O sábado 19 de decembro arredor de 200 persoas reuníronse para facer un ano máis a marcha ao cárcere de Teixeiro.
Durante as primeiras horas a marcha transcurriu con normalidade. Queimáronse un cárcere de cartón e madeira, unhas letras nas que se podía ler "libre", aparte das habituais bengalas de cores e antorchas.
Unha boa nota douna un globo cunha A circulada que sobrevoou os muros deste centro de exterminio onde fai menos de dúas semanas morreron dúas persoas en tres días.
Con tanto trasiego concidiu o cambio de turno polo que os carceleiros atopáronse coa sorpresa cando saíron ás 21.00h. A xente cuspíalles e berráballes, e a guardia civil non se atrevía a intervir. Normal, xa saberían que algúns deses asasinos andaban a pinchar as rodas de máis de vinte carros que estaban aparcados na gasolineira.
Ao final estivemos xuntos ata que chegou a última grúa sobre as 12 da noite.
O que está claro é que isto non pode quedar así.
Cda vez somos máis as que estamos dispostas a acabar co silencio.
E cada vez máis as cabreadas.
22 dic 2009
Crónica da marcha a Teixeiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario