Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

18 sept 2013

[Compostela] Reapertura da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" - Novo Horario provisorio

Despois de duas xornadas apaixonantes, con participación de muita xente, tanto o luns, na presentación de Pedro García Olivo do seu último libro "Cadaver a la Intemperie", como o martes con o 1ª día das Xornadas "A Loucura na Corda" da mao de "Branda" con a palestra; "Os efectos da nova reforma do Código Penal sobre as persoas con diagnóstico psiquiátrico. A fiscalización das vidas" e as compas da Assemblea de Majaras de Barcelona con unha moi interesante dinámica de grupo que, dada a inxente cantidade de persoas dispostas a participar, mesmo desbordou as suas pretensións iniciais; non podemos máis que sentirnos plenamente satisfeitas desta Reapertura.

Queremos tambén aproveitar para agradecer às persoas que nos botaron unha man para ter todo disposto para elo, e fazervos chegar que a Biblioteca Anarquista está aberta para quen quixer utilizala como espazo de difusón de ideas anarquistas (e/ou antisistema).

Con isto, dizer que dende a vindoura semana, e de xeito provisorio, imos abrir a Biblioteca todos os martes de 19:30' atá 22:00' (agardamos en breve ampliar horarios).

Tambén comentar que a partir do martes 1 de outubro recuperamos o Cinema-Forum de "A Ghavilla" con novos filmes e documentais, que iremos anunciando no blogue.

Ademais seguirá habendo charlas moi interesantes e outras actividades, mais non imos adiantar nada de momento.
Leer más...

22 abr 2013

[Compostela] Mañán, Martes 23 abril às 20:00' - "A Verdade sobre o caso Savolta" no Cinema-Forum "A Ghavilla"


Filme dirixido por Antonio Drove no ano 1979 duración 120 min.

Sinopse:

Barcelona entre os años 1917 e 1923. É a época de enfrontamentos entre trabalhadores anarquistas e sicários armados pagados pola patronal que tivo como consequência um número escandaloso de mortes.

O enfrontamiento entre os trabalhadores anarquistas e os proprietarios da fábrica de armas Savolta se agrava cando a familia Savolta decide acabar con a rebelión contratando asasinos a soldo e urdindo intrigas con o gallo de ocultar as suas ilegais transacións con Alemania.

Adaptación da novela homónima de Eduardo Mendoza.

Leer más...

17 abr 2013

Revistas "EKINTZA ZUZENA" e "MAPA" à venda na "Ghavilla"



No local da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla", na rua Puente La Reina nº 8 de Compostela, estám a disposiçom e venda ejemplares destas duas revistas que chegarom de Portugal e Euskadi:


MAPA "Jornal de Informação Crítica", como dim as pessoas que o levam,: "é um jornal bimestral de informação crítica distribuído de Norte a Sul de Portugal (e em Compostela) em cafés, livrarias, quiosques, escolas, universidades, transportes públicos, centros sociais, associações, por correio e, acima de tudo, nas ruas. Propõe-se enquanto ferramenta, através da informação, debate e discussão, a ser usada para o desenvolvimento da crítica enquanto alimento do pensamento e de práticas de autonomia e liberdade em todos os aspectos da vida. Não está , portanto, contido na zona de influência de grupos económicos ou partidos políticos de qualquer côr ou sabor. A sua prática baseia-se na produção, publicação e distribuição de notícias, reportagens, investigações, crónicas, fotos, ilustrações, bandas desenhadas e, em geral, quaisquer outros formatos desde que possíveis de figurar dentro dos limites físicos de 16 páginas.

Mapa é, em suma, um novo projecto de comunicação mas também um território de resistência em tempos de guerra".


Este nº que temos na nossa loja esta cheio de artículos que nos achegam à realidade social de Portugal (tam semelhante à nossa e tam distante nos falsimedios) do que podedes ter mais informaçom na sua web.

O seu preço à venda é de só 1 €


Por outra banda, a revista libertaria Ekintza Zuzena, que já se estava distribuindo desde nºs anteriores, neste que temos agora é o seu nº 40, no que celebram o seu 25 aniversário. Surgida na agitada Euskal Herria da década dos 80 do passado século, a revista, ao igual que a sociedade, sofreu muitas mudanças, pero ao longo distos anos tratou de manter a originária filosofia autogerida dos fanzines e umha linha libertária, crítica e independiente.

Tendes acesso ao sumário deste nº 40 e a editorial nesta sua web

O preço desta joia é de só 5 €
Leer más...

4 abr 2013

[Compostela] Martes 09 Abril às 21:00' .- "A Patagonia Rebelde" no Cinema-Forum “A Ghavilla”

ATENCIÓN ao CAMBIO de HORARIO (21:00)

A Patagonia rebelde ( Héctor Olivera 1974 Argentina ) 103 min.


Filme dramático-histórico de acción que relata os feitos da denominada Patagonia rebelde do ano 1921. Foi censurada primeiro polo entón presidente, Juan Domingo Perón, e depois aprobada por decisión do mesmo, no entanto pouco despois morria Perón e foi novamente censurada polo goberno de Isabel Perón e pouco despois, a maioría do elenco e realizadores fuxeron ao exilio e só puido ser exibida na Arxentina 10 anos despois en 1984.

A FORA (“Federación Obrera Regional Argentina”) organizara en Río Gallegos, Provincia de Santa Cruz, a Sociedade Obreira de Río Gallegos dirixida polo coruñes, Antonio Soto, anarquista coñecido como “El Gallego” Soto.



Santa Cruz era un centro de produción de la, con destino á exportación, con grandes latifundios e frigoríficos ingleses. A baixa demanda dos stocks de la que estaban acumulados ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, e a forte caída do prezo, darán lugar a unha crise rexional. Esta afectou aos estancieros e comerciantes, pero repercutiu aínda máis sobre os traballadores lanares e os peóns rurais, que vivían en condicións miserables. A xornada normal dos obreiros dese entón era de 12 horas, a dos tosquiadores e os arrieros roldaba as 16 horas; os salarios eran ínfimos, e frecuentemente eran pagados en bonos ou en moeda estranxeira que ao cambiala nos comercios era tomada por un valor menor. O único día de descanso era domingo.

Esas condicións deron lugar a chamada “Patagonia Rebelde”, un conflicto longo que tivo duas greves xerais e violenta represión por parte do Exercito.
Leer más...

25 mar 2013

[Compostela] Martes 26 às 20:00 Proxeción Documentario "A Educación Prohibida" na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla"

A escola cumpriu xa máis de 200 anos de existencia e é ainda considerada a principal forma de aceso à educación. Hoxe en día, a escola e a educación son conceptos amplamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, institucións educativas, medios de comunicación e espazos da sociedade civil. Dende a sua orixe, a institución escolar estivo caracterizada por estructuras e prácticas que hoxe se consideran maiormente obsoletas e anacrónicas.

Dicimos que non acompañan as necesidades do Século XXI. A sua principal falencia encontra-se nun deseño que non considera a natureza da aprendizaxe, a libertade de eleción ou a importancia que ten o amor e os vínculos humanos no desenvolvimento individual e colectivo.

A partir destas reflexións críticas xurdiran, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pensan a educación dunha forma diferente. "La Educación Prohibida" é un filme documental que propón recuperar muitas delas, explorar as suas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreverom a mudar as estructuras do modelo educativo da escola tradicional.

Máis de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas non convencionais, convirten a "La Educación Prohibida" nun fenómeno único. Un proxecto totalmente independente dunha magnitude inédita, que da conta da necesidade latente do crecemento e xurdimento de novas formas de educación.
Leer más...

18 mar 2013

[Compostela] Manhán 19 de marzo as 20:00' proxección en "A GHAVILLA" do filme "A Banda Bonot"

Como sempre as 20:00'(comenzo pontoal salvo imprevisto) e dentro da 2ª quenda de filmes e documentarios do CINEMA-FORUM Anarquista que estamos a proxectar todo-los martes poderemos desfrutar deste filme francés "A Banda Bonnot" que xira en torno a esta banda que foi un dos tantos grupos anarquistas expropiadores que tiveron acción na Europa de finais do século XIX e principios do XX. O seu foco de luita foi Francia, entre 1911 e 1912. Denominada desta forma pola sociedade dese país, dado que o seu “líder” era Jules Bonnot, practicaron o ilegalismo como forma de emanciparse da escravitude moderna, principalmente do traballo asalariado.

Este grupo usou o roubo a mao armada, o asalto e asasinato con un duplo fin: O de non someterse à escravitude moderna e o de axitar à sociedade, tan dormida e conforme como é característica. Para ese fin usaron o automóvil, máximo invento da época, con o que pasaron à historia como umha das bandas pioneiras en usar este meio de transporte con fins subversivos.

O filme de Jean Paul Guibert realizado en 1968, narra en 83 minutos a historia desta banda, mergullándonos nas vidas dos seus integrantes, ademáis de entregarnos umha imaxen moi detallada da sociedade francesa de entón.

Poderemos visionalo na sua versión orixinal con subtítulos en castelán
Leer más...

6 mar 2013

8 de Marzo - Concerto Solidario con A Ghavilla

A Biblioteca Anarquista de Compostela "A Ghavilla" convidate a ser solidaria con este proxecto e acudir a este concerto.

Os cartos recaudados serán para poder seguir a usar este espazo alugado como lugar de palestras e encontros muito interesantes, ademais doutras actividades.
Leer más...

27 feb 2013

Agressom neonazi contra a Biblioteca Social "Hermanos Quero" de Granada - Comunicado


Copiamos, traduzimos e colamos do blogue desta Biblioteca Social:

Comunicado da B.S. "Hermanos Quero" sobre a agressom do passado domingo 24 de Fevereiro:

O passado domingo 24 de fevereiro arredor das 20:30 horas, durante a palestra-debate "O motim de 4 Camins e o juízo aos torturadores" a cárrego dum colectivo barcelonés, celebrada na Biblioteca Social "Hermanos Quero" as 20 pessoas que se atopavam no ato viverom umha agressom fascista.

Em questom de menos dum minuto, as pessoas assistentes vimos como de repente rachava um cristal da porta e segundos depois rompia-se um outro, saltando os cristais por todo o local e ferindo na fronte a um companheiro, e de seguido foi lançada umha bengala, que se puido apagar rapidamente sem maiores consequências.

Ao sair, arredor de 6 pessoas completamente alheias à palestra (várixs vizinhxs, um comerciante e várixs viandantes) comentavam que fora cousa de entre 10 e 20 pessoas, nom estamos certas de quantos eram, todos encarapuçados, armados com paus e de estética neonazi.

Minutos depois aparecerom um total de dois carros patrulha e uns 6 efectivos da Polícia Nacional, provavelmente a raiz da chamada dalgum vizinho. Entanto dois deles nom dabam creto do sucedido, outro -quem nas aparências estava ao mando- nom só nom amosou nengum interés por aclarar a situaçom, senom que mesmo punha em questonamento o que xs vizinhxs contavam.

Entendemos este feito como umha agressom nom só à Biblioteca senom a todo um entorno político. Esta agressom é umha mais- como outras tantas que houvo tanto em Granada como noutras cidades- e animamos a seguir com o trabalho político nos locais, os colectivos e nas ruas, estando moi atentxs para nom permitir que isto se volva a passar.

E rematam este comunicado agradecendo as monstras de solidariedade que tenhem recebido e que desde acá sumamo-nos.
Leer más...

10 dic 2012

[Compostela] .- Venres 14 às 20:00' Palestra en "A Ghavilla" sobre a COPEL e a loita nos cárceres nos anos 70

A experiencia das luitas que a Coordinadora de Presos en Luita (COPEL) levara a termo no interior das prisións do estado español a finais da década dos anos 70 será o tema desta palestra-encontro con Daniel Pont, un dos participantes mais activos nas luitas anticarcerarias daquel axitado periodo.

Depois habrá un ceador vegano.

Información recebeda da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla"
Leer más...

8 dic 2012

[Compostela] Festa - Concerto a favor de "A Ghavilla"

Comunícannos dende a Biblioteca Anarquista de Compostela "A Ghavilla" a celebración desta Festa - Concerto este mércores (4ª feira) dia 12 no pub Avante desta cidade

A cita será a partires das 22:30' e no propio blogue de "A Ghavilla" din que os motivos da festa son seguir autoxerindo este proxecto e para elo precisan da nosa colaboración económica, e con ese motivo convidánnos a pasar un moi bo rato con Folkólicos, esta banda de A Coruña que nos trasmitirán boas ondas de folk e rock.

Leer más...

3 may 2012

II Ceador vegano en apoio a presxs (Compostela, Xoves3-Maio)


Insistimos na nosa teima en apoiar ás persoas presas... e como prometimos en abril, voltamos cun segundo ceador sen sufrimento animal e solidario coas secuestradxs nos centros de exterminio do estado.

Os primeiros xoves de cada mes, apartir das 22h... En fin, vémonos o 3 de maio!!

Extraido de Biblioteca anarquista Ghavilla de Compostela

Leer más...

26 abr 2012

Recordatório [Compostela] Xoves 26 às 20h : Palestra-Debate e Ceador Vegano en "A Ghavilla"

Co gallo do 1º de Maio dende a Biblioteca Anarquista "A GHAVILLA" acordamos ofertar esta palestra-debate sobre as origens desta Festa institucionalizada e que como Anarquistas reivindicamos como Día de Rebelión e non de Descanso, un Día de Protesta contra a Opresión e a Tiranía, contra a Ignorancia...

“RECUPERANDO O PRIMEIRO DE MAIO. HISTORIA DOS MÁRTIRES E A IDEA DE CHICAGO”

e depois:

CEADOR VEGANO

Na Biblioteca Anarquista "A GHAVILLA" (r/ Ponte a Raiña nº8 baixo) Leer más...

13 mar 2012

Obradoiro de primeiros auxilios [Compostela]


Obradoiro de primeiros auxilios:

-Queimaduras, feridas, reanimación cardiopulmonar

Pola autoxestión da nosa seguranza e a nosa saúde

Días 21 e 22 de Marzo de 19:00 a 21:00, na Biblioteca Anarquista "A ghavilla".
Compostela/Rúa Puente la reina Nº8 Leer más...

25 feb 2012

Charla "Situación actual: análise e alternativas" de Feliz Rodrigo Mora [Convocatoria]


Este luns, 27 de febreiro, ás 20h terá lugar a charla "A situación actual: análise e alternativas" por Felix Rodrigo Mora na Biblioteca anarquista Ghavilla de Compostela en rúa Puente la Reina nº 8.

Para máis información:
http://bibliotecanarquista.blogspot.com

Axúdanos a difundilo!! Leer más...

23 jul 2011

O Centro de Cultura Libertaria de Almada conservará o seu local (Portugal)

Pese as maniobras xudiciais desenroladas polo propietario, o CCL de Almada manterá o local no que leva 35 anos de anárquica labor. Iso sí, cun aumento substancial do aluguer.
A continuación reproducimo-lo comunicado tirado do seu blog (AQUÍ),para ler unha traducción ó castelán do mesmo podedes consultar "Afilando nuestras vidas"(AQUÍ):


Companheiros e companheiras,

.....Ao longo dos últimos dois anos, o Centro de Cultura Libertária debateu-se com a ameaça de perder a sua sede devido a um processo de despejo movido pelo proprietário do edifício. Após ter sido condenado a abandonar as suas instalações, num julgamento realizado em 2009, o Centro de Cultura Libertária recorreu da sentença para o Tribunal da Relação. O resultado deste recurso foi favorável ao CCL e deu origem à marcação de novo julgamento.


.....No decorrer deste novo julgamento, conduzido pela mesma juíza que nos havia condenado anteriormente e a quem seria muito difícil fazer mudar a sua opinião inicial, surgiu a possibilidade de um acordo quanto ao aumento de renda. Após discussão sobre a possibilidade real de perdermos o nosso espaço ou garantirmos a existência deste através de um aumento significativo da renda do imóvel, decidimos que atendendo a todas as condicionantes, um acordo quanto ao aumento seria a melhor hipótese de garantirmos a existência futura de um espaço como o CCL.


.....Deste modo, no dia 2 de Maio do presente ano, foi assinado um acordo dando fim a um processo que para nós sempre se havia resumido a uma tentativa de rentabilização do imóvel por parte do proprietário, alugando-o por um preço bastante mais elevado do que o praticado até agora, deixando bem claro para todos (incluindo o Tribunal) que as intenções lucrativas tinham sido sempre o motivo desta acção de despejo.


.....Queremos acima de tudo deixar expresso nestas linhas, o nosso profundo
agradecimento à solidariedade de todos @s companheir@s que nos apoiaram. Sem este apoio, dificilmente teríamos conseguido manter o nosso espaço até agora.


.....Recordamos que o Centro de Cultura Libertária é um ateneu cultural
anarquista que, desde há 35 anos, está sedeado no número 121 da Rua Cândido dos Reis, em Cacilhas. Tem sido um espaço único pela sua longevidade e pelo papel de preservação da memória histórica libertária que sempre desempenhou, mas também pela ligação afectiva que gerou nas várias gerações que por ele passaram, encontrando sempre nesta associação um espaço fundamental de pensamento, cultura e liberdade.


.....É assim que queremos continuar.

.....Viva a Anarquia!


Julho de 2011






Leer más...