Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

9 sept 2013

[Pontedeume] Venres 13 e Sábado 14 setembro.- II Xornadas Anarquistas e II Festival Punkxea no CSO A Casa da Estación [ Recordatorio e Actualización ]

Hai días recollíamos do seu blogue esta cumprida convocatoria dxs compas de Pontedeume (onde participaremos algunhas piratas de Abordaxe para falar da nosa revista e do blogue e do que xurda), agora re-editamos como recordatorio e además publicamos o cartaz definitivo das xornadas, que ,como vedes, está feito por Carlos Azagra, grandísimo debuxante e colaborador de revistas como Víbora, Makoki ou El Jueves, ao que xs compas da CSO A Casa da Estación cumprimentan con o mais sincero agradecemento por este pedazo de cartaz (para velo máis grande, clicar sobre el e abrilo noutra pestana ou ventá):

Venres 13

19:30 horas: Presentación das Xornadas.

20:00 horas: Presentación do Grupo Humanidad Libre de Lugo e palestra “Historia do anarquismo e anarcosindicalismo dende o ano 1864 ata 1939” a cargo dxs compañeirxs do Grupo Acción Directa de Vigo.

21:30 horas: Música Libre (trae o teu instrumento e únete a improvisación).

23:00 horas: Campionato de Futbolín (2€ por parella) e como premio un trofeo e un lote de libros.

Sábado 14

12:00 horas: Actividades para Nenxs nas que haberá Monicreques e Obradoiro de Pintura.

13:30 horas: Faremos a Comida entre todxs.

15:30 horas: Xantador Solidario (tódolos cartos recadados irán destinados a pagar xs abogadxs que levan a causa penal aberta a varixs compañeirxs na XIII Marcha a cadea de Teixeiro).

17:30 horas: Presentación da Asociación Nais contra a Impunidade, que naceu no ano 2012 e que loita para que as vítimas de tortura e malos tratos non fiquen condenadas ao esquecemento. En memoria de Xosé Tarrío e Diego Viña, mortos baixo custodia policial e carcelaria e cuxa desaparición forzosa e cruel ficou nin investigada nin esclarecida.

19:00 horas: Presentación da Revista Anarquista Abordaxe. Contrainformación, artigos de investigación, noticias, etc., do anarquismo galego e internacional. De formato dixital e tamén con edicións especiais en papel.

22:30 horas II FESTIVAL PUNKXEA

Monstruación (Punk dende Corneyá):
Mítica banda punk formada no ano 1984.

http://monstruacion.bandcamp.com/

http://r-evolutionpunk.blogspot.com.es/2010/08/monstruacion-mienten-cotxeres-de-sants.html
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=xW6QmqAqRJw#!
http://www.youtube.com/watch?v=Y3WXOxc5WfA
http://www.youtube.com/watch?v=he3fq52zBxg

Bitxo Bola (Cantautor punk presentando novos temas):

http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://www.youtube.com/watch?v=_pNaDe2S7zk

Debakle (Punk dende Valladolid):

http://www.debakle.com/

http://www.youtube.com/watch?v=M-OGDXQEPHY
http://www.youtube.com/watch?v=QolpqlOoXkg
http://www.youtube.com/watch?v=43Axpp1zEFg

Brodio (Punk dende Carral)

https://www.facebook.com/photo.php?v=616349421727804&set=o.137540099740638&type=2&theater

Durante tódalas xornadas haberá espazo dispoñible para pintar ou facer grafiti colectivo.

Tamén serán benvidas as distribuidoras alternativas, artesanía, produtos de horta, etc. Se habilitará un espazo para montar unha pequena feira que estará aberta durante as xornadas.

Tódolos cartos recadados de entrada e inscricións serán destinados a pagar multas e os desprazamentos dos grupos musicais e da xente que dará as palestras.

CS0 A Casa da Estación
Avenida de Ferrol 71
Punktedeume, onde o punk non morre nunca.

Como chegar? (O CSO Casa da Estación está ubicado aprox. onde o cadrado bermello)


Leer más...

13 jun 2013

[Vigo] 14 e 15 xuño -Festa A Bouza 2013

Damos conta desta convocatoria de Festa e Luita irmanadas na Cultura Popular do barrio vigués de Coia:

Co Centro Cultural a cultura popular vai a máis! Este é o lema baixo o que se vai celebrar a Festa Popular de A Bouza 2013 organizada por xentes e colectivos do barrio de Coia.

O programa de actividades para esta festa é:

VENRES 14

- Proxección do documental “Con el Corazón en la Calle" e coloquio, ás 20h00 no salón de actos da parroquia (rúa Baiona 9, Coia).

O documental rodado en Zaragoza "narra en primera persona y hablando desde el corazón las experiencias de un grupo de personas vinculadas a diferentes movimientos sociales entre el año 1975 y el año 2000. Centrando la atención más en el cómo y el porqué que en el cuándo y en el cuánto, el documental pretende ofrecer una mirada personal y subjetiva a la historia de las luchas sociales de estos 25 años de transición ‘pacífica y democrática’.

Teniendo la calle como protagonista e hilo conductor, los personajes se sitúan en puntos que, de alguna manera, tienen un significado para ellos, tanto por lo que allí pasó como por lo que no dejaron que pasara y desde allí, nos contaran sus experiencias, sus motivaciones, sus frustraciones y sus alegrías.

Con el Corazón en la Calle no tiene vocación enciclopédica, simplemente pretende mostrar los sentimientos e inquietudes de un grupo de gente que compartía una gran voluntad transformadora, la ilusión de que es posible cambiar la realidad si ésta no nos gusta y la certeza de que, mediante la acción colectiva, este cambio es posible.”


SÁBADO 15

- Mesa informativa sobre a campaña “Vivir dignamente é un dereito”, todo o día no Parque de A Bouza (zona do bosque preto da rúa Cronista Rodríguez Elias).

Con esta campaña denunciamos a dramática realidade que están a padecer moitas familias a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

- 12.00: Roteiro por A Bouza. Paseo lembrando a historia dun barrio que logrou manter este espazo como zona verde.

- 13.00: Actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS “LUMIEIRAS” DO CENTRO CULTURAL RUEIRO

- 14.00: 14: XANTAR COMUNITARIO

- 16: XOGOS POPULARES PARA TODOS. Campionato de chave.

- 19.00: ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DO CENTRO CULTURAL RUEIRO

- 20,30: ACTUACIÓN DA BANDA DE MUSICA “DELICIAS DO CAEIRO”

- 21h00 – CEA COMUNITARIA na Carballeira

- 22h00 – REMATE FINAL A QUEIMADA

Organizan: Movemento Cidadán “O noso barrio”, Rueiro, ODS-Coia e Dorna

Apontan no correo que recebemos da ODS-Coia que: ademais destas actividades durante a festa tentaremos gravar un vídeo do que non vos imos adiantar nada...
Leer más...

25 mar 2013

Video-Homenagem a Senlheiro

Enviaronos dende o HipHop Ateneu a solicitude de publicar este video dun Remix da canción de Senlheiro "Nolopienses", realizado por Ourobouros

Un pouco como homenaxe, e como dixo Furnier na presentación do remix no Subsolo Rap Fest "Que sirva para achegarnos un pouco os seus pensamentos, actitiude e enerxía...":

Cumprimentando tal pedido, alá vai o video:

Senlheiro liberdade!
Pres@s na rúa xa!!!!!.

Leer más...

15 nov 2012

[Compostela] Sábado 17 Magosto da XA! 2012

Damos publicidade a esta convocatoria da XA! que recebemos por correio:

Outro ano máis temos o pracer de convidarvos ao Magosto da Xuntanza Antiprohibicionista que terá lugar este sábado 17 de novembro as 19:30 na Praza dos Bombeiros na zona vella de Compostela.

Coma sempre non faltarán a boa música, as castañas e o caldo de balde!!

* O caldo 100% libre de inutil sofremento animal
Leer más...

20 ago 2012

Dous anos de condena para as tres membros de Pussy Riot procesadas pola performance na catedral de Moscú


Malia que non faga ningunha falla, pois xa se encargaron os medios comerciais de difundilo a bombo e prato, imos dar conta da sentenza contra o grupo ruso de punk (e de "guerrilla da comunicación") Pussy Riot. Máis que nada por rematar de cubrir unha noticia da que vimos informando dende hai tempo (ver AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ), pois non cremos que poidamos aportar xa moito máis a unha noticia da que os "mass media" se serviron cual voitres dun cadáver en descomposición (aínda que, supoñemos, esa era a intención de todo este asunto).

Bueno ao grano, o caso é que as tres activistas de Pussy Riot procesadas pola "performance" dentro da Catedral de Cristo Salvador de Moscú, onde cantaron un tema contra Putin e contra a connivencia da igrexa ortodoxa co seu goberno, foron condenadas a dous anos de prisión por "vandalismo motivado por odio relixioso". As tres membros da banda, formada por máis de dez persoas, levaban na cadea dende marzo e xa denunciaran malos tratos durante a detención.

Pussy Riot, como supoño que a estas alturas xa saberá todo cristo, son un grupo de provocación política, feminista e antiautoritario, que utiliza a apariencia de banda de punk femenina para realizar as súas intervencións públicas, que son grabadas e colgadas en internet. Durante as seis performances realizadas ata a data de hoxe, que se corresponden con outras tantas provocadoras cancións, cantan os seus temas en emblemáticos lugares públicos ocultando os seus rostros baixo pasamontañas de cores.

As tres activistas detidas estiveran relacionadas no pasado co grupo de arte Voina (do que xa falamos neste blog -AQUÍ), dedicado tamén a intervencións "artisticas" de provocación política como pintar un cipote xigante nunha ponte levadiza fronte ao edificio da antiga KGB, dar a volta a sete coches da policía ou tapiar un restaurante co máis selecto da aristocracia de Moscú no seu interior. Concretamente participaron nunha acción dentro dun xulgado na que un improvisado grupo de punk cantou cancións contra a policía reventando un proceso contra os promotores dunha exposición artística que, curiosamente, tamén os xulgaban por provocacións á igrexa. Probablemente aquela acción fose o xerme que deu vida ao proxecto Pussy Riot.

Non obstante, o grupo Voina (guerra en ruso) rompeu con polo menos unha das tres activistas agora sentenciadas xa dende o ano 2009. Malia que Nadia participou no grupo dende a súa creación, e estivo nalgunhas das súas accións máis significativas, como a orxía no Museo Biolóxico de Moscú ou en varias das múltiples intervencións en supermercados, as relacións cos seus antigos colegas atópanse moi deterioradas.

O rebumbio mediático acadado coa sentenza destas tres mozas activistas, pois ningunha supera os trinta anos, conseguiu granxearse o apoio de Amnistía Internacional, Human Rights Watch e de numerosos personaxes da política e o "artisteo" internacional como Madonna, Bjork ou Paul McCartney. Ao xadrecista Gari Kasparov, sempiterno opositor do status quo ruso, pídenlle agora cinco anos de cárcere por supostamente morder a un policía mentres o detiñan nun acto de apoio a Pussy Riot.

O grupo adicou un dos seus seis temas a Piotr Kropotkin, o que amosa a súa simpatia coas ideas libertarias.

Redactado por C.R. con información da prensa comercial, das páxinas de apoio do grupo -AQUÍ e -AQUÍ, e de múltiples sitios de internet, do que destacamos este artigo en inglés de "Anarchistnews" (-AQUÍ) no que falan das súas cancións.


Leer más...

12 ago 2012

A banda punk CRASS denuncia por dereitos de copyright!!!

Segundo información aparecida en "anarchistnews.org" (orixinal en inglés aquí), unha denuncia por vulneración de dereitos de autor en nome da mítica banda punk CRASS orixinou a perdida de 3000 albums do sitio web de descargas gratuítas anarco-Punk.net.

Crass, pais do anarco-punk e paradigma do compromiso político entre as bandas musicais, parecen ser os causantes de que Mediafire cancelase varias contas de "anarcho-Punk.net" e de "Pirate-Punk.net." debido á denuncia interposta por permitir descargar gratuitamente os vellos álbums da banda.

Anarcho-punk.net leva catro anos permitindo o intercambio gratuíto de arquivos de musica punk á marxe do beneficio capitalista. Simplemente con solicitalo aos administradores teríanse eliminado os sete discos obxecto do litixio, como adoitan facer nesta web, sen necesidade de plantar reclamacións que xa custaron a caída dos arquivos de moitas bandas que si que apoian o proxecto.

A orixe do conflito entre a banda anarcopunk e a web de descargas podería atoparse nas críticas dos usuarios desta última á comercialización por parte de CRASS (coa honrosa oposición dalgún dos seus antigos membros) da remasterización dos seus antigos traballos con prezos para nada acordes cos seus vellos ideais. Non obstante os álbums obxecto de denuncia non serían estes se non os orixinais de entre 1978 e 1981.

Triste noticia para tódlos admiradores do compromiso político e a coherencia dunha banda que revolucionou, durante as décadas dos setenta e os oitenta, a forma de entender o punk e que, ata agora, fixera do anticapitalismo a súa bandeira.

Nova lección que nos prevén contra o noso absurdo costume de erixir ídolos e que nos axuda na revolucionaria tarefa de derrubar mitos, xa sexan estes anarquistas, punks ou de calquera outra índole.


Nova elaborada por C.R. a través da xa mencionada web "Anarchistnews.org" e de "anarcho-punk.net" (-AQUÍ), desgraciadamente non atopamos moita máis información contrastada do tema en cuestión, aínda que a sección da wikipedia inglesa relativa a CRASS xa recolle o asunto.

Leer más...