27 jul 2013

Crónica feira do livro de A Guarda

Recibimos e publicamos esta "Breve crónica da I Feira do Libro Anarquista en A Guarda":

Durante os días 19, 20 e 21 de Xullo desenvolveuse a 1ª edición da Feira do Libro Anarquista en A Guarda, encontro pensado para a divulgación do pensamento libertario como crítica da sociedade que nos rodea e de tódalas formas de dominación, sempre rexeitando calquera mediación política. Con esta iniciativa pretendeuse crear espazos de debate e troco de ideas, incentivando as publicacións independentes e tentando favorecer a interacción e comprensión dos diferentes puntos de vista.
Un programa bastante ameno e variado a pesar de ter que superar certos contratempos, un público moi interesado no material exposto, presentacións de libros e revistas de grande interese, saborosa comida vegan e debates ricos e participativos, sen esquecer en ningún momento a loita d@s compas pres@s. Cremos que o evento merece unha valoración positiva que nos anima a comezar a pensar na próxima edición. Por último agradecer á xente que fixo posible o desenvolvemento da feira en tódolos aspectos a súa colaboración, xa sexa participando nela, difundindo o evento, cedendo material e espazos para a realización da mesma e todo tipo de colaboración.

Convocatoria neste blog AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario