Mostrando entradas con la etiqueta concerto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concerto. Mostrar todas las entradas

4 jul 2014

Recordatório [A Guarda] 4 e 5 Julho - AntiRepresSom!! Festival Solidário cxs Presxs em Luita no CS O Fuscalho

Reproduzimos convocatória deste Festival AntiRepresSom recebeda na nossa caixa de correios:

O dia quatro de julho comezará a tormenta. As cadeias arderam a (des)ritmo de rap e punk, as presas fugaram-se e a Lua brilhará no alto. Fogueiras estenderam-se por A Guarda e as lobas ouvearam ate o mencer. O mar rebentará o dique dumha vez e os surfistas nazis morreram em Fedorento. Ou isso esperamos.

De momento, nós oferecemos um festi de dois dias para darlhe banda sonora á revolta e APOIAR ÁS PRESAS EM LUITA. Logo vos, facede o que vexades.

PROGRAMAÇOM:

SEXTA 4 DE JULHO.
18.00 horas. Palestra “O hip-hop como ferramenta de transformación social”. A cargo de compas do Hip Hop Ateneu.
20.00 horas. Musicote Hip Hop Guapo Anticarcerário:
REBELIOM DO INFRAMUNDO: Hip-hop que che rachan os ouvidos representando o colectivo Track-asedio
FURNIER: Delírio iconoclasta dende os pisos francos dalgum bairro da Galiza. Afín á Internacional do Mal.
PURA MESTURA: Rap sincero e sen doctrinamentos, outra gran proposta do colectivo Hip-Hop Ateneu
PRÓFUGO. Lágrimas produzindo beats. Corvos bruxos, delinquentes e cadelos dende o bosque de Sherwood.

SABADO 5 DE JULHO.
-14:00 Jantar Solidário. Elaborado sem sofrimento animal
-16:00 Exibiçom de Skate e Grafiti amenizada por picadiscos na pista do porto.
-20:00 Coloquio: A Música e Movimento. Contaremos con integrantes das bandas participantes para debatir um bo rato.
-22:00 Noite Hardcore/Punk a cargo de:
THE TXARRANS. Vella escola ghuardesa dando mimbre coma sempre. ¡Viva o Punk com aires campusinos!
CONTRA AS CORDAS. Barbarie ourensá. Tralha afiando cotenos. Hardcore sapatilha ou morte.
OS PORCONAS: Xs porcxs que sairam bem parados da rebeliom na granja agora som punkis, coidado com elas.
HERR CONTAINER: Punkis com cara de crustis que tocam hardcore e molalhes o rocanrol, em resumo... canha pura e dura.
THE JAVI BOMBIN EXPERIENCE. Lobo estepário ouveando dende o Tegra. Berridos acústicos portuários de lua cheia.

Agardamos por todxs.
Serám umhas noites fermosas de solidariedade e apoio.
¡Porque nom ha nada mais fermoso que umha prisom em chamas!

Leer más...

11 mar 2014

[Lugo] Concertos na Casa dxs Lerchxs

Dende A Casx dxs Lerchxs, ubicada na Av. de Madrid 195 de Lugo, fannos chegar o convite para asistir a dois concertazos o mércores 19 e o xoves 20, con motivo da apertura do seu bar para disfrutar destes "pedazo concertos":

Mércores 19 as 21.30h Old Trees Folck Punk Primitivista dende Coimbra. Old Trees é un proxecto de anarco folk punk enraizado ideoloxicamente no veganismo, na ecoloxia profunda, no eco-anarquismo e no feminismo queer, que comeza ao final do 2011. O proxecto comezou inspirado nas cancions de resistencia e no apoio de comunidades e proxectos radicais. Con un demo e dous albums lanzados, Old Trees anda por ai à procura de gigs e a facer busking, viaxando, tocando nas ruas, en florestas e en okupas. Old Trees é musica para amantes, para guerreirxs, é un grito de revolta contra a megamaquina e a civilizacion industrial capitalista.


Xoves 20 as 20h Hektor Nenofilus (ex Regocijo en el Fango) e Palos y Piedras cantautor neandertal dende Alcorkon. E despois Festa!!

Haberá comida vegana e sangría!

Convidan a vir a este proxecto que está comezando.
Leer más...

20 feb 2014

22F: NOITE DA DESOBEDIENCIA!! (A Coruña)

Difundimos a seguinte convocatoria enviada ao noso correo por Stop Desafiuzamentos Coruña. Trátase dunha festa concerto no C.S.O Palavea que, ademáis de conmemorar o ano da victoria popular que supuso a paralización e posterior resolución do desafiuzamento de Aurelia Rey (cronica AQUÍ), pretende recadar fondos para pagar as cuantiosas sancións administrativas e xudiciais que enfronta en Coruña este colectivo:


Compañeirxs!!!

Este sábado 22 teremos unha noite completiña: deliciosa cea vegana ás 20h, timba poética ás 21h, concertazo do Leo i Arremecághona ás 22.30h e unha sesión de DJ a partires da medianoite co Anticorruptela Sound System. Todo para celebrar con vós un ano de desobediencia e solidariedade dende a paralización do desafiuzamento de Aurelia, que posiblemente constituíu un fito (un máis) no activismo social da cidade.

Aproveitamos para agradecer a colaboración de tódolos colectivos, medios de comunicación e persoas a título individual que fixeron parte fundamental neses días de loita e en todos os que seguiron. Porque sabemos que a unión de forzas e o traballo conxunto é o único xeito de deter este sistema criminal que nos condena ó empobrecemento, á miseria e ó medo.

A actividade deste sábado englóbase dentro da campaña Múltannos a nós para asustarte a ti, coa que pretendemos concienciar da violencia burorrepresiva e facer un fondo de resistencia contra as multas que foron chegando nos últimos tempos (cuantificadas actualmente en 4.000 €).

A Noite da Desobediencia terá lugar no CSOA de Palavea este sábado 22 de Febreiro a partires das 20h.

Acudide e difundide!

Obrigadxs a todxs polo voso apoio!!!

Leer más...

5 feb 2014

[Vigo] Sábado 8 as 20:30' Concerto Solidario con o CSO "La Casika" de Móstoles no Distrito9

Recibimos esta convocatoria solidaria con o centro social "La CasiKa" de Mostoles que, unha vez arquivada a vía penal, está outra vez baixo a sombra da amenaza, agora pola via civil, do desaloxo. O xuízo previsto para o xoves 23 de xaneiro foi adiado ata nova orden por diversos motivos procesais, durante esa manán unhas 200 persoas solidarias estiveron concentrándose fora dos xulgados en apoio das duas persoas encausadas, días antes (18 de xaneiro) miles de veciños e veciñas deran o seu apoio nunha manifestación, tal como se reflexa neste Comunicado de Agradecemento.

Despois de 16 anos de que este centro social estivera disponible para os movimentos sociais, queren derrubar esta antigua casa e eliminar este espazo para deixar un frío solar e depois construir vivendas de luxo. É por iso que demandan toda a axuda posible e que todos os colectivos que queiran que se poñan mans á obra organizando actos, concertos, charlas, etc. dado que os gastos económicos e as indemnizacións que peden no proceso xudicial son desorbitadas e se agradece todo o apoio posible. (Ver acá Comunicado en galego)

Nesa medida xurdiu este Concertazo Solidario organizado pola distri "El Fary es Dios" e o Centro Social Autoxestionado de Coia "Distrito 09", sito no Camiño de Figueirido nº 89, onde terá lugar o concerto, no que estarán tocando:

PERRÄS SALVAJES dende Madrid. Crust rock&roll
BATAÄLLA dende Salamanca. D-beat crust
SARLACC - Vigo HC/Punk

O prezo da entrada será 4€. Os benefecios da mesma irán destinados a financiar gastos xudicias dxs companheirxs encausadxs.

10, 100, 1000 centros sociais!!


Leer más...

16 ene 2014

Recordatorio: Concentración e Xornadas Antifascistas na Coruña

Recordamosvos a convocatoria para este fin de semana dunhas Xornadas Antifascistas. Os eventos comezarán o venres cunha CONCENTRACIÓN CONTRA AS LEIS FASCISTAS, en referencia a Lei Mordaza, A lei do Aborto e demáis "xoias penais" coas que o goberno pretende devolvernos aos tempos do nacionalcatolicismo. Tamén pretende solidarizarse coa exemplar loita do pobo burgales contra os desmandos especulativos da súa clase política e empresarial. Será no Obelisco as 20:00h do día 17, quen queira pode facela súa (e presentarse coas súas propias pancartas ou reivindicacións), e este é o cartaz:
Durante todo o día seguinte, e dende as 11:00 A.M., se desenvolverán unhas Xornadas Antifascistas no C.S.O. Palavea (Rúa Río Quintas 31, na N-550 xunto a Oh! Coruña) con partidos de futbol (monta tí o teu equipo), exhibicións de boxeo, xantar vegano, charlas de Alfon e de Suso Cela, pases de vídeo e concertos de "Talleres McGiver", "La familia del Delirio", "Bitxo Bola" e máis "Kira D.J.".
Aquí tedes o cartaz:


Subido por C.R. coa información facilitada dende Acción Antifascista Coruña.
Leer más...

3 ene 2014

Recordatorio: Festa da "noite dos reis vagos" o día 5 no C.S.O. Palavea (A Coruña)

Difundimos a seguinte divertida convocatoria para a noite de reis: festa de contido antimonárquico con poesía e concertos no Centro Social Okupado de Palavea (Rúa Río Quintas 31, na N55O xunto a discoteca OH!Coruña).

Esta festa, solidaria cos gastos do inminente desaloxo da okupa (a partires do día 20), estará amenizada cunha timba poética monarcofóbica e polo concerto dos grupos MARS ATTACK, MALFOLIADAS, TRANXENÉRICAS e A PATXARANGA, así como con ceador vegano e máis divertidas sorpresas antimonárquicas.

Blog da okupa -AQUÍ.
Información recibida dende a asamblea do C.S.O. Palavea.
Leer más...

14 oct 2013

Actividades de Outubro no C.S.O. Palavea (A Coruña)

Deixamos aquí o cartaz de actividades do presente mes de Outubro na okupa coruñesa C.S.O. Palavea (Rúa- Río Quintas nº31, na N-550 xunto a discoteca OH! Coruña).
Xunto as habituais actividades permanentes(Ioga, xantador pro-presos, reparación e reciclaxe informática, horta...) destacan as charlas de Octavió Alberola, para mañá martes 15, sobre a "Loita Armada anarquista contra o franquismo" (máis info da charla neste blog -AQUÍ) e a do xoves 31 de Miquel Amorós sobre "A defensa da Terra a nova loita de clases". O sábado 26 haberá tamén concerto de "El Rumor" e "Moito Moucho".

Blog da okupa -AQUÍ.
Leer más...

9 sept 2013

[Pontedeume] Venres 13 e Sábado 14 setembro.- II Xornadas Anarquistas e II Festival Punkxea no CSO A Casa da Estación [ Recordatorio e Actualización ]

Hai días recollíamos do seu blogue esta cumprida convocatoria dxs compas de Pontedeume (onde participaremos algunhas piratas de Abordaxe para falar da nosa revista e do blogue e do que xurda), agora re-editamos como recordatorio e además publicamos o cartaz definitivo das xornadas, que ,como vedes, está feito por Carlos Azagra, grandísimo debuxante e colaborador de revistas como Víbora, Makoki ou El Jueves, ao que xs compas da CSO A Casa da Estación cumprimentan con o mais sincero agradecemento por este pedazo de cartaz (para velo máis grande, clicar sobre el e abrilo noutra pestana ou ventá):

Venres 13

19:30 horas: Presentación das Xornadas.

20:00 horas: Presentación do Grupo Humanidad Libre de Lugo e palestra “Historia do anarquismo e anarcosindicalismo dende o ano 1864 ata 1939” a cargo dxs compañeirxs do Grupo Acción Directa de Vigo.

21:30 horas: Música Libre (trae o teu instrumento e únete a improvisación).

23:00 horas: Campionato de Futbolín (2€ por parella) e como premio un trofeo e un lote de libros.

Sábado 14

12:00 horas: Actividades para Nenxs nas que haberá Monicreques e Obradoiro de Pintura.

13:30 horas: Faremos a Comida entre todxs.

15:30 horas: Xantador Solidario (tódolos cartos recadados irán destinados a pagar xs abogadxs que levan a causa penal aberta a varixs compañeirxs na XIII Marcha a cadea de Teixeiro).

17:30 horas: Presentación da Asociación Nais contra a Impunidade, que naceu no ano 2012 e que loita para que as vítimas de tortura e malos tratos non fiquen condenadas ao esquecemento. En memoria de Xosé Tarrío e Diego Viña, mortos baixo custodia policial e carcelaria e cuxa desaparición forzosa e cruel ficou nin investigada nin esclarecida.

19:00 horas: Presentación da Revista Anarquista Abordaxe. Contrainformación, artigos de investigación, noticias, etc., do anarquismo galego e internacional. De formato dixital e tamén con edicións especiais en papel.

22:30 horas II FESTIVAL PUNKXEA

Monstruación (Punk dende Corneyá):
Mítica banda punk formada no ano 1984.

http://monstruacion.bandcamp.com/

http://r-evolutionpunk.blogspot.com.es/2010/08/monstruacion-mienten-cotxeres-de-sants.html
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=xW6QmqAqRJw#!
http://www.youtube.com/watch?v=Y3WXOxc5WfA
http://www.youtube.com/watch?v=he3fq52zBxg

Bitxo Bola (Cantautor punk presentando novos temas):

http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://www.youtube.com/watch?v=_pNaDe2S7zk

Debakle (Punk dende Valladolid):

http://www.debakle.com/

http://www.youtube.com/watch?v=M-OGDXQEPHY
http://www.youtube.com/watch?v=QolpqlOoXkg
http://www.youtube.com/watch?v=43Axpp1zEFg

Brodio (Punk dende Carral)

https://www.facebook.com/photo.php?v=616349421727804&set=o.137540099740638&type=2&theater

Durante tódalas xornadas haberá espazo dispoñible para pintar ou facer grafiti colectivo.

Tamén serán benvidas as distribuidoras alternativas, artesanía, produtos de horta, etc. Se habilitará un espazo para montar unha pequena feira que estará aberta durante as xornadas.

Tódolos cartos recadados de entrada e inscricións serán destinados a pagar multas e os desprazamentos dos grupos musicais e da xente que dará as palestras.

CS0 A Casa da Estación
Avenida de Ferrol 71
Punktedeume, onde o punk non morre nunca.

Como chegar? (O CSO Casa da Estación está ubicado aprox. onde o cadrado bermello)


Leer más...

9 ago 2013

Noite de encantos na Furna de Corme

Outro ano máis celebrarase na Furna de Osmo da praia de Corme unha nova edición da "Noite de encantos", o xa mítico concerto estival deste privilexiado lugar da costa da morte. Outra vez máis cos seus beneficios destinados a fins solidarios e antirrepresivos, nel daranse cita os amantes do meigallo feiticeiro de tan sinalada data.
Reproducimos aquí a convocatoria:
DESEMBARCO PIRATA NA FURNA
Outro ano mais desfrutaremos dunha nova edicion da noite de encantos na furna en corme.
Xa son 14 anos onde a musica e as boas enerxias topanse neste escenario privilexado ke é a Furna do Osmo.
14 anos dunha festa,dunha noite de encantos,mais non dun festival.A furna é muito mais q un festival;é un punto de encontro para as xentes q seguimos crendo q a cultura non é un negocio,
é unha festa na cal gracias o traballo de muita xente anonima facemos posible o soño de crear espazos ceibes nos cales desfrutar dun ocio saludable demostrando q co traballo e esforzo desinteresado o futuro desta festa unica na nosa comarca e en galicia esta asegurado.
Mais dende sempre a furna é un lugar de encontro e desfrute pras xentes de corme e @s visitantes q tiñan a sorte de caer pola furna.

De cantas foliadas ,akelarres,amorios,soños,sorisaas....foron testigosestas pedras k dan forma a furna,nos na actualidade pretendemos de xeito humilde ,mais con muita enerxia, continuar esta tradicion ancestral de vivir nesta praia algunhas das millores noites das nosas vidas.
nesta epoka na que ,se prendes a tv parece ke vivimos nunha monarkia bananera de sobres,corrupcion,estafas bancarias,atentados ecoloxicos;nos reinvidicamos a nosa autonomia pra crear ferramentas q nos fagan desfrutar dunha cultura plena e livre, o marxe de todos estes chupasangues.
Non keremos eskecernos da grande ameaza ecoloxica k supon o megaproxecto mineiro de corcoesto pra nosa terra ,praos n osos rios e pra nosa comarca dende aki berramos

NON AO CIANURO SI A NOITE DE ENCANTOS

Leer más...

12 jul 2013

19, 20 e 21 Xullo.- Feira do Libro Anarquista na Guarda

Colamos a convocatoria recibida das compas de A Guarda:

Boas esta é unha invitación, que facemos os/as compas anarquistas de A Guarda con motivo da organización dunha “mini” Feira do Libro Anarquista que imos facer nesta vila, de cara as distribuidoras de material antiautoritario.

O encontro do libro terá lugar nas datas do 19, 20 e 21 de Xullo e realizaránse nunha praza (de S. Benito) en horario de 14:00h. a 22:00h. o sábado e o domingo, e a presentación no Centro Social Fuscalho o venres.

Comentarvos que se habilitará mesas para a exposición do material antiautoritario así como unha zona de acampada para facilitar sitio onde dormir. Ademais engadir que tódolos días haberá zona de bebidas e comida vegana a prezos populares.

PROGRAMACION I FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA

A Guarda 19, 20 e 21 de Xullo

Venres 19 - Centro Social Fuscalho
Presentación da I Feira do libro anarquista en A Guarda
Proxección/Debate dun documental

Sábado 20 - PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 - Comedor vegano
17:00 - Presentación do libro (a cargo dun compa lisboeta):
"Flores Silvestres, uma antología de Abele Rizieri Ferrari"
Presentación da revista "Cam de palheiro"
20:00 - Representación da obra teatral "Navy Bar" - Teatro do pracer, C.S.A. A Cova dos Ratos (Vigo)
21:30 - Cea "Faino ti mesmo"
23:00 - Concerto dos cantautores: John tres dedos e Bitxobola

Domingo 21 - PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 - Comedor vegano
17:00 - Presentación das revistas "Abordaxe" e "Contrahistoria"

Sen mais animádevos a vir e difundir esta iniciativa, saúdos.
Leer más...

1 jun 2013

6 DE XUÑO PRESENTACIÓN COLECTIVO NAIS CONTRA A IMPUNIDADE EN COMPOSTELA + CONCERTO GARCIA MC & BITXO BOLA + EDICION DIXITAL HUYE HOMBRE HUYE

Malia que xa informamos deste evento hai uns días (-AQUÍ), reproducimos agora este novo correo que nos enviaron dende "Nais contra a impunidade" redundando no tema, posto que achega novos enlaces e máis información. Reproducímolo en castelán tal e como nos chegou:


El próximo 6 de Junio en Compostela el Colectivo Nais contra a Impunidade, en memoria de xosé tarrio y diego viña en la lucha contra la impunidad, la tortura y los malos tratos en los centros de detencion del estado se presenta "en sociedad".

https://n-1.cc/profile/Nais

En la presentacion que se realizará a las 17,00 h, se dará a conocer los objetivos y las actividades permanentes que venimos realizando (oficina de asesoramiento jurídico gratuito, universidad popular, apoyo a familiares, denuncia publica de vulneración de derechos)

Asimismo dares a conocer la edición digital del libro de xosé tarrio, obra literaria - revindicativa "Huye hombre huye", (la cual es ya accesible en formato digital tras la correción realizada sobre las distintas versiones y ediciones que estaban depauperando el texto original) . Ademas se dara rendida cuenta de los proyectos "en marcha" de la reedicion impresa de la obra, cuya produción se lleva a cargo por distintos colectivos de apoyo a nivel estatal y internacional (colectivos que ya elaboraron la edición alemana italiana etc) y del papel de la Asoc de Nais contra a impunidade como depositaria de los derechos de autor de xose, encuanto a la protección no comercial y difusión de la obra.

Teneis aquí el enlace al libro listo para imprimir

https://n-1.cc/file/view/1386584/libro-huye-hombre-huye-diario-de-un-preso-fies-autor-xose-tarrio

A tal fin, la presentación se celebrará a las 17 h en la casa do vento de compostela http://casadovento.blogaliza.org/ (barrio de san lazaro), previamente se celebrara una comida popular organizada por los/as compañeros de la casa.

Sobre las 22,00 h , en el ateneo 30 de santiago de compostela http://ateneo.aloxa.eu/ se celebrará un concierto con la participación de Garcia MC, y Bitxo Bola.

http://ateneo.aloxa.eu/ai1ec_event/garcia-abaixo-e-de-pe/?instance_id=402

Garcia MC , presentará su nuevo trabajo discográfico "ABAIXO E DE PE", disco donde se rinde un calido homenaje a Pastora "madre de xose tarrio" y presidenta desta asociación.

http://garciamc.bandcamp.com/track/abaixo-e-de-p

Tambien, como no, tendremos la presencia de Bitxo bola, cantautor y amigo que también dedico una impresionante canción a xose titulada "compañeiro/compañeira".

http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM

El concierto tiene una entrada de 3 euros destinados al abono de las costas procesales impuestas por el Juzgado de lo contencioso administratvo, en la reclamación de responsabilidad patrimonial iniciada por la muerte de xosé tarrio. Procedimeinto que exime de culpa a la administración y pena a las familias con la imposicón de unas costas de 900 €.

Nos vemos el jueves

Nais Contra a Impunidade, apdo correos 263 de Santiago de Compostela
web https://n-1.cc/profile/Nais

https://n-1.cc/tasks/view/1671117/6-de-xuno-presentacion-colectivo-nais-contra-a-impunidade-en-compostela-concerto-edicion-dixital-huye-hombre-huye

Leer más...

30 may 2013

Seguimos de Campanha Contra as Minas.- Videos

Fazemo-nos eco do video do jornalista X. Bocixa publicado em GzVideos para seguir dando pulo a manifestaçom do Domingo dia 2 de junho em Compostela e mais do Concerto de amanhã 31 de maio em Carvalho.


Também convidamos a vissionar, clicando em "Leer más", umha outra video-reportagem publicada também em GZVideos obra de Tingalaranga "Contra a mina de Corcoesto"


Leer más...

29 may 2013

[Compostela] Xoves 6 xuño Xornada Solidaria coas Nais en Loita

Terá lugar as seguintes actividades no C.S.O. Casa do Vento:
as 14:00' Xantar
as 17:00' Presentación do colectivo Nais en Loita e falarán da 2ª edición do libro de Xosé Tarrío: "Huye Hombre Huye"

E no Café Ateneo 30
as 22:00' Concerto con:
BitxoBola (Cantautor Punk)
Garcia (presentando o novo disco "Abaixo e de pe")
Leer más...

[A Valenzá] Venres 31 de maio. Ceador Vegano e Concertos

ESTE VENRES DÍA 31 de Maio de 2013 temos cita.

Desta vez ademais de petiscos veganos e refrixerantes a prezos populares teremos música ao vivo

con concerto de Maskarpone e sesión Dj Reggae & Ska

Contamos con todxs vós a partir das 9hs da tarde!

Agradécese que nos escribades un mail confirmando asistencia para tantear á hora de cociñar...

E lembrade que cambiamos de lugar: Local da Asociación de Veciñ@s das Lamas
Localización: Seguide Avenida de Celanova (A Valenzá) todo recto. Ao pasar por debaixo da ponte da autovía collede a primeira á dereita e continuade de fronte ata dar coa praza do pobo.

(para calquera cousinha: 650483352)

Apertas veganas
Leer más...

27 may 2013

[Carballo] Venres 31 Maio dende as 21:30' CONCERTO A CEO ABERTO

Pola defensa do noso territorio.

ENTRADA LIBRE!

Actuación dos GRUPOS:

-María Xosé Silvar (SES) e Leo i Arremecághona!!

-N.O.M (Nova Orde Mundial)

-Quempallou

-Zënzar

Todos eles actúan de balde na Explanada da Estación Vella de Carballo e A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños pon a infraestrutura para que a súa indignación cante.

Só pedimos que respondas ao noso berro acudindo ao concerto, defendendo coa túa presenza a posibilidade de seguir tendo unha terra na que aínda se poida vivir, na que aínda se poida morrer.

CONTRA A MEGAMINERÍA CONTAMINANTE NA GALIZA.

Porque ata a posibilidade dunha morte digna está en xogo.

Faite presente para estar futuro.
Leer más...

15 may 2013

[Vigo] Mércores 22 as 20:30' na Cova dos Ratos: Charla sobre a Represion ao Movemento de Dereitos Animais e depois Concerto

Escrebenos dende A Cova dos Ratos para axudar a difundir esta convocatoria, cousa que facemos gostosas:

Entre os días 3 e 26 de Maio, dous activistas imputados no “golpe represivo ao Movemento de Dereitos Animais” viaxarán por todo o Estado Español co obxeto de dar a coñecer a represión e o montaxe policial que está padecendo o Movemento de Dereitos Animais estatal e internacional

Eneko Pérez, de Bilbao e Eladio Ferreira, de Vigo que pasaron 5 días nos calabozos de Santiago de Compostela e 19 días en prisión preventiva e que hoxe atópanse xunto a 10 compañeir@s en liberdade provisional e xunto a 13 nov@s imputad@s, percorrerán a xeografía estatal pasando por 18 cidades donde esperan chegar á treintena de conferencias.

Estes dous activistas, xunto cunha vintena máis están imputados nun caso de claro montaxe policial e xudicial. O seu traballo non foi outro que documenta-la vida que padecen os visóns nos criadeiros da industria peleteira e se lles pretende relacionar con 2 sueltas de miles de visóns acontecidas entre o ano 2007 e 2009 coas que non teñen relación algunha.

Na conferencia mostraráse o traballo que levan a cabo e fárase unha análise de cómo os poderosos lobbies das industrias de explotación animal foron xerando unha campaña de comunicación e de represión contra o movemento ecoloxista e de dereitos animais dende os derradeiros 30 anos no mundo enteiro.

Así en Vigo a charla terá lugar, tal como dixemos no titular da noticia e anunciase no cartaz, o Mércores 22 às 20:30' na Cova, e depois haberá Concerto de Aitormenta( Rumba, Blues, Rock e Carallada!!). Para quen aínda non saiba, recordamos que A Cova dos Ratos está ubicada na rúa Romil nº3, baixo.



Cuña de radio

Para calqueira dúbida podes escreber a info@represionderechosanimales.info

Datas e lugares detallados das charlas (ver acá)

Máis información sobre o proceso represivo (ver acolá)

DIFUNDE!
Leer más...

9 may 2013

[Pontedeume] 17 e 18 maio.- IV Aniversario do C.S.O. A Casa da Estación

Damos conta do correo recebido informando das actividades que vai haber durante o IV aniversario do C.S.O. A Casa da Estación para axudar a difundir:

O vindeiro 17 e 18 de maio celebramos 4 anos de okupación e contaremos coas seguintes actividades para celebrar este día tan especial para nós.

Venres día 17

-Cabaret ás 22:00 h. :

Haberá números musicais,teatro,cirko e mais sorpresas...

-Campionato de futbolín ás 24:00 h. e tamén haberá festa e pinchada durante a noite

O precio de inscrición será de 2 euros por parella e como agasallo os ganadores haberá un diploma e un trofeo, todo feito na casa

Sábado día 18

-Xantador popular pro-presxs ás 15:00 h. ( Todos os cartos recadados iran destinados a Noelia Cotelo )

-Palestra sobre represión nos movementos sociais e represión na cadea 17:30 h.

-Concertazo a partir das 22:00h.

Manifa punk rock (Euskal herria) (ver video)

Retobato ( Punk dende Trasancos)(ver video)

Comando Robalisa (punk en galego dende Portosín)(ver video)

Argón (Punk - rock - metal dende Fene)(ver video)

The Miffis (Dende Sada Tributo a lexendaria banda The Misfits )(ver video)
Leer más...

2 may 2013

[Compostela] Venres 3 às 22 h. Concertazo pro Tattoo-Circus A Corunha

Co gallo de recaudar fundos para dar pulo ao Tattoo Circus Corunha haberá este concertazo na Nova Cámara de Gas con a actuación de "Desbrozadora" (Grind- Kompos) , Noé (KSTL), Carcomedi (Rock-Vigo), Desterrados (Punk - Kompos) e Kaso Aparte (Punk Galiza).

Decir también que xá está disponibel na rede a web do Tattoo Corunha que podedes coñecer e seguir neste enderezo: http://tattoocircuscorunha.narede.gl/ e lembrar que terá lugar entre os días 17,18 e 19 de Maio no C.S.O. Palavea
Leer más...

17 abr 2013

[Compostela] Xoves 18 as 22:30 - Festa-Concerto Solidaria co TATTOO CIRCUS Coruña no Café "O Ateneo 30"

O Tatto Circus Corunha 2013 segue a conformarse "entre bambolinas" conxugando artistas e espectáculos para fazer deste evento solidario con as persoas presas, unha autentica marea de solidariedade. Para elo as compas implicadas em levar a cabo este proxecto, están a recadar cartos para que este inmenso proxecto vexase culminado con unha realidade nos vindeiros 17, 18 e 19 de maio, datas na que terá lugar o Tattoo Circus no C.S.O Palavea. É por iso que este Xoves 18 de abril as 22:30', haberá esta Festa-Concerto no Café Ateneo 30 de Compostela con a actuación de Folkólicos (Folk fusion) e un grupo de Foliada, ademáis haberá pintxos e sorteos (un tattoo debalde).

O Ateneo 30 está na rúa Virxe da Cerca, nº 30
Leer más...

10 abr 2013

[Compostela] dia 12 às 22h.- Concerto a favor da rádio livre "A Kalimera"

Esta sexta-feira, 12 de Abril, ás 22:00 na Gentalha do Píchel por só 2€ + a vontade Concerto de TCT85 e Desterrados para ajudar à rádio livre de Compostela "A Kalimera".
Leer más...