Mostrando entradas con la etiqueta marcha teixeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta marcha teixeiro. Mostrar todas las entradas

28 may 2014

E chegan as multas de Teixeiro...

O nadal, esas festas entrañables repletas de cousas que nunca cambian: os mazapáns e o turrón, o discurso do rei, o anuncio do calvorota da lotaría... e máis as multas pola Marcha á Prisión de Teixeiro.

E este ano non ía ser menos, os simpáticos muchachos da subdelegación do goberno, en feliz conivencia cos seus amigos os picolos, fieis á tradición e aos bos costumes, non se puideron conter de repartir a súa sempiterna porción de sancións administrativas. Polo de agora van tres, que nós saibamos (deste ano, claro, porque se sumamos todos xa nin se sabe), aínda que coñecendo o delegado do goberno e os seus secuaces vai ti a saber se non haberá por aí outras das que non nos decatamos.

A máis cuantiosa, de 301 euros, é contra un manifestantes, curiosamente saido pouco tempo antes do penal contra o que se dirixía a protesta, por vulneración do apartado 23 h da lei do 1992 de protección da seguridade cidadá: uséase por "a provocación de reaccións no público que alteren ou poidan alterar a seguridade cidadá". Segundo a picoletada o compañeiro tratou de "incitar contra os axentes" aos manifestantes, pero ante a estoica actitude "Zen" dos nosos verdosos custodios, que non se deixaron provocar polos alborotadores, non chegou o sangue ao río e a cousa quedouse en nada. Cual é o porqué entón da multa? Como é que se sanciona unha acción sen consecuencias de ningún tipo? En que provas basean unha acusación tan gratuita? Grandes incógnitas da vida.

Os outros dous sancionados, neste caso coa menos cuantiosa cifra de 150 eurillos por barba, están acusados de vulnerar o artigo 26i da mesma lei orgánica (que moito nos toca os órganos, dito sexa de paso), a saber: "Alterar a seguridade colectiva ou orixinar desordes nas vías, espazos ou establecementos públicos". Ao parecer os picoletos acúsanos de lanzar foguetes pirotécnicos contra o Centro Penitenciario (tamén chamado talego, na linguaxe do común dos mortais). Pero como non ten desperdicio, colgamos aquí unha copia da acta de denuncia dos uniformados:

Xa non lle deixan a un nin ir ao monte a "botar uns fojetes".

Desgraciadamente semella que algunha que outra persoa vai recibir tamén sorpresita dos rapaces de Samuel Juarez.

Con todo, parece que este foi un dos anos menos represivos, polo menos se o comparamos cos anteriores. Vese que lles fode, pero xa van XIV Marchas á Prisión de Teixeiro e por moito que o intenten non van parar a nosa solidariedade.

Os cárceres son centros de exterminio!

Abaixo os Muros de todas as Prisións!!!

C.R.
Leer más...

14 ene 2014

Cronica da XIV Marcha a Prisión de Teixeiro e da posterior concentración en Compostela

Outro ano máis, e xa van 14, un cento de solidari@s vidos de todas partes de galiza percorrimos a pé a distancia que separa a gasolinera do polígono industrial do infausto cemiterio de seres vivos da prisión de Teixeiro. Un ano máis desafiamos a intimidación e o acoso co que o poder nos agasalla en cada nova ocasión desta xa lonxeva marcha solidaria (multas por participar ou por infraccións de trafico inventadas, ameazas, xuízos penais, pinchazos das rodas dos nosos coches...) para achegarlles ás persoas presas un pouquiño de cariño e esperanza a través dos nosos berros libertarios. Afortunadamente este ano non tivemos tamén que desafiar as inclemencias meteorolóxicas, como xa temos por costume, posto que o tempo se mantivo apracible durante toda a xornada. Pedirlle o mesmo á picoletada xa tería sido demasiado, así que soportamos outro ano máis interminables controis e rexistros dos coches de tod@s @s que nos achegamos. Con todo, a súa actitude foi bastante máis tranquila que en anos pretéritos e, salvo por algunha incidencia concreta, deixáronnos bastante á nosa bóla.

As presas do pavillón de mulleres, as únicas que aínda poden ver algo dende que a dirección do penal decidiu plantar piñeiros cos que ocultar as nosas marchas do ollar d@s intern@s, responderon con berros e ondeando bandeiras ás consignas coreadas dende o exterior, iniciando un curioso pero apaixonado diálogo entre pres@s e manifestantes.

Malia o férreo rexistro efectuado polos verdosos esbirros do estado, e malia a tallante prohibición de lanzamento de calquera tipo de artefactos pirotécnicos, un surtido caudal de foguetes lanzados dende un monte próximo amenizou co seu alegre estoupiudo a nosa protesta. Este foi o motivo de varias identificacións (que ao parecer derivarán en propostas de sanción) para algunhas persoas que casualmente se atopaban polo monte. Un gran globo de papel cunha "A" circulada pintada despegou tamén dende a protesta en dirección ao ceo, para que o viran dende o máis recóndito rincón do presidio, introducindo así un chisco de liberdade nos corazóns d@s intern@s.

Rematada a Marcha, e tras dunha "opípara" comida na biblioteca anarquista "A Ghavilla" de Compostela, chegoulle o turno á protesta prevista para esa tarde na céntrica praza do Toural de Santiago. A idea era que, ademais de solidarizarnos c@s pres@s, levásemos o noso liberador mensaxe ás rúas da cidade, para enfrontar o común do cidadán cunha realidade deliberadamente oculta en localizacións illadas. Á cita acudiron unhas setenta persoas, dedicadas durante os primeiros minutos a repartir panfletos tranquilamente e corear consignas anticarcerarias. Pero a cousa truncouse ao pouco de comezar, pois un tropel de antidisturbios, pertrechados como para comezar unha guerra, se abalanzaron sobre a protesta, rodeando a todos os participantes e impedíndolles saír do cerco. Foron identificando un a un aos participantes, separandolos unha vez filiados e cacheados en dous grupos diferenciados. Algo parecido ao acontecido xa o ano anterior, só que esta vez sen saír en mani.

Unha vez rematado o concienzudo glosario de disidentes por parte da desproporcionada piara de represores uniformados, e sendo xa todos os manifestantes un só grupo ben escudriñado nos seus petos, mochilas e demais recónditos lugares corporales, escoltáronnos ata fóra da zona vella onde por fin nos deixaron en paz. Malia o humillante de todo este asunto, o certo é que dificilmente se podería evidenciar mellor a represión inherente a este nauseabundo estado policial; pois os transeúntes composteláns deberon de flipar por cores con tan desmedido dispositivo, que nada tería que envexar ao da máis despótica das repúblicas bananeiras.

Rematada a protesta, e coas gorxas secas de tanto berrar consignas de protesta, fómonos a remollarnos en cervexa (ou auga sen gas aquel que así o preferiu) ao frenético ritmo das "Transxenéricas" na okupa compostelá "A Casa do Vento".

E con isto e un "bizcocho"... ata o ano que vén.

Por C.R. que andou por alí.

Leer más...

10 ene 2014

RECORDATORIO: XIV Marcha a prisión de Teixeiro e máis convocatorias anticarcerarias para ese día.

E como prometemos hai uns días aquí vai o programa completo para o 11 de xaneiro, día da XIV Marcha á prisión de Teixeiro, a nosa xa lonxeva cita anticarceraria anual galega que, contra vento e marea, resiste os envites do poder.

… e despois en Compostela…
15:00 Xantar vegano na biblioteca anarquista A Ghavilla rúa Puente la Reina nº8
19:30 Concentración anticarceraria na praza do Toural
21:00 Ceador vegano e foliada no CSO Casa do Vento rueiro de Figueiriñas nº15


Deste xeito a xa tradicional marcha a pé ata o cárcere de Teixeiro, prevista para as 12:00h e que ten como obxectivo visibilizar a solidariedade e achegar o noso cariño as persoas represaliadas polo sistema, súmaselle unha concentración en Compostela (as 19:30h na praza do Toural) para amosarlle a sociedade o noso frontal rexeitamento do sistema penitenciario. Tanto o xantar coma a cea e a festa nocturna, ademais de dar cobertura aos solidarios vidos dende fora de compostela, axudarán a financiar os cuantiosos gastos ocasionados pola represión das marchas anteriores.

A intensificación da represión no último ano foi brutal; os cambios
lexislativos (reforma do código penal, a "ley de seguridad ciudadana"...),
o aumento xuízos pringue e o xuízo da Resistencia Galega son unhas poucas
testemuñas.

O gran golpe foi o bombo mediático da derogación da doctrina Parot para os
casos anteriores á súa vixencia, que está provocando que a opinión pública
acepte e case esixa a cadena perpetua, que na forma revisable xa nos ven
no paquete da reforma.

Se cabe mais que nunca é o momento de berrar e manifestar que o cárcere
non o queremos para ninguén, que non soluciona nengún conflicto e que
sirve ao sistema para agochar aquilo que lle interesa agochar, e ao mesmo
tempo atemorizarnos e desmovilizarnos.

Vémonos alí.

Subido por C.R. con diversa información chegada ao noso correo.
Leer más...

23 dic 2013

XIV Marcha a prisión de Teixeiro


Para que vos vaiades facendo á idea, e para que vaiades reservando data no calendario, subimos aquí o cartaz da XIV Marcha ao cárcere de Teixeiro. En breve publicaremos máis detalles da convocatoria, que non rematará diante do penal, se non que continuará con actividades anticarcelarias durante toda a xornada, pero aí queda o cartaz para ir abrindo boca e para que vaiades liberando a axenda.

Subido por C.R.
Leer más...

30 may 2013

Xá chegaron as multas da Marcha a Teixeiro deste ano

Recibimos na nosa caixa de correo unha misiva dunha das persoas encausadas por ser solidarias con as persoas presas do penal de Teixeiro, na que nos da conta de que 2 persoas se lles acusa de "Atentado contra axentes da autoridade" e a 4 máis (entre elas duas das peticionarias do permiso correspondente para realizar a Marcha) de "Delito con ocasión do exercicio de direito fundamentais e liberdades públicas" (???), a quen se lles cita para declarar como imputados en 26 de xuño no xulgado de Betanzos.

Aclara o compa que algunhas das persoas implicadas, tal como pon na denuncia, foran identificadas mediante o vídeo gravado pola Guarda Civil hai dous anos, ao baixar do bús no que se encamiñara a xente que fora ese ano à Marcha Solidaria con as persoas presas.

Dicer tambén que o compa avisa de que na sua denuncia (de 22 páxinas) hai informes (supoñemos que dos picolos) sobre o sucedido en Teixeiro e cita literalmente: "El motivo de esta convocatoria es, según publicitan páginas web afines al movimiento ácrata como: abordaxe revista, contrainfo, cruz negra anarquista, boletín tokata o el retroceso, que se pueden consultar respectivamente en los url :..." e de seguido pon enlaces de todas estas páxinas e hai un anexo especial con todo o material colgado en todas elas.

Ademais hai un anexo adicado integramente a esta Revista Abordaxe e a artigos colgados nesta nosa páxina.

Seguiremos informando
Leer más...

28 mar 2013

Para os sancionados da XI Marcha a Teixeiro: ante a desestimación do recurso de alzada.


Como moitos lectores saberedes moi ben, especialmente aqueles que secundáchedes as diversas convocatorias de Marchas a Teixeiro dos últimos anos, a subdelegación do goberno empecinouse obcecadamente en sancionar unha e outra vez aos solidarios anticarcerarios. Dese xeito chegaron multas, en maior ou menor medida, a participantes das últimas cinco Marchas; nas tres primeiras por non estar as protestas legalizadas e nas demáis polas máis peregrinas acusacións que souberon inventar, coma absurdas multas de aparcamento aos coches dos participantes, polos paos das bandeiras ou por levar un cutter. Da última convocatoria aínda non chegaron sancións, pero están a tempo, e, polo dito polos picoletos alí presentes, este ano poden ser de órdago (iso sí, máis que nada aos convocantes, pois esta sí que estaba comunicada). A todo isto temos que engadir os pinchazos de máis de vinte rodas dos coches dos solidarios cos que nos obsequiaron hai catro anos os picoletos... ou os carcereiros... ou ambos os dous corpos represivos en fraternal contubernio (Máis info sobre as sancións dos últimos anos e as Marchas a Teixeiro neste blog aquí, aquí, aquí, aquí,aquí, aquí e aquí).

O caso é que a moitos dos sancionados da XI Marcha a Teixeiro (prevista para decembro do 2010 e realizada finalmente en xaneiro do 2011 merced a oportuna ilegalización da primeira convocatoria pola subdelegación do goberno) chégalles agora a denegación do recurso de alzada, finalizando a vía administrativa e deixando coma derradeira opción o contencioso. Lamentablemente, o noso benquerido ministro xusticieiro Gallardón, farto de que os pobres puideramos esixir os nosos dereitos coma se fósemos persoas, decidiu instaurar as tasas xudiciais para deixar a defensa xurídica únicamente nas mans dos que máis a precisan: os ricos e poderosos. Dese xeito agora para que un xuíz poida escoitar as nosas demandas de que nos quiten unha absurda multa de 300 euros por uns "desordes públicos" que en realidade nunca aconteceron, debemos pagar previamente 200 eurazos de tasas xudiciais (ademais da multa en cuestión, que logo, se gañamos, xa nos devolverán si se acordan).

Deixamos aquí este enlace a "universidade popular" onde podedes atopar o xeito de solicitar a "xusticia gratuita" e evitar o abono da devandita tasa: -AQUÍ. A entrada elaborouse a raíz do caso das multas de Teixeiro, pero vale para calquera outra vez que te desestimen o recurso de alzada.

Pois ala, que o disfrutedes con saúde!

C.R.
Leer más...

13 mar 2013

Marcha a Teixeiro por Zigor Blanco

A través do noso correo recibimos a petición de dar publicidade á marcha que este sábado 16 se achegará ata o cárcere de Teixeiro en solidariedade co preso vasco Zigor Blanco, que leva máis de dez anos encerrado. Como non temos noticias da hora á que se ten previsto comezar o acto, para o que se desprazarán buses dende euskadi, pois non podemos facilitar a devandita información.

Ese mesmo día, no seu pobo, realizaranse outros actos solidarios. Reproducimos aquí diversos carteis recibidos ao respecto:






Leer más...

13 feb 2013

Relatorio de EsCULcA sobre Actuacións Policiais na Marcha ao Centro Penitenciario de TEIXEIRO o día 12/01/2013

EsCULcA (Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades) ven de publicar no apartado "En Destaque" da sua web esculca.net o relatorio sobre as actuacións policiais observadas o pasado 12/01/2013 ao longo da marcha e a posterior concentración diante do penal de Teixeiro en apoio das reivindicacions das persoas presas que se desenvolveron sen incidentes importantes.

Contodo, é preciso salientar que, a pesar de non observarse motivo algun que xustificase esa actuación, no decurso da marcha varias persoas foron identificadas polos axentes que acompañaban o cortexo. Posteriormente, cando o grupo se encontraba nas inmediacións do penal, un dos axentes lanzouse contra varios manifestantes, sen que tampouco nese caso pudese ser observado xesto ou actitude dos manifestantes susceptível de explicar a actuación deste axente.

Por outra parte, constatouse mais unha vez o incumprimento xeneralizado da Instrución 13/2007 (que estipula a obriga de os axentes exibiren en lugar visíbel a placa numérica identificativa), o que leva EsCULcA a recomendar a adopción de medidas en sede disciplinar que procedan contra os axentes infractores e os seus mandos.

Igualmente recomenda EsCULcA ás autoridades gobernativas a revisión dos protocolos de actuación das UIP, por estimar que estas actuacións non se axustan en casos como o que aquí se refere aos principios de necesidade e proporcionalidade de acordo coa interpretación que deles vén facendo a xurisprudencia, e poñan especial mesura no deseño dos operativos policiais de custodia do dereito de manifestación, evitando a presenza deUIPs agás nos casos en que houber datos fundados de perigo de producirense alteracións graves da seguridade cidadá ( artigo 16 LO 1/92 de protección da seguridade.

Clicando en "leer más" tendes acesso a leitura íntegra do Relatorio ou ben clicando acá tedelo en formato pdf.

Antecedentes

EsCULcA (Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades) vén constatando con preocupación as restricións que na Galiza está a padecer o exercicio do dereito de reunión e manifestación consagrado no artigo 21 da Constitución de 1978. Son varias as Resolucións Administrativas da autoridade gobernativa que no último ano deron unha interpretación estrita deste dereito de configuración constitucional e dos mínimos requisitos que para o seu exercicio impón a LEI ORGÁNICA 9/1983. Así, ditáronse acordos prohibindo concentracións por estas teren sido comunicadas fóra de prazo, mesmo no caso en que a causa de urxencia da convocatoria era patente.

Son numerosos tamén os expedientes sancionadores incoados nos últimos anos ao amparo da lei de seguranza cidadá a participantes en concentracións e manifestacións.

É neste contexto como ESCULCA, en exercicio das suas finalidades estatutarias, decide emprender un traballo de observación en determinados actos, manifestacións ou reunións celebrados ao longo do país, para comprobar se se observa o escrupuloso respecto ao dereito constitucional que plasma unha das formas de participación directa da cidadanía no exercicio da acción política. Neste mesmo contexto, e co propósito de documentar as irregularidades que eventualmente viñeren producirse para poder dar conta delas, EsCULcA decide elaborar en cada caso un relatorio que recolla todas as incidencias observadas directamente e incorporar en apéndice aqueloutras, anteriores ou posteriores ao desenvolvemento do acto en si, de que tiver constancia. Estes relatorios son enviados posteriormente aos portavoces dos tres grupos do Parlamento Galego, ao Valedor do Pobo, á oficina do Defensor del Pueblo así como a organismos e observatorios europeos, deputados galegos no Congreso e no Parlamento Europeo e medios de comunicación social.
__________________________________

Marcha e concentración

Convoca:


A concentración, convocada para as 12,30 horas do día 12 de xaneiro 2013, inicia o seu percorrido desde o surtidor de gasolina sito no km. 663 da N-664. O obxectivo é mostrar solidariedade coas persoas presas e protestar polas condicións de vida no penal centro penitenciario.

Participan unhas oitenta persoas. Unha equipa de EsCULcA composta por oito persoas, previa comunicación á Delegación do Goberno na Galiza (anexo I), observa o desenvolvemento do acto.

Dispositivo policial e desenvolvemento da concentración

Catro vehículos da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico, máis un quinto vehículo dos usados como radares, coas respectivas dotacións, están situados diante do surtidor de gasolina.

Dúas representantes de EsCULcA achénganse a unha das dotacións para identificárense como observadoras e facer entrega da comunicación feita á Delegación do Goberno, entrega que é rexeitada.

O xefe do operativo achégase á cabeceira da marcha e solicita o nome dos responsábeis da convocatoria.

A marcha iníciase sobre as 12.45, ocupando un único carril, dirección Uviéu, precedida e seguida por coches da Garda Civil de Tráfico que fan de parapeto dos manifestantes e ralentizan o tráfico. O percorrido até o CP dura uns trinta minutos e transcorre sen incidentes.

Non se permite ao grupo o acceso á esplanada do centro e este pára perante o primeiro sector do valado.

Obsérvase un elevado movemento das dotacións policiais, que varian dunha a oito no transcurso da manifestación.

Os primeiros corenta minutos transcorren sen incidentes e fica un único vehículo cunha dotación de catro axentes, tres homes e unha muller, entre os que está o xefe do operativo.

No transcurso da manifestación, os axentes deciden identificar varios dos participantes, motu proprio, sen mediar causa aparente.

Os observadores de EsCULcA achéganse ao xefe do operativo e indicanlle que non ten visíbel o número de identificación, ao igual que o resto dos axentes presentes no operativo. Este aparta o chaleque antidisturbios e mostra o seu número. Ningún axente máis o mostra. Nese momento o xefe do operativo afirma que a partir daí considera os observadores de EsCULcA parte da manifestación e píde identificación a duas observadoras. Fáiselle saber que non participan na manifestación senón que actúan como observadoras e que así consta na Delegación do Goberno.

A trinta minutos das dúas da tarde, un dos axentes lánzase contra os manifestantes, sen que se teña constancia do motivo, e prodúcese unha alteración. Acude outro axente. Os dous con apoio doutra axente tentan deter uns dos participantes da marcha de xeito aleatorio e indiscriminado. Finalmente non levan a cabo as detencións. Durante este suceso aparecen outros catro vehículos policiais coas correspondentes dotacións e os axentes que preparan a equipa antidisturbios.

Debido a estes acontecementos a responsábel do evento desconvoca a manifestación, e esta disólvese sen máis incidencias.

Observacións


Continuamos a constatar un incumprimento reiterado da Instrucción 13/2007 por parte dos axentes das forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Observamos que as funcións dos Corpos de Seguridade do Estado resultan desvirtuadas pois non se cumpre a misión recollida no artigo 11.1 da Ley Orgánica 2/1986 de 13 de Marzo de Forzas e corpos de seguridade do Estado de protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades , sendo o de reunión e manifestación unha mostra primordial dos dereitos fundamentais. A actitude dos axentes cohibe, coarta e perturba o libre exercicio deste dereito, quedando así valeiro de contido o artigo 3.2 da LO 9/1983 de 15 de xullo reguladora do Dereito de Reunión que estabelece que a autoridade gobernativa protexerá as reunións e manifestacións frente a quen tratar de impedir, perturbar ou menoscabar o lícito exercicio deste dereito.

Recomendacións

1. Apesar das numerosas denuncias que provoca o reiterado incumprimento da Instrución 13/2007 por parte dos axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, non se constata avance ningún que permita albergar esperanzas de que nun futuro próximo se producirá o necesario cambio de actitude nos funcionarios encargados de facer cumprir a lei. Para corrixir esta situación, EsCULcA propón que se adopten as medidas en sede disciplinaria que procedan contra os axentes actuantes e os seus mandos.

2. Perante a notoria desproporción entre o dispositivo despregado e o número e actitude dos manifestantes, EsCULcA recomenda que as autoridades gobernativas revisen os protocolos de actuación das UIP, por estimar que actuacións como as descritas non se axustan aos principios de necesidade e proporcionalidade de acordo coa interpretación que deles vén facendo a xurisprudencia, e poñan especial mesura no deseño dos operativos policiais de custodia do dereito de manifestación, evitando a presenza de UIPs agás nos casos en que houber datos fundados de perigo de producirense alteracións graves da seguridade cidadá ( artigo 16 LO 1/92 de protección da seguridade cidadá), o que, alén de constituír unha medida proporcionada para garantir un exercicio do dereito de manifestación sen cortapisas, tería un efecto beneficioso na xestión orzamentaria das unidades policiais.

Galiza, 11 de febreiro 2013
Leer más...

14 ene 2013

Crónica dumha jornada anti-carcerária

Sabemos que os poderes e os seus vozeiros (mediáticos, jurídicos ou políticos) nom gostam de que as pessoas sejamos solidárias com as pessoas encirradas, conhecemos da sua fazeta "previsora" ante os nossos protestos em contra da existência dos centros de extermínio que som os cárceres, os centros de minores, os psiquiátricos, CIES e outros lugares onde a gente de bem pede que se aparte à gente de mal (ou seja às pobres); nom inhoramos na sua teima de alonjar esses espaços de toda proximidade humana e de dispersar às presas longe das suas gentes; assim como conhecemos de torturas, maus trratos, violaçons e outras vejaçons que, impunemente, propinam os corpos represivos e comprobamos a cotio o mal fário que se gastam estes "corpos" ante qualquer manifestaçom solidária na que se denúnciam tudo isto.

Com tudo isso aos nossos lombos e sabedoras de que "as forças da orde" nom nos iam faciltar a comunicaçom oral e vissual com as presas, mais dum cento de solidárias, num dia frio e chuvoso, percorremos a distância entre a gasolineira ponto de partida entre berros de denúncia da própria existência dos cárceres e das torturas que sofrem lá as pessoas encirradas "escoltadas" pola guardia civil que em tudo momento estiverom marcando os límites de por onde podiamos ir (sem sobre-passar um carril) e ameaças de sançom, às pessoas que solicitaram permiso para a Marcha, se nom se cumpriam as suas caprichosas ordes.

Assim chegamos fronte a cadeia de Teixeiro e já vissiuabilizavam-se algumhas presas tra-las enreixadas ventás do módulo de mulheres, co galho de fazer-se ouvir e de que presos e presas que nom tenhem acesso vissual souberam da nossa presência solidária que vimos repetindo em torno a estas datas desde há 13 anos, houvo lançamento de petardos e foguetes de feira, que ve-se que nas festas está bem tira-los mesmo a horas de madrugada, mas num espácio amplo e num dia de chuva ve-se que, a entender da guardia civil, é um ato sançonável e duas pessoas foram identificadas e ao berro de "se nos tocam a umha, tocam-nos a todas" e logrou-se num tumulto que as identificaçons cessaram. Entanto a reacçom das presas ao ouvir os artefactos de festa foi imediata e de todas as janelas jurdiam braços saudando com trapos ou roupa e vozes que o vento trazia cara nós. Depois soubemos que os foguetes tiveram o resultado aguardado e presos e presas souberam que um ano mais as anarquistas e outras solidárias estiveramos lá. O primeiro objectivo foi acadado, agora. um ano mais, ficaremos à espera de sançons pola terrível falta de ser solidárias e denúnciar a realidade dos centros de extermínio da democracia espanhola.

O dia anti-represivo continuou com um jantar na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" e nunca até este sábado se vira passar um carro da polícia por essa rua, e foi um incensante passeio de carros policiais.

Depois e tal como estava convocada celebrou-se umha manifestaçom polas ruas de Compostela para vissibilizar a realidade carcerária a essa povoaçom que nom quere ver, nom quere ouvir, nom quere saber dessa realidade mais lá do que lhe mintem os medios oficiosos. É de sinalar a presência dumha faixa portada por familiares de Antonio Pallas. Queremos saber como morreu Toni!!. Ante a intensa presência policial mudou-se o lugar de saída, mas pouco depois já tinhamos a polícia seguindo os nossos passos até a praça do Obradoiro onde fomos recebedas de fronte por outra morea de anti-distúrbios que nos encirrarom obrigándo-nos a nos identificar ao que se acedeu baixo o compromiso de nom ser sançonadas se nom havia disturbios e "oferecendo-se a acompanhar-nos" até o remate da manifestaçom. Depois dum tempo interminável no que pesse a isso os cánticos nom minguarom pesse a estar retidas entanto identificavam as mais de 70 pessoas lá sequestradas em plena praça do Obradoiro, moi vazia a essas horas dum dia chuvoso, fumos dirigidas polas ruas até O Toral, sem que em nengum momento permitiram a ninguém abandonar a manifa nem sequer para mejar.

Chegadas à praça o encirro permaneceu mesmo depois de ter lido os manifestos e houvo umha rifa quando umha moça que se saira do encerro foi arrastrada pola força outra vez para dentro entre dois polícias. De sinalar a atitude dalgumhas viandantes que, ao chamado da gente encirrada no cordom policial, optou por adentrar-se na encirrona entre aplausos de gente de fora e de dentro e de miradas de incredulidade de passeantes que nom entendiam tal escesso policial nem a brutalidade empregada contra a moça. Pouco depois a polícia indicou que o acordo estabelecido era rematar na Alameda e marchar sem algaradas, e lá foi a excursom nom programada até a estátua das duas Marias, estas duas irmás da família Fandinho com 3 irmaos anarquistas, um de-les assassinado e os outros fugidos e depois apresados polos franquistas, e que pese ao concello trata-as como monicreques, som todo um símbolo da repressom e da tortura. Aprópriado final nom buscado.

Já de noite e no CSO A Casa do Vento, também com carros policiais e indisimulados "secretas" nos arredores, houvo concerto de Bitxo Bola como remate desta jornada solidária e de denúncia.

O ano que vem, senom antes, voltaremos !!

Nom nos vam calar !!


Asdo Edu
Leer más...

11 ene 2013

Mañá día anticarcerario: Marcha a Teixeiro, mani en Compos e concerto solidario

Recordamos aquí as convocatorias anticarcerarias previstas para mañá día 12 de xaneiro, que vén completito de actividade solidaria e antirrepresiva:
As 12:30 na gasolineira pasado o polígono de Teixeiro (N634 Km663) XII Marcha a prisión de Teixeiro. Con saídas en carros particulares ás 10.30 a.m. na parte de abaixo da estación de autobuses de Compostela e as 10 a.m. no C.S.O.A. Palavea de Coruña. Aínda que non teñas coche ti ven que xa nos apañaremos. A mani comunicouse oportunamente aos organos (im)pertinentes para evitar as tradicionais sancións doutros anos.
Despois dun xantador popular na biblioteca anarquista A Ghavilla (Rúa Ponte da raiña nº8) de Santiago de Compostela:
Manifestación ás 18:00h na praza do Toral de Compostela "Os ricos fanse máis ricos mentras os pobres van presos".
Completa o día unconcerto de BitxoBola e unha cafeta antirepresiva (con pintxos e bocatas para repoñer forzas) no C.S.O. Casa do Vento (Rueiro de Figueirinhas nº15) ás 21:00.

Noutra orde de cousas, aínda que sen saírnos do eido antirrepresivo, o organismom popular antirrepresivo CEIVAR tamén convoca para ese mesmo día unha marcha pola liberdae dos presos independentistas galegos. Máis info na sua páxina aquí.

Voltando as convocatorias netamente anticarcerarias o calendario fica como segue:
sabado 12
12:00marxa a teixeiro
despois comedor na ghavilla
18:00 concentracion no toural
21:00 aktuacion do bixobola e kafeta propresxs na casa do vento

Colado por C.R. facendo un refrito de vellas e novas informacións chegadas ao noso correo ou atopadas na web.
Leer más...

9 ene 2013

12 de xaneiro XIII Marcha a prisión de Teixeiro

Pois si, para os que xa pensabades que este ano non habería a xa tradicional marcha ao cárcere de Teixeiro, aquí tedes o cartaz para asegurarvos de que os bos costumes nunca se perden. Pode que un pouco tarde en comparación con outros anos pero os presos non quedarán sen a súa habitual porción de solidariedade natalicia.

Comunicada oportunamente ás autoridades (im)pertinentes para evitar as non menos tradicionais sancións, a marcha partirá o sábado 12 de xaneiro ás 12:30h da gasolineira pasado o polígono de Teixeiro (N634 Km663), para percorrer a pé a distancia que a separa do presidio e achegarlles aos reclusos os nosos máis sentidos berros solidarios.

Esa mesma tarde às 18,00 en Compostela haberá unha Manifestación que partirá da praza do Toral en Compostela baixo a lenda "Os ricos fanse máis ricos, mentras os pobres van presos". Neste enlace tedes acceso a un panfleto repartido polas ruas de Compos

De momento sabemos de duas saídas programadas para achegarse a Teixeiro:

Na Coruña as 10:00h na okupa C.S.O.A. Palavea (Rúa Río Quintas nº31, na N550 xunto a discoteca OH Coruña), para organizarnos entre os coches que teñamos e ir para Teixeiro.

En Compostela saida as 10:30' na parte de abaixo da estación de autobuses tambén co gallo de organizarse e repartirse entre os coches e sair para Teixeiro.

Redactado por C.R. con información recibida de primeira man.
Leer más...

7 ene 2013

Carcereiros de Teixeiro denunciados por torturas

A menos dunha semana da XIII Marcha á prisión de Teixeiro (máis información aquí), e para resaltar a importancia de acudir a tan solidaria protesta, reproducimos a seguinte noticia aparecida na páxina de ESCULCA (orixinal aquí) sobre unha salvaxe malleira propinada fai pouco máis dun ano a un interno de tan infame penal. A consecuencia da mesma os carcereiros rompéronlle ao preso dúas costelas e, debido á posterior falta de asistencia sanitaria e á reiterada e criminal neglixencia do servizo médico carcerario, tivéronlle que extirpar o bazo.

Aquí deixámosvos a noticia tal como apareceu na referida páxina:


O 17 de dezembro do pasado ano, A.P.R., actualmente interno na Lama, apresentou denúncia contra vários funcionários do cárcere de Teixeiro por torturas e falta de assistência médica adequada. A violência da agressom de que foi vítima provocou-lhe umha hemorrágia interna, a fratura de dous arcos costais e a rotura do baço, que tivo de ser extirpado.



Os feitos

Segundo o relato do denunciante, A.P.R., os feitos objecto da denúncia teriam acontecido o passado 26 de maio a raiz dum incidente no comedor do penal, quando A.P.R. manifestou a um seu irmao (Al.P.R.), também interno, a sua irritaçom por lhe terem roubado um maço de tabaco que guardava na cela.

Ao ouvirem as vozes iradas do denunciante, três funcionários do centro acodem ao comedor e conduzem os dous irmaos à chamada zona de segurança, situada entre os módulos 11 e 12 e controlada por cámara. Desde ali, e já com luvas de coiro nas maos, os três funcionários transladam o irmao do denunciante (Al.P.R.) ao gabinete dos educadores, um local oculto ao olhar de terceiros, e umha vez dentro propinham-lhe bofetadas e pancadas em cara e cabeça que lhe provocam umha hemorrágia no ouvido.

Despois vam procurar o denunciante e, assim que este entra no gabinete, um dos funcionários -alinhado em semicírculo com os companheiros- pergunta-lhe onde está a droga. Quando o denunciante mostra o seu estupor por o incidente nom ter relaçom algumha com drogas, o funcionário propina-lhe umha bofetada e umha punhada na cara que lhe parte um colmilho e lhe produz umha hemorragia.

Ao responder o denunciante à agressom, três funcionários lançam-se sobre ele e propinam-lhe inumeráveis pancadas, sobretodo pontapés, enquanto proferem insultos. Despois colocam-lhe as algemas e esticam-lhe os braços com força sem deixarem de o espancar e insultar. Empurrado a pontapés e obrigado a lavar o sangue das feridas, é finalmente apresentado à médica de guarda, que procede a examiná-lo e emite um parte em que manifesta nom apreciar lesons.

Continuam as agressons

A seguir é transladado ao módulo de ingressos. Ali três funcionários, com conhecimento do chefe de serviços, introduzem-no numha dependência onde nom podem ser vistos por terceiros e, provistos de luvas de couro, espancam e deitam no chao o denunciante imovilizando-o de bruços o agarrando-o por braços e pernas enquanto um deles se senta sobre os seus muslos e começa a dar-lhe punhadas na zona lumbar durante vários minutos. Tal é o assanhamento com que malha que fratura o 5º dedo da sua própria mao direita.

Posteriormente ingressam o denunciante numha cela em isolamento provisório. Devido às dores que sente, pede reiteradamente ser atendido medicamente o que nom lhe é concedido até meia tarde, quando por fim é examinado pela mesma médica que o assistira anteriormente, que aprecia contusons na zona costal esquerda e no joelho esquerdo polo que emite um parte de lesons e injecta um calmante para aliviar a dor, assinalando que deve proceder-se à observaçom posterior.

O dia seguinte

No dia seguinte, domingo 27 de maio, o chefe de serviços, acompanhado doutro funcionário, vai à cela onde está o denunciante e entre os dous obrigam-no a dar punhadas contra a parede.

Depois o denunciante é transladado ao módulo de isolamento e quando manifesta que quer ler a notificacaçom antes de a assinar, um dos funcionários, que calça luvas de couro, dá-lhe uma bofetada e, umha vez que o denunciante assina, obriga-o a entrar no quarto destinado a inspecçons físicas, afastado do olhar de terceiros, onde entram também outros dous funcionários. Ordenam-lhe despir-se e quando o denunciante está tirando a roupa os funcionários começam novamente a bater nele, atiram-no ao chao e um deles lhe calca a cabeça enquanto lhe di: "isto é para que nom voltes a levantar a mao a um colega", o que lhe produz uma ferida sangrante na frente.

Posteriormente é levado a enfermaria e o médico emite parte de lesons por apreciar erosón na zona frontoparietal esquerda. Administra-lhe umha injecçom intramuscular de Voltarén e A.P.R. é conduzido ao módulo de isolamento.

Começa a semana

Na segunda-feira 28 de maio devido à grande dor que sente, o denunciante solicita assistência médica e consegue ser examinado pola facultativa, à que manifesta que crê ter várias costelas partidas e pede que lhe faga umha radiografia. Petiçom a que a médica nom acede. Depois de o examinar, limita-se a anotar na folha de evoluçom clínica a presença de dor costal esquerdo com hematoma. Também lhe administra um calmante, um antiinflamtorio e um somnífero.

Nos dias posteriores, como as dores continuam, solicita em várias ocasións ser assistido medicamente. Os facultativos consideram que padece "insónia e desassossego reactivos à sua situaçom" (anotaçom do 1 de junho), que apresenta "bom estado geral" (anotação de 8 de junho) e afirmam nom ver inconveniente para a aplicaçom do art. 10 do Regulamento Penitenciário (anotaçom de 8 de junho).

Na madrugada do 9 de junho o denunciante acorda com o abdómen inchado e mui mareado, levanta-se para ir ao quarto de banho e cai desmaiado. Despois recupera-se, chama à campainha e comunica aos funcionários que se sente mal e que desmaiara. A isto os funcionários respondem que deixe de incomodar. Pouco despois A.P.R.. volta perder o conhecimento e quando acorda constata que tem a temperatura corporal mui baixa, chama novamente polo telefone interno e os funcionários contestam que se vai arrepender como continue a incomodar.

O denunciante avisa o preso da cela do lado, um cidadao romeno, e pede-lhe que chame os funcionários, mas este nom aceita por temor às represálias. A.P.R. cai desmaiado outra vez e, ao cair, bate com o naris no chao, o que lhe produz umha hemorragia. Pouco depois volta acordar mas nom pode levantar-se, e suplica ao colega romeno que chame os funcionários porque se sente morrer. Esta vez o companheiro acede e quando acodem os funcionários cominam o denunciante a se erguer, o que este nom consegue fazer. Quando lhes mostra o sangue, os funcionários decidem por fim atendê-lo e transladam-no à enfermaria em cadeira de rodas.

Uma vez ali o médico e os funcionários consideram que se trata de uma sobredose de pastilhas, polo que o tenhem durante muito tempo com um goteiro e abrigado com cobertores para paliar o inteso frio que A.P.R. manifesta sentir. Finalmente a tensom baixa de tal modo que decidem enviá-lo ao hospital em ambulancia.

Já no hospital, o denunciante é operado de urgência para salvar-lhe a vida. As pancadas que lhe propinaram os funcionários produziram a fratura de dous arcos costais, o nº 11 e 12 posteriores esquerdos, e romperam o baço, que tem de ser extirpado porquanto apresenta vários hematomas intraparenquimatosos, o que provocara umha hemorragia interna que acumulara mais de três litros de sangue e um grande hemoperitoneo. O denunciante permanece hospitalizado até o 15 de junho.

Depois de um tempo na enfermaria da prisom, aplica-se-lhe o primeiro grau penitenciário e é transladado ao módulo de isolamento do Centro Penitenciário da Lama, onde se encontra actualmente.

Ver aqui o texto da denúncia.

Colado por C.R. dende a páxina de ESCULCA.
Leer más...

19 dic 2012

EsCULcA presenta queixa polas pésimas condicións do C.P. de Teixeiro

Se hai apenas unha semana que publicabamos neste mesmo blogue a queixa de Esculca sobre as condiçons do penal de A Lama (ler acá), agora é a quenda doutro macrocárcere galego: Teixeiro.

Asín este "Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades" ven de enviar à "Defensoría del Pueblo" e Á "Dirección do Penal" sendos escritos nos que denúncia as pésimas condicións de Teixeiro e que copiamos e colamos acá:

No cadro do seu traballo de observación nos centros penitenciarios situados na Galiza, EsCULcA comprobou recentemente graves deficiencias nas infraestruturas do de Teixeiro e serias carencias nos programas de actividades que o penal debe proporcionar ás persoas presas, o que motivou a presentación de queixas perante a dirección do centro e a Defensoría del Pueblo.

En materia de infraestruturas, as queixas recollen a preocupación do noso Observatório polo estado de absoluto abandono en que se encontran as celas que ocupan os penados clasificados en primeiro grao, réxime de vida pechado, o que supón un grave risco para a saúde e mesmo a vida destas persoas por canto –en virtude do réxime em que foron clasificadas- pasan a maior parte do tempo encerradas. A isto é preciso sumar a situación da propia galeria, con numerosas goteiras que provocan que a humidade sexa intensa e as temperaturas extremadamente baixas en inverno.

Por outra parte, o noso Observatorio ten coñecemento da inexistencia des programas de actividades para os presos clasificados en primeiro grao de tratamento, o que repercute negativamente nestas persoas que, polo seu grao de clasificación, son precisamente as que mais necesitadas están de actividades tratamentais. Segundo as nosas noticias, os propios internos solicitaron á Dirección do penal a implantación e desenvolvemento dun programa de actividades en reiteradas ocasións, e o mesmo fixeron o educador e a escola que funciona no interior, mais até agora non foi tomada medida algunha para solucionar tan grave carencia.

Tamén en materia de asistencia sanitaria, o noso observatorio recibiu numerosas queixas que igualmente se fan constar na denuncia. Moitas delas referidas aos prolongados períodos de tempo que as persoas internas deben agardar antes de seren examinadas e tratadas por especialistas en psiquiatria ou odontoloxía. Tendo en conta que estas persoas carecen doutras alternativas sanitarias, EsCULcA entende que é inadmisíbel que sexan obrigadas a esperar meses sen recibir a adecuada atención médica.

EsCULcA reclama nos seus escritos a adopción inmediata das medidas precisas para subsanar tan graves deficiencias.

Ver aqui e aqui o texto dirixido á dirección do centro.

Ver aqui e aquí o texto dirixido á Defensoría del Pueblo.
Leer más...

16 abr 2012

O xulgado falla en contra dos sancionados pola Marcha a Teixeiro de hai dous anos

Xa é oficial e irreversible, o prolongado víacrucis administrativo polo que penosamente desfilaron os solidarios que hai dous anos se manifestaron contra o cárcere de Teixeiro chegou ao seu fin. O xulgado do contencioso administrativo n.º 3 da Coruña desestima os recursos interpostos, polo que considera culpables de "desordes graves na vía pública" aos poucos manifestantes que chegaron ata o final do proceso. Xa non cabe recurso ningún e a sanción de 300,52 euros pasará a facenda, nalgún caso a este diñeiro hai que engadirlle, ademais, as costas do proceso.

Neste caso (a mani do 2009) só 12 das máis de 40 denuncias resistiron ata o fin do proceso, do mesmo xeito que as sancións polas inexistentes desordes diminuíron de 500 a 300 euros. Isto debeuse a que as identificacións na súa maioría se efectuaron en controis de estrada a varios quilómetros do lugar dos feitos (mesmo multaron algún carcereiro), polo que ao longo do proceso moitos dos sancionados se foron descolgando ata quedar só aqueles máis coñecidos para as forzas da orde.

Malia as múltiples irregularidades e á inexistencia real de graves desordes públicos, supostamente baseados no corte do tráfico, a queima dun cárcere de cartón e o lanzamento dos habituais petardos e bengalas (ao aire, non vaian vostedes a pensar..., aínda que en vistas do visto mellor tivese sido tirárllelas aos picolos á cabeza), agora a xustiza ratifica as mentiras contadas polos seus esbirros uniformados sobre a base da súa suposta "presunción de veracidade". Non esperabamos menos de tan nefasta institución criminal.
Recordamos que naquela ocasión máis de 20 rodas dos coches dos manifestantes apareceron picadas ao final do evento, polo que as sancións que agora se farán efectivas teñen un plus de asañamento e sádica aleivosía contra aqueles que ousaron solidarizarse cos represaliados do sistema. (Novas neste blog aquí e aquí)

Desgraciadamente a marcha do seguinte ano foi gravada polos picoletos, para dese modo ter un rexistro de todos os presentes e que non se lles escape ningún dos 51 sancionados que agora continúan arrastrándose pola tortuosa senda contencioso administrativa. (Nova neste blog aquí)

Na marcha do último ano, malia a legalización do evento, optaron polas multas de tráfico e pola creatividade sancionadora para non deixar impune a nosa imperdoable falta de submisión estatal e fervor democrático.(Nova neste blog aquí e aquí)

C.R.

Leer más...

4 mar 2012

...E máis multas pola Marcha a Teixeiro

Catro novas multas ós participantes da última Marcha á Prisión de Teixeiro, desta vez por "exhibir objetos peligrosos con la finalidad de causar intimidación" en alusión a dúas bandeiras incautadas que, evidentemente, ninguén empregou de xeito intimidatorio.
Pese a que este ano legalizouse a concentración diante do talego, para tentar evitar as multitudinarias sancións dos anos anteriores (máis de 17.000 euros no total das do 2011), iso non impediulles ós picoletos poñer absurdas multas de tráfico ós coches dalgúns dos participantes. Agora chegan estas catro sancións de 150 euros pola manifestación (non comunicada) en Coruña que seguiu á concentración diante de Teixeiro. É curioso que na descripción dos feitos do expediente sancionador falen da lonxitude e grosor dos paos mais non digan en ningún momento que servían para soster bandeiras, dando a entender que os manifestantes blandían paos sen máis intención ca de ameazar ós viandantes. Neste senso o escrito reza:"...presentándose en el lugar diversos jóvenes que portaban palos de un diámetro considerable y de una longitud aproximada de metro y medio, cutters, etc..." sen considerar preciso darlle ó asunto máis explicacións.
A verdade e que non cremos que a cousa fique aquí e é de supor que no sucesivo cheguen novas multas coas máis inverosímiles das xustificacións.
Todo isto forma parte do que semella un pulso que as institucións sosteñen contra os participantes desta incombustible convocatoria que xa leva 12 edicións, pois aparte das sancións contra TODOS os manifestantes da convocatoria anterior e contra a maioría dos que acudiron á anterior a esa, na 10ª Marcha pincharon as rodas dos coches de case todos os participantes.

Máis información neste blog:
-das multas de tráfico, aquí.
-das multas da 11ªMarcha, aquí.
-das multas da 10ªMarcha, aquí.

Leer más...

28 ene 2012

¡E outro ano máis! Chegan as multas pola última Marcha a Teixeiro

Hai tradicións que nunca se perden. Cando chega o nadal non só o turrón volta ó fogar, tamén voltan as multas da marcha á prisión de Teixeiro. Os simpáticos picoletos, tan entrañables coma unha lobotomía sen anestesia, xunto co seu “capo” o delegado do goberno, sempre nos alegran o nadal cunha boa ristra de multas para todos aqueles que osamos cometer a terrible impertinencia de solidarizarnos coas persoas presas.

Mira que este ano puxémosllo difícil, pois desta vez todo foi conforme á lexislación e a normativa establecida: comunicamola a tempo á subdelegación do goberno, non prendemos antorchas nen bengalas, non tiramos ningún petardo (dende dentro da manifestación, porque uns completos descoñecidos sí que lanzaron foguetes por sitios aledaños, ¡mal! anónimos descoñecidos ¡Moi mal!), non interrumpimos o tráfico nin camiñamos de noite pola calzada… aínda así os simpáticos beneméritos atoparon o xeito de calzarnos a todos esa sempiterna “receta” sen a cual as marchas a Teixeiro xa non serían o mesmo. ¿Cómo? vos preguntaredes, pois moi sinxelo ¡con multas de tráfico!

Pois sí queridos lectores, cando o código penal quedase corto o código de circulación é a solución: 80 pavos de ala por “estacionar el vehículo dentro de la parte transitable del arcén en vía interurbana”. Toma Jeroma! Non son os trescentos napos ós que nos tiñan acostumados, pero, dende logo, hai que recoñecerlles a súa capacidade para a sanción creativa. Claro, coma algún dos coches non estaban completamente metidos nos toxos e parte dalgunha roda pisaba algún centímetro de arcen ¡pois multas pa todos!

O ano anterior foron 60 multas por desordes graves, o anterior a ese sumáronse ás multas os pinchazos de máis de 20 rodas dos coches dos asistentes, un ano atrás, aínda que poucas, tamén caeron recetas… ¡acaso pensábamos nós que por un “quitamealláesaspajas” como legalizar o evento íamos ficar de rositas! Infelices, si é que as veces de tanto escoitar o discurso dos indignados case nos cremos iso da democracia. Menos mal que están os beneméritos, xunto cos seus cabecillas os políticos, para poñer as cousas no seu sitio. Aquí as legalizacións pásanas polo forro do tricornio. Os que están na cadea algo farían e se queres protestar pois en vez de a “Kas Laranxa” votas a “Kas Limón”.

O máis curioso de todo é que cando aparcábamos os coches a ningún dos numerosísimos “picolos” que alí se atopaban se lle ocorreu advertirnos de que infrinxíamos norma algunha, nin sequera cando algún compañeiro preguntoulles ó respecto; tampouco sancionaron alí a ninguén, nin nos fixéron firmar nada, nin colocaron papel algún nos parabrisas; nin sequera pasou ningún garda anotando as matrículas (pois as deberon de sacar das grabacións); así que, polo que se ve, a ocurrencia debeulles vir máis tarde ¿falando co delegado do goberno, quizáis?

Gustaríame saber a cantos paisanos con terreos pola zona, a cantos cazadores ou senderistas multaron estes xusticieiros enmascarados (pois moitos levaban a braga tapándolles a cara) por similares infraccións. Imaxino que a astronómica cifra ascenderá a entre cero e ningún.

O peor de todo é que non podemos asegurar que a cousa fique aquí, polo que nós sabemos aínda poderían chegar outras sancións polas máis variadas acusacións (¿exceder os decibelios co megáfono? ¿levar cans sen correa?¿tirar colillas ó chan?) os senderos da benemérita son inescrutables e nunca podes subestimar o poder da mala leche.

Pero temos que estar agradecidos, pois os desvelos que estes suxeitos tómanse para facernos dano é proba do odio que nos teñen; odio do que espero sempre sexamos acreedores pois o levamos coma unha medalla, sacando peito e coa cabeza ben alta, porque así estamos seguros de que algo estamos facendo ben.

Así que moitas grazas, desgraciados, por amosarnos unha vez máis a razón pola que loitamos, estade seguros de que atoparemos o xeito de devolvervos o cumprimento.

C.R.

Máis info sobre a Marcha a Teixeiro neste blog: aquí,aquí ,aquí e aquí.

Se queredes saber máis acerca das multas- aquí e aquí.


Leer más...

23 dic 2011

Crónica da XII Marcha á prisión de Teixeiro e posterior manifestación na Coruña

O pasado sábado 17, ó redor de oitenta solidarixs enfrontamos o frío navideño para participar na tradicional Marcha á Cadea de Teixeiro que, coma todo-los anos dende hai xa unha ducia, celebramos contra vento e marea (ou máis ben contra multas e picoletxs) no sábado anterior ó nadal.
Aínda que, para seres sincerxs, nesta ocasión non foi unha "marcha", pois preferimos concentrarnos diante da porta da cadea para evitar que a carceleirxs e picoletxs lles entrase a tentación de pincharnos as rodas dos coches, coma xa sucedera hai dúas marchas (noticia neste mesmo blog aquí); así que desta volta os vehículos ficaron aparcados na cuneta, a salvo, dentro do no noso campo visual.
Nesta ocasión a protesta estivo oportunamente comunicada á subdelegación do goberno nos seus prazos correspondentes. Pese á reticencia natural dxs organizadorxs, a intención pasaba por disminui-lo risco de multitudinarias multas para todo-lxs participantes, como xa sucedera nas dúas convocatorias anteriores (aquí e aquí), asumindo xs convocantes as posibles sancións.
Os berros solidarios para cxs represaliadxs do sistema e contra a institución carcelaria e xs seus infames valedorxs fixéronse oir doutro lado dos muros, contestados polxs presxs como boamente souberon, confinados tra-los inhumanos barrotes.
Se puntualmente ás 16:00h comezou a protesta, ás 18:00 un pequeno globo aerostático fixo as veces de despedida para cxs involuntarixs habitantes do presidio. Raudxs collemo-los coches para chegar a tempo a outra cita antirrepresiva do día: a manifestación convocada ás 20:00 no obelisco da Coruña.
Entre as identificacións e a presión constante das forzas de antidisturbios, cen por cen volcadas en amolar xs solidarixs, a manifestación partiu cedo (apenas serían ás 20:30) do seu ponto de convocatoria pola céntrica rúa real coruñesa. Alí repartíronse octavillas entre xs numerosxs usuarixs de tan sinalado centro de consumo da cidade.
A manifestación rematou axiña frente ó concello herculino, tendo coma único incidente sinalable os momentos de tensión resultantes de que uns "secretas" obligaran a un participante a borrar unha foto que lles tomaran, co conseguinte amago de carga policial.
A intención coa mani coruñesa pasaba por chama-la atención da cidadanía con respecto á campaña contra as torturas e malos tratos nas prisións que estase a desenrolar en cadeas de todo o estado. Na campaña participan máis de 60 presxs, algúns deles nas prisións galegas, por medio de xexúns e "chapeos" periódicos e envíos de instancias (máis información neste mesmo blog sobre a campaña, tanto dentro como fora, aquí, aquí e aquí).
C.R.

Imaxes da manifestación en A Coruña recibidas no noso correo:













Podedes atopar outra crónica da marcha na Web Galizalivre.org (aquí)


Leer más...

16 dic 2011

XII Marcha a prisión de Teixeiro e Manifestación na Coruña


O vindeiro sábado 17 de decembro, como tódolos anos no sábado anterior a navidad, realizarase a tradicional marcha ó cárcere de Teixeiro. Este ano, como novidade, marcharemos máis tarde polas rúas da Coruña para que, a maiores de amosar a nosa solidariedade as persoas presas, poidamos achegar á cidadanía a cruda realidade do sistema carcelario, agochada polo estado da mirada da opinión pública.
A quedada en Teixeiro será as 16:00 no aparcamento da prisión, con moita puntualuidade pois as 20:00 comezará a manifestación en A Coruña, con saída do Obelisco.
É interesante sinalar, dada a represión sufrida en anos anteriores, que a concentración na cadea foi comunicada á subdelegación do governo e que non esperamos consecuencias legais, aínda que os camiños da "benemerita", como ben sabedes, son inescrutables. De tódolos xeitos é convinte permanecer atentos pois calquera posible novidade comunicarémola oportunamente.
Traete cousas pra facer ruido, todo o teu cariño para cos represaliados do sistema e toda a túa raiba contra o sistema carcelario.

Abaixo os muros de tódalas cadeas!!!!!!!!!

Información chegada ó noso correo.

Leer más...

14 dic 2011

Proxección DVD "Torturadxs" e Ceador Vegano na "Ghavilla" ( Compostela )


Como iniciativa da Biblioteca Anarquista de Compostela "A Ghavilla" enmarcada en dar suceso à vindoura Marcha a Teixeiro do sábado 17, na denuncia anual da existencia dos cárceres e demais centros de exterminio, este xoves, 15 de decembro, proxectaremos no noso local o DVD "Torturadxs", unha denuncia contra a tortura policial no Estado español e, en concreto, unha denuncia do caso de Sergio L.D., quen na manifestación antiglobalización contra a Cimeira Europea de marzo de 2002 en Barcelona, foi reducido por 4 policías da Brigada de Información da Policía Nacional e torturado tanto física como psicolóxicamente durante o seu traslado à comisaría de "La Verneda".
Transcurridos 8 anos, a situación segue a ser preocupante. Actualmente ten suspendida a condea e a entrada en prisión, agardando obter o veredicto do Indulto.

E despois, como non, o noso habitual CEADOR VEGANO dos xoves para autoxestionar a biblioteca.
Leer más...

13 dic 2011

Palestra contra a tortura e os malos tratos en prisión (A Coruña)


Este xoves 15 de decembro, no C.S.O. Palavea da Coruña (Rua Rio Quintas 31, na N-525 preto do Alcampo), terá lugar unha palestra de presentación da campaña contra a tortura e os malos tratos nas prisións a cargo dunha compañeira do grupo de apoio de Compostela. Ó remate da palestra haberá ceador vegano, os beneficios destinaranse íntegramente ós gatos da campaña.
A xornada pretende ser un reclamo para a XII Marcha a prisión de Teixeiro do vindeiro sábado 17 as 16:00 fronte a citada cadea e para a manifestación que ese mesmo día ás 20:00 sairá da praza do Obelisco e percorrerá as rúas coruñesas.

Nova no blog do C.S.O. Palavea -Aquí
Leer más...