Segundo información aparecida en "anarchistnews.org" (orixinal en inglés aquí), unha denuncia por vulneración de dereitos de autor en nome da mítica banda punk CRASS orixinou a perdida de 3000 albums do sitio web de descargas gratuítas anarco-Punk.net.
Crass, pais do anarco-punk e paradigma do compromiso político entre as bandas musicais, parecen ser os causantes de que Mediafire cancelase varias contas de "anarcho-Punk.net" e de "Pirate-Punk.net." debido á denuncia interposta por permitir descargar gratuitamente os vellos álbums da banda.
Anarcho-punk.net leva catro anos permitindo o intercambio gratuíto de arquivos de musica punk á marxe do beneficio capitalista. Simplemente con solicitalo aos administradores teríanse eliminado os sete discos obxecto do litixio, como adoitan facer nesta web, sen necesidade de plantar reclamacións que xa custaron a caída dos arquivos de moitas bandas que si que apoian o proxecto.
A orixe do conflito entre a banda anarcopunk e a web de descargas podería atoparse nas críticas dos usuarios desta última á comercialización por parte de CRASS (coa honrosa oposición dalgún dos seus antigos membros) da remasterización dos seus antigos traballos con prezos para nada acordes cos seus vellos ideais. Non obstante os álbums obxecto de denuncia non serían estes se non os orixinais de entre 1978 e 1981.
Triste noticia para tódlos admiradores do compromiso político e a coherencia dunha banda que revolucionou, durante as décadas dos setenta e os oitenta, a forma de entender o punk e que, ata agora, fixera do anticapitalismo a súa bandeira.
Nova lección que nos prevén contra o noso absurdo costume de erixir ídolos e que nos axuda na revolucionaria tarefa de derrubar mitos, xa sexan estes anarquistas, punks ou de calquera outra índole.
Nova elaborada por C.R. a través da xa mencionada web "Anarchistnews.org" e de "anarcho-punk.net" (-AQUÍ), desgraciadamente non atopamos moita máis información contrastada do tema en cuestión, aínda que a sección da wikipedia inglesa relativa a CRASS xa recolle o asunto.
12 ago 2012
A banda punk CRASS denuncia por dereitos de copyright!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Es lo ke tiene utilizar medios kapitalistas (en este kaso mediafire) para distribuir nuestra kontra-kultura. Gratis no es sinónimo de antikapitalista. Por otra parte los Crass son unos kapullos.
ResponderEliminarEsta nova ten como pouco 3 anos de antigÜedade...
ResponderEliminariso de ke os crass eran uns capullos ,non o diras coa boca moi chea ......os crass era mais ke un grupo punk era unha forma de vida.non so estaban os "musicos"aparte da musica sacaban os seus fancines con outros colegas e decir xa era como un colectivo,liberanron espazos e siguen liberando okupando etc....nunka se venderon e eles mesmos sacaban as suas distris,,non pedian pasta nos seus concers porke tanpouco lles faia moita falta non se drogaban ,eran veganosw ,,etc.......................... saudos E (A)NARKI(A) non sei cual e a antiguedade pero a verdad ke non o sabia....
ResponderEliminarDije son, no eran. Para mi los crass fueron la oxtia, pero haberlo hecho bien una vez no te da karta blanka. Y en este kaso, para mi, son unos kapullos.
EliminarEstá claro que os CRASS tiveron a súa época gloriosa, pero polo visto os feitos falan por sí sós. Tamén cabe a posibilidade de que alguén denunciara no nome do grupo, pero polo visto, na páxina de "Anarchist news" pódense ler (en inglés, iso sí, maila que eu persoalmente o inglés escrito o entendo relativamente ben) varias cousas no relativo a que supostamente teñen borrado a todxs xs que mencionaron algo disto da súa conta do Feisbuk e en fin, varias falcatruadas máis. Xa dicía a Internacional Situacionista naqueles preludios ó Maio salvaxe que todo é recuperado para consumo. Que razón levaban...
ResponderEliminarPor sorte siguen quedando grupos de punk e anarco-punk consecuentes que toman a música coma unha forma máis dun compromiso real e moito máis amplio, e que (polo de agora polo menos) non se venderon nin pensan facelo. Iso sí, agora se cadra, grazas a estes notas, custa máis descargar os seus discos. Estarán orgullosos...