Reproducimos o seguinte comunicado que de xeito anónimo fixeronlle chegar a un membro da nosa redacción:
Coma sabemos que as bases destes sindicatos na súa meirande parte aínda actúan de boa fe, e que moitxs delxs comparten connosco a crenza de que os sindicatos oficiais estan a deixar vendida á clase traballadora, decidimos evidenciar de forma pública a traizón destxs burócratas ao servizo do poder. Tamén quixemos amosar todo o noso desprezo polas cúpulas de liberadxs sindicais, a soldo do goberno, que converten a representación dxs traballadorxs nun lucrativo e descansado medio de vida, sabedorxs de que cobran dxs inimigxs da súa clase por apagar o lume da revolta e garantir a paz social.
É por iso que no contexto da Folga Xeral do pasado 14 de Novembro, na manifestación convocada na Coruña polos sindicatos oficiais C.C.O.O., U.G.T. e C.I.G, decidimos despregar unha faixa co lema "Sindicatos traidores. 5.000.000 de parados. Que coño estades facendo?" para marchar un anaco diante da cabeceira da procesión. Mentres, outrxs compañeirxs penduraban outra faixa na ponte do scalextric de Alfonso Molina chamando á folga indefinida.
Ao contrario do dito en moitos medios, nós nunca impedimos o transcurso da manifestación sindicaleira, pois logo de camiñar diante uns segundos, colocámonos na beirarúa coa intención de deixar pasar a comitiva amarelista diante da nosa faixa. Pero as cúpulas sindicais decidiron parar á marcha para que ninguén puidese vernos, salvo o selecto grupo de liderzuelxs, liberadxs e "seguratas "de petos reflectantes que, tras cintas de balizar a modo de perímetro móvil, encabezaban a ¿protesta?
Se varixs membrxs do noso piquete tapaban as súas caras con panos e bragas é precisamente porque nós non buscabamos protagonismos personais, ao contrario que xs xefecillxs de partidos e sindicatos, que monopolizan a cabeceira para eles sós, sempre na procura dunha boa foto de portada. Evidentemente tamén o fixemos para evitar inoportunas identificacións, pois, coma dixo o Subcomandante Marcos, "tapamos o rostro para dar a cara".
Tras empurrons e agresions variadas que non conseguiron impedir que continuaramos gritándolles verdades coma puños do estilo de "vós vendidos firmades os despidos", "Comisións e ugeté firmaron as ETT,s" ou "A folga dun día é unha tonteria, a folga debe ser indefinida", decidiron chamar aos antidisturbios (que como todo o mundo sabe sempre sirven aos intereses do poder). Chegadas as "forzas da orde" para facerlles de primo de Zumosol aos seus delegadxs sindicais, producíronse catro arrestos, mentres numerosxs chivatxs con pegatinas das tres centrais convocantes sinalaban a compañeirxs e incluso puñan a cambadela a unha compañeira para evitar que escapase.
É importante sinalar que, así coma moitxs delegadxs e membros da cabeceira da manifestación insultaronnos e delatáronnos á policía, un significativo número de participantes anónimos amosaron de diversas formas o seu apoio, incluso tratando de frear as detencións. Porque está claro que moita xente aínda secunda esta clase de protestas por costume e porque non están conformes coa situación social, pero que saben tan ben coma nós da atitude patética e sumisa da "esquerda democrática".
Queremos aclarar que este piquete nada tiña que ver coa C.N.T., coma repetiron varios medios comerciais a modo de intoxicación mediática. Certamente algúns afiliadxs dese sindicato apoiaron dende a distancia a acción que realizamos, cousa que dende aquí queremos agradecer, pero esta foi concebida e realizada por anarquistas autónomxs allexs a calquera central sindical. Minten tamén ao dicir que xs detidxs estaban afiliados á C.N.T., pois ningún deles tiña filiación ningunha con ese nin ningun outro sindicato. Tampouco se fixo a acción no nome de ningún centro social, como erradamente apuntou algún medio alternativo, se a pancarta estaba asinada como "Autonomía Obreira" é porque ese é o xeito con que quixemos dar a coñecer a nosa intervención.
Por último soamente nos resta facer un chamamento a autoorganización dxs traballadorxs de xeito autónomo e asambleario, lonxe das burocracias que viven de representalxs (e que cobran por apacigualxs). A revolución farémola por nós mesmos, ninguén nola vai regalar nin vai saír de ningunha urna.
Abaixo o estado e xs seus falsxs opoñentes!!!
Contra o capital Acción directa!!!!!
Colado por C.R., a quen lle chegou de xeito anónimo.
Máis info neste blog: -AQUÍ e -AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario