A sociedade non soamente debe aceptar as estratexias de resistencia pacífica, senón admitir tamén os instrumentos de violencia política
Colamos e traducimos de La Haine este artículo asinado por Anibal Garzón
O sociólogo alemán Max Weber definiu na súa obra de 1919, "A Política como Vocación", que unha das esencias do estado moderno é o monopolio da violencia. Na configuración das sociedades modernas, principalmente o caso das europeas e tras a implementación do estado keynesiano socialdemócrata a partir do final da II Guerra Mundial en 1945, o poder político ocultou esta esencia facendo prevalecer que as bases dun estado moderno eran os seus servizos públicos e sociais para cubrir as necesidades que o mercado capitalista xeraba. As clases populares, que gozaron de certos servizos e niveis de consumo, deixaron de percibir o estado como un ente represivo, sen ser conscientes que con esta estratexia de ocultar a opresión se buscaba a despolitización das ideoloxías alternativas ao estado capitalista e a converxencia entre capital e traballo.
Actualmente, coa crise financeira internacional iniciada en setembro de 2008, a Unión Europea inseriu unhas políticas de austeridade e privatización que romperon co modelo do sistema do benestar reducindo a intervención do estado en investimentos de servizos públicos, como educación, traballo e saúde, entre outros. Políticas que readaptaron a estrutura social creando unha pirámide máis dicotómica clasista que manifesta un crecemento da desigualdade social, perdendo a escala baixa social niveis de servizos e consumo.
A causa diso, as protestas en Europa iniciáronse con mobilizacións masivas e folgas xerais en Grecia, España, Portugal e Italia, países máis afectados pola crise, pero ademais chegouse a un nivel de protesta unitaria ao celebrarse por primeira vez unha Folga Xeral, paros e mobilizacións, con coordinación entre 23 estados da Unión Europea o pasado 14 de novembro.
Estas protestas contrarias ás estratexias de extinción do Estado do Benestar e o renacemento do modelo neoliberal son e teñen sido duramente reprimidas polas estruturas dos estados. En España a policía detivo 110 persoas que se manifestaron durante esta folga e unhas 22 resultaron feridas. Estes datos que se expoñen nalgúns medios de comunicación que non son nada fiables, xa que son controlados subxectivamente por grandes corporacións empresariais vinculadas ao goberno español para defender esas políticas de austeridade e criminalizar calquera protesta, seguen traballando como mecanismo ideolóxico ao presentarnos o monopolio da violencia do estado como forzas de seguridade e non como institución de represión social.
Se o estado conseguiu eliminar nas conciencias sociais o seu papel represivo e lexitimou o seu monopolio da violencia ao ofrecer certos servizos públicos, entón se actualmente desaparecen estes servizos, por que a sociedade debe seguir enganada nas súas mentes sobre o verdadeiro rol do estado e a súa violencia como seguridade cidadá?
Para facer fronte á privatización estatal é necesario derrubar o seu estereotipo de monopolio da violencia. A sociedade non soamente debe aceptar as estratexias de resistencia pacífica, que son valoradas nas loitas sociais, senón admitir tamén os instrumentos de violencia política. En primeiro lugar, débense poñer en dúbida os mecanismos ideolóxicos do sistema capitalista, que utilizan principalmente cos seus medios de comunicación, onde as súas forzas non son para a seguridade civil senón para reprimir os manifestantes e os que protestan, para manter a súa orde social. O sistema debuxou e debuxará calquera persoa ou organización como terrorista por utilizar mecanismos violentos contra o estado, cando calquera acción violenta contra o estado e o seu "status quo" que está inspirada nunha ideoloxía contraria ao neoliberalismo, á desigualdade social, a favor dos servizos públicos, contra a ditadura do modelo financeiro, ou contraria ao roubo inmobiliario, é unha acción xustificada para a liberación social. A conciencia da definición do terrorismo debe ser sobre as accións do mesmo estado, crecendo así, polo tanto, o sentimento de ilexitimidade das súas accións políticas económicas.
Que unha persoa se suicide por non poder pagar a súa hipoteca e sexa desafiuzada, que un neno vaia desnutrido ao colexio, que unha moza non poida estudar na universidade por estar en paro,… son accións que o mesmo estado xera e pretende manter coas súas forzas de opresión ditatorial, pero se un grupo realiza accións violentas contra o estado para suprimir todas estas penurias eses actos deben ser aceptados polas clases sociais desfavorecidas facendo fronte á ideoloxía dominante do estado. Toda acción violenta contra o capitalismo neoliberal debe ser aceptada como acción de loita de liberación que desenmascara ao estado.
Unha pedra dunha estudante contra un policía, ou unha patada dun obreiro a un político do sistema, ou outras accións, deben ser máis aceptadas socialmente, polo seu fin político, que un policía protexido de pés a cabeza que aporrea unha manifestante ou un xuíz con seguridade persoal que acusa un folguista de terrorista.
A historia non se debe ocultar (escravismo, colonización, explotación laboral,…), como o papel da violencia do estado, e se existiron cambios estruturais foron pola loita de clases, as desposuídas contra os posuídos, algo que se debe facer evidente, pero nestas loitas utilizáronse para conseguir as súas metas moitos mecanismos violentos. Polo tanto, se comprendemos a historia comprendemos actuar do presente. Que o poder non manipule! E se pensa que esta tese é un erro ou é terrorismo, pode ser parte da violencia do estado capitalista!
19 nov 2012
Contra o monopolio da violencia do estado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario