Colamos esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos e à que damos cumprida difusión:
A folga xeral na comarca ferrolá atrasou unha festa que normalmente facíamos a finais de maio ou principios de xuño. Mais o caso é que novamente convocamosvos a participar nesta xornada de confraternización anarquista, que é ao tempo lembranza dalgúns compañeiros e compañeiras que nos foron deixando.
Agradecemos que lle estendades o convite á vosa xente.
Quen queira vir pode confirmalo escribindo ao correo unionlibertaria(arroba)gmail.com.
A cita é na Area Recreativa de Pedroso a partir das 13:00.
Sobre as 12:30 sairán carros para levar a xente dende o local de UL/CNT en Ferrol, na Avenida de Esteiro, 10.
Quen queira ir no seu carro, pode seguir esta ruta:
http://goo.gl/maps/6aCCl
Agardamos contar coa vosa presenza. Unha aperta.
Unión Libertaria - unionlibertaria.org
Av Esteiro 10 baixo
Ferrol
Asi compas asi, de comilona en comilona cara a vitoria final. Unha comida e unha comida e soamente serve para o qe serve, para comer e charlar. Para o pouco qe se ve de ferrol è unha pena qe so se vexa isto. Aaaai!! Tanto falar dos demais, e agora os demais pois ... En fin amighos ferrolans. A LAS MARISCADAS!!!
ResponderEliminar