Xa informamos neste blog das numerosas sancións coas que xs simpáticxs chupatintas da subdelegación do goberno agraciaron a moitxs dxs solidarixs que protestaron contra o desaloxo do C.S.O. Palavea (-AQUÍ e -AQUI). Pois tras varios infructuosos recursos aos que as autoridades (in)competentes fixeron oídos sordos, despachándoos con clónicas frases preestablecidas: "las alegaciones formuladas (...) no desvirtúan la objetiva certeza de los hechos denunciados, que han sido ratificados por el agente denunciante...", cansino mantra tibetano co que a subdelegación do goberno resposta sistemáticamente calqueira alegación; un compañeiro anarquista coruñés decidiu enviar o escrito que de seguir transcribimos, para que, postos a que non lle fagan ningún caso, polo menos botar unha risas:
A LA SUBDELEGACIÓN DEL GOBIERNO EN A CORUÑA
Avda. de la Marina, 23
15001 A Coruña
Expte. Nº xxxx /2014
Procedimiento sancionador
D. Javi a secas, DNI xxxxxx , notificado la propuesta de resolución del procedimiento sancionador de día 17 de marzo de 2014, a las 12:30 horas, con ocasión de la concentración en Palavea a la que se hace referencia, formulo las siguientes ALEGACIONES:
Primera.- Agradezco el que se me haya contestado razonadamente a mi primera alegación del escrito precedente, es decir, que el error en la transcripción de mi nombre queda subsanada con la propuesta de resolución recién notificada.
Segunda.- Que la foto empleada por la policía para mi identificación y adjuntada en la propuesta de resolución que estoy recurriendo, es de tan mala calidad que lo mismo podría tratarse de mi persona que de Justien Bieber de resaca después de una de sus juveniles borracheras, de Michael Jackson después de bailar el moonwalk, de Cañita Brava después de terminar su recital en las fiestas de Os Catros o del Fary después de colocarse con la mandanga. Esta forma de identificación es realmente lamentable.
Tercera.- Al resto de mis alegaciones se responde con un lacónico: “que las demás alegaciones formuladas a la iniciación del procedimiento sancionador no desvirtúan la objetiva certeza de los hechos denunciados, que han sido ratificados por los agentes denunciantes”.
Es decir, yo elaboro un razonado escrito de cinco folios y usted me responde en dos renglones y medio, mostrando una falta de profesionalidad especialmente grave en un cargo de su responsabilidad. En mi escrito, a parte de evidenciar que la notificación era incorrecta ya que estaba mal redactado mi nombre, también demostré lo siguiente:
-los hechos denunciados no eran ciertos ni era correcta la calificación jurídica atribuida a los mismos.
-En ningún momento se demostró, ni siquiera se intentó demostrar, que yo acudiese a dicha convocatoria (error subsanado con la foto del presunto Justin Bieber resacoso que adjuntáis en la propuesta de resolución)
-El sumario policial carecía de la adecuada precisión en el relato de los hechos.
-Los hechos que se me imputan no están demostrados de ninguna forma además, de ser ciertos, tampoco servirían para demostrar que yo era uno de los organizadores, entre otros motivos, porque los movimientos sociales, según dicen, son horizontales y carecen de todo tipo de liderazgo por lo que las acusaciones que se lanzan contra mi persona, a parte de ser falsos, son una ofensa a los principios de toda convocatoria ciudadana.
-Los hechos en ningún caso serían constitutivos de infracción grave por lo que ya deberían de estar prescritos.
-El importe de la multa no se ajusta a derecho.
-En una democracia se debe de aceptar las inevitables molestias que deriven del derecho de reunión.
-Las conductas relatadas en el sumario policial no pueden ser consideradas como atentarías al orden público, ya que no se atentó contra la pacífica convivencia ciudadana ni contra el ejercicio de derechos y libertades de terceros.
-El informe policial era falso limitándose a la realización de un copia y pega de un informe posterior que se utilizó como modelo para la redacción del mismo.
La respuesta que usted me da en dos líneas y media es una auténtica falta de respeto, además esa misma frase aparece en decenas o centenares de escritos redactados por usted, por lo que entiendo que en vez de analizar los argumentos de ambas partes y resolver de forma razonada y equitativa los expedientes, te estás limitando a repetir una y mil veces la misma frase como si de un loro te tratases, con la diferencia de que un loro realizaría aún mejor dicha labor y no costaría ni un euro al erario público.
Por todo esto:
SOLICITO, que teniendo por presentado este escrito se sirva admitirlo, tenga por formuladas las presentes alegaciones y que declare la NULIDAD del procedimiento o subsidiariamente la ANULABILIDAD del mismo, y el archivo de las actuaciones.
También solicito la Luna, la paz en el mundo, la vida eterna o que en esta ciudad se respeten los derechos que el ordenamiento jurídico nos reconoce a todos los ciudadanos, velando la Subdelegación de Gobierno con su rigor, profesionalidad e independencia por la garantía de los mismos, pero mucho me temo que la primera y la última de estas solicitudes son las más irrealizables.
En A Coruña, a 8 de septiembre de 2014.
Fdo.- Javi
o como me prefiráis llamar.
Recollido do bolg http://pedradasvarias.blogspot.es/ (-AQUÍ)
Leer más...
Mostrando entradas con la etiqueta okupacion. Mostrar todas las entradas

17 sept 2014
Presentaçom da Comunidade "La esperanza"
Informamos desta importante acçom de expropriaçom/socializaçom começada em fevereiro de 2013 pola Federaçom Anarquista de Gran Canaria, que alojou a mais de 20 famílias sem vivenda em vários prédios abandonados. Hoje as famílias gerem por sí mesmas estes prédios. Ja som mais de 65 famílias, 207 pessoas e 103 delas crianças:
OLHAR VIDEO
Leer más...
Etiquetas:
acción directa,
anarquistas,
internacional,
okupacion,
solidariedade
26 ago 2014
[Madrid] Videos dos protestos e do derrube do CSO “La Traba", un dos maiores centros sociais okupados autoxeridos desta cidade
Video do derrubo:
Na manhán do mércores, 20 de agosto, de sorpresa, a policía despexou e demoliu o Centro Social Okupado (CSO) "La Traba", localizado no número 17 da rua Batalla de Belchite, no distrito madrileño de Arganzuela. No prédio estaban dormindo cinco xovens que foran expulsos à forza polos policías.
Con grande presenza de antidistúrbios e carros policiais, e sen ter amosado calqueira orden ou aviso previo, às 11h30, un guindastre comenzou a demolir o prédio ante a indignación da veciñanza e activistas. Nen o material gardado no espazo, como proxectores ou aparellos musicais, puido ser retirado durante a destruición do imóvel.
Apesar de todos os esforzos e protestos que foran feitos desde La Traba e da veciñanza durante toda a mañán para que a demolición non ocorrera, a acción foi executada polas autoridades, destruindo un prédio que durante sete anos acollera varias iniciativas políticas, culturais e esportivas.
Video dos protestos na tarde do derrubo:

2 ago 2014
1700 policías no desaloxo da "Pizzería Okupada Anarquía" en Viena
A "Okupa Pizzeria Anarquía" en Viena foi violentamente desaloxada o pasado luns 28 de xullo. Un gran operativo policial foi montado pola mañán temprano, incluíndo o peche de estradas e rúas que rodean o lugar. A resistencia dende o interior da okupa e arredores non puido evitar o desaloxo deste edificio okupado fai un pouco máis de dous anos.
O Estado movilizou a uns 1.700 policías (centos deles vestidos con equipos antidisturbios, máscaras de gas, martelos e serras de cadea), un vehículo blindado, un helicóptero, deceas de vehículos e cañóns de auga. Polo menos 19 persoas foron detidas durante a operación.

23 jul 2014
Inauguración do CSO Vista Alegre en Betanzos
10, 100, 1000 Centros Sociais!!!
Temos o pracer de airear está convocatoria de inauguración dun novo Centro Social Okupado na Galiza, concretamente en Betanzos. A falta de máis novas sobre este proxecto reproducimos dita convocatoria:
Leer más...
18 jul 2014
Veciñas Okupas
Colamos este artigo (traducido) da web "Oficina de Vivienda" do Colectivo de Apoio Mutuo para defender o direito á vivenda digna para todas de Madrid, onde fai unha proclama pola okupación dende unha analise actual (con referentes históricos) das bondades desta para o conxunto da sociedade e das mudanzas nas peculiaridades das okupas. O artigo foinos enviado por ANA e se ben fai referencias a Madrid, a analise é extrapolable a calqueira lugar do estado (e mesmo do mundo):
Durante os anos da burbulla inmobiliaria, a vivenda converteuse nunha excelente mercadoría coa que especular. Abondaba con dar unha volta por calquera barrio para ver aparecer novos edificios todas as semanas, nunha manobra de enriquecemento duns poucos que parecía non ter fin. Madrid era unha cidade tomada polas grúas, o formigón e o ladrillo. Non obstante, nalgún momento, alguén decidiu levarse a festa a outra parte e a burbulla estoupou. O resultado foi un espectacular aumento do paro, centos de miles de familias atrapadas en hipotecas trampa e tres millóns e medio de vivendas baleiras no estado. Hoxe, seis anos despois do estalido oficial da burbulla, as consecuencias daquela estafa son máis claras que nunca: cada día prodúcense case douscentos desafiuzamentos e a vivenda converteuse nun luxo inaccesible.
Neste contexto, a okupación de vivendas é unha práctica cada vez máis estendida. Aínda que non é un fenómeno novo -sempre existiu xente que soubo arranxarse moi ben con isto da vivenda-, a crise social en que vivimos fixo que recorran a ela moitas persoas que ata agora non o tiñan en mente. O perfil do ocupa xa non é esa imaxe estereotipada que algúns seguen tendo na cabeza: hai tantas okupacións como okupas e motivos para facelo. En realidade, calquera motivación é válida, dende a de familias que non teñen outro lugar para vivir ou que foron desafiuzadas á das persoas que o fan como unha opción política. Abrir unha casa baleira para habitala non só permite que a persoa que o fai poida encontrar un lugar onde residir, senón que tamén ten beneficios para o resto de veciñas. As vivendas baleiras producen unha gran cantidade de problemas, tanto para o edificio coma para o resto da sociedade. Cando non están habitados, é moito máis probable que os pisos teñan problemas de humidade e salubridade que cando teñen habitantes, xa que non hai ninguén que se preocupe do seu mantemento. Ademais, nos casos nos que os bancos son os donos das vivendas -por exemplo, porque se produciu unha execución hipotecaria- estes néganse a pagar os recibos da comunidade, facendo que estas se arruínen e se vexan obrigadas a cortar servizos esenciais. En cambio, a maioría das persoas que okupan unha vivenda fan o posible por contribuír a estes gastos, xa que tamén necesitan eses servizos e comprenden a situación da comunidade. Pero ademais, a okupación tamén ten beneficios para o conxunto da sociedade. A existencia de vivendas baleiras que permanecen pechadas mantén elevados os prezos dos alugueres e as hipotecas, xa que todas esas vivendas non saen ao mercado. En cambio, cando existe un movemento forte de okupación, os propietarios de pisos vense obrigados a baixar os prezos, xa que doutra forma non poden alugalos.
Así, as persoas que optan pola okupación non só rompen co círculo que lles obriga a pagar prezos enormemente elevados para ter unha vivenda, senón que tamén contribúen a loitar contra un sistema cruel e inxusto. De feito, esta foi sempre unha das principais motivacións da okupación, que é unha ferramenta fundamental de loita contra un sistema económico que ten na propiedade privada a súa base fundamental. As persoas que okupan, sexan cuales sexan as razóns polas que o fan, están a atacar dous dos piares que sustentan o capitalismo: a propiedade privada e o sistema lexislativo. Temos internalizado a dominación ata tal punto que nos parece admisible que alguén que non posúa ningunha vivenda teña que pagar unha cantidade de diñeiro ao mes -un aluguer- a outro que ten varias, cando o lóxico sería que esas desigualdades non puidesen existir ou que, polo menos, as persoas que tiveran máis non puidesen explotar impunemente ao resto ata o límite de obrigalas a vivir na rúa. Ao okupar, estamos a cuestionar un sistema cruel, inxusto e ilexítimo que permite que existan casas baleiras mentres hai xente que carece delas. Por iso, a okupación non é só a resposta a unha situación concreta de necesidade, senón tamén unha elección política. Manter unha vivenda baleira excluíndo outra xente do seu uso polo simple feito de ter un papel de propiedade non é lexítimo nin respectable. Sempre estaremos do lado do que loita contra un sistema que permite que existan cinco millóns de vivendas baleiras e centos de miles de persoas sen casa. En tanto que ataca a un sistema inxusto e se nega a obedecer as leis que o protexen, toda okupación é un acto político.
A pesar dos falsos mitos que interesou difundir, as persoas que okupan unha vivenda non son diferentes do resto de veciñas. De feito, é moi posible que algunhas das túas veciñas sexan ocupas e nin sequera te decatases, dende a familia con dous nenos do segundo á rapaza con pinta de universitaria do terceiro ou a parella con can do quinto. O exemplo máis recente é o caso de Jorge, pai dunha familia de tres fillos que habitaba unha vivenda no distrito de Usera ata que foi desafiuzado polo banco propietario do inmoble. Ao contrario do que algunha xente cree, as vivendas recuperadas non son focos de problemas ou sucidade: as persoas que as habitan cóidanas porque son os seus fogares, e ademais, para mantelas o maior tempo posible é imprescindible ter boas relacións coas veciñas. Por iso, as persoas que okupan unha vivenda tratan de molestar menos aínda que o resto. Ademais, de todos os xeitos, se xorden dificultades de convivencia pódense resolver entre as veciñas, como se fai en calquera outro caso. O único que diferencia ás persoas que okupan das demais é que comprenderon que as inxustizas non se van resolver por si soas, senón que hai que poñerse mans á obra. Que as súas vidas están nas súas mans e que non van esperar a que ninguén decida por elas. Que van tomar as casas baleiras e as van encher de vida.

3 jul 2014
Máis sancionados nas protestas contra o desaloxo do C.S.O Palavea
Se xa informamos hai uns días da imposición de seis multas de 300 euros por participar nunha concentración o día 17 de marzo diante do Centro Social Okupado de Palavea (AQUÍ neste mesmo blog), agora, aparte de engadir dous novos sancionados a ese asunto, comezan a chegar multas pola manifestación de repulsa polo desaloxo acontecida duas semanas máis tarde, o 29 dese mesmo mes.
Concretamente, e polo de agora, unha de 450 euros por supostamente ser "identificado como el máximo dirigente de la manifestación puesto que las demás personas estubieron esperando sin desplegar pancartas ni entonar cánticos hasta su llegada. Además era el que dirigía la manifestación para indicar el recorrido, las paradas y las consignas, encontrándose detrás de la pancarta principal".
Ademais de inventar xerarquías okupas e liderazgos inverosímiles, os nosos queridos e entrañables represores continúan co seu novo costume de sancionar o persoal sen que medie identificación previa, así sen máis, porque o digo eu. E máis aínda tendo en conta que os que sostiñan a pancarta ían encapuchados.
É precisamente por todo este aluvión de sancións e denuncias penais contra calquera que proteste que en A Coruña se está a preparar unha manifestación contra a represión para o próximo sábado día 12 ás 20:00h na praza de María Pita. Levará por lema " Repreimennos a nós para asustarte a tí", recuperando o reclamo e o espírito dunha campaña celebrada hai un ano por idénticos motivos. Está auspiciada pola "Plataforma contra a represión", creada para dar resposta á persecución contra Pepita Seoane. A protesta pretende xuntar a todos as persoas e colectivos que sofren a escalada na persecución da protesta social, cada quen coas súas respectivas pancartas e motivacións, para visibilizar o aumento exponencial da represión contra a disidencia; cristalizado de forma especial na chamada "burorrepresión": o castigo por medio de sancións administrativas de calquera forma de protesta para atacar o peto dos refractarios de forma aséptica e pouco visible para o conxunto da poboación.
Daremos máis información da manifestación no sucesivo.
C.R.

22 jun 2014
Multas pola concentración contra o desaloxo do C.S.O. Palavea (A Coruña)
Polo menos seis sancións administrativas de 300 euros foron cursadas estes días dende a subdelegación do goberno por manifestarse contra o desaloxo do Centro Social Okupado de Palavea. A protesta en cuestión sucedeu o día 17 de Marzo, data na que o auto xudicial ordenaba o desaloxo (aínda que este se produciu efectivamente dúas semanas máis tarde), cando un centenar de persoas cortaron ata en dúas ocasións a nacional 550 á altura da porta do agora extiguido centro social (nova neste blog -AQUÍ). O dispositivo represivo incluiu a efectivos da guardia civil e dos antidisturbios da policía nacional, así como un helicóptero que sobrevoou a zona. Pese ao desmesurado do despregamento policiaco ninguén foi identificado durante a protesta. Non obstante os expedientes sancionadores que están a chegar estes días sinalan a seis activistas como organizadores da protesta, aducindo que portaban o mégafono ou suxeitaban a pancarta (afirmación totalmente falsa no caso de varios deles). O precepto legal infrinxido, o 23c) da Lei Orgánica de seguridade cidadá, alude a realización de protestas sin autorización gubernativa.
O atestado policial é tan chapuceiro que asegura que entre os cánticos que os manifestantes coreaban estaba o de "Si te abren la cabeza jodete". Lema que non se empregou nesa ocasión (noutras protestas posteriores si) posto que alude aos policías feridos durante o 22M que, evidentemente, no 17M aínda estaban dunha peza.
A de ese día non foi a única protesta realizada contra o desaloxo desta okupa coruñesa, aínda se fixeron outra concentracón o día do desaloxo e máis unha manifestación a semana seguinte, así que, tal e como está o panorama represivo por estes lares, non sería de estrañar que chegasen novas sancións no sucesivo.
Aquí tedes, amigas e amigos, un exemplo máis da razón evidente pola que convén taparse a cara no transcurso das protestas.
Nova elaborada por C.R. con información facilitada por algún dos afectados.

7 jun 2014
Reflexións en torno ao C.S.O. Palavea: análise e autocritica dun proceso de okupación
Foi necesario que pasase certo tempo dende o recente desaloxo desta okupa coruñesa para que, unha vez dixerido e asentado o seu triste e desalentador percorrido cara ó cadalso, me decidise a escribir sobre este doloroso episodio. E ao falar de tristura e desilusión non me estou a referir á que emana do desaloxo en si, algo consubstancial ao proceso de okupación e asumido dun xeito ou outro dende o inicio mesmo do proxecto, se non máis ben á situación interna na que se produciu ese suceso e ao escaso apoio social que soubo suscitar.
Agora imponse unha reflexión (ou varias) que saiban analizar os acertos e, moito máis importante, os erros, e traducilos en ferramentas eficaces para proxectos presentes e futuros. E non hai mellor forma de comezar unha análise que volvendo ao comezo e recapitular a historia desta okupa dende o principio.
Os primeiros pasos que acabarían desembocando no Centro Social Okupado de Palavea déronse antes mesmo do desaloxo da súa predecesora, A Casa dás Atochas. Nos meses previos ao abrupto final que especuladores, xuíces e policías lle prepararon a esta mítica okupa coruñesa xa iniciárase por parte dalgúns activistas desta, xunto con membros do Centro Social A Treu, un proceso asembleario encamiñado á liberación dun novo espazo social okupado na Coruña. A este proceso sumáronse numerosas persoas interesadas que non participaran demasiado activamente en ningún destes dous Centros Sociais pero igualmente aguilloados polas ganas de cambiar o mundo.
Unha vez desaloxada A Casa dás Atochas intensifícase a busca de espazos, cristalizando en tres asaltos a inmobles entre os meses de abril e xullo que separan unha okupa da súa sucesora. Algún destes intentos foi frustrado pola policía, previamente alertada das manobras okupas, o que motivou un aumento da seguridade asemblearia, e outros foron descartados polxs propixs asaltantes. Pero o cuarto intento, o do convento das Oblatas del Santísimo Redentor de Palavea, conseguiu á fin satisfacer as esperanzas dos insumisos usurpadores.

O inmoble, que fora propiedade do futbolista Valeri Karpin na súa desastrosa reconversión a especulador urbanístico, acababa de pasar ás mans de Nova Galicia Banco debido ao vencemento da hipoteca. Tan suculento momento non podía ser desaproveitado polo noso grupo de libertarios usurpadores, e así foi como se decidiu o asalto deste impresionante terreo de 7500 metros cadrados con máis de 3500 edificados. Grande erro, como o tempo amosaría, posto que o mantemento que esixe semellante infraestrutura se revelou como desmesurado para o reducido continxente de okupas provincianxs. Malia que naquel momento se decidiu tamaña aventura en previsión dun importante crecemento da conflitividade social, estimación realizada á calor da proximidade do 15 M, a prosaica realidade pronto revelaría que tanta okupa se lle viña grande a unha cidade como A Coruña. E máis aínda tendo en conta que se atopaba moi afastada do centro urbano.
Con todo, o labor de acondicionamento do centro social e a oferta de programación acometéronse con alegría e entusiasmo polo crecente grupo de militantes que se achegaron a traballar o espazo. Tendo en conta que a entrada se realizou a finais de xullo, cando a cousa da militancia adoita estar máis parada e adormecida polas calores estivais, non se pode negar que tivo un prometedor comezo. Pero pronto volveron os erros: o grupo promotor, moito máis novo que o que no seu día asaltara a "Casa dás Atochas", non soubo asumir a moita da xente que se achegaba ao proxecto, imbuído quizais de actitudes autorreferenciais, posturas prepotentes e estéticas antisociais.
Visto agora, co distanciamento de varios anos e á luz dos posteriores acontecementos, eu diría que a okupa foi excesivamente estrita á hora de marcar os seus mínimos. O exceso de coherencia tiña a súa razón de ser, xa dixemos antes que o desembarco se produciu pouco despois do 15 M, e ante a inconcreción teórica e o reformismo galopante que caracterizaron aqueles tempos do buenrollismo indignado non é de estrañar que a okupa quixese marcar a diferenza cunha base ideolóxica ostensiblemente radical. Non obstante 7500 metros cadrados son demasiados para enchelos exclusivamente co traballo dxs máis concienciados. A pureza ideolóxica lévase mal coa necesidade de incluír xente no proxecto. Quizais unha okupa máis pequena tería funcionado perfectamente como un espazo fortemente politizado e ideoloxizado, pero alí o que facía falta era xente, proxectos e iniciativas que enchesen o inmenso baleiro dun convento abandonado.
Pero desgranemos aqueles mínimos para ilustrar mellor o exposto:
O primeiro, e o que quizais máis guerra deu, foi o do anticapitalismo. A súa tradución directa no espazo da casa era a prohibición de efectuar actividades lucrativas dentro do recinto. Todo traballo alí desempeñado debía ser voluntario. Entendíase que se os camareiros dos concertos traballaban gratis, se o electricista que ocasionalmente viña dende Ferrol para axudar o facía gratis e se os traballos de acondicionamento e limpeza se facían desinteresadamente, non tiña ningún sentido pagar máis alá dos gastos aos que daban talleres, ofrecían concertos ou realizaban obras de teatro. Evidentemente os concertos por unha causa solidaria, excepción a esta regra, levábanse todo o beneficio da entrada e da barra integramente para o colectivo que os organizara. Este mínimo, que tomado de forma orientativa sería bastante parecido ao que xa tivera no seu día a "Casa dás Atochas", aplicado de xeito tallante, estrito e ata as súas últimas consecuencias rematou por xerar multitude de problemas.
Por unha banda os grupos da urbe, especialmente os da escena Krust que tanto partido sacáranlle á anterior okupa, encaixaron mal o asunto; convencidos de que eles tamén tiñan os seus gastos de aluguer de locais e de material, e que a ver por que non ían poder cobrar igual que o facían en garitos e discotecas. Detrás da súa postura, todo hai que dicilo, escondíanse desavenencias forxadas á calor do desaloxo da okupa predecesora.
Pero se a cousa xa estaba calentita polo tema da entrada dos concertos, o asunto das distris e dos parches acabou por rematalo. Á calor do mínimo do anticapitalismo, e tomando de forma estrita o temita do ánimo de lucro, impediuse que as distris de música que non tivesen fins políticos, así como xs vendedorxs de parches e pulseiras, puxesen as súas mesas dentro da sala de concertos. Todo isto, unido á actitude chulesca e autorreferencial dalgún impresentable membro da asemblea, xerou un auténtico boicot por parte dun amplo sector de músicos coruñeses.
O mínimo do anticapitalismo tamén xerou problemas no relativo á horta da casa, pois non se permitiu que xente externa ao proxecto viñesen a traballar en hortas para o seu beneficio particular e só plantáronse hortalizas para o consumo dos comedores da casa. Tampouco se permitiu que xs que tatuaran no taller de tatuaxes do Centro Social se embolsasen beneficio ningún e acordouse que todo o recadado debía redundar no propio taller ou destinarse á causa anticarceraria. Isto tamén xeraría agrias polémicas e, finalmente, graves problemas no seo da asemblea.
Agora, visto todo en lontananza, non é que pense que este mínimo este mal en si mesmo, todo o contrario. Pero nun espazo tan grande, e á luz do sucedido, o seres extremadamente coherentes na súa aplicación só levou ao illamento da asemblea e ao rexeitamento de gran parte do ambiente alternativo da cidade que, xa fose por incomprensión ou por contumaz estulticia, non estaba preparado para semellante compromiso.
Outro tema que suscitou o rexeitamento da aburguesada poboación coruñesa foi o mínimo do veganismo. Outra vez encontrámonos ante outro principio que tamén asumira no seu día a Casa dás Atochas pero que, aplicado na súa forma estrita, serviu como “arma arrojadiza” en mans dos detractores da okupa. Mentres nas Atochas se entendía que o Centro Social só produciría comida vegana, sen meterse nos bocadillos que a xente puidese traer de casa, en Palavea restrinxiuse a entrada a calquera produto de orixe animal, prohibindo tallantemente que calquera anaco de queixo (por exemplo) invadise o espazo aéreo da okupa. Esta interpretación do mínimo do veganismo non só trouxo problemas para coa xente de fóra, se non que foi o detonante de graves enfrontamentos dentro da propia asemblea que desembocarían nunha polarización das posturas. Finalmente algúns dos detractores do veganismo remataron por asumir posicións aberrantes de defensa do carnivorismo, intencionadamente ofensivas e absolutamente impresentables nun espazo supostamente liberado.
O mínimo da autonomía, aínda que en menor medida, tamén trouxo certas tensións. A hostilidade da casa cara a institucións, partidos e sindicatos fixo que se cuestionase, por poñer un exemplo, se a C.N.T. podía ou non pedir o espazo para realizar actividades. A polémica reabriríase máis tarde co 15 M, os Riazor Blues, a C.G.T. ou con charlas de membros do Sindicato Labrego ou da C.U.T. Evidentemente todo isto non axudou a caer máis simpáticos.
Estas interpretacións sempre restritivas dos mínimos cos que se dotara a casa, unidas ás xa mencionadas actitudes autorreferenciales e de tendencia ao gueto, illaron en certa medida a okupa do seu público potencial. A isto habería que sumarlle a distancia da cidade, pois de estar situada no centro outro galo teríalle cantado.
Hai que dicir tamén que, ao ano e pico de percorrido do Centro Social, todos estes mínimos se suavizaron bastante nunha asemblea participativa á que se invitou a gran parte dos Movementos Sociais da cidade. Con grande asistencia de xente, vidos dende moitos colectivos distintos, a reunión serviu para relaxar bastante a firmeza dos mencionados mínimos, así como para mellorar en boa medida a imaxe da okupa. Malia que nesta asemblea se escoitaron moitas voces distintas e se asumiron moitos compromisos de futura colaboración con outros grupos e proxectos, pasado o día pasou a romería, e a casa voltou ao seu ostracismo habitual. Repito que a distancia física do centro da cidade probablemente foi, por riba de todo, o peor inimigo das actividades sociais da okupa… unido a desidia preguiceira e hedonista do ambente “alternativo” coruñés, que non soubo ver nin apreciar as inmensas posibilidades do que tiña diante.
Malia todo, o Centro Social acabou contando cun colectivo veciñal que tiña un local nas súas instalacións, outro espazo destinado como taller da "Masa crítica", un cuarto de xogos infantís xestionado por un grupo de nais e pais con ideas alternativas sobre educación, un ximnasio, un "Hack-lab", unha rampla de Skate fabricada e xestionada por patinadorxs locais, unha biblioteca, un taller de artes, outro de tatuaxes, de serigrafía... tamén realizou infinidade de cursos e talleres (ioga, guitarra, inglés, artes marciais...), charlas e actividades así como serviu de sede a eventos de considerable importancia como un Tatoo Circus, un Hack-meeting, unhas Xornadas Feministas ou varios Encontros Anarquistas.
Pero o que quizais máis dano fixo á dinámica da propia okupa foi a convivencia. Se no proxecto político se cometeron erros, o proxecto vivencial, chamémoslle "a comuna", foi un auténtico fracaso.
Todo empezou aos poucos meses do comezo. O espazo era demasiado xigantesco como para que non vivise ninguén nel. Tería sido practicamente imposible xestionar a limpeza e o acondicionamento sen xente asentada de forma permanente nas instalacións, así que se acordou habilitar un espazo como vivenda. A asemblea era vagamente consciente dos problemas aparellados á convivencia dunha vivenda cun Centro Social, polo que decidiu dotarse de certas normas que axudasen a concilialas. Decidiuse que era obrigatorio que os que viviran na okupa pasasen sempre polas asembleas, que estas tiñan sempre a última palabra nun posible conflito, que para vivir na casa había que levar polo menos tres meses traballando nela e que os residentes tiñan certas obrigas con respecto á limpeza e ás quendas de porta. Na práctica cada unha desas normas foi quebrantada nun momento ou outro.
Un grupo de entorno a unha decena de persoas inauguraron entón a vivenda da okupa. Non pasaron moitos meses antes de que as relacións persoais entre varixs delxs se tornasen irreconciliables. Se xa é difícil a convivencia nun piso compartido por tres ou catro persoas, nunha inmensa mansión na que viven máis de dez e que ademais funciona como Centro Social a cousa pode tomar tintes esperpénticos. Apenas pasara un ano do comezo da okupación e xa un par de persoas, asqueadas da convivencia, abandonaron para sempre o proxecto. Evidentemente as desavenencias que empezan polo persoal rematan por contaxiarse ao eido político, o que arrastrou que outras persoas amigas daquelas rematasen tamén por distanciarse da asemblea.
Se xa é doado que xurdan sentimentos de apropiación de espazo nun Centro Social sen vivenda, nun no que hai xente metida nel de forma permanente poden raiar no obsesivo. A diferenza entre o traballo efectivo realizado polos que habitaban a casa con respecto ao resto de xente da asemblea comezou a xerar resentimentos e actitudes xerarquizantes; pois ás veces faise difícil diferenciar o traballo realizado cara ao Centro Social do traballo que un realiza na súa vivenda particular (que neste caso é tamén o Centro Social).
Pero o peor aínda agardaba por chegar. Varias persoas, todas de fóra de Coruña, con problemas de índole económica, que non podían (ou non querían) acceder a un aluguer, pediron permiso para quedar pretendendo interese no proxecto. Movidxs por un sentimento solidario e confundidxs no relativo ao respecto que suscitaban os mínimos acordados e a política do Centro Social, algúns membros da asemblea remataron por avalar xs recén chegadxs. Non se pode negar que estas persoas pagaron con traballo a súa permanencia na casa, non obstante iniciaron case dende o primeiro momento unha erosión constante do proxecto político acordado ata entón, cunha hostilidade manifesta cara ao mínimo do veganismo, cara ao anarquismo nalgún caso concreto e cara a calquera indicio de acción social na rúa que puidese supoñerlles algún problema legal. Recordamos que a actitude hostil cara ao veganismo viña motivada por un comezo quizais bastante impositivo no relativo a esta cuestión, non obstante a reacción suscitada e o grao de resentimento acadado foron de todo punto inxustificables.
Os problemas no seo da asemblea enconaronse e polarizaronse de forma significativa e, evidentemente, xs que vivían dentro da okupa remataron por levarse o gato á auga. Cando as discusións chegan a tal punto que cada un marcha para a súa casa, x que vive no centro social, ao non ter outro sitio onde ir, acaba apoderándose do proxecto. Xs que non vivían na okupa, curiosamente xs que estaban dende o principio, remataron por distanciarse ao volverse insoportable a convivencia. Xs que vivían nela, como á fin e ao cabo era a súa casa, quedaron na okupa pola posición de superioridade que confire a maior apropiación efectiva do espazo.
Con todo, a asemblea, moi minguada, continuaba funcionando con algunhas persoas que se mantiñan dende o inicio intentando mediar no conflito convivencial. Pero a cociña da vivenda converteuse de facto nunha asemblea paralela en si mesma. Facendo dos problemas de convivencia problemas políticos e das desavenencias persoais conflitos ideolóxicos irreconciliables.
Quizais sexa importante, neste momento concreto da historia, chamar a atención sobre o feito de que moita da xente que iniciara o proxecto, ante o agravamento de problemas tanto de índole convivencial coma políticos (por exemplo o mencionado veganismo), optaron por distanciarse da asemblea. Isto, evidentemente, facilitou ao outro sector a apropiación total do espazo. Se ti te distancias porque hai cousas que non te gustan, o normal non será que cando volvas a xente cambiara de ideas ou actitude, se non máis ben todo o contrario.
Cando empezou a aproximarse o momento do desaloxo todos os conflitos internos en estado latente estouparon con estrépito. O edificio comprárono a Nova Galicia Banco uns empresarixs que o querían converter nun asilo de anciáns. Cando un ano antes do desaloxo viñeron a ofrecer grandes sumas de diñeiro para que os okupas o abandonasen pacificamente, todxs xs membros da asemblea estiveron de acordo en que a única opción aceptable era a resistencia. Non obstante, cando esgotada a vía xudicial xa non quedaba máis remedio que pasar á desobediencia, moitos daquelxs que chegaran ao proxecto unha vez este xa estaba consolidado en busca dun lugar para vivir empezaron a dicir que o mellor era marchar sen máis e polas boas. Os discursos radicais e insurreccionais dun ano atrás esfumáranselles para dar paso a continuas pegas a calquera acto de protesta que puidese carrexar identificacións policiais. Mentres que xs que levaban na okupa dende o principio eran unánimes na necesidade da resistencia, mesmo algúnxs que se distanciaran do proxecto volveron para defendelo, moitxs dxs que chegaran despois á vivenda eran partidarios de marchar sen máis. Recriminando mesmo ao resto que puxesen tanto interese na defensa do Centro Social no canto de preocuparse por atoparlles un sitio para vivir xs que quedaban na rúa.
A división interna facíase cada día máis insoportable, non obstante xs partidarixs de irse polas boas non o fixeron ata o último día en que podían permanecer na casa sen medo a enfrontarse ao desaloxo. Pero ese día, cando esgotados os recursos legais a policía podía presentarse no inmoble en calquera momento, sen que mediase outro acontecemento especial, os partidarios de marchar sen máis decidiron que non podían aturar por máis tempo á outra facción e desvinculáronse do proxecto. Moitxs delxs nin sequera participaron das xornadas de despedida nin das manifestacións de protesta. Ante o medo a asumir as consecuencias represivas aparelladas á okupación que lles servira de vivenda, preferiron escenificar unha ruptura política que dera coartada á súa cómoda postura autocompracente e hedonista.
Noutro caso, aínda máis sangrante, descubriuse con gran desasosego asembleario que dúas persoas, que chegaran ao proxecto ao quedarse sen lugar onde vivir, levaban meses collendo diñeiro e material do taller de tatuaxes ás agachadas da asemblea. Coñecendo perfectamente as normas do taller, que non permitían embolsarse cantidade ningunha polas tatuaxes realizadas, unha destas persoas non só estivo cobrando as tatuaxes e quedándose el os cartos, se non que ademais gastou gran cantidade de material sen repoñelo e meteu tamén a man na conta xeral do taller ata deixala a cero. Estes dous ladróns impresentables, unha vez descubertos e obrigados a marchar da okupa, aínda tiveron a incrible desfachatez, nun alarde de esquizofrenia paranoide sen parangón, de facer senllas pintadas nas paredes do Centro Social que rezaban "Hipocritas" e "Pequeñoburgueses" (si, un destes tipos era un rancio e anacrónico stalinista, como podedes ver).
Evidentemente, esta penosa situación interna non axudou en absoluto a incrementar o apoio social do C.S.O. Palavea. Os potenciais aliados da okupa non ían defender a capa e espada un proxecto do que renegaban moitos dos seus integrantes. Se xa o Centro Social nunca contou co apoio suscitado polo seu predecesor, a violenta explosión das tensións internas que o atenazaban minguou o sentimento solidario ata a súa mínima expresión. Sumado isto ao pasotismo burgués natural dos coruñeses, contribuíu a un moi mediocre final para tan ambicioso proxecto.
O pequeno grupo que se mantivo nas asembleas unha vez cursada a orde de desaloxo, soportando á vez a carga da presión represiva e da situación interna, acometeu como puido a organización dunhas xornadas de despedida e dun calendario de mobilizacións; tamén deseñou unha estratexia de resistencia no espazo. O escaso apoio tanto ás xornadas como ás mobilizacións contribuíu aínda máis a desmoralizar xs resistentes, que tras un período longo de desgaste, decidiron suspender as permanencias nocturnas para manter unicamente as actividades realizadas durante o día como Centro Social.
Así foi como, cando chegaron xs madeiros, alí non se atopaba ninguén salvo unha señora recentemente desafiuzada da súa vivenda que, malia as advertencias da asemblea, preferiu quedarse alí antes que ir a vivir ao refuxio (onde finalmente rematou). O desmesurado dispositivo policial non atopou resistencia ningunha, e foi timidamente contestado por unha concentración esa mesma tarde que non chegou a reunir unha centena de persoas, e por unha manifestación a semana seguinte que apenas superaba esa cifra. Rodeada completamente por antidisturbios acorazados, ofreceu unha modesta resposta ao desmantelamento represivo dun Centro Social que durante tres anos constituíu unha alternativa anticapitalista e autónoma á gris monotonía postmoderna coruñesa.
Ao parecer, e segundo o recollido pola prensa comercial, poucas horas despois da manifestación que serviu de colofón a esta aventura usurpadora un grupo de encapuchadxs cruzaron e prenderon lume a varios contenedores e atacaron as cristaleiras de varias sucursais bancarias nunha das principais arterias comerciais da urbe.
Tanto as xornadas, como as manifestacións, coma o disturbio (se é que efectivamente se realizou por este motivo, xa que nunca foi reivindicado) foron algo así como da magnitude xusta para non ser un auténtico fracaso. O xusto para “manter o tipo”, por dicilo dalgunha forma, o mínimo imprescindible para que a cousa non fose un desastre. Triste final para un proxecto que deixa tras de si tres anos de rebeldía que, cos seus múltiples erros, tamén estiveron enchidos de innumerables acertos e de momentos inesquecibles.
Palavea tentou ser un proxecto máis combativo e coherente que Á Casa dás Atochas, tratou de afondar máis como alternativa integral a un sistema podre e liberticida que absorbe todos os resquicios das nosas vidas. Non obstante foi vítima da inmensa incapacidade que arrastramos para a convivencia en liberdade, para a comunicación e a empatía, así como da indiferenza supina dun entorno cego e xordo ante calquera iniciativa realmente transformadora.
A presente análise céntrase, para variar, nos conflitos, as disensións e os erros cometidos ao longo do proceso que constituíu o Centro Social Okupado de Palavea. Tamén houbo moitos acertos, moito traballo e moitos momentos para o recordo. Non obstante as virtudes da okupación son de todxs coñecidas nos nosos círculos militantes, e é nas partes escuras onde convén unha reflexiva análise da que poder extraer aprendizaxes e conclusións. Moitos dos problemas aquí expostos non son patrimonio exclusivo do C.S.O. Palavea, pódense atopar nunha morea de proxectos pasados, e sen dúbida aparecerán en moitos dos que agora existen e dos que están por vir. Reflexionar sobre eles antes de que sucedan, así como o feito de recoñecelos no momento en que se producen, pode axudar a atallalos, cada un saberá de que xeito (se é que existe algun bo), antes de que danen irreparablemente os nosos espazos e as loitas que dende eles tentamos promover.
Esta é unha visión subxectiva e persoal (como non podía ser doutra forma) dos tres anos de percorrido deste Centro Social Okupado coruñés. Aí queda como ferramenta para a reflexión e o debate sobre o mellor xeito de construír espazos liberados. Esperemos que os que veñan despois sexan capaces de facelo moito mellor… Sempre mellor.
Okupa, resiste e aprende!
El Abuelo Cebolleta

3 abr 2014
Nova 'okupa' en Compostela: Cantigas e Agarimos.. de templo da música tradicional a centro social autoxestionado
Recollemos esta noticia de SermosGaliza e damos publicidade ao Comunicado "Que queremos facer?" que recollemos do blogue do Centro Social Autoxestionado do Sar
Hoxe 3 de abril dende as 18h na Algalia de Arriba 11, abre un novo espazo liberado en Compostela! deixámosvos a programación de hoxe:
Horario do día 3:
18:30 -Asamblea aberta: debate sobre a necesidade de espazos abertos para todas
20:30 -"A rebeldía do corpo, a rebeldía da @" palestra impartida por Teresa Moure.
22:30 - Ceador vegano e foliada
Crónica do "Sermos" asinada x A.V.
Un grupo de persoas con pasamontañas e caretas de 'Pokemon' (como denuncia da corrupción que salfire o goberno local compostelán) procederon esta quinta feira a 'okupar' ou 'libertar' o que durante 54 anos foi o local da agrupación de música e baile tradicional Cantigas e Agarimos, ubicado na rúa compostelá de Algalia de Arriba, en plena zona vella da capital de Galiza.
O inmoble non tiña uso algún desde que hai 3 anos Cantigas e Agarimos o deixara após se extinguir o aluguer de renda antiga que tiñan. Agora, un grupo de persoas veñen de ocupalo coa intención de transformalo nun espazo cultural libre, dotalo de programación e vida e, con este acto, rexeitar o abandono e especulación que existe na cidade en relación a edificios históricos, e non só estes. Nun aponte feito a Sermos Galiza, a Xunta Xestora de Cantigas e Agarimos, "en nome de toda a agrupación", quíxose desvinculada ocupación.
Vigor, vixencia e saúde da okupación
Esta acción vén a sumarse á desenvolvida hai unhas semanas na tamén compostelá Sala Yago e ao despexo do CSO de Palavea (na Coruña). Feitos que amosan o renovado vigor que o movemento está a ter en Galiza. A capital do país ten acollido historicamente proxectos de ocupación (da man da dinamización e involucración nos barrios) como o de Santa Clara e, sobre todo, a Casa Encantada de Sar.
Comunicado d@s compañeir@s sobre o novo espazo cultural libre
"Que queremos facer?
Desde o ano 2011 o antigo local da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos sito na Rua da Algalia de Riba 11 permaneceu fechado. Un grupo
de persoas da cidade decidimos reabrir este espazo para o enchermos de
vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada. Para reabrirmos, non contamos só con razóns culturais do noso lado, hai moitas outras. Esta acción non deixa de ser unha protesta contra a as elites sociais: políticos corruptos, construtores e grandes empresarios que mandan máis que estes últimos, unha policía que os defende a todos e unha xustiza que os ampara.
Contra quen?
Nos últimos tempos, a cultura en Compostela está a se tornar nun privilexio
das elites. A nosa sociedade está a experimentar unha crecente división entre persoas privilexiadas e escravas. Mentres as primeiras desfrutan dunha pomposa cultura elitista, ás segundas élles negado o dereito ao lecer: "ti és unha escrava, non se che perde nada no teatro, no cinema ou escoitando música, pasa a traballar!". Mentres tiran os cartos en mausoleos como a Cidade da Cultura, nós queremos traer cultura á cidade; cultura libre e para todas. Para alén disto, vimos de sofrer o último gople contra as actuacións ao vivo nesta cidade, coas última normativa municipal que prohibiu todas as actuacións nos bares da zona vella. Queremos que os nosos pallasos sexan artistas, e non políticos empoleirados no Concello. Que non especulen coas nosas vidas: nin Pokémons, nin Currás nin Condes Drogas.
Para quen?
Este é un proxecto para todas: para as desafiuzadas, para as que non chegan a fin de mes, para quen non pode pagar os estudos, para as paradas, para as precarias, para quen non pode pagar os medicamentos, para quen vai ficar sen sanidade, para quen deixa a pel en fronteiras absurdas, para quen ten que abortar clandestinamente, para quen padece o abuso machista, para as explotadas sexualmente, para quen sofre a homofobia, para os excluídos e os marxinados, para todas as que somos como o poder non quer que sexamos.
Molestámoslles porque non somos como queren que sexamos."

1 abr 2014
Crónica da resposta ao desaloxo do CSO Palavea na Coruña
A falta dun comunicado da asamblea da okupa coruñesa (polo de agora) reproducimos, unha vez traducida do castelán, a seguinte crónica aparecida no blog anarquista "La Rebelión de las Palabras" (orixinal -Aquí) que fala da mani e máis dunhas sabotaxes sucedidas despois e recollidas pola prensa comercial. Deixamos tamén o video da manifestación realizado por Galiza Contrainfo (na súa páxina -Aquí):
O pasado sábado 29, ás 20:00 da tarde aproximadamente, tivo lugar a manifestación contra o desaloxo do CSO Palavea na Coruña, a cal partiu dende a céntrica praza do Obelisco para atravesar varias rúas ata a praza da leña, onde se disolveu finalmente a marcha, sen detencións e, que se saiba, sen identificadxs.
Cabe sinalar que a protesta estivo dende o comezo flanqueada por un forte dispositivo policial, que a encaixou creando cordóns polos catro costados, algo que non lles resultou difícil dado que o bloque manifestante contou cunha precaria asistencia, o que facilitou moito á madeira o executar a súa, por outro lado, habitual estratexia, sen que tivésemos oportunidade de desobedecelos ou de tratar de ir máis alá ou desenvolver unha dinámica máis combativa. Igualmente, cruzouse o centro entre berros de " Contra o Estado e contra o Capital, guerra, guerra, guerra social! ", " Violencia é non chegar a fin de mes! " o " Dez, cen, mil Centros Sociais! ".
Un tempo despois tras o termo da mani (que non se alongou demasiado), a iso das 22:30, segundo informaron algúns medios burgueses a nivel galego, algunxs anónimxs encapuchadxs cortaron o tráfico con colectores en chamas na tamén céntrica rúa de San Andrés, abrindo un bote de fume para aumentar a confusión e rompendo a marteladas varios cristais das sucursais que nesa rúa teñen as entidades bancarias NovaGalicia Banco e Bankinter, ademais de esnaquizar a pantalla do caixeiro automático deste último, que quedou totalmente inutilizable. Cando a policía chegou xunto aos bombeiros, alertada por varixs ciudadanxs chivatxs (que ademais, terían querido xogar aos heroes, saíndo elxs mesmxs tras dxs incontroladxs), xs descoñecidxs incendiarixs desapareceran, sen que por agora se teñan noticias de detencións nin episodios represivos ao respecto.
Non desaloxarán as nosas conciencias! Todo continúa!

26 mar 2014
Manifestación de protesta contra o desaloxo do C.S.O. Palavea (A Coruña)
Deixamos aquí, a petición da asamblea do xa desaloxado C.S.O. Palavea, o cartaz da manifestación en repulsa do desaloxo e en defensa dos espazos liberados prevista para o vindeiro sábado 29 ás 20:00h no Obelisco da Coruña.
Aproveitamos tamén para deixar esta foto, recollida da prensa comercial, da concentración de protesta de onte (día do desaloxo), que congregou a algo menos dunha centena de persoas entre cánticos okupas, contra a policía e contra a paz social. Despois dunha hora de protesta, ben custodiada por catro furgonetas de antidisturbios, a concentración disolveuse sen incidentes.

convocatorias,
coruña,
desalojo,
okupacion,
protesta
25 mar 2014
Desaloxado o C.S.O. Palavea. Concentración hoxe e manifestación o sábado.
Reproducimos o comunicado do Centro Social Okupado de Palavea sobre o seu desaloxo e aproveitamos, a petición expresa da asemblea, para difundir as convocatorias dunha concentración de protesta hoxe ás 20:00h diante do Obelisco e mais outra manifestación prevista para o próximo sábado 29 de marzo, ás 19:00h, tamén no Obelisco. Aquí deixamos o comunicado:
DESALOXADO O C.S.O. PALAVEA!
Hoxe, martes 25 de marzo, un desmesurado dispositivo policial desaloxaba o Centro Social Okupado de Palavea. Decenas de furgonetas de antidisturbios, apoiadas por coches da gardia civil, asaltaban ás 7:30 da mañá o inmoble dando fin a case tres anos de autoxestión, compromiso e rebeldía. No momento do desaloxo unicamente durmía no lugar unha persoa, unha muller desafiuzada poucos meses antes da súa vivenda e que, abandoada polas institucións, atopara acubillo no noso Centro Social.
O pasado luns 17 rematara o prazo concedido polo xulgado para abandoar o edificio pero, pese ao específico da sentenza, a policía preferiu desgastar aos resistentes durante máis dunha semana antes de executar a orde.
Tras varios anos de rebelde existenza, finalmente conseguiron rematar coa inmensa insolencia que supón a existenza dun espazo liberado das poutas do capitalismo e da xerarquía para devolvelo ao redil do mercado.
Pero, como prometéramos, as súas agresións terán resposta nas rúas:
ESTE SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS ÁS 19:00H DIANTE DO OBELISCO.
Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación. Vémonos nas rúas!!
DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS
UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!
Blog do C.S.O. Palavea -Aquí

comunicado,
convocatorias,
coruña,
desalojo,
okupacion
[A Coruña] Desaloxan o CSO Palavea
Á espera de máis e mellor información, agradecemos á compa que non enviou por correo a noticia do desaloxo tal como informa un falsimedio:
Axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) da Policía Nacional desaloxaron esta mañán aos ocupas do centro social de Palavea, en A Coruña. No operativo, que se desenvolveu sen incidencias, participaron medio cento de policías. E aquí o video deste falsimedio sobre o despregue policial afora do CSO Palavea
Nun outro pseudoxornal local dan conta tambén do suceso e falan de que o desaloxo produciuse esta mañán baixo un importante despregue policial. Decenas de axentes da Policía Nacional e tambén efectivos da Guarda Civil de Tráfico se presentaron ás 07.30h nas instalacións 'okupadas' para proceder ao desaloxo forzoso do edificio, no que só había unha persoa, unha activista, no momento da actuación policial. Tras desaloxar á única ocupante que había na casa ás 07.30h cando se presentou a policía para executar o desaloxo forzoso, o despregue policial se mantivo durante case tres horas e cans da policía rastrearon as instalacións sen que se rexistraran incidentes nen altercados en nengún momento durante a intervención. O operativo policial mantívose ata pasadas as 10h, cando os policías se retiraron despois de que uns particulares colocaran unha cadea na porta de entrada ao recinto. A Gardia Civil de Tráfico permaneceu no lugar para regular o tráfico e prestar apoio á Policía Nacional ata que concluiu a intervención. Leer más...

20 mar 2014
Comunicado do C.S.O. Palavea sobre as últimas novas relativas ao desaloxo
Reproducimos o seguinte comunicado da asamblea da ookupa coruñesa extraido do seu blog (orixinal -Aquí):
Dende a asemblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos agradecer a tod@s @s solidari@s que o pasado luns viñeron a resistir connosco a orde de desaloxo a súa cariñosa e disidente presenza xunto a nós. Pois foi tod@s xunt@s como conseguimos visibilizar a desesperada situación xudicial da okupa, cortando en reiteradas ocasións o tráfico da N-550 e obrigando a policía nacional e a garda civil a despregar tal desmesurado dispositivo que ata mobilizaron un helicóptero.
Non obstante semella que as intencións policiacas pasan por xogar ao xogo do desgaste, ignorando momentaneamente o mandato xudicial que os cominaba a actuar o pasado luns para realizar un desaloxo sorpresa cando menos o esperemos.
Dende a asemblea do C.S.O. continuaremos desobedecendo as leis e sentenzas lacaias dos intereses d@s ric@s e poderos@s e seguiremos resistindo por este e por todos os espazos liberados.
Atentos a próximas convocatorias, pois o noso desaloxo terá resposta nas rúas.
OKUPAMOS E RESISTIMOS!!!
CONTRA AS AGRESIÓNS DO CAPITAL, GUERRA SOCIAL!!!

14 mar 2014
Chamamento a resistencia do C.S.O. Palavea (A Coruña)
Deixamos aquí este comunicado da asamblea do C.S.O Palavea sobre o novo auto xudicial que insta o desaloxo para este luns 17 de marzo ás 12.00h. Tamén chaman a participación nas Xornadas de Resistencia que realizan durante toda esta fin de semana:
O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.
Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalismo depredador, na súa procura de rematar co noso proxécto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a acudir o luns 17 ás 10:00h a porta do C.S.O. Palavea a resistir contra o desaloxo deste o noso (e o voso) espazo liberado.
Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS
CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!
Subido por C.R. con información facilitada dende a asamblea da okupa.

12 mar 2014
Xornadas de Resistencia no C.S.O. Palavea e orde de desaloxo
Deixamos aquí o cartaz das Xornadas de Resistencia previstas para esta fin de semana e recordamos que o vindeiro luns 17 de marzo, xusto ao remate das xornadas, ás 12.00h, é a data establecida polo xulgado para que a policía comprobe se os okupantes continúan na casa e proceda ao desaloxo.
Así que o dito, palestras anticarcerarias para mañá xoves 13, co colectivo "nais contra a impunidade" e presentación da campaña "Cárcere=Tortura"; o venres ás 19:00h palestra "Hip-hop como ferramenta de transformación social" a cargo de membros do Hip Hop Ateneu e máis concertos de Furnier, Pura Mestura, J.ODT e Maneante (estes dous últimos non aparecen no cartaz por confirmarse máis tarde); xuntanza feminista (con MUGRE de compostela e a Asamblea Feminista de Coruña), espectaculos variados de circo e concertos de Tranxenericas, The Fulans e outros grupos por confirmar o sábado; palestras do Grupo de Hortas, de Stop Desafiuzamentos Coruña e sobre o desaloxo da Escuela Taller de Madrid máis ceador vegano e concertos de cantautores, con Palos y Piedras y Hektor Nenófilus o domingo; e para o luns pola mañá SOLIDARIEDADE E RESISTENCIA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA.
Redactado por C.R. con información transmitida dende a asamblea da okupa.
Máis info no blog da okupa aquí.

xornadas
Fixado o desaloxo do C.S.O. Palavea para o próximo luns 17 ás 12:00h (A Coruña)
Fontes próximas á asemblea do Centro Social Okupado de Palavea infórmannos de que o xulgado fixou a data do desaloxo para o próximo luns 17 de marzo ás 12:00h. Curiosamente xusto despois de que finalicen as "Xornadas de Resistencia" programadas para o vindeiro fin de semana na okupa coruñesa e que estarán repletas de charlas, talleres espectáculos e concertos.
Dende o Centro Social chaman a participar na resistencia.
Continuaremos informando.
Redactado por C.R. con información facilitada dende a asamblea da okupa.

6 mar 2014
[A Coruña] Dende o venres 7 ata... Xornadas de Resistencia no C.S.O. Palavea!
Damos pulo a esta convocatoria que recibimos da Asamblea do C.S.O. Palavea e ante a inminencia dun posible desaloxo querémosvos convidar ás Xornadas de Resistencia que darán comezo este venres 7 e que se prolongarán ata a próxima fin de semana.
Índa quedan multitude de actividades sen anunciar e algunhas están suxeitas a cambios, iremos subindo a información, así que estade atentxs ao blogue! Estas son as actividades programadas polo momento:
Venres 7:
21.00h - Ceador
22.00h - Concertos:
-Folkolicos
-La Patxaranga
Sabado 8:
12:00h - Campionato de Tiracroios + Xogos de Resistencia
14:00h - Xantador
17:00h - Mesa Redonda: Centros Sociais Okupados [Presentación de Proxectos]
21:00h - Ceador
22:00h - Timba Poética
23:00h - Concertos:
-Adán y Eva
-Bitxo Bola
-Grupo Sorpresa
ACUDE E DIFUNDE!
UN DESALOXO, OUTRA OKUPACIÓN!

2 mar 2014
Xornadas de resistencia no C.S.O. Palavea (A Coruña)
Reproducimos o seguinte comunicado que recibimos do C.S.O. Palavea:
Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos informar do inminente perigo de desaloxo no que nos atopamos. A audiencia provincial desestimou o recurso de nulidade que paralizaba momentaneamente o desaloxo da okupa, polo que o mandato de abandono do inmobre dictado no seu día polo xulgado da Coruña volveu cobrar vixencia. Deste xeito o desaloxo policial do C.S.O. Palavea podería producirse en calquera momento.
É por isto que dende a asamblea do centro social facemos un chamamento á resistencia, convidando xs solidarixs a participares connosco da mesma. Así dende xa mesmo comezamos as permanencias na okupa e convocamos para o vindeiro fin de semana unhas xornadas de resistencia con charlas, asambleas, mesas redondas e concertos. A programación para os días 7, 8 e 9 de marzo publicarémola ca maior brevedade posible, mentres tanto comezamos coas permanencias e cos preparativos para a resistencia.
Pola defensa dos espazos liberados, contra o capital e a especulación. Resistencia e okupación!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)