Mostrando entradas con la etiqueta festa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festa. Mostrar todas las entradas

9 sept 2013

[Pontedeume] Venres 13 e Sábado 14 setembro.- II Xornadas Anarquistas e II Festival Punkxea no CSO A Casa da Estación [ Recordatorio e Actualización ]

Hai días recollíamos do seu blogue esta cumprida convocatoria dxs compas de Pontedeume (onde participaremos algunhas piratas de Abordaxe para falar da nosa revista e do blogue e do que xurda), agora re-editamos como recordatorio e además publicamos o cartaz definitivo das xornadas, que ,como vedes, está feito por Carlos Azagra, grandísimo debuxante e colaborador de revistas como Víbora, Makoki ou El Jueves, ao que xs compas da CSO A Casa da Estación cumprimentan con o mais sincero agradecemento por este pedazo de cartaz (para velo máis grande, clicar sobre el e abrilo noutra pestana ou ventá):

Venres 13

19:30 horas: Presentación das Xornadas.

20:00 horas: Presentación do Grupo Humanidad Libre de Lugo e palestra “Historia do anarquismo e anarcosindicalismo dende o ano 1864 ata 1939” a cargo dxs compañeirxs do Grupo Acción Directa de Vigo.

21:30 horas: Música Libre (trae o teu instrumento e únete a improvisación).

23:00 horas: Campionato de Futbolín (2€ por parella) e como premio un trofeo e un lote de libros.

Sábado 14

12:00 horas: Actividades para Nenxs nas que haberá Monicreques e Obradoiro de Pintura.

13:30 horas: Faremos a Comida entre todxs.

15:30 horas: Xantador Solidario (tódolos cartos recadados irán destinados a pagar xs abogadxs que levan a causa penal aberta a varixs compañeirxs na XIII Marcha a cadea de Teixeiro).

17:30 horas: Presentación da Asociación Nais contra a Impunidade, que naceu no ano 2012 e que loita para que as vítimas de tortura e malos tratos non fiquen condenadas ao esquecemento. En memoria de Xosé Tarrío e Diego Viña, mortos baixo custodia policial e carcelaria e cuxa desaparición forzosa e cruel ficou nin investigada nin esclarecida.

19:00 horas: Presentación da Revista Anarquista Abordaxe. Contrainformación, artigos de investigación, noticias, etc., do anarquismo galego e internacional. De formato dixital e tamén con edicións especiais en papel.

22:30 horas II FESTIVAL PUNKXEA

Monstruación (Punk dende Corneyá):
Mítica banda punk formada no ano 1984.

http://monstruacion.bandcamp.com/

http://r-evolutionpunk.blogspot.com.es/2010/08/monstruacion-mienten-cotxeres-de-sants.html
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=xW6QmqAqRJw#!
http://www.youtube.com/watch?v=Y3WXOxc5WfA
http://www.youtube.com/watch?v=he3fq52zBxg

Bitxo Bola (Cantautor punk presentando novos temas):

http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://www.youtube.com/watch?v=_pNaDe2S7zk

Debakle (Punk dende Valladolid):

http://www.debakle.com/

http://www.youtube.com/watch?v=M-OGDXQEPHY
http://www.youtube.com/watch?v=QolpqlOoXkg
http://www.youtube.com/watch?v=43Axpp1zEFg

Brodio (Punk dende Carral)

https://www.facebook.com/photo.php?v=616349421727804&set=o.137540099740638&type=2&theater

Durante tódalas xornadas haberá espazo dispoñible para pintar ou facer grafiti colectivo.

Tamén serán benvidas as distribuidoras alternativas, artesanía, produtos de horta, etc. Se habilitará un espazo para montar unha pequena feira que estará aberta durante as xornadas.

Tódolos cartos recadados de entrada e inscricións serán destinados a pagar multas e os desprazamentos dos grupos musicais e da xente que dará as palestras.

CS0 A Casa da Estación
Avenida de Ferrol 71
Punktedeume, onde o punk non morre nunca.

Como chegar? (O CSO Casa da Estación está ubicado aprox. onde o cadrado bermello)


Leer más...

3 sept 2013

[Balboa] Domingo 8 - Jornada contra a minaria a ceu aberto

Dentro do macrofestival "Vibra Balboa" (macro pola ingente quantidade de grupos e actividades, nom polo espaço a ocupar) na jornada do Domingo 8 está previsto que tenham lugar palestras e umha mesa redonda sobre este conflito que nos abrangue e preocupa, e nom só na Galiza. Assim nestas terras bercianas, na Casa das Gentes, teremos:

- As 11:30' Palestras sobre a minaria a ceu aberto com:

O negócio do ouro em Corcoesto ( por Contraminate de Laxe )
Efeitos da minaria de carbom em Laciana ( por SOS Laciana )

- As 17:00' Mesa redonda:

Estratégias comunes para fazer fronte ó espólio das grandes companhias mineiras ( com Rede Contraminación e SOS Laciana )

Mais e melhor informaçom sobre esta jornada nesta ligaçom da web do Festival

Além, desde o joves 5 até o mesmo domingo 8, haverá quantidade de actuaçons musicais (por só 10€ venda anticipada para os quatro dias!!) e obradoiros, espectáculos de circo, teatro, mágia, poesia, gimcana, festa hortera e outras actividades debalde.

Nom deixes de informar-te na sua web, de como chegar e de todas as actividades previstas

Leer más...

9 ago 2013

Noite de encantos na Furna de Corme

Outro ano máis celebrarase na Furna de Osmo da praia de Corme unha nova edición da "Noite de encantos", o xa mítico concerto estival deste privilexiado lugar da costa da morte. Outra vez máis cos seus beneficios destinados a fins solidarios e antirrepresivos, nel daranse cita os amantes do meigallo feiticeiro de tan sinalada data.
Reproducimos aquí a convocatoria:
DESEMBARCO PIRATA NA FURNA
Outro ano mais desfrutaremos dunha nova edicion da noite de encantos na furna en corme.
Xa son 14 anos onde a musica e as boas enerxias topanse neste escenario privilexado ke é a Furna do Osmo.
14 anos dunha festa,dunha noite de encantos,mais non dun festival.A furna é muito mais q un festival;é un punto de encontro para as xentes q seguimos crendo q a cultura non é un negocio,
é unha festa na cal gracias o traballo de muita xente anonima facemos posible o soño de crear espazos ceibes nos cales desfrutar dun ocio saludable demostrando q co traballo e esforzo desinteresado o futuro desta festa unica na nosa comarca e en galicia esta asegurado.
Mais dende sempre a furna é un lugar de encontro e desfrute pras xentes de corme e @s visitantes q tiñan a sorte de caer pola furna.

De cantas foliadas ,akelarres,amorios,soños,sorisaas....foron testigosestas pedras k dan forma a furna,nos na actualidade pretendemos de xeito humilde ,mais con muita enerxia, continuar esta tradicion ancestral de vivir nesta praia algunhas das millores noites das nosas vidas.
nesta epoka na que ,se prendes a tv parece ke vivimos nunha monarkia bananera de sobres,corrupcion,estafas bancarias,atentados ecoloxicos;nos reinvidicamos a nosa autonomia pra crear ferramentas q nos fagan desfrutar dunha cultura plena e livre, o marxe de todos estes chupasangues.
Non keremos eskecernos da grande ameaza ecoloxica k supon o megaproxecto mineiro de corcoesto pra nosa terra ,praos n osos rios e pra nosa comarca dende aki berramos

NON AO CIANURO SI A NOITE DE ENCANTOS

Leer más...

11 jul 2013

Tetas e touros

Colamos, despois de traducido este artigo de opinión asinado por Emilia Laura Arias Domínguez no blogue Pikara Magazine, por considerar que todo canto conta nel é de interés xeral e nada ten de cultural:

Ante a difusión de fotos de San Fermín na que decenas de homes arrancan a roupa e apalpan unha muller, Emi Arias argumenta por que aceptar esas imaxes como unha alegre bacanal lexitima a dominación masculina e o acoso sexista

Unha rapaza sobe aos ombros dun rapaz durante o chupinazo. "Gora San Fermín" e tal. Ata aquí todo máis ou menos normal. Pode que a rapaza quite a camiseta se lle apetece e que faga o mesmo co suxeitador se así lle parece.

É unha estampa cada vez máis habitual nestas festas e, aínda que cada foto é diferente, todas teñen algo en común: decenas de mans de rapaces rompen a roupa da rapaza en cuestión e apalpan absolutamente todo o que desexan sen, por suposto, esperar consentimento pola outra parte.

Non teño nada que dicir sobre elas, que exercen -nalgúns casos, porque noutros lles ispen directamente- o seu dereito a espirse, e iso é estupendo. Poñerse en coiros non é un convite ao baboseo nin significa "barra libre". (Depende da ordenanza municipal correspondente pode darte algún problema pero ese é outro cantar, claro....).

Asumindo e respectando que algunha rapaza goce nesa tesitura e se excite cos tocamentos, é necesario resaltar o perigoso de lexitimar publicamente o acoso cando se trata dun problema non resolto na nosa sociedade.

Eles, na súa orxía interior de kalimotxo, touros e testosterona, non se preguntan se ela desexa ser tocada ou non, nin a acarician para darlle pracer nin para rematar nunha apetecible bacanal grega. Fano simplemente porque cren que poden facelo e porque, me repito como o allo, o acoso está perigosamente lexitimado, e para mostra un botón.

Que nos arranquen a roupa sen permiso ou nos toquen cando nos levantamos a camiseta porque nos apetece responde a un modelo de dominación machista, nun contexto social patriarcal e só perpetúa estereotipos que de tanto criticalos me aburre. É dicir, se hai unha teta, eles vense con dereito a tocar esa teta.

É sexista, simplemente porque ao revés xamais sucedería. Non pasou, e se alguén ten visto que mo conte, que unha turba de mulleres se lance contra o que decide mostrar os seus xenitais en público. E se pasa é a excepción e non a norma nin, como neste caso, a moda. Simplemente non nos sentimos lexitimadas para tocar a unha persoa que se ispe sen consentimento pola outra parte.

Contan sobre o chupinazo que a unha rapaza "literalmente a subiron entre cinco, espírona, arrancándolle as roupas, e tocárona, con pouca opción de decidir nada". De verdade alguén considera que nesa situación temos a opción de decidir ata onde?

Isto non é unha bacanal, é o circo da testosterona.

E entón alguén dirá: "ela está o mar de contenta". Estupendo, pode que ela, se é que tivo opción a negarse tras subir a súa camiseta, queira ser tocada, pero e que sucede cando unha non quere ou quere parar nalgún momento? E por outro lado, nestas fotos, a min non me deixa moi claro que esas mulleres en concreto "se lo pasen pipa". Estiven en partidas de parchís nas que demostrei máis pracer do que expresa a súa linguaxe corporal nesa situación tan "cómoda" e "diver".

O caso é que, unha vez máis, esta festa cargada de testosterona pon as mulleres nunha determinada posición e eles colócanse noutra que, oh! sorpresa!, é a de quen touca fronte a quen é obxetualizada. As fotos difundíronse como "que ben o pasan en Sanfermines" e, curiosamente, nas que saen mozos sen camiseta non hai nin unha soa man pescudando no seu torso. Ah! E que non se me esqueza que despois a chamarán "porca" no autobús de volta á casa por participar nunha suposta festa na que eles poñen as normas unha vez máis.

Esta imaxe, que se nolas damos de "superhapis" e vivimos en "Lollipop World" sería o festorro da liberación, pareceríame estupenda se non vivísemos nunha sociedade machista, se o patriarcado fose só un mal recordo e se ao final dos Sanfermines o saldo de violacións non fose dunha media de 3 mulleres cada ano. Ademais, denúncianse centenares de agresións sexuais e outras tantas nin se denuncian porque se entenden como propias do exceso, do desenfreo... Vamos, o "normal". Esta guai que nos ispamos e toquemos todos, todas e todxs na praza pública pero que non se nos esqueza o contexto, a sociedade na que vivimos e as relacións de poder que imperan. O contexto é que hai mulleres e mozas navarras que están a loitar para previr e actuar contra a violencia sexual moi estendida durante estas festas.

Non é a primeira vez que escoito barbaridades sobre o que pasa na praza durante o chupinazo. Non é casualidade que sexa un espazo tan masculinizado. Por algo moitas redactoras que coñezo se negan a facer directos na praza porque sufriron algunha vez agresións machistas, mesmo diante das cámaras. Curiosamente, tamén lles tocaron as tetas. Que obsesión!

A X arrancáronlle a roupa cando volvía de festa. A rúa estaba chea de xente pero ninguén fixo nada. Tocárona por todas as partes, sobárona sen consentimento e fóronse partíndose de risa. No xuízo só houbo algunha condena mínima por agresión pero ningunha por agresión sexual. (Noticia de 2012, Diario de Navarra)

E adiántome; nin puritana, nin do Opus, nin heteronormativa, nin amor romántico, nin me asusta unha mamila, nin me fai falta un pollazo nin nada. Encántame que me toquen as tetas pero eu decido quen e eu decido cando, como e cantos.

E despois vanse aos encerros que, por certo, serven para levar a animais a unha praza para torturalos ata a morte. Que bonhomía, que valentes, que collóns teñen os que corren. Canto macho. Gora San Fermín.
Leer más...

27 jun 2013

[Narón] Sábado 27a partir das 13:00' Xantar Libertario

Colamos esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos e à que damos cumprida difusión:

Como todos os anos, o grupo anarquista Unión Libertaria organiza un xantar libertario na Area Recreativa de Pedroso, en Narón, e este ano a data escollida é a do vindeiro sábado 29 de xuño a partir das 13:00.

A folga xeral na comarca ferrolá atrasou unha festa que normalmente facíamos a finais de maio ou principios de xuño. Mais o caso é que novamente convocamosvos a participar nesta xornada de confraternización anarquista, que é ao tempo lembranza dalgúns compañeiros e compañeiras que nos foron deixando.

Agradecemos que lle estendades o convite á vosa xente.

Quen queira vir pode confirmalo escribindo ao correo unionlibertaria(arroba)gmail.com.
A cita é na Area Recreativa de Pedroso a partir das 13:00.

Sobre as 12:30 sairán carros para levar a xente dende o local de UL/CNT en Ferrol, na Avenida de Esteiro, 10.

Quen queira ir no seu carro, pode seguir esta ruta:

http://goo.gl/maps/6aCCl

Agardamos contar coa vosa presenza. Unha aperta.

Unión Libertaria - unionlibertaria.org
Av Esteiro 10 baixo
Ferrol
Leer más...

25 jun 2013

[Ourense] Xoves 27 "Miradas con Orgullo"

Damos conta das actividades dinamizadas por Xaira (Aasociación sen ánimo de lucro que traballa no eido da Educación Social) que nos chegou polo correio:
"aquí vos deixo os tres cartaces do Orgullo LGBT 2013 en Ourense... Miradas con Orgullo! :D Estades todxs convidadísimxs e convidadísimas tamén a convidar á vosa xente! Será na praciña en frente do Auditorio Municipal, onde está a Cafetería Bar Efémera (acceso dende a praza do Correxidor de vinhos, polas escadas da pracinha da Estrela...)
e teremos:
21:00h - "Contos de Mulleres" con TropadeTrapo.
22:30h - "CineForo (In)Visibles" dinamizado pola Asociación de Acción Social-Educativa Xaira.

Agradecemos moito a difusión, e esperámosvos cheíñas de Orgullo e Pracer!"

www.xaira.info


Leer más...

13 jun 2013

[Vigo] 14 e 15 xuño -Festa A Bouza 2013

Damos conta desta convocatoria de Festa e Luita irmanadas na Cultura Popular do barrio vigués de Coia:

Co Centro Cultural a cultura popular vai a máis! Este é o lema baixo o que se vai celebrar a Festa Popular de A Bouza 2013 organizada por xentes e colectivos do barrio de Coia.

O programa de actividades para esta festa é:

VENRES 14

- Proxección do documental “Con el Corazón en la Calle" e coloquio, ás 20h00 no salón de actos da parroquia (rúa Baiona 9, Coia).

O documental rodado en Zaragoza "narra en primera persona y hablando desde el corazón las experiencias de un grupo de personas vinculadas a diferentes movimientos sociales entre el año 1975 y el año 2000. Centrando la atención más en el cómo y el porqué que en el cuándo y en el cuánto, el documental pretende ofrecer una mirada personal y subjetiva a la historia de las luchas sociales de estos 25 años de transición ‘pacífica y democrática’.

Teniendo la calle como protagonista e hilo conductor, los personajes se sitúan en puntos que, de alguna manera, tienen un significado para ellos, tanto por lo que allí pasó como por lo que no dejaron que pasara y desde allí, nos contaran sus experiencias, sus motivaciones, sus frustraciones y sus alegrías.

Con el Corazón en la Calle no tiene vocación enciclopédica, simplemente pretende mostrar los sentimientos e inquietudes de un grupo de gente que compartía una gran voluntad transformadora, la ilusión de que es posible cambiar la realidad si ésta no nos gusta y la certeza de que, mediante la acción colectiva, este cambio es posible.”


SÁBADO 15

- Mesa informativa sobre a campaña “Vivir dignamente é un dereito”, todo o día no Parque de A Bouza (zona do bosque preto da rúa Cronista Rodríguez Elias).

Con esta campaña denunciamos a dramática realidade que están a padecer moitas familias a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

- 12.00: Roteiro por A Bouza. Paseo lembrando a historia dun barrio que logrou manter este espazo como zona verde.

- 13.00: Actuación do GRUPO DE PANDERETEIRAS “LUMIEIRAS” DO CENTRO CULTURAL RUEIRO

- 14.00: 14: XANTAR COMUNITARIO

- 16: XOGOS POPULARES PARA TODOS. Campionato de chave.

- 19.00: ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DO CENTRO CULTURAL RUEIRO

- 20,30: ACTUACIÓN DA BANDA DE MUSICA “DELICIAS DO CAEIRO”

- 21h00 – CEA COMUNITARIA na Carballeira

- 22h00 – REMATE FINAL A QUEIMADA

Organizan: Movemento Cidadán “O noso barrio”, Rueiro, ODS-Coia e Dorna

Apontan no correo que recebemos da ODS-Coia que: ademais destas actividades durante a festa tentaremos gravar un vídeo do que non vos imos adiantar nada...
Leer más...

6 jun 2013

Sexta feira, venres, 7 de junho as 21:00' a 18ª FESTA HORTERA da Rádio Kalimera já está aqui

Colamos da web da rádio livre de Compostela "A Kalimera":

Mais outro ano temos a Festa Hortera, e logo de dar um par de voltas, voltamos á ubicaçom de muitos anos, a antiga Sala Nasa. Será a sexta feira, venres, 7 de Junho às 21:00 horas.

Nos próximos dias iremos desvelando os grandes artistas nacionais e internacionais convidados, mas nom esquezas que ti podes ser umha estrela, simplemente traenos a tua cançom num pen-usb, e realiza o teu playback, vai sendo hora de que despegue a tua carreira!
Leer más...

5 jun 2013

Paco Noya, concelleiro en Compostela de Participación Cidadá, afirma que ao Galego “no hay que darle mayor importancia”

Recollemos da web da Candidatura do Povo este novo ataque da ultradereita contra a nosa lingua:


A indiferenza e incluso o rechazo que os membros da equipa de goberno municipal profesan cara a lingua do país é vox populi. Mostra disto é que o alcalde sabotease manifestacións en defensa da hexemonía social do Galego, ou que a concelleira de Normalización Lingüística Rebeca Domínguez, sexa unha español-falante habitual. Con todo, ocultos detrás do uso litúrxico da lingua que caracteriza a política institucional, poucas veces exiben este rechazo coa desvergoña coa que acaba de facelo Francisco Noya.

Interpelado polo grupo municipal do BNG sobre o emprego da nosa lingua nos Fogos do Apóstolo, Noya asegura que "ese dia hay muchisimos peregrinos y la mayoria que están en la plaza no son gallegos y vienen a propósito a ver los Fuegos del Apostol". O dado numérico é tan falso como as facturas do seu subordinado Juan de la Fuente. Aliás, adiantando a posición profunda da extrema dereita nesta cuestión, Noya afirma que si hay una narración, será a gusto de la empresa que lo programe. É dicer: o Galego abandónase ás forzas do mercado e o poder municipal non pensa actuar.

Considera aliás o veciño de Vilestro que ao emprego da nosa lingua no hay que darle mayor importancia, evidenciando como na súa personalidade se mesturan a partes iguais a desvergoña, o auto-odio, o españolismo a ultranza e a ignorancia. Noya utiliza o Galego para construir a diario a rede clientelar do PP en bairros e parroquias mais desprézao para usos considerados de prestixio ou con proxección pública e subordínao ás necesidades do turista do país veciño.

Ignorancia e mentalidade de servo

O argumentario sabe a vello. Ten raices na estendida desvalorización da nosa identidade como povo que, en sectores minoritarios como o que representa Noya, se eleva a españolismo militante. Nesta mentalidade de colonizado, a lingua do país carece de valor real e no hay que darle mayor importancia. O seu uso debe pregarse ás necesidades do turista (español, claro, porque Noya non imaxina as festas locais en inglés ou alemán), que debe encontrar un país “acolledor” que renuncia á súa lingua en nome da “hospitalidade”.

É significativo do plano de españolización que, por activa e por pasiva, executa a equipa de goberno o feito de que esta máxima de Noya non sexa aplicada polo PP en nengunha localidade española onde goberna: non coñecemos un só caso de vilas ou cidades do país co que temos fronteiras polo leste onde o PP suprima o español nas festas e o substitúa polo inglés, o galego-portugués, o francés ou o alemán para favorecer a “comprensión” dos e das turistas. A regra só é de aplicación para Galiza.

Domínguez, en silencio

A titular do departamento municipal de Normalización Lingüística non fixo nengunha obxección pública ás declaracións de que ao Galego no hay que darle mayor importancia. Realmente non aguardábamos menos de quen asumiu esa carteira-marrón por casualidade e calou ante as proibicións e obstáculos colocados por Ángel Currás ás mobilizacións de Queremos Galego. Con seguranza, Domínguez xa ten abondo con librar da Operación Pokémon, dar conferencias de prensa e sorrir para a foto.
Leer más...

24 may 2013

Começa a conta atrás... Atentas horteras!!!

Recebemos e defundimos esta espectacular notícia de última hora:

Faltam 15 dias para um dos grandes sucessos da rádio máis hortera!!!

Sexta-feira 7 de junho apartir das 21h na antiga Sala Nasa...

Trae teu playback e fai-te umha ESTRELAAAA!!!
Leer más...

17 abr 2013

[Compostela] Xoves 18 as 22:30 - Festa-Concerto Solidaria co TATTOO CIRCUS Coruña no Café "O Ateneo 30"

O Tatto Circus Corunha 2013 segue a conformarse "entre bambolinas" conxugando artistas e espectáculos para fazer deste evento solidario con as persoas presas, unha autentica marea de solidariedade. Para elo as compas implicadas em levar a cabo este proxecto, están a recadar cartos para que este inmenso proxecto vexase culminado con unha realidade nos vindeiros 17, 18 e 19 de maio, datas na que terá lugar o Tattoo Circus no C.S.O Palavea. É por iso que este Xoves 18 de abril as 22:30', haberá esta Festa-Concerto no Café Ateneo 30 de Compostela con a actuación de Folkólicos (Folk fusion) e un grupo de Foliada, ademáis haberá pintxos e sorteos (un tattoo debalde).

O Ateneo 30 está na rúa Virxe da Cerca, nº 30
Leer más...

15 mar 2013

Festa Zombi Tropikal en apoio ao Tatoo Circus (Coruña)


Mañá sábado 16,no bar "Terra" (rúa Vista 22, na Coruña), festa Zombi Tropikal en apoio ao proxecto de Tatoo Circus de maio no C.S.O.A. Palavea (festival de tatuaxes con beneficios integramente destinados o apoio das persoas presas).

Terá comezo ás 19 h co obradoiro de zombificación (haberá algo de material pero se podedes traede roupa axeitada, maquillaxe ou o que se vos ocorra), logo ceador vegano ás 21:30 h e Festa Rachada onde repartiremos rifas e bebidas espirituosas en beneficio do Tatto-Circus ó ritmo do psychobilly-tropikal.

Colado por C.R. con información chegada ao correo.
Leer más...

8 feb 2013

Agasalho de Entroido .- Albert Plá "Nunca te hagas policía" e entrevista

Cançom censurada pola discográfica de Albert Pla (SONY-BMG) no seu disco La Diferencia. A disfruta-la!:

Numha entrevista recém Albert Plá opina ao respeito do seu novo espectáculo: "Manifestación", umha espécie de monólogo, em parte falado, em parte cantado, em parte interpretado, que el mesmo define assim: "Vou contando a história dumha pessoa que vai a umha manifestaçom pero nom acaba de atopa-la e vai-se encontrando com outras manifestaçons, el quere ir-se a sua casa, mas nom lhe deixam voltar, porque fica atrapado noutra manifestaçom e numha cárrega policial... Todo moi actual e moi real, por surrealista que poida semelhar. Crio que é umha situaçom que poderia chegar a passar".

Além opina sobre as suas letras, a reaçom da gente nos seus espectáculos, a crise ou Barcenas:

Os amigos polícias e banqueiros

"A ver, quando dies que matas a um polícia à gente gosta-lhe acá e em Bogotá. É um éxito, nom podo nega-lo. Se te cagas num político ou insultas a um banqueiro... nom há nem mexicano, nem argentino, nem espanhol, nem ninguém que se resista".

"Pero a gente sae do teatro e limita-se a ligar o móvil e escrever: 'Estivam no teatro e também estou indignado'. E vam-se para casa "
. E aclara que há quem se benefícia de-lo: "Para empeçar, as companhias de telefonia, que devem pensar num abono para indignados, tipo: cada cinco caixas de indignaçons agasalhamos-lhe a entrada e permitimos-lhe solidarizarse com duas causas debalde..."

Rirse da crise

A crise tampouco quita-lhe o sono. Ri: "Rio-me muitho de que a gente nom poida mercarse um Audi, ou umha casa de 400.000 euros, ou ir a Portaferrissa a ponherse esses vestidos horríveis, ou a cear a um restaurante de merda a gastar 100 euros. Quero dizer... Fódete!" É questom de sentido comum, no fundo: "A ver... Te dim que vai de puta nai e cobras mil euros e mercas umha casa de 400.000 e te dim que guai, que podes faze-lo. E logo, que nom podes... Hostia, nom sabias algo tam básico como sumar?"

Os méritos de Bárcenas

"A mim o que me sorprende de casos como este é que a gente se sorprenda!", di. "Este Bárcenas nom fijo méritos suficintes como para que fale dele no meu espectáculo. Roubar, como todos... ".

Di nom saber se há dous bandos bem definidos. Bos e malos. Banqueiros e políticos, por umha banda, e cidadáns pola outro: "Se assim fora poderiamos faze-la pinça, nom, si? Eu sementaria o terror... Igual que a nós dam-nos medo eles, acolhonémos-lhes nós a eles. Se tês medo de que o banco te desfiuce fai que o banco te tenha medo a ti".

Podesde lêr a entrevista à ìntegra em ElDiario.es

LETRA do tema "Nunca te hagas policía":

Y con los pies
por delante llegó,
al ritmo de la música del himno español.

Qué asco de entierro,
no brilla el sol,
lo tapan guardias civiles, militares y el Ministro del Interior.

Ay qué asco,
morir de un atentado acribillado en este país de asco,
y por mal hijo,
si hubieras hecho caso a tu familia cuando te decía:
nunca te hagas policía.

¿Cómo pudiste hacerle esto a la sangre de tu sangre, eh?
Pobre mamá,
y al borracho de tu tío y a tu padre el asesino
y a la loca de tu abuelita cuando te decían:
nunca te hagas policía.

Conste que te avisamos
del riesgo que corría este trabajo,
jodiendo el mundo a porrazos.

Por olvidar quién eres,
de quién eres,
por llevar uniforme
mientras tu gente se pudre.

Y el invierno en una celda,
y el otoño en las mazmorras,
y el verano en las galeras,
pero libre por primavera.

Agasalho de Edu
Leer más...

17 ene 2013

[Compostela] Sábado 19 às 19:00' : ManiFESTAción: San Kanuto en Movemento: Nin Taxas Nin Fianzas.

O goberno local de Compostela pon trabas de novo ao uso do espazo público para a realización dun evento cultural con xogos populares, música e circo.

Ante a solicitude da Xuntanza Antiprohibicionista do uso da Carballeira de Santa Susana para celebrar a tradicional festividade de San Kanuto a resposta do Concello é que para poder utilizar un espazo dedicado a celebración de festas nesta cidade (zona de pulpeiras da Alameda) debemos depositar unha fianza de 1200 euros.

Lembremos que en Compostela o San Kanuto leva celebrándose durante máis de doce anos ininterrompidamente, nove deles organizado pola X.A! no mesmo lugar.

Unha vez máis o goberno municipal rompe co compromiso de excluir do pago de taxas e fianzas para a utilización da vía pública ás entidades sen ánimo de lucro, entre as que se atopa a Xuntanza Antiprohibicionista.

En resposta a este abuso a X.A! abandona os tradicionais actos da celebración do San Kanuto e convoca maniFESTAción: San Kanuto en Movemento: Nin Taxas Nin Fianzas. A Compostela Cultural creámola entre tod@s, non ás trabas do Concello.

O San Kanuto en movemento partirá da praza do Toural o Sábado 19 as sete da tarde e percorrerá as rúas da Zona Vella compostelana, e por suposto non faltarán as tradicionais actividades culturais por moitas trabas que queiran impoñer.

Traede os vosos disfraces e instrumentos e… este San Kanuto 2013 vémonos no Toural!!

Noticia colada da página web de XA!

pdt.- Este concello que vai camiño de bater recordes de alcaldes imputados nunha só lexislatura, vese que segue a gañarse o cariño de veciños e asociacións desta cidade, e asín, ao igual que se pasa con San Kanuto, soubemos de que tambén pídelle 600€ de fianza à plataforma cidadá en defensa da lingua "Queremos Galego" para colocar o palco na manifestación do 27 de xaneiro o que esdta plataforma considera como "un atranco á liberdade de expresión" e máis unha mostra "do uso que quere facer o PP das institucións como a súa finca particular". (ler notícia en SermosGaliza)

Leer más...

10 dic 2012

[Compostela] 14 e 15 dezembro II Aniversario da Casa do Vento

Recebemos na nossa caixa de correio este cartaz com a actividades programadas neste II Aniversário do CSO A Casa do Vento de Compostela que defundemos para o seu conhecemento e desfrute. Além em "leer más" podedes consultar estas actividades tal e como copiamos do defundido no seu próprio blogue.





II ANIVERSARIO DA CASA DO VENTO:

Venres 14:

14.30: Como que coa comida non se xoga? Xantar vegano… con sorpresas!
16.30: Obradoiro de agarimos.
19.00: Obradoiro de serigrafía e gamberrismo ilustrado.
Ceador na Cafeta
21.30: Match de improvisación.

Sábado 15:

De 11 a 13h: Mural colectivo: conmemoración 2 anos de Casa do Vento.
12.00: Campionatos de futbolín, dardos, pink-punk (ping-pong), escalada en caixas…
14.00: Xantar vegano.
17.00: Gymcana de Okupación.
19.00: Concertos:
THE FE KAOS (Ribeira) + STYLO BASTARDO (Kompostela)
Ceador na Cafeta: pintxos e bocatas
22.00: Bingo Musical
00.00: Kara-okey + música

Esperámosvos para celebrar os dous anos de funcionamento do CSO Casa do Vento, dous anos de espazo liberado, de cultura libre, de loitas e de facer realidade as nosas inquedanzas.

Esperámosvos cos brazos ben abertos.
Leer más...

9 dic 2012

[Compostela] dia 13 às 19:00' .- Magusto da rádio Kalimera

Recebemos da rádio livre de Compostela "A Kalimera" a notificaçom do começo dum novo curso Radiofónico, nova web, novo software,… e dim com acerto que "agora máis que nunca precissa-se de Contra-Informaçom, de um lugar onde expressar-se, ponhemos os medios, a voz, ou a túa.

E engadem que para sacalo adiante fazemos um último magusto de ano, porque sempre agradam uns castanhazos. Já sabedes o día 13 de Dezembro, quinta feira (xoves), das 19 horas numhas quantas em diante, estaremos na Praça 8 de Março (Porta do Caminho).
Leer más...

15 nov 2012

[Compostela] Sábado 17 Magosto da XA! 2012

Damos publicidade a esta convocatoria da XA! que recebemos por correio:

Outro ano máis temos o pracer de convidarvos ao Magosto da Xuntanza Antiprohibicionista que terá lugar este sábado 17 de novembro as 19:30 na Praza dos Bombeiros na zona vella de Compostela.

Coma sempre non faltarán a boa música, as castañas e o caldo de balde!!

* O caldo 100% libre de inutil sofremento animal
Leer más...

3 sept 2012

Recordatorio: [Corme] Noite de Encantos en Solidariedade con Ruka Inche

Facemonos eco da convocatoria recebeda no noso correo da Noite de Encantos na Furna da praia do Osmo (Corme) que terá lugar este vindeiro venres 7 de setembro.

DESEMBARCO PIRATA NA FURNA CORME 2012

Doutra volta mais desfrutaremos na Furna do Osmo dunha xornada de cultura livre, onde coa maxia da Furna e coa arte dos músicos presentes nesta edición construiremos entre todas, outra Noite de Encantos.

Desembarcaremos o 7 de septembro na Furna para seguir mostrando que a cultura non e un negocio, que a arte non e unha mercadoria, que con poucos medios e muito corazón lograse, sen axuda oficial, gozar dunha xornada de variedade creativa que nos acercará a furna música dos mais variados estilos, títeres, maxia...

Na presente edición queremos mostrar a nosa solidariedade coa Casa de Acollida RUKA INCHE en Puerto Montt (sur do Chile) que traballan baixo o lema "Encerrando non se educa, máis educación, menos represión"; este proxecto naceu fai ano e medio traballando con rapaces en situación de "rúa", ofrecendolle dende o amor e o respecto, alternativas reais aos demais centros pechados que o estado mantén na rexión. As portas da Ruka sempre están abertas, tanto praos rapaces que alí viven, coma pra xente de corazón livre, que queiran aportar o seu gran de area nesta linda travesía educativa.

Máis info da Ruka en rukainche.blogspot.com ou en facebook.com/rukainche ; por todo isto esperamosvos nesta festa emblematica na vida da vila de Corme

Saude

Esta tarde-noite máxica con tintes solidarios é unha das citas máis especiais do verán costeiro.

A festa comezará a partir das 19:00h no chiringuito “Lixeiros de roupa”, na mesma praia do Osmo. Alí poderase disfrutar dun espectáculo de monicreques e maxia a cargo da Compañía Trecola.
A partir das 21:00h, e no mesmo chiringo, teremos os concertos do impresionante e impredecible Leo i Arremecaghona, e do genial "Home Orquestra" Ce Orquestra Pantasma, (estes 2 bravos da música galega de rúa tamén tocarán depois uns temas na Furna)

E a partir das 23:00h xá na Furna do Osmo actuarán:

Folkolikos (speed folk dende A Coruña).
Debito (hard core melódico dende A Coruña).
Furnier (rap compostelán).
Noé & The Bildelberg band (rap compostelán).
La Tercera Vencida (clasicos do rock dos anos 70′s).

Pero a festa non decaerá e logo dos concertos haberá Festa Hortera atá que o corpo aguante…

Ala pois, Vemonos na Furna
Leer más...

6 abr 2012

Xornada da "Plataforma Antifascista del Bierzo" no C.S.A. La Madriguera (Ponferrada)

Reproducimos a seguinte información chegada ao noso correo:

El sabado 7 de Abril la Plataforma Antifascista del Bierzo realizara una Jornada en la cual se presenta el FanZine Nº 2 de la misma,¨El Despertador¨ organo de expresion de la P.A.B.
La Jornada se realizara en el CSA La Madriguera C/Mexico Nº 2 Ponferrada.
19h Presentacion de "El Despertador" Nº2.
20h Proyeccion:"Los del Monte" Proyeccion dedicada a la Guerrilla Antifascista de las montañas de León,Galicia y Asturias.
El documental cuenta una historia silenciada por el franquismo, la de una organizada red de resistentes armados. Franco nunca quiso que salieran a la luz y eran considerados como forajidos y perseguidos duramente por la Guardia Civil.

22h Fiesta por la Autogestion en apoyo al C.S.A
Tambien se hara cenador , paella para ser exactos ,a precios populares
Leer más...

6 mar 2012

8 de Marzo: Ímos de putas (Lugo)

Reproducimos a seguinte convocatoria que, a modo de cartaz, chegou ó noso correo:

Este xoves 8 de Marzo, terá lugar no CS-CA Vagalume ás 21:30h o concerto de "La puta de oros y los Alucinantes de Copas" e a proxección de 12 curtas de postporno co nome: "Dirty Diaries"(2009, producido por Mia Engberg), todo isto aderezado cun pinxoteo vegano.
E a partires da medianoite, achégate ó Fusquenlla á gran Festa de disfraces: Putas ó longo da historia.
"Se tí máis puta que ninguén!!" Leer más...