29 nov 2013

Sobre o desafiuzamento de Elisabeth (Coruña)

Bastante temos escrito, mesmo neste blogue, sobre o desafiuzamento de Elisabeth Sanles hai un par de días no barrio coruñés do Castrillón. Aparentemente un feito sen importancia nunha cidade onde se producen dous desafiuzamentos ao día, pero que cobra relevancia pola resistencia popular que non só conseguiu frustralo no primeiro intento, se non que case o conseguiu nunha segunda ocasión e permitiu, polo menos, volver poñer na palestra a eiva social resultante do sistema capitalista. Non é un feito propiamente anarquista (ainda que varios anarquistas participasen moi activamente da resistencia) pero sí utilizou a Acción Directa, o asamblearismo e a desobediencia premeditada da lexislación e dos mandatos xudiciais como medios de actuación. E é por todo iso que queremos adicarlle unhas poucas liñas máis ao xa dito ata agora.

Por iso e porque este non é o típico caso de persoa hipotecada, atrapada nas cobizosas poutas das sucursais bancarias,se non simplemente unha muller sen traballo que xa non puido pagar o aluguer. Aquí non se cuestiona a lexitimidade da banca para impoñer abusivas cláusulas hipotecarias, nin se pide a dación en pagamento como remendo da inxustiza social, se non que se aborda o dereito mesmo á vivenda máis aló de se se pode ou non se pode pagar.

Primeiro un repaso dos sucesos visto dende o activismo de pé de rúa e non dende os medios comerciais:

Tras do frustrado primeiro intento de desafiuzar a Elisabeth hai xa máis dun mes, as autoridades xudiciais aseguraran aos avogados da plataforma Stop Desafiuzamentos que notificarían oportunamente a seguinte data de lanzamento. Esta notificación produciuse o pasado martes pola tarde, menos de doce horas antes da hora fixada, as 10 a.m do día seguinte. Ás sete da mañá unha furgoneta camuflada descargaba en marcha un tropel de antidisturbios que tomaban sen complicacións o portal do edificio sen que os poucos activistas alí apostados apenas puidesen reaccionar.

Non tiveron tanta sorte coa porta da casa, onde unha eficaz barricada os mantivo ocupados durante horas, incapaces de facela ceder ata que o olor de metal quente producido por numerosos discos de radial queimados inundaron as rúas de todo o barrio.

A demora permitiu que media centena de solidarios se concentrasen ante os valos cos que un centenar de policías acordoaron a rúa. Máis de dez furgóns policiais ocupaban o longo enteiro da rúa Antonio Noche, nunha imaxe tan desproporcionada que debería encher de orgullo aos anti desafiuzamentos coruñeses (tan pouca cousa en realidade e tan perigosos a ollos do poder). Elisabeth e Ainoa, a súa sobriña, encadéanse entre dúas ventás da que aínda é a súa vivenda. Mentres que os solidarios, dende o piso e dende a rúa, corean consignas de resistencia, apoiados por algúns veciños que berran dende as súas respectivas ventás.

Media hora antes do momento fixado xudicialmente para o desafiuzamento, as hostes policíacas entran en tropel a través dos restos da porta esnaquizada e, pouco máis tarde, conseguen cortar as cadeas que unían a Elisabeth coa súa sobriña. Non sen escatimar en sufrimentos para as dúas resistentes no seu intento de evitar o tubo de PVC que protexe a cadea.

Os cinco activistas de Stop Desafiuzamentos que se encontraban no piso e a sobriña de Elisabeth son detidos e conducido esposados a comisaría. O trato en dependencias policiais, de tan correcto, sorprende os detidos, afeitos aos desmandos dos esbirros do poder e tratados agora con inusitada cortesía. Malia que foron apresados baixo o cargo de "resistencia a un mandato xudicial", son liberados ás poucas horas cos máis leves cargos de "desordenes públicos".

Elisabeth, pola súa banda, é conducida a un refuxio cristián, onde o concello pretende internala durante un tempo (logo, cando a cousa sexa menos mediática, xa a poderán botala oportunamente á rúa). Malia as presións, pois é ameazada con que se se vai "cos okupas" lle quitarán aos seus fillos, ela négase; pois non quere verse sometida a unha disciplina de colexio nunha institución privada dependente da igrexa, con horas de saída e de chegada e a consecuente infantilización que iso leva consigo.

Así que finalmente Elisabeth se vai "cos okupas" ao C.S.O. Palavea. E non porque ela sexa unha anti-sistema, nin moito menos, se non porque tras meses pedindo solución en todas as institucións estatais para o seu caso (unha solución que lle permita ser autónoma e conservar aos seus fillos), tras loitar incansablemente cos Servizos Sociais para que poñan remedio á situación de desamparao que ata o xuíz recoñece; tras todo iso e moito máis, son unicamente os "anti-sistema" os que poñen unha solución efectiva, por moi ilegal que sexa, aos problemas estruturais dos que ela é vítima. Aínda que de forma transitoria e ata conseguirlle un fogar mellor, son os okupas o último refuxio dos oprimidos ante a criminal indiferenza do poder.

Seguramente isto dea argumentos a aqueles que agora a critican inundando as redes sociais con mentiras e medias verdades sobre a súa situación persoal. Á fin e ao cabo moita xente goza sendo xuíz das vidas axenas: se os dereitos do propietario, se é boa ou mala persoa, se merece ou non axuda. Pero a crua realidade é que ninguén merece durmir na rúa nin perder aos seus fillos. E aquí nunca tratouse de que Elisabeth quedase nesta casa para sempre, se non de conseguirlle unha solución aos seus problemas (que, desenganemonos, non son persoais se non sociais) e de buscarlle un fogar onde poder vivir xunto coa súa familia. Ao final, como sempre, as precarias solucións nunca veñen das institucións e as suas legalidades, se non moi ao seu pesar e a través do pobo autoorganizado.

A falta dunha solución mellor, que podedes estar seguros que acabaremos atopando, Elisabeth polo menos durme libre e quente nunha casa do seu agrado. Aínda que, curiosamente, sobre ela xa pende a inmisericorde espada do poder. Como no conto dos tres porquiños, da casa de palla pasou a refuxiarse na de madeira. Agora falta construír entre todxs a de pedra, para poder poñernos a salvo dos voraces dentes do capitalismo feroz.

C.R.
Leer más...

28 nov 2013

[Madrid] Detención de 17 estudantes por acto do 20 N na Complutense. Concentracións solidarias

Colamos, traducido, de AlasBarricadas

Un novo golpe do Estado

Esta mañá as forzas represivas do Estado secuestraron a varios/ás compañeiros/ás vinculados a diferentes movementos sociais e políticos, entre eles dúas compañeres de Juventudes Libertarias de Madrid (FIJL) e de CNT-AIT relacionándoos con distintos feitos, entre eles os acaecidos o 20 N que tan eficazmente os medios se esforzaron en difundir e terxiversar. Nos últimos días, tamén houbo detencións en Sevilla pola manifestación en repulsa dun acto da organización fascista Respuesta Estudantil. Como vemos, o Estado péchase sobre si mesmo para defenderse e defender ao seu brazo máis radical, o fascismo, ese do que renegan para lavar a cara pero logo defenden demostrando unha vez máis que democracia e fascismo son só dúas caras dunha mesma orde autoritaria.

Non nos estraña este golpe represivo: sabemos quen son os nosos inimigos e non son entes abstractos, son persoas con nomes e apelidos. Os políticos que lexislan para controlar cada minuto da nosa vida e para rebentar calquera forma de loita con tal de manter este sistema xerárquico, delegacionista e autoritario; a policía que nos secuestra, encerra e tortura; os diferentes medios de des-información que nos criminalizan, que xeran unha opinión pública inmobilista, difundindo o medo mediante unha linguaxe sensacionalista e a manipulación e a terxiversación máis manifesta. Son aqueles aos que sinalamos e contra os que loitamos día a día, os que sustentan o sistema que queremos destruír.

O obxectivo deste golpe represivo é claramente desmolibizar, rematar con calquera forma de loita, sementar a desconfianza e o medo entre nós. Non nos sorprende en absoluto, non esperamos nada do Estado nin llo pediremos: como sempre, mediante a Acción Directa tomaremos o que é noso. Anarquistas agora e sempre, só fan que nos reafirmemos no noso ideal, que loitemos con máis rabia e con máis corazón por cada opresión á que nos someten, por cada compañeiro ao que secuestraron e maltratan. A solidariedade é un dos nosos piares aos que non pretendemos renunciar, é a base da nosa futura sociedade igualitaria e horizontal e por iso non nos amedrentaremos ante a súa represión. Pretenden acabar con nós dando un golpe de forza, pretendendo dar unha lección exemplar para demostrar que aplicarán a nova lei (que se aproba mañá, que casualidade!)con man de ferro, pero como sempre os nosos golpes serán máis fortes, e faremos uso dunha das armas máis valiosas que temos como oprimides e loitadores: a solidariedade.

LIBERADE DETIDXS POR LOITAR!!

Cristina Cifuentes publica na súa conta de Twitter: "Aos detidos impútanselles lesións, danos e delitos contra o exercicio de dereitos fundamentais e liberdades, con agravante de odio".

A campaña de solidariedade pódese seguir polo Hashtag #CazaDeBrujas, dende a cal se fala de 17 detidos.

Concentracións en solidariedade (polo momento)
:

Madrid: Xoves ás 19:00h en Moratalaz

Salamanca: Sábado ás 18:30h fronte á Praza da Constitución

Iremos actualizando a información segundo se vaia sabendo máis
Leer más...

Cartografia da videovixilancia no centro historico de Compostela

ZTC (Zona Temporalmente Controlada) é un proxecto sobre a videovixilancia coma dispositivo de control e coma forma de comunicación expandida que forma parte dunha intervención que convertirá o espazo cultural Zona “C” nunha Zona Temporalmente Controlada, expandida globalmente a través das redes telemáticas, e localmente mediante a visibilización da vixilancia nas rutas urbanas que conectan o espazo con o resto do centro histórico de Santiago de Compostela.

Na sua web, os autores, veñen de fazer público un documento que recolle todas as cámaras de videovixilancia desperdigadas polo casco vello de Compostela e mais unha guía de métodos de inhabilitación dos sistemas de videovixilancia xunto a información das posibles consecuencias legais e varios interesantes artigos de opinión.

Todo elo en formato pdf ao que podedes aceder neste enlace da sua web e que é o resultado dese proxecto cultural, do que os seus autores recalcan que: "A publicación deste documento ten unha finalidade exclusivamente investigadora, polo que os seus autores non nos responsabilizamos do uso que fagan outras persoas de calquera dos seus contidos. Se difundimos esta información é unicamnete porque nos parece cultural e politicamente relevante"
Leer más...

Un preso andaluz demanda ao goberno español ante as Nacións Unidas por cobrarlle a súa comida en prisón

A historia ven de lonxe, e é moi probable que vos soe esta rocambolesca historia, que comenza cando este preso en 2006 enfrontouse ao feito de que lle cobraran a alimentación no cárcere ao descontarlle o seu valor da súa pensión non contributiva, e que tras as diversas sentencias de tribunais españois, rematau, de momento, con a sentencia publicada no BOE o día 28 de novembre de 2012 do Tribunal Constitucional validando a sentencia do pleno do Tribunal Supremo, en setembro de 2010, que considerara legal a decisión de pagar pola manutención, con o posicionamento favorable de 7 maxistrados frente a 6.

Agora este preso ven de interpoñer, o pasado 6 de novembro, demanda ante o Comité de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais de Nacións Unidas, recorrendo a decisión dos tribunais españois; en concreto, a sentenza do Constitucional que considerou que o feito de que os presos enfermos ou anciáns e sen recursos paguen por comer en prisión, non viola os dereitos fundamentais.

A Asociación Pro Dereitos Humanos de Andalucía (APDHA) está a representar e a acompañar xuridicamente a este preso dende o ano 2006, ao igual que fixera cun número importante de presos que se enfrontaron ao mesmo desconto. Como consecuencia diso, algúns Xulgados do Social andaluces declararan ilegal o cobramento da alimentación aos presos pensionistas, perceptores dunha prestación non contributiva (por carecer de renda e ademais padecer minusvalidez superior ao 65% ou ter máis de 65 anos), a través do seu desconto na pensión.

O preso que agora recorre obtivera tambén unha sentenza favorable do Xulgado do Social Número Catro de Córdoba en 2007, que declarara improcedente o desconto. Mais a devandita sentenza fora revogada en 2009 polo Tribunal Superior de Xustiza de Sevilla ao ditar sentenza o 29 de setembro de 2010, na que considerava legal a decisión de pagar pola manutención, tras un debate disputado no que, como dixemos, se impuxeron na votación sete maxistrados fronte a seis. Estes seis emitiran un voto particular razoando por que consideraban ilegal o devandito cobramento. Curiosamente o mesmo Ministerio Fiscal tamén considerara a práctica contraria aos dereitos fundamentais.

Valentín Aguilar, coordinador da área de cárceres da APDHA, explicou que a tese vencedora dos maxistrados do Tribunal Supremo consideraba que a alimentación en prisión era unha prestación -un ingreso- e, polo tanto, descontable o seu importe da prestación non contributiva. Nas prestacións non contributivas descóntanse os ingresos que poida ter o pensionista.

A opinión vencida, compartida polo Ministerio Fiscal, o preso e o Xulgado do Social, consideraba a alimentación como parte do servizo público e, conseguintemente, un deber da prisión, polo que non debía pagarse.

Segundo Valentín Aguilar, "o Tribunal Constitucional, en Sentenza publicada o día 28 de novembro de 2012 no BOE, entendeu que, malia descontarse da prestación a comida, iso non permite afirmar que se cobra a manutención aos presos, afirmación que resulta estraña a calquera lóxica humana ou xurídica, en que as cousas son o que son e non o que queiramos dicir que son".

O Constitucional concluíu que non existía proba dun trato desigual do pensionista preso respecto ao que se encontra en liberdade. Na súa opinión, non queda acreditado que un pensionista libre, ao acudir a unha institución pública como un hospital, ou a unha entidade benéfica para obter comida (comedor social, entidade para persoas sen fogar...), non se lle desconte o prezo desta da súa prestación. "Este razoamento resulta tan absurdo como diabólico, porque non é necesario dotar de proba ao que é obvio, que é que ningunha entidade comunica á Administración quen comeu e en que sitio para descontarlle a súa prestación. O propio Supremo, na súa Sentenza anterior, afirmaba que a comida no hospital non era obxecto de desconto", apuntou o coordinador da área de cárceres.

Esta sentenza tampouco atendeu ao criterio da desigualdade que supón que un preso enfermo, con minusvalía superior ao 65%, ou maior de 65 anos, e sen recursos económicos, pague pola súa comida en prisión e non o faga os presos con alta capacidade económica.

Nin tampouco entendeu que se vulneraba a igualdade en virtude de que, dependendo da Comunidade Autónoma na que se cumpra a pena, o pensionista debe ou non pagar pola súa manutención. En concreto, en Andalucía dende o ano 2008, non se cobra aos presos por manutención, tras os reveses xudiciais e acollendo a recomendación do Valedor do pobo Andaluz. Polo tanto, o preso defendido pola APDHA, e outros en similar situación, ante os resultados xudiciais desfavorables, poderían nun futuro ter que pagar, se a administración andaluza se reformulase a decisión.

Os importes de manutención en 2006 valorábanse de acordo coa seguinte escala: 1) Centros de menos de 200 internos: persoa sa, 3,56 euros/día; preso novo, 4,76, e porción de enfermaría, 6,10; 2) Centros de 200 a 500 internos: persoa sa, 3,14 €/día; mozo, 4,17; enfermaría, 5,92; e 3) Centros de máis de 500 internos: sanda, 3,09; mozo, 3,10, e enfermaría, 5 euros ao día. Así pois, dábase o paradoxo de que algúns presos enfermos querían recibir a alimentación do san para pagar menos, aínda que fose contra a súa saúde. A partir do ano 2012, os prezos unificáronse en 4,15 euros ao día en centros de menos de 200 presos, 3,67 ata 500 e 3,65 euros ao día en centros de máis de 500 presos.

"En definitiva - concluíu Aguilar-, que unha persoa ao entrar en prisión verá reducido o importe da súa prestación, co que iso supón de menoscabo para a economía familiar ao seu cargo". "Ademais, esta tendencia é perigosa e pode chegar a afectar á totalidade dos pensionistas nesta ou outras situacións. Obrigar ao pagamento dunha necesidade básica, como é a alimentación, durante a privación de liberdade, abre a porta a outros casos, como pode ser ter que pagar a alimentación durante un ingreso hospitalario. Por que pagar só a comida e non tamén o "aloxamento", a asistencia relixiosa...? "
Leer más...

[A Coruña] Hoxe Xoves 28 .- Concentración ás 20.00hrs.diante da Delegación do Goberno contra o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés.

Damos pulo a esta convocatoria que nos envían dende STOP Desafiuzamentos A Coruña:


Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña queremos informarvos de que ás 20.00hrs. de mañá (por hoxe), xoves 28, terá lugar unha concentración diante da Delegación do Goberno (Praza de Ourense) para condenar o desproporcionado despregue policial empregado na mañá de hoxe (onte) para desafiuzar a Elisabeth Sanlés.

Previamente, ás 12.00hrs. da mañá, acompañaremos a Elisabeth ás dependencias de Servizos Sociais da cidade da Coruña (Av. Fernández Latorre) onde tentará entrevistarse con José Luis Quintela, director de dita área.
Leer más...

[México] Solidariedade para con Mario González García, 50 días en folga de fame.

Onte colamos acá a noticia da segunda negativa da xuíza encargada deste caso de otorgar a liberdade vixiada a Mario González, estudante activista de 21 anos, que leva xa 50 días en folga de fame.

Hoxe aprofundizamos no caso, dado o mátiz acadado polo goberno, a policía e a xustiza mexicana de deter a calqueira persoa que puidera ser sospeitosa de ir cometer delito, antes de que suceda tal coisa, acusada de “ataques á paz pública” . Esta aberrante situación sucede dende o primeiro de dezembro de 2012, en que se ven articulando un novo episodio da guerra do Estado contra a poboación, nun contexto de militarización financiado pola "Iniciativa Mérida", encuberta baixo a mentirosa “Guerra contra el Narco” iniciada no réxime de Felipe Calderón e continuada no de Enrique Peña Nieto e da que, claramente, Mario González García é vítima desta maquinaria do Estado que ten a consigna de torturar ás luitadoras sociais e criminalizar as protestas.

Redactamos esta noticia con as entradas do blogue criado na súa solidariedade (acá).

Mario González e a vontade de vivir pola Liberdade

Jorge Mario González García é un preso político do Goberno do Distrito Federal, que tivo a vontade suficiente para facer o único que pode facer un preso para loitar pola súa liberdade, inxustamente arrebatada. Dende o 8 de outubro Mario iniciou unha folga de fame. A máis de 40 días de non probar alimentos e coa información medica sobre a súa condición física esixiu respecto á súa loita, que xa é de moitos. Nin el, nin os que loitan xunto a el, claudicarán ata que se faga xustiza, é dicir, que se lle deixe en liberdade provisional para seguir co proceso xudicial iniciado -irregularmente- o 2 de outubro pasado, día en que foi aprendido pola policía ao mando do Xefe de Goberno Miguel Ángel Mancera. A súa culpabilidade aínda non foi demostrada, foi detido arbitrariamente xunto con 10 persoas máis acusadas de vir aventando petardos á xente e aos locais causando danos, non obstante non hai persoas que acusen, nin testemuñas. Para ter detido a unha persoa debe de demostrarse a culpabilidade, cousa que non se realizou; ao contrario durante estes actos el e as demais detidas foron torturadas no transcurso e durante o proceso. Se ben o resto das detidas foron postas en liberdade baixo fianza, a Mario no momento da súa liberación encarcerárono por orde da xuíza Marcela Ángeles Arrieta, por consideralo "persoa perigosa" con motivo de antecedentes igualmente falsos (xa fora preso político).

Mario ten 21 anos. Foi estudante do Colexio de Ciencias e Humanidades-Naucalpan, ata que o expulsaron as autoridades da UNAM por manifestar abertamente a súa oposición ao proxecto neoliberal que institucionalmente buscou modificar os plans e programas de estudos dos CCH, coñecido como a reforma dos 12 Puntos. Un proxecto, que non está de mais dicilo, está fundado na "filosofía" da competencia. Mario foi un estudante regular, pero os seus cuestionamentos, ademais de participar activamente para "frear cobramentos ilegais a diversos trámites e servizos, esixir dereitos académicos e manifestarse en contra da represión que se vive constantemente ao interior do criadeiro Naucalpan", non lle permitiron ao que constitucionalmente ten dereito calquera mozo: a manifestar libremente as súas ideas e a ser participe da súa educación.

En setembro Mario sumouse ao plantón na explanada da reitoría para esixir a re-inserción dos expulsados do CCH Naucaulpan e ademais, para que as autoridades universitarias desistisen das demandas penais contra eles. O único delito cometido foi, como xa o dixemos, manifestarse publicamente contra a reforma dos 12 puntos. O 28 do mesmo mes, a reitoría a través do avogado xeral Luis Raúl González Pérez, mandou un ultimato aos estudantes, subliñando que a súa acción atentaba "contra a institución e a comunidade universitaria" e era ademais violatoria do da "orde xurídica e os valores fundamentais universitarios". Con ese ton esixiulles aos manifestantes desaloxar de inmediato o espazo.

Casualmente, Mario xunto a outros compañeiros, foi detido cando se trasladaba cara á marcha do 2 de outubro. Ao saír de Cidade Universitaria, secuestráronos policías do Distrito Federal, cando viaxaban no interior dun colectivo urbano. Pero iso que o conte el mesmo...

Relato de Mario sobre a súa detención


O 2 de outubro de 2013, aproximadamente ás 15:30 horas, ía nun autobús que saíu do estadio de cidade universitaria, pasando polo centro da cidade de México, cando varias patrullas lle pecharon o paso ao autobús e baixaron a todos os mozos de entre 18 e 23 anos, entre eles eu, empezáronnos a revisar, eu só traía un celular e as miñas chaves, despois de revisarme chegaron máis de 50 granadeiros, entre 8 e 10 deles empezaron a torcerme o brazo dereito, a darme descargas eléctricas nas miñas costelas, golpeábanme no rostro coa man aberta, golpearon as miñas pernas cos seus xeonllos e pegáronme no estómago, despois subíronme a unha patrulla con outras 3 persoas e aí os policías quitáronme o meu teléfono, logo déronnos voltas ata que nos baixaron, non recordo onde, para volvernos a esculcar, aí empezáronnos a tomar fotos, volvéronme golpear no estómago e a dar máis toques eléctricos en costelas e costas; esposáronnos mentres nos dicían que se nos gustaba andar queimando policías, nos ameazaron dicíndonos que nos ían mandar ao cárcere e que non eramos nada máis que pinches anarquistas revoltosos, despois volvéronnos meter as patrullas e leváronnos a un Ministerio Público que está en Iztapalapa, pero nunca nos baixaron, de aí leváronnos á axencia 44, ao chegar aí apertáronnos máis as esposas, estivéronnos a preguntar os nosos nomes e tomándonos fotos moitas veces cos seus teléfonos, todo o tempo nos seguían dicindo "pinches mugrosos", despois leváronnos ao médico forense, de aí trasladáronme a un hospital para revisarme o brazo xa que o tiña moi inchado, cando me regresaron á 44 quitáronme a venda que me puxeron no hospital e me meteron ás galeras xunto cos demais, esposado coas mans cara a atrás, cada anaco chegaban a interrogarnos policías ministeriais sobre o que pasara e a preguntarnos datos persoais, en ningún momento me permitiron facer a miña chamada; o venres 4 na mañá aproximadamente 36 horas despois de ingresar, como ás 11 da mañá nos trasladaron ao reclusorio oriente sen darnos información; ese mesmo día na noite leváronnos a un xulgado onde nos obrigaron a aceptar un defensor de oficio e nos deron o importe da nosa caución. O luns chamáronnos a todos para notificarnos do auto de formal prisión e pagouse a miña fianza, a todos nos deron a boleta de liberdade provisional, pero na madrugada cando nos ían liberar na saída esperábanme xudiciais que me arrastraron regresándome á alfándega cunha orde de re-aprehensión porque no xulgado revogaron a miña liberdade, me regresaron á cela onde estaba e aí iniciei a folga de fame que manteño ata agora.

Mario González García

Como dixemos na noticia anterior colada onte: a 49 días da folga de fame a xuíza do xulgado 19° penal de delitos non graves, Marcela Angeles Arrieta, súbdita de Miguel Angel Mancera, negoulle a liberdade de novo a Mario. O 6 de novembro pasado, xa revogara a súa liberdade por primeira vez ao non se ter presentado á audiencia as testemuñas que declararon contra el, o pasado outubro. O día 26 sucedeu o mesmo, os policías do Distrito Federal que son as súas probas máis contundentes contra Mario, non asistiron á cita, programando así unha nova audiencia para o 10 de decembro.

Así é que, a pesar da súa condición o compañeiro Mario, "perigoso e delincuente", seguirá coa folga como o manifestou en reiteradas ocasións. Con esta decisión non busca a morte; máis ben, cremos que insistentemente, está a afirmar a vida a través da súa vontade, a súa vontade de ser libre.

Manifesto Solidario: Jorge Mario González García - A criminalización da protesta social e un estado de represión.

Aos cidadáns de México e o mundo

A Enrique Peña Nieto e ao Dr.Miguel Anxo Rabiza

Á Xuíz do 19 xulgado de delitos non graves Marcela Ángeles Arrieta

Outra vez unha historia de inxustiza e corrupción ten lugar en México. A criminalización da protesta social por parte do Estado, co respaldo dos principais medios de comunicación, ameaza de nova conta o desenvolvemento democrático do noso país. Como sempre a cor da pel, a lingua que se fala, o xénero, a idade, a posición social e as conviccións políticas antepóñense á xustiza. Agora a vítima é Mario González García quen foi aprehendido polo simple feito de disentir co rumbo do país e de acudir a manifestarse o pasado 2 de Outubro.

Mario non é perigoso para a sociedade, pero as súas ideas si o son para o Estado mexicano. Este teme á organización dos sectores de abaixo e en especial aos mozos. As detencións arbitrarias e selectivas son agora unha práctica recorrente para calar a nosa voz. Buscan encerrarnos e inculcarnos o medo para que non sigamos incomodándoos. A 'xustiza' mexicana elixiu a súa presa, e é el quen servirá de exemplo para todo aquel que quere contradicir ao estado.

Hoxe Mario cumpre 42 días en folga de fame (NdeAb: hoxe comezará o seu día 51). O seu corpo deteriórase pero as súas conviccións seguen en pé. Isto é un chamado á nosa conciencia á conciencia de todo o país. O certo é que para el a falta de alimentos importa menos cando de defender a xustiza se trata. Mario prefire morrer, xa que, cada día que pasa no cárcere é a morte auspiciada polo estado. Pero o seu espírito segue resistindo, ante o afán das autoridades xudiciais do Reclusorio Oriente por estender, sen sustento, os tempos do seu proceso xudicial e pechar os seus ollos ante o caso. Mentres os medios nos sinalan, aos que pensamos como el, de anormais polo feito de defender a dignidade, xustifican a represión violenta, a indiferenza e o silencio.

Que democracia é esta, onde os mozos van ao cárcere por pelexar por o seu futuro, por exercer un dereito? Que televisión é esta que promove o odio, a mentira e o medo no medio de tanto dor, desesperanza e morte? Que xustiza condena o pobre por farrapeiro, ao mozo por inconforme, á muller por violada, ao ignorante por pernicioso?

O inhumano é a norma nun mundo secuestrado polo poder. Os dereitos humanos convertéronse en letra morta neste país. Só existen discursos baleiros por parte do Estado mexicano, quen restrinxe, nos feitos, todo dereito de ser un cidadán crítico e que non se apega á media conformista. O noso compañeiro está a morrer pero non de fame, están a matalo a inxustiza dun goberno que dita o esquecemento, a morte ou o cárcere en contra de todos os que nos manifestamos e peor aínda dos que calan; con Mario morremos todxs pouco a pouco, Mario condensa a fame do país. Non obstante, aínda nestes tempos de represión, non nos calarán, verán máis puños arriba, máis indignadxs e, aínda que a nosa voz sexa encerrada, ao fondo escoitaranse centos de voces que clamarán pola xustiza, pan, democracia, traballo, saúde, dignidade e liberdade.

Se non ardemos xuntos, quen iluminará esta escuridade?

E na loita día con día: Ata a vitoria SEMPRE

A VERDADE FARANOS LIBRES

Leer más...

[Audios] Charla Nais Contra a Impunidade en A Cova dos Ratos

Recibimos no noso correo os enlaces para escuitar as charlas que, este sábado pasado, 23 de novembro, impartiron as "Nais" en Vigo con a asistencia de entre 35 e 40 persoas, colamos acá ditos enlaces e mesmo os audios:

Lola-Madre de Noelia Cotelo


Carmen-Madre de Diego Viña


Pastora-Madre de Xose Tarrio

Leer más...

27 nov 2013

[A Coruña] Desaloxan a Elisabeth Sanles

Colamos información recollida de "El Retroceso" e ampliamos con noticias de axencias, un artigo de opinión no blogue "Informes desde la frontera" en e este video de "GalizaContraInfo":


Sobre 15 grilleiras e 100 autómatas uniformados, acudiron a vivenda de Elisabeth Sanles na rúa Antonio Noche, no numero 30 na Coruña hoxe po la maña para levar a cabo o desafiuzamento da familia.

Onte os compañeiros de Stop Desahucios Coruña quedaron po la noite na casa de Elisabeth, pra estares po la maña cando chegaran a comisión xudicial, a que se presentou sobre as 9, unha hora antes do debido.

Mais ou menos as 10 da maña a policía comezaba a cortar a porta cunha radial, logo de aberta a porta e teres que cortar as cadeas que algún dos activistas tiñan para amarrarse a unha venta.

Logo de ser detidas 6 persoas solidarias con Elisabeth (dous homes e catro mulleres) foron levadas a comisaria de Lonza. A Elisabeth levarona ós servizos sociais á residencia de Sor Eusebia, e parece que lle queren quitar os nenos.

Ao mediodía, as persoas detidas foron postas en liberdade con cargos de desordes públicas.

Entre as detidos estaba unha sobriña de Sanlés, Ainhoa Díaz, quen se encadeara na ventá da vivenda da súa tía e a policía tratu-na violentamente ata que logrou romper a cadea. Tra-la súa posta en liberdade amosou o seu "brazo esquerdo totalmente amoratado", con contusións producidas polos policías. Por elo acudiu a urxencias, onde solicitou un parte médico de lesións para poder cursar unha denuncia contra a policía por maltrato.

Desafiuzamento de Antonio Noche na Coruña.
Hoxe botaron a Elisabeth do seu domicilio.

Hoxe sacaron pola forza a Elisabeth Sanlés da súa casa na rúa Antonio Noche, no barrio do Castrillón...

Falan os políticos e cargos institucionais de impedir que os cidadáns sen recursos queden sen os servizos básicos, particularmente a calefacción neste tempo de frio e, cando están á porta as festas do Nadal, expúlsanos dos seus domicilios...

Onde será que lles van dar os servizos básicos, talvez baixo unha ponte ou nunha residencia...?

Os servizos sociais han de afrontar os problemas antes de que a situación chegue a extremos, noutro caso... Para que serven?

O desafiuzamento estaba anunciado ás 10 desta mañá pero, a primeira hora da mañá, en torno ás 7:30, a policía nacional cercou a rúa con mais dunha ducia de furgonetas de antidisturbios, bloquearon o paso con valos para impedir o acceso aos cidadáns que ían apoiar a Elisabeth, entraron na casa pola forza, cortaron con cisallas as cadeas con que a Elisabeth e os activistas da plataforma Stop Desafiuzamentos da Coruña estaban suxeitos para impedir que llelos levasen e leváronseos.

Leváronse a Elisabeth e a seis activistas de Stop desafiuzamentos. En torno ás 15:00 h saíron os últimos de comisaría logo dos trámites de identificación e declaracións.

Esta vez os antidisturbios acudiron con todo o equipamento e cubertos con pasamontañas. Tiempos chegaron e peores chegarán, en que a policía ha de cubrir as súas caras para ocultarse por vergoña, para que que non se coñeza ao brazo da lei que actúa seguindo os seus ditados en ausencia da xustiza.

Agora que se a levan a unha residencia que acontecerá cos seus fillos? Que pasará co seu dereito a convivir con eles nunha institución que non pode acollelos?

A lei está servida, cando chegue a xustiza que nos avisen... Talvez coa venda nos ollos non encontre o camiño, quizais necesite un guía ou un can guía.

A claridade mental da colectividade é froito da reflexión dos individuos, do diálogo aberto e o paso do tempo. Todos os camiños se abren dando un primeiro paso e eu procuro cada día abrir camiño na medida das miñas posibilidades.

Na area deste circo verémonos, detrás da cámara, co bolígrafo na man, estarei como testemuña cando as circunstancias o permitan, pero non esperes do meu só a simple observación, a miúdo estarei na procesión e tocando as campás...


Seguiremos a informar...

eDu
Leer más...

[México] A xuíza nega por segunda vez a liberdade vixiada Mario González, compa anarquista que leva 49 dias en folga de fame.

Mario, na súa luita pola súa liberdade, leva xa duas audiencias, a primeira o día 15 de novembro e a segunda onte mesmo, día 26, reclamando que o seu procesamento penal sega en situación de liberdade vixiada, mais a xuíza encargada, ven de denega-la aducindo que Mario é un individuo con perigosidade social que necesita levar o seu proceso dentro dun reclusorio, toda vez que poidera substraerse da xustiza, respaldando asín o secuestro que o goberno mexicano mantém contra noso compañeiro dende o día 2 de outubro, ainda que non hai nengunha prova contra el o que ven a reafirmar a cumplicidade represora das diferentes instancias do Estado mexicano.

Mario, depois do primeiro rexeitamento, escrebera nun comunicado que exixía o seu direito á liberdade provisória, e a conduzir o seu proceso fora do cárcere, non como unha petición de favor, senón en base ao que as súas próprias leis determinan e que eles mesmos iñoran, razón pola que decidiu porse en folga de fame e a leva-la atá as últimas consecuencias.


Mario escrebeu outro comunicado antonte no que fazía un chamado a asistir a súa segunda vista que, como dixemos, tivo lugar onte mesmo e que colamos:

A todas as persoas solidarias…

Aos medios libres…

A todo o pobo…

Nos meus 47 días de folga de fame quero que saiban que esta resistencia sobrevive grazas a todos vos; quero esclarecer que aínda continuo con a folga e que estou hospitalizado, porque as autoridades queren evadir da súa responsabilidade na miña prisión e da situación de risco que se encontra a miña saude – dicen que fun internado “por ordens de arriba”. Aqui, como na prisión, eu era constantemente asediado para que comezara a comer, mais fun capaz de manter a folga de fame.

Agradezo imensamente a solidariedade de todos vos, suas cartas enchen-me de forza e suas accións fan-me sentir que nen todo está perdido. Por iso quero chamar a todos os corazóns solidarios que venzan o medo e neste martes, 26 de novembro, veñan comigo para a miña audiencia (...), para exixir dunha vez por todas que se resolva imediatamente a miña situación xurídica, dictando miña absolución e libertación imediata, unha vez que miña prisión é un absurdo; estas autoridades xa non saben como continuar substentando sua grande mentira e saben que non ten nada para continuar a manterme prisioneiro, se recusan a recoñecer o óbvio: que isto é nada máis do que unha vinganza política e que me querem de exemplo para silenciar os gritos de revolta que están gañando cada vez máis forza e que enchen de terror o goberno. Mais desta vez imos mostrar que, por máis que nos tenten calar, cedo ou tarde, cairán.

Mas, como dixemos, a xustiza, unha vez máis, postergou a audiencia de Mario González, e unha vez máis o goberno mandou aos seus obedientes e amaestrados policías para encapsular e reprimir o protesto solidario levado a cabo fronte ao tribunal.

Na audiencia de onte, que durou catro horas, non se presentaron os policías que acusan a Mario de ataques á paz pública, a pesar de que foran notificados con anterioridade. O pasado 6 de novembre xa se pasara o mesmo: os policías non se presentaron e a xuíza adiara a audiencia para onte.

Agora adía a próxima audiencia será o 10 de dezembro. Non tanto, familiares e compañeiros de Mario están preocupados porque a saude do mozo viuse afectada debido á folga de fame que comenzou dende o 8 de outubro pasado.

“Meu fillo vaise desmaiar! Déixenme pasar! Fagan algo!”, reclamaba, entre bágoas a súa nai, que vía a Mario a ponto de desvanecerse. Non tanto, os policías que se encontraban na entrada da audiencia pública non a deixaron pasar. Únicamente tiveron aceso os seus defensores.

Nos corredores do quinto andar dos xulgados de Delitos Non Graves, do Tribunal Superior de Xustiza do Distrito Federal, deronse cita unha trintena de persoas, entre familiares e amizades. Berraban consignas a favor da súa liberación. En varios anderes do edificio se escuitaba con forza A las Barricadas e Hijo del Pueblo, duas das cancións anarquistas máis sinificativas da historia.

Sobre a beirarrua outro continxente de persoas se manifestaba pola excarceración do seu compañeiro. Unha faixa exixía a sua liberación. Os policías os replegaron con violencia cando intentaron fechar a rúa.

Despois de tres horas, Mario notabase canso. Recargabase sobre o seu brazo, do que saían os tubos que lle administran soro. Foi ata ese momento no que se lle chequearon os seus niveis de presión.

Dous axentes policiais non deixaban tomar fotos nen achegarse aos reporteiros que trataban de cubrir a audiencia.

No xulgado alzouse unha bandeira con a “A” nun círculo perfecto, símbolo do anarquismo.

Lizbeth Lugo, avogada do xoven, comenta que se trata dun castigo a Mario por ser anarquista, dado que o proceso está permeado de irregularidades xurídicas e non se lle probou delito algún. “Ademais, non se lle practicaron os estudios correspondentes que comproben a sua presunta perigosidade social”. Tambén expresou que a xuíza non está atuando conforme a direito toda vez que violou as garantías constitucionais do mozo.

Nuria Ramírez, compañeira de Mario declarou: “A xuíza insiste en que non se trata dunha cuestón política e que con as nosas mostras de solidariedade obstaculizamos o seu traballo. Ademais, expresou que non se aportaron probas suficientes para a liberación de Mario” e engadiu: “Dixo-me que ela non o obrigara a estar en folga de fame e que estaba nesa situación porque él quería”.

Finalmente, Mario sinalou à súa compañeira que, a pesar dos seus constantes mareos e as suas fortes dores de estomago, está disposto a continuar con a folga de fame ata a próxima audiencia.
Leer más...

Tod@s somos Mateo Morral

Co gallo de profundizar no tema da criminalización do anarquismo nos falsimedios, aportamos este comunicado solidario asinado por "anarquistas de barcelona" e que copiamos e traducimos de Indymedia Barcelona:

O 13 de novembro de 2013 foron detidas 5 persoas, compañeiras anarquistas, en Barcelona, acusadas de pertencer a unha "organización terrorista" e de ser as autoras da colocación do artefacto explosivo da basílica do Pilar. Trasladadas á Audiencia Nacional, 3 delas foron liberadas con cargos 5 días máis tarde, sendo as outras dúas compas encarceradas. Todas teñen as acusacións de "pertenza a organización terrorista", "estragos en grao de consumación", "estragos en grao de conspiración". As compas encarceradas, Francisco e Mónica encóntranse actualmente en réxime FIES 2 nas prisións madrileñas de Navalcarnero e Estremera. Encóntranse ben de ánimo e con moita forza.

Toda a "operación policial" se viu envolvida nun alto grao de sensacionalismo mediático, facendo moito fincapé a prensa na perigosidade das detidas (publicando mesmo as súas fotos malia estar prohibido polo código deontolóxico xornalístico), na súa pertenza a unha organización terrorista cun nome máis longo que o dunha peli de Almodóvar e na perigosidade e o carácter internacional desta, pobre imitadora de Al-Qaeda. Claramente a prensa estaba a facer público o que os mandos policiais lles dicían que tiñan que publicar. Cumprindo o seu papel, trataban de crear un clima de medo e alarma entre unha poboación cuxas preocupacións non son as da sorte dunha igrexa ou as de morrer nun atentado anarquista, senón as das consecuencias cotiás máis cruas do despoxo capitalista e as agresións do Estado.

Se terrorista é quen infunde terror, os mass media non lle van á zaga a Al-Qaeda.

Que dicir ante esta situación? Simplemente que a tradición anarquista sempre foi fértil nos seus ataques e defensas contra o poder, de palabra e de obra, mediante os explosivos, si, pero tamén mediante as folgas, os ateneos ou as publicacións. Sempre quixo construír un mundo sen gobernantes nin gobernados, sen explotación nin opresión, e polo tanto, sempre quixo destruír este mundo da autoridade, da miseria e da infamia, dado que é totalmente incompatible coa liberdade.

Malia o que diga o estado e a prensa, malia o conductismo e pacificación sociais aplicados mediante o civismo e outras ignominias anestesiantes para que a poboación traballe, consuma e cale, a loita contra a dominación continúa polos medios que sexan necesarios, que por violentos ou duros que poidan ser non lle chegan nin á sola dos zapatos á ultraviolencia sistemática do estado e do capitalismo, que condenan á explotación, á fame e á morte a miles de millóns de persoas.

Que dicir da igrexa católica? Artífice de miles de mortes, e de adoutrinar e aterrorizar dende a infancia millóns de mentes, de ditar as súas aberrantes ideas sobre millóns de corpos, de facer negocio coa pobreza e o sufrimento. Unha organización xerárquica do terror e a represión como é a Igrexa (de calquera tipo) non nos merece ningunha pena cando é atacada.

Que dicir da monarquía? Parasitaria institución que vive, como a Igrexa, á nosa costa e que cohesiona o estado e o exército, aparatos de represión e autoridade. As desditas da casa real non nos poden ocasionar choro ningún.

Que dicir dos bancos, empresas, políticos...? A súa destrución só poderiamos recibila cun sorriso de felicidade.

Pero nunca se menciona a inxusta e cruel cara inherente aos nosos inimigos. Como non podía ser doutra forma, a orde ha de ser mantida e os factores da desorde illados e combatidos. Nada máis lóxico por parte do estado, do capitalismo e dos seus lacaios. É o seu deber. O noso, o noso deber auto-imposto é apoiar a nosas compañeiras e seguir loitando ata que non quede pedra sobre pedra no edificio da autoridade, ata que non quede cárcere ningún en pé, ata que non quede nunca máis quen lle diga a outra o que ten que facer.

Toda a solidariedade con as detidas de Barcelona, así como todas as compas perseguidas, encarceradas, represaliadas ao longo e ao ancho do globo terráqueo.

Morte ao estado e que viva a anarquía.

anarquistas de barcelona


Enderezos das detidas:

Mónica Andrea Caballero Sepúlveda
CP Madrid VII Estremera
Crta. M-241 km 5,750
28595 Madrid

Francisco Javier Solar Domínguez
CP Madrid IV Navalcarnero
Crta. N-V km 27,7
28600 Madrid
Leer más...

A imposible autoxestión das metrópoles

Na palestra de Miquel Amorós durante as X Xornadas Anarquistas de Compostela, no posteiror debate alguén prantexara como é que poderia ser posible a deconstrución das grandes urbes na hipotética volta ao asamblearismo veciñal (intervención que ficou sen respostar). Hoxe apresentamos acá este texto recollido (e traducido) de AlasBarricadas, asinado por Ricardo Ginés G., quen aprofundiza nese tema:

En ambientes e círculos universitarios, ecoloxistas, revolucionarios, marxistas, anarkístas ou mesmo autónomos, xs apóstolxs de futuras e hipotéticas "Patrias Democráticas e Socialistas", "Estados Proletarios" -no caso de que iso poida existir!- ou mesmo as individualidades, heroes e heroínas que marchan implacablemente cara aos "Comunismos Libertarios" e as "Autoxestións Xeralizadas", de moitxs delxs, diciamos, sospeitamos que apostan, ou dan por suposto, que a maior parte da humanidade poderiamos vivir libres, sen explotación e en harmonía coa Nai Terra, vivindo nas Megalópoles, Metrópoles ou grandes cidades.

Esa proxección do futuro, por moi cómoda que poida resultar agora, é imposible na súa concreción. Pretendemos demostrar canto de quimérica, irreflexiva, irreal e absurda desta pretensión.

Non é pequeno o problema pois mais da metade da Humanidade vive nas cidades dende 2007, sendo xa o 55% en 2012 e calculándose que en 2015 será xa o 61% da humanidade a que sobrevivirá nas urbes.

O cambio histórico é brutal pois en 1800 eran só o 3% xs urbanitas e en 1900 o 10%. Asi o planeta en apenas só 115 anos (1900-2015) pasase de soportar unha poboación urbana do 10% ao 61%.

En termos totais de poboación mundial: de 200 millóns de habitantes no planeta no século I, pasouse a 310 millóns no século X, a case 800 millóns a mediados do XVIII, e a metade do XIX a 1.200 millóns, sendo a poboación mundial en 1950 de 2.500 millóns, no 2000 de 6.000, e no 2011, a 7.000.000.000 de habitantes.

Así pois mais alá de cuestións imperiais, nacionais ou rexionais, se pensamos en actuar local e globalmente, social e politicamente, vemos de inmediato que tanto a cantidade total de habitantes coma o ritmo de crecemento urbano, impuxeron que hoxe aproximadamente uns 4.200 millóns de urbanitas só absorban alimentos, auga e enerxía, e a cambio produzan polución, contaminación, traballo inútil e/ou nocivo, bastas e inclementes burocracias e unha morea de coñecementos e propagandas absurdas.

Iso non pode nin debe continuar para unha transformación racional e equilíbráda das sociedades no planeta. E moito menos aínda se pode tolerar se se trata de impoñer cambios globais revolucionarios nun sentido liberador e autoxerido.

Que os e as psicópatas oligarcas que gobernan militar e mediáticamente o planeta acumulen mais e mais diñeiro en forma de díxitos virtuais nas súas pantallas, e tamén propiedades e poder, e reforcen cada día mais as súas múltiples psicopatías aumentando esta acumulación demográfica urbana, non xustifica que as vítimas de todo iso, a humanidade en xeral e os revolucionarios libertarios especificamente, non debamos pensar e actuar de forma radical e urxente ante todo este apocalípsis case paralizante producido polas burguesías decadentes e enfermas psicóticas dominadoras.

Hoxe sufrimos mais de 30 megalópoles maiores de 10 millóns de habitantes, e outras 70 metrópoles de entre 10 e 3 millóns. Calquera pode imaxinar a cantidade de gasolina, gas, electricidade, auga, produtos téxtiles, metalúrxicos, químicos, industriais, papel... que todas esas Babilonias precisan para existir, cada día máis xerárquicas, militaristas, explotadoras, alienantes, alleantes e enfermizas tanto física coma mentalmente.

E é un disparate doloroso en triplo sentido: todos eses recursos naturais e económicos son absorbidos ou roubados mediante guerras e corrupcións políticas a outros pobos e comunidades; despois a propia poboación que sofre condenada nesas urbes, a pesar do aparvamento introxectado polos Medios de Formación de Masas, e que só fan que enfermar, por consumir demasiado e respirar contaminación ou enfermar por non poder alimentarse e sobrevivir en condicións "dignas" ( Brasil, bo exemplo deste estado de cousas, morren mais persoas por comer demasiado, e sobre todo carne, que por fame ou subnutrición, e iso que hai 40 millóns de habitantes sumidos na absoluta miseria nese Imperio medio) sendo a terceira trangallada de todo este terrorismo imperialista do Sistema Postindustrial-Militar-Carcerario-Psicótico é que este se reforza cos inmensos e múltiples tráficos urbanos, materiais e virtuais, de todo tipo de absurdos e trangalladas para o aínda, queremos crer, común dos mortais.

Mentres cada vez mais os territorios susceptibles de ser cultivados deterióranse polo uso e abuso de fertilizantes artificiais, e o medio envelénase pola gandaría esaxerada que contamina o osixeno que respiramos e desertifica millóns de hectáreas, os millóns de burócratas neuróticos son medicalizados e reducidos a ocupacións absurdas alienantes e improdutivas.

Millóns de campesiños, pescadores, mineiros, poboacións negras e indíxenas, son explotados e asasinados nas áreas colonizadas e sometidas polos Imperios, mentres nas grandes urbes as masas son desempregadas, prostituídas ou drogadas, encarceradas ou psikiatrizadas "legal ou ilegalmente". Un mundo imposible de vivir.

Non podemos pensar en convivir en sociedades persoal, colectiva e naturalmente ecolóxicas e sostibles, se non somos capaces de pensar e actuar consecuentemente para que miles de millóns de seres humanos poidamos reciclarnos dende a nosa posición de urbanitas consumidores a humanos rurais.

É imposible autoxestionar a burocracia, o diñeiro, a polución, a dilapidación, as guerras imperialistas ou relixiosas, o consumismo, a apatía e a desidia, a irracionalidade dos mercados de "valores", os medios de formación de masas, a represión racial ou patriarcal, os cárceres e as torturas: todo iso hai que suprimilo, eliminalo, facelo desaparecer, borralo da face do planeta e todos estes fenómenos son mais propios e logran a súa propagación e multiplicacion maiormente nas grandes cidades, metrópoles e megalópoles.

Falar de autoxestión, crear autoxestión só é posible en sociedades ligadas ao concreto e cíclico da natureza, a medidas humanas de colectividade, en vilas, bisbarras, comunidades de pequeno e medio porte.

O inmenso trafico aéreo, marítimo e terrestre de mercadorías e persoas é incompatible con sociedades realmente autoxeridas. Os millóns e millóns de persoas que se desprazan cada día nas megalópoles, durante decenas de anos, para ir a traballar en traballos nocivos e inútiles, ou a estudar estupideces alienantes, para competir en carreiras profesionais cara ao abismo mais nefasto, todo isto non pode ser máis permitido.

Os millóns de "executivos" que se desprazan en avións en busca de "oportunidades de negocio" de cidade en cidade, achegan cada dia máis ecocídios e explotación. Como os estúpidos turistas que aculturizan e masifican pobos "exóticos" e "afastados".

As millóns de toneladas de mercadorías que se conducen ou flotan por todo o planeta, entre unhas e outras urbes, están a rematar con calquera noción de autoxestión e ecoloxía.

A tendencia revolucionaria debe empezar a pensar en que a sociedade libre e xusta só é posible construíla no rural, e que o urbano, e máis peor contra maior sexa esa metrópole, é o foco e o territorio propio onde os Dominadores, sexan políticos, empresarios, burócratas, funcionarios, seguridade privada, policías e militares, exercen o seu dominio e o poder a través da manipulación de masas polos medios de comunicación, tecnoloxías absurdas "de entretemento" e alienación educacional e cultural para cos urbanizados cidadáns, e dende alá difunden as súas merdas nocivas, materiais e ideolóxicas, contra as poboacións rurais.

Os humanos precisamos de alimentación, de vivenda, de saúde e aprendizaxes, e todo iso nas urbes cada vez máis é máis peor, nocivo e velenoso para persoas e comunidades.

Tanto é asi que os ideólogos do Sistema, no seu racista e militarista imperialismo xa crearon plans hai anos de eliminación desas mesmas poboacións, e que están a levalos a practícaa. Dende o CRF ( Consello de Relacións Exteriores, en inglés) núcleo duro da Trilateral e do Grupo Bildenberg, o Sistema Dominante pois, teñen a desvergonza de publicar dende hai algúns anos os seus planos de eliminación de gran parte da humanidade por medio de guerras, fames, novas epidemias, contaminación de alimentos, mares, ríos, aire... E tamén publican os seus outros plans de control dos restantes sobrevivintes ás súas psicóticas actividades.

Vivir nas cidades só garante enfermidades físicas e mentais, noutros casos obriga a alistarse nas organizacións burocráticas ou depredadoras, mercenarias, e sen escrúpulos de ningún tipo, a vender a alma e o corpo a calquera ente opresor a cambio de consumo esaxerado, de cachivaches electrónicos e dunha vida impostora e falsa, indigna.

Sabemos que moitos dos/as nosos/as leitores/as, a pesar dos seus bos sentimentos ou das súas posicións teoricamente revolucionarias, son incapaces de pensar unha vida fóra das metrópoles: a arte e a cultura, as subordinacións familiares, laborais ou universitarias, certa bohemia posmoderna ou o espectáculo xeneralizado atrápanlles e inmobilizan.

Pero non queiramos seguir enganándonos: nas megalópoles, metrópoles e grandes urbes o único que se pode facer de revolucionario é sabotalas, destruílas, reciclalas en funcións e sobre todo en extensións territoriais e demográficas, pois nelas residen os poderosos centros das opresións, explotacións e das pragas emocionais.

Se alguén quere seguir falando de "acción directa" para pasar despois aos feitos concretos, pensamos que o mundo que precisamos está por construír nos territorios rurais, onde teremos que aprender oficios non por vellos menos necesarios.

A publicidade, a banca, os seguros, unha gran parte do ensino estatal ou privado, unha maioría de empresas químicas, farmacéuticas, industriais, grandes medios de formación de masas, a industria do espectáculo, un inxente numero de funcionarios estatais e privados inútiles... todo iso é parte da Babilonia da que debemos fuxir e á que temos que deconstruir, derrubar ..., para non ser sepultados entre as súas ruínas ou morrer mentres se lles rende culto e servidume.

O amor libre entre persoas libres, a produción de alimentos sans, a aprendizaxe de vontades, oficios e saberes, a festa entre iguais, a asemblea popular, o cultivo da saúde e a prevención da enfermidade, a xustiza restaurativa, a invención e investigación cara a un mundo solidario e positivamente novo, viaxes apaixonantes ... todo iso só pódese dar entre amigos e veciños que se coñecen ou están próximos para relacionarse, pero para nada entre individuos solitarios e neuróticos rodeados de millóns doutras persoas igual de solitarias e neuróticas, enfermos da alma e do corpo, que como zumbis cegos, xordos e mudos pululan medrosos e agresivos por urbes militarizadas, contaminadas e ameazadas por toda unha xerarquía de psicóticos racistas, machistas, clasistas e asasinos.

Destruír e reciclar as urbes industriais e postindustriais para construír unha ruralidade contemporánea parece ser o imperativo necesario para principios do S.XXI

Defender, reformar e construír novas sociedades nos territorios aínda pouco ou nada colonizados, e atacar e derrubar os centros do dominio nas metrópoles.

Aproximadamente.

Ricardo Ginés G.
Leer más...

"Ataque" - Texto extraído de “Salto - subversion & anarchie nº3”

Colamos depois de traducido de ContraInfo este artigo publicado no nº 3 da revista anarquista de Bruselas “Salto, subversion & anarchie"

Ataque

Como ben resumía un compañeiro, fan falta dúas cousas para actuar: as ideas e os medios.

Desenvolver e comprender as súas ideas, criticar os prexuízos e os puntos comúns, aproveitar o sentido da súa hostilidade contra o mundo que nos rodea. Conquistar o espazo e o tempo para reflexionar, algo que se fai cada vez máis difícil neste mundo; discutir e afondar con algunhxs compañeirxs. Non ceder á facilidade e á superficialidade; non recuar fronte a esforzos que esixen reflexión e afondamento. Facer as cousas rápido non vai normalmente á par que facer as cousas ben. Descubrir afinidades; vivir as rupturas inevitables; volver as costas á integración, os seus enganos e as súas promesas. Ser coherente e valente coas túas ideas, ter confianza en ti mesmo para ser capaz de ter confianza con outrxs compañeirxs. E axiña, decidirse a actuar: compoñer o mosaico da comprensión e da vontade para pasar ao ataque.

A partir de aí, haberá que afrontar cuestións máis prácticas. Por onde podo asediar eu e atacar o inimigo por sorpresa? Onde se encontra este inimigo hoxe, como non caer na trampa de fantasmas e imaxes que o poder exhibe ao seu arredor? Para golpear ben, hai que comprender en que tempo e que espazo nos movemos. Hai que estar a buscar para aproveitar a ocasión en pleno voo, pero sen esperas. O ataque é algo moi serio, pero é un xogo. Un xogo no que as regras as determina a comprensión e a vontade dxs que asedian. Non podemos esperar que todo nos caia do ceo de golpe, hai que facer esforzos necesarios para estudar os medios de ataque que temos á nosa disposición, os aspectos técnicos do obxectivo a destruír, as prácticas para burlar a vixilancia. O inimigo non fai regalos, o ataque é unha cuestión de intelixencia rebelde e de vontade insurxente.

Permanecer aínda á defensiva significa enterrar un pouco máis a posibilidade dunha transformación revolucionaria, cada día mentres a dominación se manteña. Trátase de tomar a iniciativa e pasar ao asalto. Xa non por demostrarlle nada ao poder, nin para reclamar a atención das cámaras dos actores da política e da representación, senón para golpear e destruír as estruturas e os homes que encarnan a autoridade. Como unha corrente subterránea que socava os edificios milenarios da civilización.

Si, necesítase organización, pero non é máis que unha cuestión técnica, unha organización das tarefas prácticas. Os grupos de ataque son autónomos e independentes, unha garantía para que a creatividade subversiva non poida reducirse a un esquema unilateral conxelado, e tamén unha mellor defensa contra os tentáculos da represión e a mellor situación imaxinable para permanecer activxs e imprevisibles. Unicamente a partir de tal autonomía, a coordinación informal e activa pódese imaxinar e desexar; unha coordinación que coincida con perspectivas e proxectos compartidos. Os pequenos grupos de lume non están separados do conxunto das actividades revolucionarias, senón que forman parte delas. Nadan como peixes no océano da conflitividade social. O arquipélago de grupos de combate autónomos libra unha guerra difusa que escapa a todo control, representación e circunvalación por parte da dominación.

Ninguén pode crer que a revolución social e a subversión serán unicamente obra dos grupos de acción. Non son nin máis nin menos o que son e o que son capaces de facer: un pouco de fermento na fermentación social, un pouco de coraxe e de determinación fronte á resignación e a colaboración, algunhas suxestións respecto á identificación do inimigo e dos destrutores feroces e apaixonados. Pero individualmente, é a grande aventura dunha vida deseñada como revolta, o sentimento doce de palpar ás veces a coherencia entre o que pensamos e o que facemos. A revolta é a vida.
Leer más...

[Compostela] O alumnado pede a suspensión da actividade docente do profesor Domingo Neira García debido ós seus comportamentos de natureza claramente misóxina, homófoba e racista.

Vimos de saber que esta petición ven de ser presentada polo alumnado de primeiro curso do Grao en Educación Infantil no Decanato da Facultade de Ciencias da Educación como na propia Reitoría da universidade, así coma na oficina do Valedor do Estudantado, e copiamos acá un extracto do seu escrito de denuncia (que podedes leer à ìntegra acá):

As alumnas e os alumnos do 1º curso de Educación Infantil presentamos este escrito como acto de protesta ante os repetidos discursos e actitudes do profesor Domingo Neira García, así como polos contidos e forma de impartir a materia “Didáctica e Profesión Docente”.

O pasado martes día 19 de novembro, na aula 12 entre as 09:00h e as 10:30h, Domingo Neira fixo unha serie de comentarios que non podemos tolerar de ningún xeito. O profesor, tras preguntar ao alumnado se había algunha nova de actualidade que quixeramos comentar, e xurdindo entón o tema da “pederastia”, comezou a identificala coa homosexualidade, facendo afirmacións como “a homosexualidade é unha enfermidade, un problema conxénito”, “os homosexuais tenden ao abuso de menores”, “a homosexualidade é contaxiosa”, “os homosexuais non son homes nin poden educar”, “as mulleres lesbianas teñen un Cromosoma XXX”, entre outros comentarios de liña claramente homofóbica.

Dada a gravidade das súas declaracións, algunhas persoas decidiron erguerse e saír da aula, mentres que outras preferiron quedar e rebater as súas verbas, ao que o profesor garantiu ter “probas científicas” do que dicía e que a sociedade estaba “enferma e enganada” con esta cuestión. Aos presentes, sen ir máis lonxe, díxonos que estabamos embobados, cerrados, e que pensabamos así pola educación que nos deran.

Este último incidente foi o que nos incitou a levar a cabo esta protesta, máis lamentablemente non se trata dun feito illado. En varias ocasións ten tratado despectivamente outros temas e colectivos, como por exemplo o pobo xitano ou os inmigrantes, dando mostras dun claro racismo.

SOLICITAMOS:

1. A suspensión da actividade docente do profesor Domingo Neira García debido ós seus
comportamentos de natureza claramente misóxina, homófoba e racista, que incitan ao odio e á
discriminación das minorías sociais.

Leer más...

A Xunta paralisa SOS Monte Pindo coa ameaza de sancións

Recollemos da web da Asociación Monte Pindo Parque Natural:

Nin fan, nin deixan facer. A Xunta púxose en contacto con nós a través da Xefa do Distrito Forestal V, Sara Romero Sueiros, para ordenarnos que paralisemos inmediatamente as accións de voluntariado de SOS Monte Pindo. O argumento é que o Monte Pindo "non é de todos", senón da Xunta, porque existe un contrato nese sentido polo que todas as actuacións que se fagan teñen que contar coa súa autorización. Para a xefa de distrito, a situación é a mesma que "se entramos no seu piso a pintar", e denunciou que utilicemos árbores de viveiro, cousa que é falsa pois recollémos todos os exemplares en bosques naturais da contorna a excepción de doce ameneiros cedidos por convenio co CSIC, certificados xeneticamente e que non plantamos no monte senón no chan de Carnota para que se aclimaten antes de transplantalas ao seu emprazamento definitivo.

As parcelas nas que temos actuado son titularidade do Concello de Carnota e da Comunidade de Montes de Caldebarcos, que non só autorizan senón que están a colaborar co proxecto. O suposto convenio ao que se refire delegaría na Xunta a xestión deste espazo, cuns resultados tan desastrosos que as consecuencias saltan á vista. Despois de anos sen apenas facer ningunha actuación, o deterioro e abandono do Olimpo Celta era tan acuciante que en setembro ardeu na súa totalidade, a pesar de que existía unha asociación que levaba anos solicitando implacablemente actuacións e medidas de protección. Ademais, nin o lume espertou unha Xunta que ignorou todos os avisos das previsíbeis escorrentías de lodos contaminantes que finalmente acabaron producíndose, afectando a bancos marisqueiros, o que obrigou á sociedade civil a tomar a iniciativa cun proveitoso proxecto de voluntariado que agora a Xunta intenta destruír. Ademais, non se pode dicir precisamente que a Asociación non tentara pedir permisos: ao igual que o Concello de Carnota, temos varias reunións solicitadas coa Xunta antes e despois do incendio para falar do que facer neste espazo, o que pasa é que nunca foron respondidas. Malamente pode consensuarse nada con quen se nega a recibirte e falar contigo.

Por todo, a Asociación Monte Pindo vese obrigada a tomar a dolorosísima decisión de paralisar indefinidamente SOS Monte Pindo ante a ameaza de que se presenten axentes na próxima acción de voluntariado (prevista para a vindeira fin de semana) para formalizar denuncias, situación á que non imos expoñer nin ao voluntariado -que abondo esforzo fai con vir a botarnos unha man- nin á propia Asociación que non conta con recursos para facerlle fronte a unha posíbel avalancha de multas.

O Concello de Carnota e a Asociación Monte Pindo Parque Natural estudan que medidas adoptar para poder continuar os traballos, e queremos trasladar unha mensaxe de tranquilidade a quen xa traballou na zona. O propio alcalde Ramón Noceda xa nos expresou a súa solidariedade e disposición a facerse responsábel no caso de que finalmente a Xunta decida emprender accións legais contra o voluntariado.

Asi mesmo, queremos denunciar a crecente persecución política á que nos vemos sometidos por parte do actual goberno da Xunta. Nunca nada malo lles fixemos, só lles pedimos que cumpran co seu cometido, e que se non queren facelo, que cando menos se aparten e non molesten. Non merecemos que despois de tres anos esixindo que declaren dunha vez o Parque Natural, o PP siga inmóbil. Non merecemos que cando pedimos actuacións urxentes para evitar as temidas riadas o PP se ría de nós facendo espectáculos televisivos na zona para simular que fan algo. Non merecemos que cando no Parlamento se piden actuacións e compensacións económicas no Parlamento para os veciños afectados, o PP diga que os veciños non as queren. Non merecemos que cando empezamos a falar de voluntariado, o PP contraataque cun voluntariado máis simbólico que real. Non merecemos que agora que está a agromar realmente a xenerosidade e solidariedade do noso pobo para recuperar o seu Olimpo Celta, veña agora o PP a poñernos paus nas rodas.

Pola parte positiva queda o bo traballo feito durante as dúas fins de semana consecutivas que leva o proxecto en marcha, e que se saldou coa participación dun total de 55 voluntarias e voluntarios, a plantación de 2500 castiñeiros e 1050 carballos, e o tratamento de 5,73 hectáreas con gramíneas de crecemento rápido para agarrar a terra e evitar as riadas de cinzas. Iso xa non o poderán evitar.

Lamentamos vernos involucrados nesta dantesca situación e agradecemos sinceiramente a xenerosidade das case cen persoas que xa se inscribiron para traballar altruistamente en SOS Monte Pindo, e moi especialmente a profesorado, nenas e nenos do CEIP Santa Eulalia de Dumbría que tiñan previsto participar na seguinte acción de voluntariado, que polo momento non poderá realizarse. A forza do noso amor non será inútil.
Leer más...

URXENTE [A Coruña] Desafiuzamento de Elisabeth hoxe mércores 27 ás 10h

Colamos apuradas esta información urxente recebida no noso correo de Stop-Desafiuzamentos A Coruña (cando teñamos información do sucedido, daremos conta dela):

Onte a noite o avogado de Elisabeth Sanlés foi avisado pola procuradora de que hoxe mesmo ás 10h van tentar desafiuzala no seu piso de Antonio Noche 30 (barrio do Castrillón).

Sentimos non poder avisar con máis antelación debido a esta sorprendente maniobra por parte do Xulgado. Entendemos que se trata dun intento de ocultación evidente e premeditado, co que pretenden dificultar a cobertura dos medios de comunicación e a resposta cidadá (que xa detivo a primeira tentativa de desafiuzamento) e evitar a presenza de testemuñas que podan dar conta da violencia institucional exercida nestas situacións. Estamos diante dun dos máis crueis ataques que por parte dos aparellos do Estado se están a executar para invisibilizar un problema social e que éste se asimile, a tódolos niveis, como unha carga persoal que se debe sufrir en soidade.

Convocamos de novo, desta vez coa máxima urxencia, ós medios de comunicación e á cidadanía da Coruña (cuxa solidariedade xa demostrou ser capaz de deter varios intentos de desafiuzamento) a impedir este abuso exercido polas mesmas institucións que se negan a cumplir o dereito á vivenda.

Nesta cidade non se desahucia!
A Coruña libre de desafiuzamentos!


Grazas pola vosa atención, un saúdo.
STOP Desafiuzamentos A Coruña

Se vos interesa revisar a información sobre o caso de Elisabeth Sanles, podedes consultar o blogue de STOP Desafiuzamentos A Coruña.
Leer más...

[México] Resposta dum anarquista ao Subcomandante Marcos

A primeiros deste mês de novembro publicavamos acá umha notícia que falava da situaçom dxs anarquistas em México e como estám a ser criminalizados desde o esquerdismo, e ne-la fazia-se referência a umha Carta do Subcomandante Marcos, publicada na web El Libertario (en castelám), na que se desligava deste posiçonamento. Agora publicamos a resposta (também feita pública na web EL Libertario) assinada pelo "Capitán Guillermo", membro das Milícias Insurgentes – Ricardo Flores Magón:

"Que é um homem revoltado? Um homem que diz nom. Mas, se ele recusa, nom renuncia: é também um homem que diz sim, desde o seu primeiro movimento” Albert Camus, O Homem Revoltado (1951)

Subcomandante Insurgente Marcos
Exército Zapatista de Libertaçom Nacional
Chiapas, México


Desculpará que lhe faga chegar a presente carta por meios indireitos, já que até este momento careço (e parece-me que V. também) de um apartado postal ou endereço electrónico permanente. Esclareço que subscrevo esta carta a título de solitário-solidário, à margem das responsabilidades que tenho como membro das Milícias Insurgentes – Ricardo Flores Magón.

Desculpará também que comece dedicando-lhe umha citaçom tirada da carta que Pierre Joseph Proudhon dirigiu a Karl Marx: “nom lhe prometo escrever muito nem com frequência; ocupaçons de toda a espécie, em conjunto com umha preguiça natural, nom me permitem esses esforços epistolares” (1). Escrevo-lhe porque me senti visado no seu recente comunicado em que se dirige aos que militamos e nos reivindicamos como anarquistas, e ainda que nom tenha nengum interesse em responder “às críticas e às acusaçons nos meios de comunicaçom social de pago” (2), gostaria de atrair a sua atençom para lhe dar conta de algumhas das minhas inquietaçons.

Emma Goldman referia-se ao anarquismo como a única filosofia que devolve à pessoa a consciência de si mesma, desafiando-a a pensar, a investigar, a analisar cada proposta; talvez por isso Goldman afirmava também que o anarquismo deve necessariamente esbarrar com a ignorância e o repúdio envenenado do mundo que pretende reconstruir (3); de maneira que nom é de estranhar o desprezo, a vontade de escarnecer e o bombardeamento de vilipêndios contra nós, anarquistas. Em paralelo, Goldman clarifica que a organizaçom anarquista, longe de representar o caos e a violência, apresenta-se como o resultado natural da fusom dos interesses comuns, produzidos mediante a adesom voluntária, como umha condiçom fundamental para cimentar a vida social (4).

Por outro lado, Piotr Kropotkin declarou, em síntese, que os anarquistas recusamo-nos a tratar os outros como nom gostaríamos de ser tratados por eles (5); sobre isto nom é necessário dar mais explicaçons, umha vez que, como bem o dizia Kropotkin: “é fácil ser breve ao dirigirmo-nos a vos, jovens do povo; a própria força das coisas impele-vos a serem anarquistas” (6).

Julgo, Subcomandante Marcos, que V. conhece a complexidade inerente ao fomento da participaçom política a partir dumha perspectiva acrata, enquanto se organiza a sua defesa frente ao embate das armas. V. sabe que essa complexidade nom implica necessariamente umha contradiçom inultrapassável, já que a própria ética anarquista é capaz de resolver o paradoxo. V. faz parte de um exército de mulheres e homens livres que conseguiram alcançar as suas aspiraçons enquanto povos índios, sem abandonar umha disciplina que permite cumprir objetivos militares específicos. V. também sabe da enorme dificuldade que implica transmitir a outros estas experiências; segundo tenho percebido, é nisso que andam agora os zapatistas, a gerarem espaços para a troca destes conhecimentos com a sociedade civil.

Parabéns! Sobre algumhas destas questons reflectia Plotino C. Rhodakanaty quando se questionava sobre qual é o objetivo mais elevado e racional a que se pode consagrar a inteligência humana, respondendo que este objetivo deve centrar-se na realizaçom da associaçom universal, de indivíduos e de povos, para o cumprimento dos destinos terrestres da humanidade (7). Considero muito valioso o esforço zapatista por sintetizar as suas próprias reflexons num processo formativo, aberto e plural.

De qualquer modo, a motivaçom para lhe escrever nom é para reivindicar qualquer posicionamentos, o meu propósito tem a ver com umha franca provocaçom. Nestes tempos críticos em que estamos a viver, pemito-me perguntar-lhe se é necessário aprofundar as diferenças que nos dividem em vez de procurar saber se os pontos em comum que nos identificam som suficientemente convincentes para nos continuarem aproximar.

Dito de outra forma, apesar das traiçons das “esquerdas” partidárias, do oportunismo e do protagonismo de supostos líderes sociais e do embate implacável do inimigo, pergunto-lhe se V. considera actuais os princípios que Mikail Bakunin defendia sobre a autodeterminaçom, segundo os quais cada um é para todos, como todos som para cada um (8). Porque sendo assim ficarei muito agradecido se me descrever os mecanismos concretos que V. propom para alcançar a liberdade de todos, sem que outros se sintam ameaçados na sua liberdade, no meio do conflito armado que se generaliza por todo o território nacional.

Confesso-lhe que me sinto convocado quando V. faz o convite para aprender na escola zapatista, tanto como me sinto motivado para levar umha faixa tricolor, a apagar a luz aos sábados ou a assistir às acçons de resistência civil que milhares de cidadáns impulsionam através do Movimento de Regeneraçom Nacional (Morena) para repudiarem as reformas do mau governo. Do mesmo modo que considero pertinente o apelo de alguns hierarcas da igreja católica, intelectuais e políticos para integrar a Unidade Patriótica pelo Resgate da Naçom, ou como vejo urgente responder às convocatórias dos professores democratas para levar a cabo acçons contundentes de recusa da reforma educativa e para dissuadir a repressom.

Produdhon assinalava que na imaginaçom do povo, a política, do mesmo modo que a moral, é umha mitologia e, como tal, pressupom ídolos. Também advertia que aqueles que questionem ou contradigam tais ídolos, mas que sobretudo escapem ao seu poder, serám tratados de sacrílegos (9). Gostaria de lhe perguntar, com autêntico interesse, onde é que me poderei informar acerca do Programa Nacional de Luta, que terá resultado da Outra Campanha, que V. anunciou em 2006, apresentando-a como alternativa às campanhas daqueles célebres ídolos.
Pergunto-lhe tudo isto por me encontrar submerso num profundo pesar que vem do sangue derramado por centenas de milhar de compatriotas assassinados. Poi sso, transmito-lhe também a minha expectativa de que V. possa divulgar o apelo do Exército Popular Revolucionário (EPR) para erradicar de forma total as causas que permitem a desapariçom forçada de pessoas no México.

Retomo o que disse Errico Malatesta relativamente à necessidade de continuar a lutar pela anarquia e pelo socialismo, porque a anarquia e o socialismo devem ter uma expressom imediata; a minha experiência pessoal em múltiplas derrotas dá conta da invencibilidade de tais argumentos: “se hoje cairmos sem baixarmos a nossa bandeira, podemos estar seguros da vitória de amanhã”; ainda que para viver e conseguir essa vitória nom seja preciso renunciar às mesmíssimas razons que nos dam vida e distorcer o seu carácter grandioso (10).
Em circunstâncias nom muito distantes das que hoje sofremos no México, os amigos de Durruti, durante a guerra civil espanhola, apelavam à “construçom de umha Junta Revolucionária” (11). Compreendo as enormes dificuldades que actualmente se colocam para consolidar espaços onde possamos confluir os distantes grupos e indivíduos que nos opomos ao despojo e ao saque nos nossos territórios, e é por isso que, por fim, lhe quero perguntar de que maneira V. considera que podemos colaborar para facilitar o encontro, a discussom e a coordenaçom táctica entre os movimentos sociais, sindicatos, organizaçons (civis e armadas), colectivos e individualidades que procuramos contribuir à autodefesa da nossa Soberania.

A história ainda nom começou, achamo-nos ainda no último período da pré-história. Tal como Bartolomeo Vanzeti estou convencido de que o progresso e a mudança serám determinados pela inteligência e pela compreensom mútua. Se nom nos aproximarmos desse ideal nom teremos obtido nada de efectivo (12).

Subcomandante Marcos nom tenho que insistir no que já está dito, pela minha parte continuarei a esforçar-me para que todos nos entendam, talvez assim, como sugeria Malatesta, encontremos menos dificuldades e triunfemos como anarquistas, pela anarquia (13). Despeço citando a Ricardo Flores Magón, esperando que “cada um se esforce para dar a sua opiniom sobre o que é preciso fazer para alcançar a realizaçom das nossas aspiraçons, que nom som outras do que a liberdade de todos fundada na liberdade de cada um; o bem estar de todos fundado no bem estar de cada um” (14)

Espero a sua resposta

Saúde e anarquia, companheiro!

“A palavra como meio para unificar tendências, a acçom como forma de mudar e estabelecer a vida”
“Instruí o cérebro para tornar efectivo o golpe do braço, armai o braço para proteger contra as armas as criaçons do cérebro”


”Capitán Guillermo”
Milicias Insurgentes – Ricardo Flores Magón (MI-RFM)
Poyauhtlan, Anáhuac.


PS: Se o texto nom couber na página tenha V. a amabilidade de tornar mais pequena a letra até que caiba, obrigado.”

Referências:
[1]Carta de Pierre Joseph Proudhon a Karl Marx, 17 de maio de 1846.
[2]Subcomandante Marcos, Malas y no tan malas noticias, novembro de 2013.
[3]Emma Goldman, Anarquismo: o que realmente sinifica, 1910.
[4]Emma Goldman, No que eu creio, 1908.
[5]Piotr Kropotkin, A moral anarquista, Cap. VI, 1897.
[6]Piotr Kropotkin, Aos moços, Cap. III, 1880.
[7]Plotino C. Rhodakanaty, A cartilha socialista-republicana, Leçom I. Do problema social, 1883.
[8]Mijaíl Bakunin, Catecismo Revolucionario, Apartado II, 1866.
[9]Pierre-Joseph Proudhon, O Princípio Federativo, Federalismo Político: Eficacia da garantia federal, 1863.
[10]Errico Malatesta, A anarquia, 1891.
[11]Os Amigos de Durruti, Cara umha nova revoluçom, 1938.
[12]Bartolomeo Vanzetti, Historia da Vida dum Proletário, 1921.
[13]Errico Malatesta, Sobre a responsabilidade colectiva, 1930.
[14]Ricardo Flores Magón, Os jefes, publicado no jornal Regeneración do dia 15 de junho de 1912.

------------------

Mais informaçom:

Ligaçom a umha entrevista ás Milícias Insurgentes – Ricardo Flores Magón
Leer más...

26 nov 2013

Por que sempre os anarquistas?

Colamos, depois de traducido, este texto publicado polas "Juventudes Libertarias de Madrid" no seu blogue:

Unha nova ondada de criminalización ao anarquismo orquéstrase dende hai un tempo por parte da policía, os mass media e a clase política. O seu obxectivo, como sempre, é sacralizar a democracia mediante o medo e dinamitar a loita revolucionaria; os medios para conseguilo son, como sempre, o descoñecemento, a terxiversación, a espectacularización e, nalgúns casos, a inutilidade dalgúns xornalistas co mesmo rigor que unha adiviña de feira. Os dous últimos casos foron os supostos feitos acaecidos an "Ciudad Universitaria" o 20 N e a detención de cinco anarquistas acusados da colocación dunha bomba na basílica do Piar.

Abrir xornais e ver constantemente ao anarquismo identificado coa violencia ultraesquerdista en noticias e artigos de opinión con nulo contraste (confusión de feitos, convocantes e mesmo tronchantes afirmacións como que o anarquismo utiliza os métodos de Al Qaeda), simplemente relatando o que a policía quere que se relate. Vivir nas rúas despregamentos policiais desmesurados que parecen máis un teatro e que teñen o fin de que aquel que pase sen saber que aconteceu senta medo dos que se encontran sendo identificados/ás e detidos/ás. Un medo que non só provoca o illamento dos/ás que sofren a represión, o cal facilita a devandita represión, senón que incapacita, inhabilita e fai que acabemos delegando nos que prometen protexernos. É por iso que a clase política se suma ao espectáculo, correndo a condenalo con firmeza sen saber que pasou, pero sabendo moi ben que iso lle pon medallas demócratas no peito ante a poboación. Se de paso poden falar de algo que non sexa as contas b do seu partido ou que as reformas do Código Penal e a Lei de Seguridade Cidadá dean unha volta de rosca máis ao marco legal no que se vai desenvolver a brutal represión estatal, mellor que mellor.

Non hai mellor xeito que constatar a criminalización cara aos grupos que loitan por unha revolución persoal e social que destrúa os alicerces desta sociedade delegacionista e autoritaria que ver como son tratados os fascistas. O descoñecemento e a propagación deste, como diciamos, sae rendible. Todas as noticias nos falan de cinco rapaces agredidos na Facultade de Dereito que son "de dereitas pero non franquistas". Non obstante, de forma deliberada óbviase que a Facultade de Dereito foi nos últimos anos centro de operacións da extrema dereita e neonazi. Aqueles militantes de diversos colectivos de esquerda na Universidade e da propia Facultade de Dereito sábeno ben. Nesta facultade conviviron durante anos varias asociacións como Teoría e Praxe ou Disenso, fortemente ligadas a movementos neonazis madrileños dende os anos 90 e a grupos que utilizan a táctica confusionista de recuperar eslóganes típicos da esquerda, como Bases Autónomas, de recoñecida militancia fascista. A complicidade institucional é evidente. Nos últimos anos, a chamada asociación Foro-Universitario serviu como lugar de concentración de fascistas, máis ligados á extrema dereita franquista (esta asociación colgou unha pancarta na Facultade que rezaba "pasaremos como no 39", se promoven actividades vinculadas ao revisionismo histórico e ao negacionismo dos xenocidios franquista e nazis, manteñen relación con organizacións carlistas e vinculadas á extrema dereita, como a Asociación Francisco Franco, e os seus membros deron apoio nas eleccións a Rector, a Iturmendi, ilustre personaxe que afirmaba cousas como "as mulleres veñen á Universidade a buscar marido, entre outros exemplos) ademais de conexións con outras organizacións de corte neonazi.

Na Universidade en xeral, dúas agrupacións neonazis dispútanse o terreo político. Liga Nova (LJ), xuventudes do partido MSR (Movemento Social Republicano), que utiliza a vella táctica confusionista de adoptar mensaxes propias da esquerda (mesmo do anarquismo) para meter de tapadillo as súas mensaxes racistas e nacionalistas; e Resposta Estudantil (RE) proveniente dunha escisión de Democracia Nacional (partido que organizaba a marcha racista no barrio de Usera onde foi asasinado Carlos Palomino), e que intenta imitar grupúsculos fascistas italianos, que tratan de introducirse nas mobilizacións estudantís en Italia.

A súa estratexia estase a centrar en intentar sumarse como blocar ás mobilizacións estudantís dos últimos meses e compaxinar as súas mensaxes racistas e nacionalistas co típico populismo fascista facendo gala de loitar "contra os recortes". En Madrid, tanto RE como LJ, foron expulsados ante a presión dos estudantes e solidarios cando os neonazis trataban de achegase ás marchas estudantís, sendo escoltados pola policía ante o que se lles viña enriba. Isto repetiuse en varias cidades, como Sevilla ou Elche, onde os neonazis de re foron expulsados e días máis tarde, membros do Sindicato anarcosindicalista CNT-AIT foron detidos por isto acusados de "vulnerar o dereito de manifestación".

Nos campus universitarios madrileños, os nazis déixanse ver publicamente en datas clave, como folgas de carácter xeral ou do sector do ensino. Na Universidade Autónoma na pasada folga do ensino do mes de outubro, coñecidos membros de Resposta Estudantil (con asociación-tapadeira tamén na Facultade de Dereito da UAM), ameazaron de morte machete en man a un pequeno grupo de estudantes folguistas. Na UAM, véñense repetindo situacións similares nos últimos anos, con clara complicidade entre as institucións universitarias e os fascistas. Na UCM, pola súa banda, os neonazis de Liga Nova protagonizan de cando en vez excursións nocturnas de 20 persoas para pegar carteis, e se se ten a mala sorte de que algún estudante ou traballador do Campus comprometido politicamente sexa recoñecido por estes energúmenos, chegan as agresións. Agresións que se repiten ocasionalmente en accións lóstrego de membros de Liga Nova que entran nas Facultades -a mediados do mes de novembro irromperon na Facultade de Historia, homenaxeando os dous membros asasinados do partido neonazi grego Amañecer Dourado-, fanse a foto, agriden a aqueles que lles arrepor e vanse co rabo entre as pernas. O punto culmen foi o pasado sábado 16 de novembro, cando Liga Nova realizou un patético desfile (a súa manifestación do ano), por Ciudad Universitaria (en sábado pola tarde). A resposta antifascista organizouse rápido e contou coa presenza de 150 persoas que na entrada da Facultade de Farmacia, foron encerrados pola seguridade da Complutense, ao mando do Reitor, e as máis de 20 leiteiras de antidusturbios, para ser retidos, identificados e cacheados.

A conivencia do Estado, a clase política en xeral, os mass media, o Reitor da UCM (no último caso en particular), con estes grupos fascistas ao defendelos, criminalizar a loita contra eles e escondelos ocultando a súa verdadeira ideoloxía énos máis que obvia. A ondada mediática anti-anarquista non son valores de respecto aos que pensan diferente, tal e como abandeiran os altofalantes do réxime e defensores dos valores democráticos, son os valores da obediencia, da disciplina ao sistema vixente, por iso non hai ningunha queixa das agresións fascistas senón que se ven, non só obviadas, senón deliberadamente ocultadas. Así todos saen gañando: a democracia condena aos que loitan por un sistema horizontal, libre e igualitario, saíndo reforzada e, ademais, protéxese á extrema dereita, que trata de reorganizarse novamente, sendo un brazo directo e sen disimulos dentro da democrática xestión do Estado de Dereito da represión e a opresión.

Xornalistas e políticos non dubidan en cargar contra a "violencia" como concepto abstracto. Detrás disto, hai un interese manifesto no Estado de deslixitimar calquera intento dos oprimidos por defenderse das agresións dun sistema que ostenta o monopolio da violencia. Como poden falar de "violencia" aqueles que contan con todas as pistolas, as bombas e os exércitos? Como falan de "violencia" aqueles que fabrican armas de morte e fomentan as guerras en todo o mundo? Como poden falar de violencia aqueles que encerran e silencian a centenares de miles de persoas pola súa condición de pobres en cárceres ou centros de internamento de estranxeiros (CIEs)? Aqueles que nos obrigan a vender nosa forza de traballo para enriquecer uns poucos, baixo a ameaza do paro e a miseria, falan de "violencia"? Como falan de "violencia" cando a nosa vida é dirixida dende que nacemos, cando aprendemos, cando imos no metro, cando unha cámara nos grava ou policías vixían a boa orde do seu sistema? Como poden falar de "violencia", cando os medios de comunicación silencian polo seu peso mediático calquera voz disidente, quedando esmagada pola ignorancia e o "ruído" da sociedade do espectáculo? Mentres desafiúzan das súas casas ás persoas, mentres golpean ou torturan nas comisarías, mentres arrastran as persoas á tristura e ao desespero, chegando a ser preferible a morte, que continuar aguantando as condicións de miserias moral e material? Como falan de "violencia" aqueles dirixentes, xestores e defensores da sociedade do Estado e o Capital e o seu mundo cheo de morte e miseria?

Vivir nun Estado policial como o noso non só implica ter constantemente policía na rúa, implica un control das persoas que vai máis alá do físico, implica un control social, ideolóxico, vivir no medo mediante a criminalización constante a "o outro". Racismo, xenofobia, sexismo, homofobia... esas son as bases da nosa sociedade: o medo que leva a enxalzar unha democracia que se disfraza de respecto pero que non é máis que unha autoridade para xestionar mellor ese racismo, ese sexismo... ese medo.

Seguiremos loitando, a través a acción directa -aquela acción que fan os propios implicados nas súas problemáticas de forma colectiva e solidaria, sen delegar en ninguén, nin reitores, nin decanos, nin delegados de xunta de facultade, nin xuíces, liberados sindicais ou políticos-. O anarquismo sempre lles foi un inimigo moi útil e por iso, como podemos ver tamén en como fala do anarquismo calquera libro de texto, esforzouse en mantelo como un temible descoñecido ao longo da historia. E, como sempre na historia, seguiremos loitando os anarquistas contra o Capital e contra calquera forma de Estado.

Xuíces, policía, políticos, fascistas e xornalistas, non poderedes connosco/ás!

Contra a criminalización e a represión, Liberade anarquistas presos/ás! Viva a anarquía!

JUVENTUDES LIBERTARIAS DE MADRID – FEDERACIÓN IBÉRICA DE JUVENTUDES LIBERTARIAS (F.I.J.L.)
Leer más...