O goberno local de Compostela pon trabas de novo ao uso do espazo público para a realización dun evento cultural con xogos populares, música e circo.
Ante a solicitude da Xuntanza Antiprohibicionista do uso da Carballeira de Santa Susana para celebrar a tradicional festividade de San Kanuto a resposta do Concello é que para poder utilizar un espazo dedicado a celebración de festas nesta cidade (zona de pulpeiras da Alameda) debemos depositar unha fianza de 1200 euros.
Lembremos que en Compostela o San Kanuto leva celebrándose durante máis de doce anos ininterrompidamente, nove deles organizado pola X.A! no mesmo lugar.
Unha vez máis o goberno municipal rompe co compromiso de excluir do pago de taxas e fianzas para a utilización da vía pública ás entidades sen ánimo de lucro, entre as que se atopa a Xuntanza Antiprohibicionista.
En resposta a este abuso a X.A! abandona os tradicionais actos da celebración do San Kanuto e convoca maniFESTAción: San Kanuto en Movemento: Nin Taxas Nin Fianzas. A Compostela Cultural creámola entre tod@s, non ás trabas do Concello.
O San Kanuto en movemento partirá da praza do Toural o Sábado 19 as sete da tarde e percorrerá as rúas da Zona Vella compostelana, e por suposto non faltarán as tradicionais actividades culturais por moitas trabas que queiran impoñer.
Traede os vosos disfraces e instrumentos e… este San Kanuto 2013 vémonos no Toural!!
Noticia colada da página web de XA!
pdt.- Este concello que vai camiño de bater recordes de alcaldes imputados nunha só lexislatura, vese que segue a gañarse o cariño de veciños e asociacións desta cidade, e asín, ao igual que se pasa con San Kanuto, soubemos de que tambén pídelle 600€ de fianza à plataforma cidadá en defensa da lingua "Queremos Galego" para colocar o palco na manifestación do 27 de xaneiro o que esdta plataforma considera como "un atranco á liberdade de expresión" e máis unha mostra "do uso que quere facer o PP das institucións como a súa finca particular". (ler notícia en SermosGaliza)
No hay comentarios:
Publicar un comentario