ATENCIÓN ao CAMBIO de HORARIO (21:00)
A Patagonia rebelde ( Héctor Olivera 1974 Argentina ) 103 min.
Filme dramático-histórico de acción que relata os feitos da denominada Patagonia rebelde do ano 1921. Foi censurada primeiro polo entón presidente, Juan Domingo Perón, e depois aprobada por decisión do mesmo, no entanto pouco despois morria Perón e foi novamente censurada polo goberno de Isabel Perón e pouco despois, a maioría do elenco e realizadores fuxeron ao exilio e só puido ser exibida na Arxentina 10 anos despois en 1984.
A FORA (“Federación Obrera Regional Argentina”) organizara en Río Gallegos, Provincia de Santa Cruz, a Sociedade Obreira de Río Gallegos dirixida polo coruñes, Antonio Soto, anarquista coñecido como “El Gallego” Soto.
Santa Cruz era un centro de produción de la, con destino á exportación, con grandes latifundios e frigoríficos ingleses. A baixa demanda dos stocks de la que estaban acumulados ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, e a forte caída do prezo, darán lugar a unha crise rexional. Esta afectou aos estancieros e comerciantes, pero repercutiu aínda máis sobre os traballadores lanares e os peóns rurais, que vivían en condicións miserables. A xornada normal dos obreiros dese entón era de 12 horas, a dos tosquiadores e os arrieros roldaba as 16 horas; os salarios eran ínfimos, e frecuentemente eran pagados en bonos ou en moeda estranxeira que ao cambiala nos comercios era tomada por un valor menor. O único día de descanso era domingo.
Esas condicións deron lugar a chamada “Patagonia Rebelde”, un conflicto longo que tivo duas greves xerais e violenta represión por parte do Exercito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario