Colo, depois de traducir de ContraInfo(es) este "mais que interesante" cuestionario de 85 preguntas que xs compas desta web alternativa recolleron da web estadoudinense SlugandLettuce asinado por Cindy e que comenza con esta acalración de principios que eu espero chegue a frutificar: "A continuación algunhas preguntas sobre o consentimento que un/unha amigx e eu formulamos para un taller no que participamos e que axudaron a xerar debates moi bos e importantes na nosa comunidade. Con sorte, tamén vos serán útiles a vós. Pedímosvos que leades e pensedes en serio sobre estas preguntas, unha a unha (dende logo, non fai falta que vos leades a lista enteira dunha sentada! De feito, invitámosvos a non o facer). Escribimos esta lista esperando crear reflexión, por iso, pedímosvos que non vos poñades á defensiva e que pensedes niso a fondo, dado que é o único xeito de que vos axude a vós e á vosa comunidade".
1. Como defines o consentimento?
2. Algunha vez falaches sobre o consentimento con o(s)/a(s) teu(s)/tua(s) compañeirx(s) ou amigxs?
3. Coñeces alguén ou estiveches con alguén que defina o consentimento de forma diferente a ti?
4. Algunha vez non tiveches claro se a persoa coa que estabas sexualmente quería facer o que estabades a facer? Falastes diso? Ignoráchelo esperando que cambiase? Seguiches o que estabas a facer porque che resultaba pracenteiro e non querías formularche o que sentía a outra persoa? Seguiches porque pensabas que era o teu deber? Que opinas sobre as decisións que tomaches?
5. Cres que é responsabilidade da outra persoa dicir algo se non lles gusta o que estades a facer?
6. Como debería expresar alguén que o que está a acontecer non lle gusta?
7. Buscas só sinais verbais ou hai outros sinais?
8. Cres que se pode malinterpretar o silencio como consentimento?
9. Algunha vez preguntácheslle a alguén que sinais deberías buscar se lles incomoda verbalizar o cando algo non lles parece ben?
10. Só preguntas este tipo de cousas se estás nunha relación seria ou tamén che sentes cómodx para falalas en situacións informais?
11. Cres que falar rompe a maxia?
12. Cres que o consentimento pode ser erótico?
13. Pensas nas historias de abusos de outrxs?
14. Pensas en como progresan as cousas ou asumes que o consentimento orixinal significa que todo vai ben?
15. Se consegues o consentimento unha vez, asumes que todo vai ben despois?
16. Se alguén consente unha cousa, asumes que todo o demais está ben ou preguntas antes de levar de xeito diferente as cousas a niveis máis intensos?
17. Séntesche ofendidx por aquelxs que queren ou necesitan falar de ter sufrido abusos? Por que?
18. Normalmente séntesche atraídx por persoas que encaixan nos criterios de beleza de onde vives?
19. Buscas a amizade de xente porque queres estar con ela e abandonas a amizade se non lles interesas sexualmente?
20. Buscas relacións sexuais con xente mesmo despois de dicirte que só quere ser a/o tua/teu amigx?
21. Asumes que se alguén é cariñosx é porque probablemente lle intereses sexualmente?
22. Pensas no afecto, a sexualidade e as fronteiras? Falas coa xente destas cousas? Se é así, falas delas só cando queres ter relacións sexuais con alguén ou o fas porque crees que importante e, sinceramente, queres saber?
23. Deixas claras as túas intencións?
24. Algunha vez intentaches convencer alguén de facer algo sobre o que se mostrase indecisx?
25. Cres que a indecisión pode ser unha forma de coquetear?
26. Es consciente de que, en ocasións, non o é?
27. Algunha vez pensaches que alguén se che insinuaba aínda que realmente ese non fose a mensaxe que querían enviar?
28. Cres que se alguén é promiscux se lle pode cosificar ou falar del/dela dun xeito na que normalmente non farías?
29. Se alguén é promiscux, cres que é menos importante que dea o seu consentimento?
30. Cres que se alguén se viste de determinado xeito se lle pode cosificar?
31. Se alguén se viste de determinado xeito, cres que significa que quere a túa atención sexual ou aprobación?
32. Entendes que hai moitas razóns que non teñen que ver nada contigo para que unha persoa queira vestir ou actuar dun xeito que ti poidas considerar sexy?
33. Cres que é a túa responsabilidade ou papel vencer a indecisión de alguén premendox ou quitándolle importancia?
34. Algunha vez intentaches preguntarlle a alguén o que sente?
35. Cres que o sexo é un xogo?
36. Algunha vez intentaches poñerte en situacións que che desen unha escusa para tocar a alguén que cres que te diría que non se o preguntases? P. ex. Bailar, emborracharte moito preto del/dela, quedar dormidx ao seu lado...
37. Fas que a xente sinta que é "aburrida" ou que está "reprimida" se non quere realizar determinadas prácticas sexuais?
38. Cres que tes maneiras de actuar que poden facer pensar alguén así aínda que non sexa a túa intención?
39. Algunha vez intentaches negociar? P. ex. "Se me deixas facer H, eu fareite B"
40. Algunha vez usaches os celos como forma de control?
41. Algunha vez fixeches que o(s)/a(s) teu(s)/tua(s) compañeirx(s) deixasen de verse con determinadxs amigxs ou limitaches as súas interaccións sociais en xeral por celos ou inseguridade?
42. Usas os celos para que o/a teu/tua compañeirx teña sexo contigo?
43. Opinas que estar nunha relación con alguén significa que teñen a obriga de practicar sexo contigo?
44. E se queren absterse de ter sexo unha semana ou un mes ou un ano?
45. Te queixas ou ameazas se non tes a cantidade ou o tipo de sexo que queres?
46. Cres que está ben iniciar o sexo con alguén mentres dorme?
47. E se esa persoa é o/a teu/tua compañeirx?
48. Cres que é importante comentarllo primeiro cando estea espertx?
49. Fixácheste en como interactuar coa xente ou como a tratas, para ben ou para mal, e de onde vén/onde o aprendiches?
50. Compórtaste de forma diferente cando bebiches?
51. Cales son os aspectos positivos de beber para ti? E os negativos?
52. Algunha vez mantiveches unha relación sexual con alguén estando algun/nha dxs dous/duas borrachxs? Algunha vez sentíchesche incómodx ou avergonzadx ao día seguinte? A persoa coa que estiveches comportábase de forma estraña despois?
53. Buscas o consentimento do mesmo xeito estando borrachx que estando sobrix?
54. Cres que é importante falar ao día seguinte coa persoa coa que mantiveches a relación sexual se houbo alcohol de por medio?
55. Cres que a xente debería tomar as cousas máis por riba?
56. Cres que estas preguntas son represivas e a xente que observa de forma crítica as súas historias sexuais e o seu comportamento actual é conservadora e debería estar máis "liberada"?
57. Cres que a liberación pode ser diferente para cada persoa?
58. Como reaccionas se alguén se sente incómodx co que fas ou se non quere facer algo? Poste á defensiva? Sénteste culpable? A outra persoa ten que rematar coidándote ou calmándote ou podes retroceder e escuitalx e apoialx e responsabilizarte das túas accións?
59. Contas a túa parte da historia e intentas cambiar a forma na que viviron a situación?
60. Fas cousas para mostralo ao/à teu/tua compañeirx que x escoitas e que che interesan as súas ideas sobre o consentimento ou as súas ideas sobre o que fixeches?
61. Algunha vez falaches de sexo e consentimento sen estar na cama?
62. Violaches ou abusaches sexualmente de alguén algunha vez? Podes pensar no teu comportamento? Realizaches cambios? Que tipo de cambios?
63. Séntesche cómodx co teu corpo ou a túa sexualidade?
64. O teu propio malestar ou historia de abusos fíxote actuar de forma abusiva? Se é así, puideches falar algunha vez con alguén sobre iso? Cres que falar diso pode axudar?
65. Evitas falar de consentimento ou abusos porque non estás listx ou porque non queres falar do teu propio abuso sexual?
66. Algunha vez sentícheste obrigadx a practicar sexo?
67. Algunha vez sentícheste obrigadx a iniciar o sexo?
68. Se meses, días ou anos máis tarde alguén che dixese que se sentiu incómodx co que fixestes, interrogaríalx?
69. Comezas conversacións sobre sexo seguro e métodos anticonceptivos?
70. Cres que vale dicir algo tan vago como: "Fíxenme as probas hai pouco"?
71. Te tomas en serio as preocupacións dos teus compañeirxs sobre sexo seguro e métodos anticonceptivos?
72. Cres que se unha persoa quere ter sexo seguro e á outra non lle importa tanto é responsabilidade da que se preocupa facilitar os produtos para o sexo seguro?
73. Cres que se unha persoa ten un corpo co que pode quedar embarazada é cousa dela facilitar os métodos anticonceptivos?
74. Quéixaste ou négaste a ter sexo seguro ou o tipo de método anticonceptivo que o/a teu/tua compañeirx prefire usar porque reduce o teu pracer?
75. Intentas manipular o/a teu/tua compañeirx sobre estes asuntos?
76. Séntesche atraídx cara a persoas con certa representación de xénero?
77. Tes cosificado algunha vez a representación do xénero de alguén?
78. Asumes que toda persoa que entra dentro de determinadas percepcións de representación de xénero vai interactuar contigo do mesmo xeito?
79. Decátaste de que reproduces comportamentos de xénero binarios mesmo con relacións e amizades queer? Como faría iso sentir xs demais?
80. Consideras que a sexualidade e a representación de xénero forman parte dunha persoa ou consideras que son unicamente aspectos sexuais da xente?
81. Se alguén se traviste, o tomas como un convite a facer comentarios sexuais?
82. Fetichizas á xente polas súas representacións de xénero?
83. Cres que só os homes cometen abusos?
84. Cres que nunha relación entre persoas do mesmo xénero, só comete abusos quen sexa máis "másculinx"?
85. Cres que hai traballo por facer para rematar coa violencia sexual nas nosas comunidades?
Colado e traducido por eDu
Leer más...
Mostrando entradas con la etiqueta queer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta queer. Mostrar todas las entradas
28 ago 2013
25 jun 2013
[Ourense] Xoves 27 "Miradas con Orgullo"
Damos conta das actividades dinamizadas por Xaira (Aasociación sen ánimo de lucro que traballa no eido da Educación Social) que nos chegou polo correio:
"aquí vos deixo os tres cartaces do Orgullo LGBT 2013 en Ourense... Miradas con Orgullo! :D Estades todxs convidadísimxs e convidadísimas tamén a convidar á vosa xente! Será na praciña en frente do Auditorio Municipal, onde está a Cafetería Bar Efémera (acceso dende a praza do Correxidor de vinhos, polas escadas da pracinha da Estrela...)
e teremos:
21:00h - "Contos de Mulleres" con TropadeTrapo.
22:30h - "CineForo (In)Visibles" dinamizado pola Asociación de Acción Social-Educativa Xaira.
Agradecemos moito a difusión, e esperámosvos cheíñas de Orgullo e Pracer!"
www.xaira.info


Leer más...
"aquí vos deixo os tres cartaces do Orgullo LGBT 2013 en Ourense... Miradas con Orgullo! :D Estades todxs convidadísimxs e convidadísimas tamén a convidar á vosa xente! Será na praciña en frente do Auditorio Municipal, onde está a Cafetería Bar Efémera (acceso dende a praza do Correxidor de vinhos, polas escadas da pracinha da Estrela...)
e teremos:
21:00h - "Contos de Mulleres" con TropadeTrapo.
22:30h - "CineForo (In)Visibles" dinamizado pola Asociación de Acción Social-Educativa Xaira.
Agradecemos moito a difusión, e esperámosvos cheíñas de Orgullo e Pracer!"
www.xaira.info


Leer más...
23 nov 2011
2ª festa transxenero para financiar "a revolta dxs caracois" (A coruña)
Esta vez haberá "micro aberto" pra que todxs poidamos expresar calquer tema que tenha que ver co sector privado: relacions,roles,sexo,psiquiatría....
por suposto hai que vir disfrazado do rol de xénero co que menos nos identifiquemos...xoguemos as identidades diverxentes!
Haberá unha presentacion da revista,videos,sorteos,espectáculo e martxon de ambiente! Leer más...
11 oct 2011
"A Revolta dxs Caracois" 2º nº do fanzine
Neste número, que podedes descargar clicando acá, volvemos á carga disparando verbas tinguidas de sangue, bombas atómicas de padecemento marxinal, sentimentos-proxectil de amor/odio en nome de todxs xs que vivimos nas marxes deste caos engaiolado que chamamos estrutura social e que nos rouba a vida...
Seguindo a liña de pensamento queer e antiautoritaria que levamos dende o primeiro número, non podiamos quedar sen tocar a polémica da prostitución nesta nova entrega. Xs putxs do mundo declarámoslle a guerra á “Decencia” e ó “decoro”...as nosas armas: a provocación e a perversión... Fronte o discurso da dignidade moralista do feminismo clásico abolicionista no que a muller-puta é unha mercadoría, poñamos o espello da prostitución que leva implícito o sistema capitalista de última xeración: o matrimonio, a precariedade laboral (das moi dignas señoras da limpeza por exemplo), a explotación, o escravismo de novo cuño, a flexibilidade (para os empresarixs claro), o recorte de garantes socias e económicos, o paro, a mercantilización da miseria por parte das Onxs (financiadas polas grandes entidades bancarias donas do mundo e xeradoras desa mesma miseria... non necesitamos a vosa caridade, farémonos co que xa é noso, non vos debemos nada!)...
Volvemos á carga contra o amor monógamo, fuxindo desta cultura-cárcere que nos baleira os corazóns a todxs xs que somos capaces de amar a máis de unha persoa á vez. Neste Teatro da Norma e dos Horrores onde o patrón heteronormativo alimentado polo mito do amor romántico ou da media laranxa nos impide chegar á felicidade a golpe de dependencia emocional, bisturí, de psiquiátrico, ou de fármacos... Xoguemos! O xénero é performativo! Desobedezamos unha vez máis ate quedar sen alento... traspasemos todos os contextos, hai moito traballo por diante incluso en sectores sociais hipoteticamente máis abertos, como por exemplo podería ser o anarquista, no que moitxs compañeirxs son incapaces de utilizar o pensamento político dentro do ámbito das relacións persoais, e sen embargo levan moitos anos politizando as relacións na chamada esfera pública (a nivel laboral, en termos de propiedade). Fartxs de saber que o social é político, queremos dinamitar as nosas relacións persoais estruturadas e comezar de cero. Isto é un traballo individual de cada un de nós, demasiado acostumados a mirar sempre cara fora.
Declarámoslle a guerra ó Sistema Médico Hexemónico, por ditador de comportamentos, por mutilador de membros e de vidas... Abaixo o binarismo! Tanto de xéneros coma de sexos, a intersexualidade é un bo exemplo disto e unha proba máis das manipulacións bioloxicistas da señora ciencia a favor do control social, como poderedes ver no especial sobre intersexualidade que incluímos neste número. Por iso reivindicamos: Abaixo os esencialimos e determinismos de calquera clase! A realidade é diversa e cambiante. A práctica sexual non ten unha única función natural de reprodución, o sexo e as súa praxe é aprendida de xeito social, non ten unha orixe natural que xustifique a tortura de miles de bebés mutilados para poder cumprir co seu xénero-sexo asignado como home vs. Muller, e a súa correspondente función sexual, a saber: penetrador vs. penetrada. Falamos de comportamentos sexuais heteronormativos vixentes como algo “natural”... pero que teñen de naturais??? A Norma está esculpida a forza de represión, cadeas e tortura. Sempre se fixo, acontece así desde o principio dos tempos... Primeiro a igrexa, despois o sistema médico fármaco-industrial... non será que as realidades e os verdadeiros desexos lonxe da castración represiva da norma, son caos e diversidade, identidades diverxentes, multiplicidade simultánea de comportamentos, desexos e motivacións... Loitemos porque todo iso se faga encadrado dentro dun código de respecto e horizontalidade contra toda autoridade.
Por iso unha vez máis, mutadas pola radioactividade da norma, convertamos o estigma da puta, a etiqueta dxs anormais en orgullo, construamos os nosos corpos e as nosas mentes, sexamos libres e pasemos da teoría á acción, facendo a verdadeira poesía, “queimémolo ceo si é preciso por vivir” como dicía certo cantautor cubano...
Sodoma e Rizoma
Información chegada ao noso correio
Leer más...
18 feb 2011
Nova revista de pensamento queer

Xa podedes descargar dende este blog unha nova revista de pensamento queer.
Ninguneos, ofreceres, sustituibilidades. Hoxe síntome intercambiable!
Pincha aqui para descargala
"Esta revista de pensamento anarco queer e antipsiquiatría pretende ser coma
un batido de espasmos contra a inercia social establecida a golpe de psiquiátrico
ou de prisión... a inercia da non-vida que parece gobernar o latexo dos nosos
corazóns enfermos día a día, gota a gota.
Si, coma un acto de terrorismo, queremos esnaquizar o autoritarismo que nos dobrega
en cada eido do cotiá…porque a teoría baséase na experiencia, e a experiencia
baséase na teoría: PENSA e ACTÚA."
Leer más...
2 feb 2011
Festa transxénero no salgueirón.

Compañerxs antibinarixs!
O salgueirón abre as portas a todas aquelxs desidentificadxs,anormais,desorientadxs sexuais varios,putas,precarixs e demais fauna que non encaixa no sistema heteropsicopatriarcal imperante.
É o teu momento para burlarte do xénero,do sexo,da enfermidade e da normalidade en xeral.
Os beneficios irán para a revista de pensamento queer e antipsiquiatria "a revolta dxs caracois".
Sábado 19 de Febreiro ás 20.00h no cso "O Salgueirón" (Cangas)
Leer más...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

