Damos conta desta cita dupla de fin de semana, da que soubemos grazas a un correio que nos figeron chegar as compas da Casa do Vento, que di así:
A timba poética é berrar, escupir, falarse ao oído, espirse, escoitar, falar polo micro, sen micro, cantar, comer, tocar, tocarse…Comezarán hacia as 9 da noite deste venres no CSO Casa do Vento de Compostela e polo que aponta o cartaz o sábado será no CSO Palavea de A Coruña.
Hai pactadas pero queda moito tempo de micro aberto para quen se anime a recitar (por dicir algo).
No CSO A Casa do Vento haberá bocatas veganos para cear e poder pagar os gastos
No hay comentarios:
Publicar un comentario