro que moita xente aínda secunda esta clase de protestas por costume e porque non están conformes coa situación social, pero que saben tan ben coma nós da atitude patética e sumisa da "esquerda democrática".

Queremos aclarar que este piquete nada tiña que ver coa C.N.T., coma repetiron varios medios comerciais a modo de intoxicación mediática. Certamente algúns afiliadxs dese sindicato apoiaron dende a distancia a acción que realizamos, cousa que dende aquí queremos agradecer, pero esta foi concebida e realizada por anarquistas autónomxs allexs a calquera central sindical. Minten tamén ao dicir que xs detidxs estaban afiliados á C.N.T., pois ningún deles tiña filiación ningunha con ese nin ningun outro sindicato. Tampouco se fixo a acción no nome de ningún centro social, como erradamente apuntou algún medio alternativo, se a pancarta estaba asinada como "Autonomía Obreira" é porque ese é o xeito con que quixemos dar a coñecer a nosa intervención.

Por último soamente nos resta facer un chamamento a autoorganización dxs traballadorxs de xeito autónomo e asambleario, lonxe das burocracias que viven de representalxs (e que cobran por apacigualxs). A revolución farémola por nós mesmos, ninguén nola vai regalar nin vai saír de ningunha urna.

Abaixo o estado e xs seus falsxs opoñentes!!!

Contra o capital Acción directa!!!!!

Colado por C.R., a quen lle chegou de xeito anónimo.

Máis info neste blog: -AQUÍ e -AQUÍ
Leer más...

16 nov 2012

A próxima semana no "Novembro Negro" charla sobre "As últimas décadas das loitas contra a prisións no estado"

Durante toda a semana que ven, e máis este domigo en Coruña, nas Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas "Novembro Negro", a charla "As últimas décadas das loitas contra a prisións no estado" percorrera varias cidades de Galiza. Estará composta de tres partes con tres distintos ponentes:

-Reximen F.I.E.S.: Baldomero Lara
-Motín de Quatre Camins: José Solís
-Campaña "Cárcer=Tortura": Virginia

A poderedes ver en:

-Domingo 18 ás 19:00h no C.S.O.A. Palavea de A Coruña (Rúa Río Quintas 31, na N-550 xunto a discoteca OH!Coruña. Blog.- http://okupacorunha.wordpress.com

-Luns 19 ás 20:00h no C.S.O. A Kasa Negra de Ourense. Blog.- http://akasanegra.blogspot.com.es/

-Martes 20 na Cova Dos Ratos de Vigo (rúa Romil 3, baixo). web.-http://cova.arkipelagos.net

-Mércores 21 na Biblioteca Anarquista A Ghavilla de Compostela (rúa Puente la Reina 8). web.- http://bibliotecanarquista.blogspot.com.es

As xornadas do "Novembro Negro" enteiras neste blog aquí.
Leer más...

Esta fin de semana no "Novembro Negro" charla sobre Centros de menores

Hoxe venres en Ourense e mañá sábado en A Coruña poderedes ver a charla sobre "Centros de menores" que, dentro das Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas "Novembro Negro", impartiran varios membros da asamblea contra os centros de menores de Madrid.


-Venres 16 ás 20:00h no Centro Social Okupado A Kasa Negra de Ourense (rúa Ponferrada 24, O Perdigón). Blog.- http://akasanegra.blogspot.com

-Sábado 17 ás 19:30h no Centro Social Okupado de Palavea en A Coruña (Rúa Rio Quintas 31, na N-550 xunto a discoteca OH!Coruña). Blog.- http://okupacorunha.wordpress.com/

Lembrar tamén que no C.S.O.A. Palavea o domingo 18 iniciarase o ciclo das charlas da próxima semana sobre “AS ÚLTIMAS DÉCADAS DAS LOITAS CONTRA A PRSIÓN NO ESTADO”.

Noticia sobre o "Novembro Negro" enteiro neste blog aquí.
Leer más...

15 nov 2012

En liberdade con cargos os detidos na Coruña o 14N

Se onte saíron en liberdade os catro anarquistas detidos por interromper a monótona marcha das centrais sindicais oficialistas (nova aquí), hoxe ceivaron ao resto dos detidos durante a xornada de folga xeral.

O primeiro en sair foi a persoa detida pola mañá de onte no transcurso duns incidentes entre a policía local e un piquete anarquista. Con cargos de resistencia e atentado abandonaba os xulgados pouco antes do medio día.

A última hora da tarde saían o resto dos detidos das dependencias xudiciais, os catro arrestados no piquete da rúa da estrela, con cargos de resistencia, desobediencia e relativos a liberdade de folga. A un deles rompéronlle un brazo na detención.

Redatado por C.R. con informacións recollidas nas concentracións de hoxe e onte fronte as comisarias da policía e os xulgados.
Leer más...

[Gran Canaria] Anarquistas Irrumpem na tribuna dos Sindicatos e duas pessoas foram detidas

Ontem o Bloque Anarquista (sequndado pola Federación de Anarquistas en Gran Canaria, o Núcleo Confederal da CNT em Las Palmas, e numerosas individualidades, tanto provintes de diversos colectivos de corte Libertário, como independientes) convocara a participar na greve baixo as lendas: “Luita Contínua: Greve Indefinida!” e “Que se escuite a voz das que nom tenhem nada e já é hora de que vaiam a por tudo!”.

Ao remate da manifestaçom celebrada em Las Palmas, várias pessoas desta comitiva irrumpirom na tribuna desde a que iam intervir os representantes dos sindicatos maioritários. O seguinte vídeo fala por e mesmo:

ANARQUISTAS GRANCANARIOS OCUPAN LA TRIBUNA DE LOS SINDICATOS from CANARIAS-SEMANAL.COM on Vimeo.


Dizer também que tempo depois de transcurrida a manifestaçom e a grande distância da mesma, foram detidos dois compas, e com toda seguridade, vam permanecer nessa situaçom, antes de se passar a disposiçom judicial, até manhã de amanhá, tentando que se acheguem ao periodo de privaçom de liberdade de 48 HORAS. Se lhes acusa, kafkiana e demencialmente, de Alteraçom da Ordem Pública e Atentado à Autoridade.

Extraido de: Federación de Anarquistas en Gran Canaria e de Canarias-Semanal
Leer más...

[Compostela] Venres 16 - Palestra "A ritalinización da infancia. Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH"

Como parte das Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas, amañá venres 16 de novembro às 20:00' contaremos na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" con esta palestra a cargo de Lois, farmaceutico membro da Xuntanza Antiprhoibicionista

Haverá tambén ceador vegano.

Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" r/ Ponte da raiña nº 8 (zona de Belvís) Leer más...

[Compostela] Sábado 17 Magosto da XA! 2012

Damos publicidade a esta convocatoria da XA! que recebemos por correio:

Outro ano máis temos o pracer de convidarvos ao Magosto da Xuntanza Antiprohibicionista que terá lugar este sábado 17 de novembro as 19:30 na Praza dos Bombeiros na zona vella de Compostela.

Coma sempre non faltarán a boa música, as castañas e o caldo de balde!!

* O caldo 100% libre de inutil sofremento animal
Leer más...