Mostrando entradas con la etiqueta A Guarda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Guarda. Mostrar todas las entradas

4 dic 2013

Xornada contra-informativa (A Guarda)

Reproducimos o contido dun mail chegado ao nosos correo:

Boas, contactamos para informar dunha Xornada contra-informativa que se vai realizar o sábado 14 de decembro no Centro Social Fuscalho (fronte á atalaia) en A Guarda.

Ás 14:00 haberá un xantar vegano en solidariedade coas persoas presas

Ás 18:00 realizaranse unha serie de proxeccións como introducción ao tema contrainformativo, que continuará cun debate/coloquio no cal contaremos coa presenza de compañeiros das radios livres “Piratona” e “Kalimera”, da web contrainformativa “A rebelión das palabras” e do xornal “Novas da Galiza”, xa que nos parece interesante contar coa presenza dalgúns proxectos de contrainformación que poidan aportar visións e experiencias que axuden a nutrilo debate de maior dinamismo e contido, aportar ideas e posibilidades para mellorala labor contrainformativa e crear novas espazos e proxectos e sobre todo analizala situación contrainformativa (contratempos á hora de levar adiante un medio de contrainformación, dificultades para competir noutros medios moito máis custosos coma poden ser o cine ou a televisión, importancia dos medios a nivel local e o seu alcance, recursos para abrirse camino entre a saturación de información e a manipulación informativa, posibilidade de encerrarse no ghetto informativo, defensa contra os ataques e presións dirixidas dende o poder, …) sempre botando man da necesaria autocrítica.

¿Qué papel xoga realmente a contrainformación? ¿Pode un medio contra-informativo chegar a adoptar vicios de funcionamento coma o control da información? ¿Podemos competir no terreo da información? ¿Pódese melloralo alcance da contra-información ou será preciso reinventala por completo?

Con esta xornada tentaremos respostar estas e outras cuestións que xordan durante o desenvolvemento da mesma.

Animadevos a acudir e difundir esta iniciativa.
Leer más...

19 ago 2013

ÁCAROS.- 2º nº da Publicación Anarquista Periódica do Baixo Miño

Recibimos no noso correo este segundo nº desta publicación anarquista realizado polxs compas do Baixo Miño e que nacera en xullo deste ano con o nome de "Visión Crítica" (ver ou descarregar na nosa sección de "Outras Publicacións Amigas" deste mesmo blogue de Abordaxe), agora mudan o nome da cabeceira por "Ácaros", se ben indican no correo recibido que "cambiamoslle o nome pero segue na mesma liña: Breves reflexións sobre temas de actualidade local, territorial e internacional con artigos breves de opinión e algunhas convocatorias e eventos a destacar" e que podedes descarregar ou ler no mesmo enlace do primeiro nº (ou sexa acá na sección "Outras Publicacións Amigas")

Ademais, xs compas apontan: "tentamos espertar interese nx leitorx para que sega a informarse sobre os temas introducidos" e animan a "aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, artigos e todo tipo de colaboracións".

Para elo achegan o seu correo de contacto: acaros-baixominho@hotmail.com
Leer más...

27 jul 2013

Crónica feira do livro de A Guarda

Recibimos e publicamos esta "Breve crónica da I Feira do Libro Anarquista en A Guarda":
Durante os días 19, 20 e 21 de Xullo desenvolveuse a 1ª edición da Feira do Libro Anarquista en A Guarda, encontro pensado para a divulgación do pensamento libertario como crítica da sociedade que nos rodea e de tódalas formas de dominación, sempre rexeitando calquera mediación política. Con esta iniciativa pretendeuse crear espazos de debate e troco de ideas, incentivando as publicacións independentes e tentando favorecer a interacción e comprensión dos diferentes puntos de vista.
Un programa bastante ameno e variado a pesar de ter que superar certos contratempos, un público moi interesado no material exposto, presentacións de libros e revistas de grande interese, saborosa comida vegan e debates ricos e participativos, sen esquecer en ningún momento a loita d@s compas pres@s. Cremos que o evento merece unha valoración positiva que nos anima a comezar a pensar na próxima edición. Por último agradecer á xente que fixo posible o desenvolvemento da feira en tódolos aspectos a súa colaboración, xa sexa participando nela, difundindo o evento, cedendo material e espazos para a realización da mesma e todo tipo de colaboración.

Convocatoria neste blog AQUÍ.
Leer más...

12 jul 2013

19, 20 e 21 Xullo.- Feira do Libro Anarquista na Guarda

Colamos a convocatoria recibida das compas de A Guarda:

Boas esta é unha invitación, que facemos os/as compas anarquistas de A Guarda con motivo da organización dunha “mini” Feira do Libro Anarquista que imos facer nesta vila, de cara as distribuidoras de material antiautoritario.

O encontro do libro terá lugar nas datas do 19, 20 e 21 de Xullo e realizaránse nunha praza (de S. Benito) en horario de 14:00h. a 22:00h. o sábado e o domingo, e a presentación no Centro Social Fuscalho o venres.

Comentarvos que se habilitará mesas para a exposición do material antiautoritario así como unha zona de acampada para facilitar sitio onde dormir. Ademais engadir que tódolos días haberá zona de bebidas e comida vegana a prezos populares.

PROGRAMACION I FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA

A Guarda 19, 20 e 21 de Xullo

Venres 19 - Centro Social Fuscalho
Presentación da I Feira do libro anarquista en A Guarda
Proxección/Debate dun documental

Sábado 20 - PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 - Comedor vegano
17:00 - Presentación do libro (a cargo dun compa lisboeta):
"Flores Silvestres, uma antología de Abele Rizieri Ferrari"
Presentación da revista "Cam de palheiro"
20:00 - Representación da obra teatral "Navy Bar" - Teatro do pracer, C.S.A. A Cova dos Ratos (Vigo)
21:30 - Cea "Faino ti mesmo"
23:00 - Concerto dos cantautores: John tres dedos e Bitxobola

Domingo 21 - PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 - Comedor vegano
17:00 - Presentación das revistas "Abordaxe" e "Contrahistoria"

Sen mais animádevos a vir e difundir esta iniciativa, saúdos.
Leer más...

5 jul 2013

"Visión Crítica" nova Publicación Anarquista do Baixo Miño

As compas anarquistas do Baixo Miño enviaronos por e-mail esta nova Publicación Anarquista Periódica (para ler ou descargar acá) que neste mes de xullo trata dos seguintes temas de atualidade local, galega e internacional:

- A primeira páxina vai adicada a un tema local "O Porto Deportivo" que queren construir na zona de Pasaxe (Camposancos - A Guarda) e o que implica de custos medioambientais.

- Abondando con o tema da destrución da terra, abarcan na segunda páxina o tema da minaria na Galiza

- Nas seguintes e entrando en temática internacional falanos da actualidade na Grecia, Turquía, Brasil e Exipto (mesmo recollen xá o golpe militar), ademais de transxénicos na UE

- e rematan con o anuncio da I Feira do Libro Anarquista en A Guarda en 19,20 e 21 de xullo (da que xa daremos conta en este Abordaxe en breves e do que xa nos aportan o cartaz que podedes ver en leer más) e doutras actividades previstas para este mes.


Tambén advirtenos de que o e-mail do cartaz é erroneo e que o bo para contactar con elxs é estoutro: baixo-minho-acratas@googlegroups.com

Leer más...

10 abr 2013

[A Guarda] 12 e 13 - Jornadas Anticarcerárias

Esta vindoura "finde" a Asociaçom Cultural "A Velha na Horta" do Baixo Minho em colabouraçom com o CS O Fuscalho e os organismnos anti-represivos EsCULcA e Ceivar, organizam estas jornadas com as seguintes actividades que terám lugar no C.S. O Fuscalho repartidas em 2 dias:

Leer más...

3 abr 2013

[A Guarda] Sexta feira, venres 5 as 22:00' - Concerto proPresxs por 1 €

Agardanos na Guarda umha finde repleta de solidariedade para com as pessoas presas, se esta manhã recebiamos e davamos conta dum correio notificando um jantar no sábado, agora damos publicidade a estoutro que nos informa que "Baixo Minho Hardcore" e a "Coordinadora Anarquista do Baixo Minho" fam este Concerto "NOITE CONTRA A TORTURA" para apoiar a campanha Cárcere=Tortura com as actuaçons de Desobediencia (d-beat) , Zapas Rotas (hardcore punk) e John Tres Dedos (contautor punk)

Sexta Feira, Venres 5 às 22:00' na sala "Guagua" por só 1€ + vontade
Leer más...

[A Guarda] Sábado 6 abril às 14:00' .- 1º Jantar Solidário cas Pessoas Presas

Recebemos este correio que da conta do 1º Jantar Solidário organizado pola Coordinadora Anarquista do Baixo Minho e convida a participaçom com estas letras: "Este sábado vai ser um bom día pra jantar ao ar livre, com xs amigxs, rico, são, nutritivo, vegano e consciente. A Coordinadora Anarquista do Baixo Minho organiza o primeiro jantar popular em apoio ás pessoas presas. Nom faltedes!"

Tal como dim no cartaz, o jantar (por só 3 €) terá lugar na praça de S Marcos e no caso de choiva no C.S. O Fuscalho na rua Colom nº 2
Leer más...

15 feb 2013

[A Guarda] Hoje Jornada Agropunk no C.S. O Fuscalho

Damos conta desta atividade que recebemos na nossa caixa de correio:
Hoje sexta-feira (venres) 15 de fevereiro às 19:30 projectaremos no C.S. O Fuscalho o documentário "A TORNALLOM" e contaremos coa presença dum dos participantes desta esperiencia de luita anticapitalista, coletivismo e organizaçom do povo de Valencia.

Sipnose: Este documentário conta-nos a luita que levarom a cabo os vizinhos da horta de "La Punta" em Valéncia em contra dos plans do governo de construir umha ampliaçom do porto da cidade.

Também nos conta como se unirom diferentes movimentos sociais à luita vizinhal, numha experiência intergeracional, com um objectivo comúm: defender a horta valenciá, a suas campesinh@s e sua forma de vida.

Ainda que perdeu-se a batalha, o espírito de "A Tornallom", que em catalá faz referência à ajuda mútua entre o campesinhado, serviu de exemplo para outras luitas que viriam depois nesse experimento de ladrilho, especulaçom e corrupçom que foi (e é) o Pais Valencià.
Leer más...

29 ene 2013

[A Guarda] Venres1 às 20h Palestra Biomasa no C.S. O Fuscalho

A próxima sexta-feira (venres) 1 às 20:00 teremos no Fuscalho a um membro do Ateneo libertario de Ponte Areias para falar-nos sobre a biomasa e a sua inserçom na Galiza com os problemas medioambientais que acarreja.
Leer más...

22 nov 2012

[Recordatorio] 23 e 24 Nov.- Palestras de presentación do proxecto antirrepresivo "Ruka Inche" en Allariz e na Guarda

Este Venres 23 de Novembro ás 18h no Café Cultural Roi Xordo (praza dos Mesóns, Allariz) e o Sábado 24 no CS O Fuscalho (r/Colóm nº3, A Guarda)ás 18:30h terán lugar a presentación do Documentario "De la cuna a las rejas..solo por ser pobres" e unha Palestra Informativa sobre a Casa de Acollida "Ruka Inche".

Para máis información sobre este proxecto visitade o seu blogue RukaInche.blogspot.com Leer más...

12 nov 2012

Esta semana no "Novembro Negro": Crise ambiental actual, unha seria reflexión cara ó futuro

A charla que esta semana percorrerá galiza co gallo das Xornadas Anarquistas Itinerantes Galegas "Novembro Negro" leva por título "Crise ambiental actual, unha seria reflexión cara ó futuro" a cargo de Cándido Martínez, e poderédela disfrutar nas seguintes datas:

-Luns 12, ás 19:30h, no C.S.O.A. Palavea de A Coruña (Rúa Río Quintas 31, na N-550 xunto a discoteca OH!Coruña). Blog: http://okupacorunha.wordpress.com/

-Martes 13 no C.S.O Casa do Vento de Compostela (rueiro de Figueiriñas 15). Blog: http://casadovento.blogaliza.org/

-Venres 16 na Cova Dos Ratos de Vigo (rúa Romil 3,baixo)web: http://cova.arkipelagos.net

-Sábado 17 no Centro Social O Fuscallo de A Guarda (rúa Colón 2) blog: http://fuscalho.blogspot.com.es/

Descripción da charla:

CRISE AMBIENTAL ACTUAL, UNHA SERIA REFLEXIÓN CARA Ó FUTURO Diante dunha nova crise sociopolítica e sobre todo económica provocada polo propio sistema a nivel global, subxace outra de maior calado e impacto, ambiental, producida entre outras causas, pola propia actividade humana, polo que tamén a podemos denominar como socio-ambiental.

Esta crise, producto dun desenvolvemento ás claras insustentable, principalmente nas últimas décadas (o principio de desenvolvemento xa non se sostén polo que habería que ir xa cara a un decrecemento), é ó igual que a outra (coa que está tamén directa ou indirectamente relacionada) de ámbito planetario e non deixa de ser unha seria e irreversible ameaza para a pervivencia do mesmo incluido dentro del por suposto a nosa propia especie (mudanza climática, alteración da biosfera, perda de biodiversidade, fragmentación xeolóxica, perda de solo fértil, forestal e cultivable, contaminación atmosférica, das augas, etc.).

Malia ralentización do desenvolvemento provocado pola propia crise do capital, os gobernos político-representativo- institucionais a nivel europeo, estatal, autonómico ata o municipal en complicidade cos intereses corporativos e capitalistas a nivel científico, da banca e empresarial a nivel mundial, non cesan en vendernos que unha vez superada esta crise do sistema (nin elxs saben cando, o mais probable que nunca) voltaremos á mesma senda do desenvolvemento anterior pretendendo seguir seguindo coas mesmas políticas antropocéntricas e biocidas.

Galiza como parte do Sur (neste caso de Europa) non deixa de ser unha desas zonas ou rexión periférica e aínda subdesenvolta para os intereses económicos, alimentarios, turísticos e enerxéticos do Norte e tamén do Centro-leste ibérico, o que conleva unha serie de especulacións neses termos, trasladados dende a élite políticocientíficoeconómica á sociedade en forma de Plans, Programas, Proxectos, …

Plans de mobilidade a traveso de mais autovías e AVE rompendo co territorio en beneficio das transnacionais constructoras, dos combustibles, do contaminante e caro automóbil privado e do elitista tren de alta velocidade, novos PXOMs e áreas metropolitanas con mais edificabilidade, intentando concentrar e masificar a poboación na costa favorecendo ao mesmo tempo un maior abandono do rural, mais proxectos mineiros e parques eólicos nas serras aínda conservadas dende a costa ata o interior, mais portos deportivos e piscifactorías dentro das xa de por si maltratadas rías, impactantes macrodepuradoras que non solucionan senón que agravarían o grave problema de saneamento de augas residuais actual, unha xestión dos residuos baseada no negocio a conta do lixo e na altamente contaminante incineración, unha ordenación dos montes enfocada a potenciar unha maior superficie de monocultivos e de especies alóctonas, pirófitas e invasoras forestais, mais concentracións parcelarias e cultivos transxénicos que rematarían por barrer do mapa o agro e a autosuficiencia alimentaria tradicionais, unha ordenación e unha normativa claramente insuficiente que afonda na interesada desprotección dos espazos naturais, etc... a nivel galego serán en resumo os grandes protagonistas da palestra.
Leer más...