2 mar 2014

Xornadas de resistencia no C.S.O. Palavea (A Coruña)

Reproducimos o seguinte comunicado que recibimos do C.S.O. Palavea:


Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos informar do inminente perigo de desaloxo no que nos atopamos. A audiencia provincial desestimou o recurso de nulidade que paralizaba momentaneamente o desaloxo da okupa, polo que o mandato de abandono do inmobre dictado no seu día polo xulgado da Coruña volveu cobrar vixencia. Deste xeito o desaloxo policial do C.S.O. Palavea podería producirse en calquera momento.

É por isto que dende a asamblea do centro social facemos un chamamento á resistencia, convidando xs solidarixs a participares connosco da mesma. Así dende xa mesmo comezamos as permanencias na okupa e convocamos para o vindeiro fin de semana unhas xornadas de resistencia con charlas, asambleas, mesas redondas e concertos. A programación para os días 7, 8 e 9 de marzo publicarémola ca maior brevedade posible, mentres tanto comezamos coas permanencias e cos preparativos para a resistencia.

Pola defensa dos espazos liberados, contra o capital e a especulación. Resistencia e okupación!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario