31 may 2013

[Audio] E por qué nom: Umhas risas??

O noso Alberto (o do iate da coca) falando de música, de Carlos Nuñez, da gaita, e dun grupo irlandés de nome impronunciável, seica : "Carlos Núñez e The Chieftains" (tis-che-ten, tif-ten, ??):


Volta por fin a nosa cultura o espíritu de Pérez Varela do Xacobeo 2004.

Leer más...

Recopilatoria de Convocatorias para esta Finde

Para faciltarvos as coisas à hora de programar a que actos queredes asistir vos simplificamos a busca, xuntando nesta entrada todas as convocatorias para esta fin de semana que publicamos estes días (son as que nos chegaron ao noso correo e algunha mais que xa fumos publicando conforme chegaron) con o enlace para ampliar información.

Hoxe Venres 31 Maio:

- Carballo (Explanada da Estación Vella) a partir das 21:30' : CONCERTO A CEO ABERTO , CONTRA A MEGAMINERÍA CONTAMINANTE NA GALIZA.

- A Valenzá (Local da Asociación de Veciñ@s das Lamas) dende as 21:00' : CEADOR VEGANO e CONCERTOS

Mañán Sábado 1 de Xuño:

- Vigo (Saída da Praza de España) as 12:00' e
- Compos (Saída Praza Roxa) as 18:00' :
MANIFESTACIÓN POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA

- Lugo (Ateneo Libertario "A Engranaxe") as 18:00' CHARLA-DEBATE sobre a RUKA INCHE

- Pontevedra e Marín (Saída de sendas alamedas) as 19:30' MARCHA CONTRA CELULOSAS

- Vigo (CS A Cova dos Ratos) as 20:00' CHARLA GASTOS MILITARES e MODELO dE DEFENSA do ESTADO ESPAÑOL

Domingo 2 de Xuño

- Compostela (Saída da Alameda) as 12:00' MANIFESTACIÓN GALIZA NON É UNHA MINA!! da que lembramos a proposta de formar un Bloque Libertario e Antidesenvolvista
Leer más...

Historias para aprender e non esquecer: A folga dos "consumeros" en 1901. A forte represión con 9 persoas asasinadas. Acto na sua memoria

Recollemos do blogue da CGT Coruña "Memoria Libertaria":

A finais de maio de 1901, os empregados de consumos da Coruña declararonse en folga para conseguiren unha serie de melloras laborais. Eran os consumeiros, que así se chamaban, os encargados de recadar os impostos municipais de consumos, función que estaba cedida a un particular, do que eran empregados. Decretada a folga, ésta foise extendendo a toda a cidade, que pouco a pouco, quedou en mans da comisión de folga: non había transporte, nen coches de punto nen líñas regulares, suministros ou incluso as fontes eran taponadas durante varias horas ao día, para que só puidera suministrarse auga ás familias traballadoras e aos colexios e hospitais.

Na tarde do 30 de maio, cando se celebraba unha concentración ante o fielato de Catro Camiños, no que estaban traballando esquirois, prodúxose o asasinato do empregado de consumos Mauro Sánchez por parte da Garda Civil, presumiblemente por se resistir á súa detención. Inmediatamente, a folga se tornou en revolucionaria e o enterro do traballador, o día 31, transformouse nunha impresionante manifestación antiburguesa. Unha inxente multitude dispúxose a acompañar ao consumeiro na súa derradeira viaxe, pero as autoridades militares (se tiña decretado a lei marcial) non estaban dispostas a consentiren tal desafío ao seu poder. En pleno centro da cidade, as tropas dispararon a quemarropa contra a multitude, causando víctimas entre os traballadores e traballadoras que nela había. O resultado foi a morte de oito persoas mais e varios mutilados pola acción dos sables, balas e cabalos da tropa.

Non contentos con tal canallada, o Capitán Xeral, un individuo chamado Lachambre e coñecido na Coruña como o amigo do frasco da xinebra, comezou a deter a traballadores a partires do dous de xuño, conseguindo coa súa fazaña que mais de cen foran condeados, en consello de guerra, a penas de entre cinco e vinte anos de cadea.

Ante o escándalo internacional, os militares xulgaron nun tribunal de honra ao tenente Pedro Vázquez, que mandaba a tropa, que foi condeado á súa expulsión do corpo. Non entendendo cecais o alcance da xustiza militar, aos poucos días, o compañeiro anarquista Ricardo Cotelo disparou contra o tenente, pero este librouse polos pelos, fuxindo entre unha persecución na que interviron varias mulleres que pasaban polo lugar.

Catro traballadoras e cinco traballadores coruñeses morreron naquelas xornadas. Na súa lembranza, as sociedades obreiras coruñesas, por suscripción popular, erixiron en 1906 un monumento no cemiterio de San Amaro, que ainda existe.

Os asasinados foron os seguintes:

Mauro Sánchez: consumeiro de 34 anos. Vivía coa súa muller e cinco fillos na estrada da Torre. Morto por bala na cabeza.
Benita García Torres e Manuela González Seijo: serventas do Hotel de Francia de 20 e 29 anos respectivamente. Mortas dun balazo no ventre cando estaban asomadas nunha galería.
Concepción Alonso,
Josefa Corral: 42 anos. Un balazo na cabeza cando estaba sentada na galería da súa casa en San Andrés.
Antonio Bruno Orro: Augador. Recibiu un balazo no peito en San Andrés.
Antonio M.ª Veiga: Ancián carpinteiro. Morreu no hospital tras recibir un balazo na Rúa Real.
Francisco García Lodeiro, alias Carabel: Aserrador de 35 anos. Natural de Mabegondo. Morto por un balazo no ventre na Rúa Alta.
Jacobo García: Zapateiro. Escondeuse no local da Sociedade de Oficios Varios da rúa Cordelería e morreu dun balazo.
Encarnación Alonso: Non se ten mais información que a de que o seu nome aparece no monolito. Probablemente faleceu mais tarde como consecuencia das feridas.

Mais información interesante sobre estes sucesos no artigo de Miguel Rodríguez en La Opinión "Unha traxedia obreira esquecida"

Dicer tambén que este vindeiro domingo, día 2 de xuño, ás 12:30 horas, no cemiterio de San Amaro da Coruña, terá lugar a tradicional ofrenda floral que cada ano ven organizando a CGT da Coruña en lembranza dos obreiros e obreiras que foron vítimas da represión durante a folga xeral (a coñecida como folga dos “consumeros”) que tivo lugar na cidade da Coruña os días 30 e 31 de maio e día 1 de xuño de 1901.

A homenaxe terá lugar fronte ao monolito que foi levantado polas sociedades obreiras coruñesas e sufragado por subscrición popular no ano 1906.

Ao seu término, farase outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de tódolos represaliados polo franquismo.
Leer más...

Incidente Nuclear: Central de Almaraz sofre paragem repentina. Manipulaçom nos medias espanhois

Entanto no Portugal (a central de Almaraz ubica-se na comarca natural estremenha de Campo Arañuelo e é refrigerada pelo rio Tejo a vários kilómetros da Raia), é motivo de amplo tratamento informativo no canal de tv do jornal "Correo da Manhã", umha simples busca nos mass medias do estado espanhol leva-te a umha confusom de notícias entre quem quita ferro ("Nom houvo risco para persoas nem para o meio ambiente" na TVE ou "O Conselho de Seguridade Nuclear o clasificou de nível 0" em Público ou El Mundo) e quem fala de simulacro ( "A central nuclear Almaraz (Cáceres) realiza um simulacro de emergência" na agência Europa Press) que fam duvidar se estám a falar de duas noticias diferentes: Se passaram as duas coisas??, houvo primeiro umha parada inesperada e depois um simulacro ?? ou hai quem quere fazer passar a parada inesperada porum simulacro??.

Assim que para o vosso conhecemento colamos acá o video da entrevista na CMTV a Joanaz de Melo, ambientalista, quem comenta o "incidente" na Central Nuclear de Almaraz:

Leer más...

Sorprendentes declaraçons do secretário geral do SUP: “La policía vendió explosivos a ETA en la época de Aznar”

Extraido, traduzido e colado de La Marea:

José Manuel Sánchez Fornet, secretário geral do Sindicato Unificado de Policía (SUP), a central sindical maioritária do corpo, afirmou antontem na rede social Twitter que o governo de José María Aznar vendera armas a ETA em duas ocasions: “Quizás se pueda explicar por qué se vendieron explosivos a ETA en dos ocasiones desde la Policía con Gobiernos de Aznar. Y qué cargo político ocupaba Rajoy entonces. Y también quienes avisaron en marzo del pasado año a tres comandos de ETA en Francia para que escaparan del control”, sostivo Sánchez Fornet.

Pero esta acusaçom nom foi a única. O polícia pintou em Twitter umha panorama de prácticas que poderiam ser delictivas na luita antiterrorista no que saem mal parados as ejecutivas do PSOE, as do PP e também o chefe do Estado, Juan Carlos I.

A polémica iniciou-se quando umha jornalista perguntou-lhe polo exsecretário de Estado de Seguridade socialista, Rafael Vera, a quem Sánchez Fornet descreveu como amigo de sus amigos y mortal para sus enemigos.

Vera, segundo o polícia, “apoyó la guerra sucia. Fue muy tolerante con la tortura. Se quedó con el dinero de fondos reservados, como tantos otros. De lo que yo sé, todo lo que ha dicho hasta ahora Vera es cierto.” Por se nom ficara claro, Sánchez Fornet, remachou: “Que le pregunten si González y el rey conocían la guerra sucia del GAL”.

Tras confirmar a versom que Vera leva anos sostendo, que aponta a que as instruçons para criar os GAL vinheram do mais alto da cúpula do Estado, o secretário geral do SUP, descreveu o que definiu como “cloacas del Estado”: Para começar, acusou aos governos de José María Aznar de ter vendido armas a ETA “en dos ocasiones” para “rastrear los explosivos”. E incluso ofereceu nomes, como o de “Federico Trillo. Han dado el nombre. El del Yak42. El que ha actuado ahora contra los imputados del Faisán. Conciencia manchada de sangre.

O caso Faisám

Com estas declaraçons, que desde antonte som um dos temas máis comentados em Twitter, Sánchez Fornet reitera o que já afirmara no programa de televisión El Intermedio, no que criticara a decisom de acusar aos dous únicos procesados polo caso Faisám, o ex chefe superior de Polícia do País Basco Enrique Pamies e o ex inspector da Brigada de Informaçom de Áraba José María Ballesteros, do delito de colabouraçom com banda armada.

A decisom de processar a estes dous polícias lhe parecera, na altura, ao representante do SUP, “infame, una vergüenza, una decisión que sólo tiene explicación desde el punto de vista de obedecer instrucciones políticas”, Com esta decisom a moral da Polícia “queda por los suelos”, dijo.
Leer más...

30 may 2013

Xá chegaron as multas da Marcha a Teixeiro deste ano

Recibimos na nosa caixa de correo unha misiva dunha das persoas encausadas por ser solidarias con as persoas presas do penal de Teixeiro, na que nos da conta de que 2 persoas se lles acusa de "Atentado contra axentes da autoridade" e a 4 máis (entre elas duas das peticionarias do permiso correspondente para realizar a Marcha) de "Delito con ocasión do exercicio de direito fundamentais e liberdades públicas" (???), a quen se lles cita para declarar como imputados en 26 de xuño no xulgado de Betanzos.

Aclara o compa que algunhas das persoas implicadas, tal como pon na denuncia, foran identificadas mediante o vídeo gravado pola Guarda Civil hai dous anos, ao baixar do bús no que se encamiñara a xente que fora ese ano à Marcha Solidaria con as persoas presas.

Dicer tambén que o compa avisa de que na sua denuncia (de 22 páxinas) hai informes (supoñemos que dos picolos) sobre o sucedido en Teixeiro e cita literalmente: "El motivo de esta convocatoria es, según publicitan páginas web afines al movimiento ácrata como: abordaxe revista, contrainfo, cruz negra anarquista, boletín tokata o el retroceso, que se pueden consultar respectivamente en los url :..." e de seguido pon enlaces de todas estas páxinas e hai un anexo especial con todo o material colgado en todas elas.

Ademais hai un anexo adicado integramente a esta Revista Abordaxe e a artigos colgados nesta nosa páxina.

Seguiremos informando
Leer más...

Seguimos de Campanha Contra as Minas.- Videos

Fazemo-nos eco do video do jornalista X. Bocixa publicado em GzVideos para seguir dando pulo a manifestaçom do Domingo dia 2 de junho em Compostela e mais do Concerto de amanhã 31 de maio em Carvalho.


Também convidamos a vissionar, clicando em "Leer más", umha outra video-reportagem publicada também em GZVideos obra de Tingalaranga "Contra a mina de Corcoesto"


Leer más...

As esquecidas do cárcere: ser muller e presa F.I.E.S.

Recollemos e traducimos da web Feminicidio.net este artigo de Ana Costoya Viqueira quen entrevista a tres mulleres galegas, Lola Rivero, nai de Noelia Cotela, María Osorio e Silvia Casal, e que agora defundimos na nosa lingua:

Represión, desatención e dispersión de xénero. O sistema carcerario español, como un xogo de matrioskas, mantén na muller o seu nivel máis alto de violencia estrutural. Só existen tres cárceres específicos para mulleres en todo o Estado o que supón que o 82,2% delas estean reclusas en módulos de Centros Penitenciarios mixtos nos que se converten nunha minoría desatendida. Os escasos módulos de mulleres tamén fai máis propicia a dispersión. O 54,09% das internas encóntranse en centros penitenciarios fóra da súa comunidade autónoma. A situación agrávase cando as mulleres privadas de liberdade son nais e queren exercer como tales, o peche sistemático dos centros que permiten que teñan os seus fillos con elas obrigou á dispersión a un centenar de mulleres en 2011 e actualmente só existen tres Unidades de Nais en todo o Estado. A violencia estrutural do réxime penitenciario lígase a outra, ditada como tortura branda por organismos como a Convención contra a Tortura da ONU, que sofren as presas F.I.E.S. É o caso de Noelia Cotelo, F.I.E.S 1, en réxime de Control Directo e o de Maria Osório, agora liberada e à espera de xuízo que estivo presa baixo o réxime F.I.E.S. 3 dedicado a acusadas de banda armada, sen previo xuízo. Os centros penitenciarios dirixidos polo Estado español concentran máis de 5.300 mulleres, cifra que sequera chega a representar máis do 8% do total da poboación reclusa.

Na década dos 90 a poboación reclusa mobilízase para esixir unha mellora no seu trato, calidade de vida e o cesamento de tortura en cadea. A súa mobilización desencadeou unha rápida reacción estatal que creou os Ficheiros de Internos de Especial Seguimento. O Réxime F.I.E.S. prepárase en 1991 coa intención de ter un maior control e vixilancia de cara ás persoas internas presas co fin de obter máis información do delito cometido ou a súa traxectoria no cárcere. Actuará, di, sobre aquelas persoas presas "conflitivas ou/e inadaptadas".

En maio de 2009, unha sentenza do Tribunal Supremo declara que "en contra do parecer da Sala sentenciadora e dos informes obrantes no expediente administrativo, consideramos que esas circulares ou instrucións, o carácter da natureza e das garantías das normas xurídicas ou disposicións de carácter xeral, non son medio idóneo para regular dereitos e deberes dos internos nos centros penitenciarios". Así, anula a parte da instrución de Institucións Penitenciarias que regulaba o réxime dos presos conflitivos incluídos no Ficheiro de Internos de Especial Seguimento (FIES), ao estimar que ao afectar aos dereitos dos internos debía ter rango de lei.

Este réxime penitenciario, posto en marcha no Estado español no ano 1996, ten 5 categorías diferenciais onde o menos restritivo é o F.I.E.S 5, dedicado de forma xeneral a delitos graves de carácter internacional e o máis restritivo é ser F.I.E.S. 1 onde se encontran maioritariamente as persoas que exerceron violencia contra o funcionariado do cárcere. Neste réxime encóntrase Noelia Cotelo Riveiro.

PRESA FIES 1: O CASO DE NOELIA COTELO - MALLEIRAS E AGRESIÓNS SEXUAIS POR PERSOAL FUNCIONARIO

"Onte a miña filla non puido falar comigo. Déronlle outra malleira de morte, ten un ollo que non pode abrilo, o corpo cheo de moratóns das porradas que lle deron, a columna tamén e apenas pode sosterse de pé, un oído que apenas oe, hoxe cando me chamou díxome que temía pola súa vida cando a sacaron da ducha nua e diante do Xesús, o que intentou violala e o xefe de servizos, en total cre que eran uns 10, eu temo moito pola vida da miña filla, o médico Juanjo pasa dela, intentouse levar un médico de fóra e non o deixan entrar, pido axuda se alguén pode axudala, quero ver a miña filla viva, non me deixan vela, dinme que é orde do director. Grazas a todos que polo menos me escoitades, un abrazo,". As palabras de Lola Rivero, nai de Noelia Cotelo, conseguiron dar a volta dende A Coruña ata todo o Estado español denunciando ás torturas e vexacións que someteron a súa filla condenada por furto a ano e medio e que, actualmente, lle acaban de notificar que debería estar en prisión ata 2016 o que supoñerían 8 anos de prisión. De ser así, serían 6 anos máis do que o seu primeiro xuízo ditou.

Lola Rivero narra como o 23 de outubro de 2012 falaba coa súa filla por teléfono. En metade da conversación, os funcionarios instaron a Noelia a colgar pero ela, como aínda lle quedaba tempo, negouse. Cinco funcionarios forzárona a soltar o aparato agarrándoa fortemente do pulso, levárona á súa cela. A súa nai puido escoitalo todo dende o outro lado do teléfono. Máis tarde soubo que a deixaran alxemada á cama ata o día seguinte.

"Esa noite a miña filla durmía alxemada á cama na súa cela. Espertou e encontrou un funcionario que xa lle pegara, chámase Xesús. Estaba a tocarlle os peitos e o torso. O funcionario, que acaba de ser descuberto, e para evitar que Noelia puidese identificalo, lle botou o contido dunha botella de auga á cara. " Á mañá foi trasladada por recomendación do médico do Centro Penitenciario ao hospital para que fose atendida.

- Lola, cando comezan os malos tratos contra Noelia?

- No cárcere de Brieva, no ano 2008.

- E a súa participación en "Cárcere = Tortura"?

- Tan pronto cando nace a iniciativa, que é en setembro de 2012.

- Que supón, tanto para a túa filla Noelia, coma para ti, a existencia desta iniciativa e a vosa participación nela?

- Un apoio, unha saída, unha esperanza.

"Cárcere = Tortura" é unha plataforma que une a diferentes persoas presas para denunciar os malos tratos e a tortura, tanto física coma psicolóxica, á que son sometidas. Dende aquí, en solidariedade con Noelia Cotelo, emitiron unha denuncia contra as torturas que recibiu mediante Change.Org baixo o título de "Todxs somos Noelia Cotelo Riveiro: Non máis torturas nos cárceres".

- A túa filla leva máis de cinco anos en prisión. Era esta a condena que emitiron no xuízo?

- Non, para nada. A súa condena era de dous anos e medio.

- Notificaron a ampliación de condena?

- Non. Tivo varios xuízos dentro da súa estadía de prisión, pero a min non me fixeron chegar nada, nin un motivo nin unha notificación, de porqué a teñen máis tempo aí.

- Por que son estes xuízos?

- Denúnciana os funcionarios por arremeter contra eles. Pretenden poder pegala, mesmo a agredir sexualmente, e que ela non se defenda? A miña filla non se cala ante unha inxustiza, por iso séguena tendo aí no cárcere.

- Quédalle algún xuízo máis?

- Si, un na Coruña. Íase celebrar fai xa 5 meses pero, porque un dos implicados estaba no hospital, non puido realizarse.

- Sabe canto tempo máis pode estar no cárcere Noelia?

- Fai escasos días falei co avogado. Díxome que pretenden que sexa ata 2016, pódelo crer? Serían 8 anos aí metida!

- Por que delito entrou a túa filla no cárcere?

- Por delito de furto.

- Que roubou?

- Un coche.

O 30 de abril de 2013, Noelia Cotelo é trasladada ao Centro Penitenciario de Granada. "Ten 6 horas de patio xunto outra presa, tres pola mañá e tres pola tarde", explica Lola Rivero. "E está máis contenta, mellor que nese matadoiro de Brieva!

- Noelia Cotelo recibiu unha tortura sistemática, a prolongación da súa condena, abusos sexuais, a incomunicación, intervención das comunicacións e a dispersión. Que lle pides á sociedade?

- Que nos axuden, que a axuden, que miren toda a corrupción que hai aquí fóra libre, impune, e que logo observen o que lle fan á miña filla, unha moza que entrou sanda... e que, como sairá? E cando? Que me axuden a sacala de aí con urxencia, necesito abrazala!

MARIA OSÓRIO: A PRISIÓN PARA MULLERES EN RÉXIME DE PRIMEIRO GRAO

Maria Osório é detida o 3 de decembro de 2011. Ela, xunto 3 persoas máis, tamén son acusadas de pertencer a unha banda denominada Resistencia Galega que, por primeira vez, a Audiencia Nacional a acusa de organización terrorista. "É necesario ter en conta que non se lle atribúe persoalmente ningunha clase de acción violenta nin a directa posesión de ningún medio ou instrumento perigoso senón, en todo caso, a pertenza a unha organización presumiblemente terrorista", un ano e 3 meses despois, a Sala do penal n.º 2 emite unha acta de liberación para Maria Osório que, dende febreiro de 2013, espera o seu xuízo en réxime de liberdade. Foi encarcerada baixo o réxime de FIES 3, a categoría de pertenza a banda armada.

- Na operación policial mediante a cal es detida, a policía detén 6 persoas das cales 4 pasades a prisión incondicional. Como foi o camiño cara á Audiencia Nacional?

- Imaxínate, todos os medos cos que vivimos de agresión sexual, ameazas, violencia machista... Y vas toda a viaxe a Madrid tapada e rodeada de policías homes. Vas en tensión, chea de medo. Pero a miña viaxe é tranquila, negueime a declarar e non me interrogaron.

- Despois, ás mulleres e aos homes sepárasenos e, segundo o teu sexo vas por un lado ou por outro. No meu caso supuxo que, ao esperar o relevo da Garda Civil, que era quen nos debía trasladar ao cárcere, e que polos recortes hai menos, en vez de levarnos máis ou menos á mesma hora, os trasladan a eles primeiro ás 7 da tarde e a min á unha da mañá.

- Cando entras en prisión vas directa a primeiro grao?

- Si. Segundo o Regulamento Penitenciario non tes que ir a priori a primeiro grao pero, no meu caso e no doutras moitas mulleres, aplicaron o artigo 75 utilizado ilegalmente para supostas pertenzas a organización terrorista, no meu caso preventivo porque non estaba probado nun xuízo. Déixanme en primeiro grao, directamente, sen ter ningunha sanción, sen estar xulgadas e sen estar probada a existencia de Resistencia Galega, suposta banda á que acusan de terrorista e á que din que pertenzo.

- Que implica ser presa FIES en primeiro grao?

- Comporta posiblemente facer o patio soa se estás en artigo 75 porque non hai máis presas neste modo. Ás veces viña algunha que fora castigada. No de homes si hai máis xente, pero no meu caso non o houbo porque as presas políticas que había estaban xa xulgadas e non as deixaban saír comigo, nin sequera o 24 de decembro que o solicitamos e se nos denegou.

SOUTO DO REAL: ÚNICO CÁRCERE DE TRANSICIÓN PARA MULLERES EN 1º GRAO, iso é permanecen aquí mentres esperan o seu cárcere en categoría de destino.

- Que supón que Souto do Real sexa para as mulleres de primeiro grao en illamento só de transición?

- Non hai actividades. Só tiñamos un crebacabezas destartalado e unha raqueta de tenis medio rota. Queixabámonos, quéixanse, pero as demandas non se escoitan porque total, din, como é de tránsito... As condicións de vida aquí non dan os mínimos para facer un primeiro grao. Non tes nin unha baralla de cartas. É patio-cela-patio-cela-patio-cela.

- Ti ademais o patio tíñalo que facer case sempre soa. Cando tiñas contacto con máis presas?

- Falabamos entre as celas polas noites.

- Canto tempo estiveches aí?

- Dous meses e medio. Iso eu, pero hai xente que, mentres non lle chega o destino, está moito máis tempo. Unha rapaza vasca, por exemplo, creo ter escoitado que botou 2 anos e medio. Saíu de alí con hernia discal.

- Por que se ignoran as vosas queixas?

- Porque estamos de transición, somos poucas e pouco ruidosas. No cárcere todo se cuantifica polos problemas que dás. De nós pasaban amplamente.

- Hai algunha característica boa deste centro penitenciario?

- Había unha boa xinecóloga! As presas sempre cha recomendan. Hai en cárceres que non hai servizo de xinecoloxía así que hai que aproveitar e pedir cita con ela. Pero o máis importante de Souto do Real é que é o primeiro cárcere á que vas parar e te encontras con moita desatención. Se coincides con algunha presa solidaria que che axude, eu encontreimas, colles rodaxe. Cúrteste.

ÁVILA: UN DOS 3 CÁRCERES ESPECÍFICOS DE MULLERES QUE SEGUE EN PÉ

Neste cárcere adóitase dar a coincidencia de presas políticas preventivas por estar preto de Madrid, o cal adoita ser ben acollido. Tamén é das poucas que quedan específicas de mulleres, xa que moitas remataron por reducir módulos para abrilos para homes.

- Isto que implica?


- Que dá igual os motivos polos que esteas no cárcere, como non hai módulo de mulleres onde ti vives, dispérsante a centos de quilómetros da túa familia.

A dispersión por xénero existe. A Secretaría de Institucións Penitenciarias españolas sinala que só existen 3 Unidades de Nais en todo o Estado español: a U.M. de Sevilla (Andalucía), a U.M. de Madrid (Comunidade de Madrid) e a U.M. de Mallorca (Baleares). O peche sistemático destes módulos en 2011 supuxo, só nese ano, a dispersión dunha centena de mulleres.

Tras o peche de cárceres específicos de mulleres como a de Brians ou Wad Rass, no territorio dependente da Administración Xeral do Estado só existen tres establecementos exclusivos para mulleres, o Centro Penitenciario de Ávila, con 162 celas e 18 complementarias, Centro Penitenciario Madrid I, Mulleres, con 385 celas e 38 complementarias e o Centro Penitenciario Alcalá de Guadaira, Sevilla, con 83 celas e 17 complementarias. En total son 630 celas dentro dos Centros Penitenciarios específicos de mulleres para unha poboación reclusa de mulleres de 5.336 a setembro de 2012. Isto significa que tan só o 11,8% das mulleres reclusas cumpren a súa condena en cárceres específicos de mulleres.

O 82,2% das presas están adaptados en módulos minoritarios dentro de Centros Penitenciarios de homes o que, a termos prácticas, significa recorte en servizos e infraestruturas para elas. No informe "Programa para a igualdade accesible" emitido polo Estado español detállase que "talvez coa intención por un lado de diminuír o investimento económico e por outro de priorizar a calma entre a poboación masculina, máis numerosa e tradicionalmente máis problemática fronte ao réxime interno" se establecen "diferenzas evidentes" como por exemplo no caso do futuro cárcere de Pamplona do que "se presume da capacidade e a modernidade dos futuros talleres produtivos, tamén se sinalou sen pudor que estes estarán novamente na zona de varóns sen acceso a eles da poboación femenina."[1] Tampoco é obrigatoria a asistencia médica de xinecoloxía nos sistemas penitenciarios.

- Que diferenzas notas en que un cárcere sexa específico de mulleres?

- A miña experiencia é de pouco tempo mais, como estiven en 3 cárceres, podo dicir que a de Ávila, específica de mulleres, é a que máis actividades tiña. Antes, como quedaba preto de Madrid, era habitual que estivesen alí moitas presas políticas. Agora hai bastantes, en comparación con outras, pero é pequena e todo moi reducido. Agora seguen a estratexia do illamento persoal sumado á dispersión e non xuntan a máis dun número determinado de presas políticas do mesmo país ou conflitos.

- Estase a volver o sistema maquiavélico?

- Dispersión, incomunicación, intervención anulando calquera intimidade, desatención médica... Non é isto maquiavélico?

CENTRO PENITENCIARIO DE VILLABONA: CUMPRIR UNHA CONDENA DE PRIMEIRO GRAO NUN MÓDULO DE RESPECTO CON COMPAÑEIRAS DE 2º GRAO

O cárcere de Villabona é un cárcere onde hai 10 módulos, 9 de homes e 1 de mulleres no cal está implantado un módulo de respecto.

- Asinaches o contrato polo cal cumprías pena baixo este módulo de respecto?

- Non, non asinei. Convertéuseme nunha presa de primeiro grao polo que a engrenaxe do sistema se me presentaba así: sen xuízo, preventiva, dispersada, en 1º grao... eu non vou asinar. Negueime a integrarme nun sistema que non me quere ter integrada. Pero, normalmente, se non firmas te dispersan porque non existe outro módulo con outro sistema. Isto é moi inxusto porque obriga as asturianas a ser dispersadas se non asinan. Isto pasa na maioría destes módulos en todo o Estado.

- Que é para ti un módulo de respecto?

- O intento de facer módulos menos violentos baseados na auto-regulación a consta da auto-censura das persoas presas e o recorte de funcionariado e outros servizos.

- Mais, como dis, non asinaches pero tampouco te dispersaron. Que sucedeu entón?

- Estiven en primeiro grao no módulo de respecto igualmente que, ademais, era de segundo grao.

- Cumpriches unha condena en réxime de primeiro grao nun módulo cuxo réxime era de segundo grao?

- Unha condena non, estaba preventiva.

- É legal?

- Teoricamente non. O regulamento penitenciario é unha cousa que existe, pero case sempre na teoría.

- Pero non había alternativas para que puideses cumprir a túa privación de liberdade segundo correspondera legalmente?

- Si. Podían enviarme a un módulo cun réxime de primeiro grao, para que concordarse co meu réxime, ou rebaixarme un grao e poder encadrarme neste módulo. Pero non foi de ningunha destas maneiras, fixen vida nun módulo de segundo grao cunhas restricións propias do primeiro grao.

- Isto que che supuxo no teu día a día?

- Podía facer actividades ao igual que o resto de compañeiras, niso non eran restritivos, que conste. Pero supúxome unha descoordinación total. Eu saía ao patio pola mañá, elas pola mañá e pola tarde, así que estaba na cela polas tardes mentres elas estaban fose.

VIVIR PRIVADA DE LIBERDADE, DISPERSADA, INCOMUNICADA E INTERVIDA

- Que supón para unha persoa ter toda a súa comunicación intervida mentres desenvolve a súa vida nun réxime de primeiro grao en illamento?

- Ter a certeza de que non podes falar sen que te escoiten é unha indefensión tremenda. Sobre todo cando estás soa nun módulo, sen ninguén que estea a pasar o mesmo ca ti, é moita indefensión. Sénteste soa. Estás soa.

- Hai parvadas ás que non dás importancia na túa vida fóra dos muros da prisión pero alí... canto valor lles dás! A incomunicación, nese aspecto, é preventiva e efectiva. Consegue que non fales.

- Que significa non falar?

- Tragas, tragas... entón, ter que aprender a canalizalo dalgún modo.

- Como te consegues manter íntegra baixo este réxime penitenciario?

- Respondo dende a miña pequena experiencia como presa política. Tendo presente porqué estás no cárcere, recibir apoio dende fóra, a través de cartas ou visitas, que non consigan illarte e aproveitar para formarte. Encontrei moi boas bibliotecas nos cárceres! Tamén é importante aproveitar as túas vivencias alí. Non hai que naturalizar o sistema penitenciario, porque iso querería dicir que ten que existir, pero si é preciso tomar consciencia do que hai. E facelo agora con máis forza que, e cada vez máis, están a facer del un negocio mediante recortes e privatizacións.

- Tamén é importante destacar a solidariedade que pode nacer en ambientes de alta represión. Mesmo saltan lazos desa solidariedade entre xente que non che esperabas e é moi importante que isto suceda nun sistema tan deshumanizante pois é a garantía de que seguimos sendo persoas. Todo isto xunto pode posibilitar que o sistema carcerario non nos amedrente. Hai que saber o que é pero que non nos pare. É imprescindible conservar a forza e gardar a esperanza.

- Encontraches diferenzas dentro do sistema penitenciario, e en todo o proceso de detención, por ser muller?

- Si. Fan diferenzas entre muller presa e home preso, coma se o cárcere de homes fose "a de verdade" e a de mulleres "un paseo". Non entenden que na de mulleres hai violencia aínda que non baixo un esquema igual, a violencia que exercen connosco e que as propias presas exercen contra si, é máis funcional aínda que tamén a hai física. E hai violencia moi alta. Tamén á muller que é valente, a que non se cala, tachana de tola, rómpenlle os seus esquemas de "muller estándar".

- Por exemplo, cando me deteñen, no rexistro, un dos policías pídeme que ao saír non faga espaventos nin movementos bruscos ao que o seu compañeiro engade dicíndome: "Non, non vai facer nada, ti non vas de heroe que heroes xa hai bastantes, as mulleres tedes outro papel". Dáse por suposto que a muller non ten ideoloxía. Trátasenos como noivas de- aínda que despois cumpramos exactamente a mesma condena.

- Como é volver á túa vida normal?

- Tiven un desaxuste temporal grande e non conseguía durmir. O tempo non corre igual dentro que fora de prisión. Non consigo encontrar ese ano e dous meses dentro da miña vida porque, ademais, como estiven en diferentes centros... Y estás tan sometida a unha rutina onde ti non decides nada que despois, cando saes, é todo o contrario e nun principio pode ata ser angustioso. E falo de ano e pouco, que non supón nada, a xente que está presa 10 anos... 20 anos... No quéromo nin imaxinar.

- Que é o que máis che afectou dentro do cárcere?

- Afectoume moito na miña conciencia social a situación das presas FIES 1. O cárcere é como as bonecas rusas, as matrioskas, hai unha dentro doutra. Dentro das presas FIES eu estiven no grao 3, de banda armada, pero hainas no grao 1, en réxime de Control Directo, elas son as de debaixo de todo.

- Nesta categoría adoitan estar mulleres acusadas de influencia negativa sobre outras presas, liderazgo... Na teoría, o paso por este réxime é momentáneo pero logo isto non se respecta. Estas mulleres, as FIES 1, son as verdadeiras esquecidas dos cárceres. Saben con cantos anos entran pero non cando van saír. É como o caso de Noelia Cotelo. Con estas persoas, que non se deixan dominar, aplican tamén a dispersión. Estannos a dispersar a todas! Por iso é unha trangallada tanta división entre as presas porque todas estamos a sufrir o mesmo, empezan a aplicar certas medidas cun colectivo, a modo experimental, e xa despois aplícano con toda a sociedade. Se te dispersan a reinserción imposibilítase porque te separan da túa familia. Hai xente dispersada que non recibe visitas. Cando tocaban os locutorios quen iamos eramos as presas políticas e algunha social pero eramos minoría. E as demais? Sen ingresos económicos, sen comunicación, dispersadas e trasladadas de cárcere en cárcere cada pouco tempo. Esta é a realidade dos cárceres en primeiro grao que, no caso das mulleres, se xunta cunha gran desatención de recursos e infraestruturas que, de per se, xa non son boas.

A data do primeiro xuízo a Maria Osório, xunto tres persoas detidas e encarceradas na mesma operación policial, estableceuse para o 24 e 25 de xuño deste 2013.

SÍLVIA CASAL: Dinme que colla diñeiro para cando volva de Madrid. Xa sabían que non tiñan nada contra min! E tamén que tiña un bebé de 8 meses! "

O 29 de outubro de 2012, Silvia Casal estaba deitando o seu bebé de 8 meses xunto a súa parella cando escoitaron un golpe na porta que se repetiu varias veces. "Pensamos que acontecese algo no edificio". Ao abrir a porta, unha marea de policías encapuchados, salvo dous que ían descubertos, entraron no seu domicilio. "Mandan a miña parella para un cuarto e a min, xunto ao bebé, para outra".

Sílvia Casal informa de que ten un bebé de 8 meses. "Eles respóndenme que xa o saben, que por iso non botaron a porta abaixo". Non obstante, non informan dos dereitos do seu fillo. Dicíanme que non podía quedar con el e que tiña que pasar a Servizos Sociais. E, eu como sei iso? Quen me garante que iso é así? A lei antiterrorista sométete a incomunicación, sen dereito a chamada. Pasaban as horas e o meu bebé choraba porque tiña que comer, é lactante a demanda. Eu non podía parar de pensar nel, sabes o que é isto para unha nai? Así que pedín que me informasen dos dereitos do meu fillo pero non o fixeron". A policía, entón, proporciónalle unha alternativa momentánea. Dinme que o meu fillo pode quedarse pero que mo traerían cada 4 horas para mamar. Pero doulle o peito a demanda, ademais, como podo saber que está ben?". Ao redor de 5 horas despois, a policía accedeu a chamar a súa irmá para que esta puidese levarse o bebé. Antes de abandonar o domicilio, un policía diríxese a ela. Quedeime moi sorprendida, dinme que colla diñeiro para cando volva de Madrid. Xa sabían que non tiñan nada contra min! E que tiña un bebé de 8 meses! E detivéronme igual".

Tras o rexistro do domicilio, pasa aos calabozos de Ferrol. "Alí tiven que explicarlles que se non quitaba o leite podía coller mamite, a miña saúde podía verse en risco. Comprendérono e cada dous horas deixábanme saír da cela para quitar o leite nun habitáculo". Despois trasladárona á Audiencia Nacional.

- Como foi o traslado?

- Non querían deixarme durmir, entón facían preguntas constantemente dende as máis chorras ata as máis disparatadas.

- Que actitude tiñan?

- Moi paternalista. Se me vían tranquila, que non o estaba porque non podía parar de pensar que todas as horas que eu estaba aí eran horas que o meu fillo non durmía, pero se me notaban unha aparencia tranquila, poñíanse nerviosos. "Moi tranquila te vexo", dicíanme. Tamén me dixeron que se quería que o meu fillo crecese "así". Buscan que te esborralles, sabes?

- Sentiches que a túa detención estaba a ser diferente polo feito de ser muller?

- Creo que o trato policial é igual de peor psicoloxicamente tanto para a muller como para o home, pero si notei unha diferenza no obxectivo da detención.

- Como é iso?

- Na presión para que fales. Á miña parella, por exemplo, dinlle que se quere volver comigo e o noso fillo ten que falar. A min dinme que se quero ver o meu fillo teño que delatar compañeiras e compañeiros. Pensar é un delito?

- En que te cambiou ser detida?

- Cando me detiveron sentinme como unha mouta de po coa que poden facer o que queiran. Movela dun lado a outro ou mesmo borrala. Nós temos un grande apoio no noso pobo porque facemos moita vida aí e a xente apoiounos aínda que sempre hai quen, cando te ve, cambia de beirarrúa. Eu son optimista e non vou abandonar as miñas ideas nin deixar de defender a miña xente nin de traballar polo meu pobo.

Sílvia Casal estivo detida 36 horas baixo a lei antiterrorista española sendo acusada de pertenza a organización terrorista. Isto supón ata un máximo de 5 días de incomunicación preventiva, que pode ser prolongable ata 13 días con orde do xuíz, sen dereito a chamada e sen dereito a servizo letrado nin médico de propia elección.

A incomunicación e a dispersión son métodos denunciados e descritos como tortura branda por organismos como Amnistía Internacional ou a Convención contra a Tortura da ONU. Tamén loitan pola súa supresión diferentes organismos que traballan polos dereitos humanos entre os que están os galegos Observatorio para a defensa dous direitos e liberdades EsCULcA, Organismo pupular anti-repressivo Ceivar, a Plataforma cidadá Que Voltem a Casa .

Noelia Cotelo ou Maria Osório son dúas mulleres que foron presas F.I.E.S., dúas galegas que sufriron, unha aínda o fai, a incomunicación e dispersión. Son dous exemplos dentro do 54,09% das mulleres reclusas están en centros penitenciarios fóra da súa comunidade. [2] Actualmente a poboación reclusa feminina é dun 7,6% do total da poboación penitenciaria, unha pequena cifra que fai delas as grandes esquecidas do cárcere.

"Seria hipócrita ou inxenuo crer que a lei se fixo para todo o mundo ou en nome de todo o mundo; que é máis prudente recoñecer que se fixo para algunhas persoas e que recae sobre outras" [3], dentro do sistema carcerario o seu efecto máis importante, e da súa extensión, é que logra volver natural e lexítimo o poder de castigar, e rebaixar polo menos o albor de tolerancia á penalidade (...) procura unha especie de garantía legal aos mecanismos disciplinarios, ás decisións e sancións que empregan"
[4]. Michael Foucault.

ANOTACIÓNS

[1] "Programa para a igualdade accesible" - Páxinas 33-34.

[2] Dato referido ao ano 2006 - "Ficheiros do Ministerio de Interior español" - Páxina 21.

[3] Michael Foucault, Vixiar e Castigar: nacemento da prisión. Editorial Século Vinte E Un, 1978 [Terceira edición en castelán] - Páx. 285.

[4] Íbid - Páx. 308.

Leer más...

29 may 2013

Bloque libertario e antidesarrollista na manifa "contra a minaría salvaxe" de este domingo en Compostela

Fixéronnos chegar a esta revista, para que lle deamos difusión, a intención de crear un bloque libertario e "antidesarrollista"(*) na manifestación convocada pola "rede ContraMINAcción contra a minaría destrutiva en Galiza" (máis información da convocatoria da manifa neste blog -AQUÍ) prevista para este domingo 2 de xuño en Compostela. A idea é apoiar a convocatoria, e as loitas das distintas vilas afectadas por estes proxectos ecocidas, dende unha perspectiva anarquista contraria a voracidade industrializadora que devasta a nosa terra e avoca o mundo a una lenta agonía.
Así que alí nos veremos aqueles anarquistas que decidamos ir e secundar esta interesante proposta.


C.R.

(*)"Antidesarrollista"= Si, castrapo pajuer, pero é que "antidesenvolvementista" é un palabro infame.
Leer más...

Comunicado sobre a compra do CSOA Palavea

Copiamos e colamos da sua web:

Ante a recente noticia da compra dos terreos do antigo internado das Oblatas del Santísimo Redentor para a súa conversión nun xeriátrico privado, dende a asemblea do Centro Social Okupado e Autoxestionado de Palavea, que dende hai máis de ano e medio xestiona o proxecto social, político e cultural que dá vida a este espazo, queremos facer público o seguinte comunicado:

Somos conscientes da manobra especulativa que permitiu que a propiedade do inmoble pasase de Nova Galicia Banco a outras mans do capital privado, por unha cantidade de diñeiro moi inferior á que no seu día se pagou polo terreo. Tendo en conta que Karpin, o empresario e ex futbolista do Celta que perdeu a propiedade do inmoble por non poder afrontar os pagamentos, pagara pola casa máis de sete millóns de euros, e que agora o empresario de Sada que a acaba de adquirir pagou só un millón e medio (cinco veces menos), faise evidente que a nosa presenza no espazo foi aproveitada con escuros fins especulativos para realizar un lucrativo negocio.

Sobre o feito de que o fin que agora se lle quere dar ao terreo sexa a construción dun asilo de anciáns queremos facer constar, para disipar posibles confusións, que o que aquí se está a cociñar é un negocio privado, non un filantrópico proxecto de utilidade pública. Aproveitando o paulatino envellecemento da poboación, así como a onda de privatizacións que entregan os máis elementais servizos públicos ás poutas do capital, avispados empresarios pretenden lucrarse a custa dos dramas familiares que supoñen o coidado e atención dos nosos maiores, cobrando prezos exorbitados ás familias e espoliando as pensións dos anciáns. Que se desengane o que pense que un asilo destas características é un equipamento social para o barrio; a veciñanza, de orgullosa orixe humilde, xamais poderá pagar os abusivos prezos dun negocio pensado para os podentes petos dos señoritos de Juan Florez.

O que este barrio necesita son equipamentos sociais públicos (centros de saúde, parques, colexios, centros sociais…) non elitistas negocios erixidos á sombra do desmantelamento do estado de benestar e da privatización dos servizos sanitarios. Unha residencia privada para ricos en nada vai axudar aos veciños, que terán que seguir coidando aos seus maiores na casa, gústelles ou non, por non poder pagar a xestión privada daquilo que nunca debeu de deixar de ser un servizo público ou comunitario.

Agora xa sabemos o que o barrio supostamente vai “gañar”, agora toca saber o que lle queren quitar: un centro social aberto e gratuíto de xestión horizontal e asemblearia. Xestionado á marxe de subvencións públicas ou de lucro privado, onde todos os que traballan e se relacionan nel o fan de forma libre, gratuíta e desinteresada. Un espazo que desenvolveu talleres gratuítos de guitarra, manualidades, artes marciais, artes plásticas, cociña… Un espazo onde se reúnen asociacións culturais do barrio e grupos de xogos infantís; onde se desenvolveron infinidade de encontros, charlas, reunións e asembleas dun sen número de grupos diferentes e heteroxéneos. Un espazo que ofrece un ximnasio, unha rampla de skate ou un estudo de tatuaxes nos que non hai que pagar máis que as achegas voluntarias necesarias para o seu mantemento. Un espazo que sostén unha horta ecolóxica e colectiva que nutre os abundantes comedores sociais dinamizados dende o centro social. Un espazo con sala de concertos ao servizo de calquera iniciativa solidaria, un taller de bicicletas, un ciber café gratuíto, unhas canchas de baloncesto a disposición do público e un sen número de cousas máis que pretende abrirse aos movementos sociais da urbe e a todxs aqueles que queiran experimentar unha vida libre e alternativa, á marxe do capitalismo e as súas institucións.

Que non vos enganen, aquí enfróntanse dúas concepcións distintas de xestionar o mundo: As afiadas poutas do capitalismo voraz e depredador contra o firme puño dos que loitamos por unha vida máis xusta, libre, comprometida e igualitaria.

A nosa okupación non é máis que a liberación dun pequeno espazo deste gris pesadelo ao necesario sono dun mundo mellor.


A asemblea do Centro Social Okupado e Autoxestionado de Palavea.
Leer más...

Redundando no erro: La Voz (tv) em 29 de abril fala de "Novembro Negro" como grupo anarquista galego

Vimos de saber que em 29 de abril no programa debate e informativo da tv de la Voz:  "Vía V" com o cabeçalho "¿Estallido social contra la crisis?" (assim em castelám) dam conta a partir do minuto 43 da informaçom facilitada pela polícia nacional espanhola alertando dum incremento de anarquistas na Galiza, abondando na teima de culpabilizar-nos de introduzir-nos em movimentos sociais (ve-se que até agora estavamos todas agochadas nas nossas casas aguardando a que começara o 15M para infiltrar-nos e umha vez fora dos nossos agochos o mesmo figemos com as movidas da educaçom ou sanidade, porque todas sabemos que a nós nom nos afectam os recortes e que só estamos nesses movimentos para aproveitar-nos deles e chuchar-lhes o sangue) e, como nom, repitem a metedura de zoca do informe policial ao falar do novo grupo "NOVEMBRO NEGRO" criado em Compostela no ano passado (ai!! essa mania dos mass merdas de nom contrastar a informaçom que lhes remite a "sempre fidedigna polícia") e como papagaios repitem que como tal movemo-nos por toda Galiza impartindo palestras em Santiago, A Corunha, Vigo, Ourense, Marim e A Guarda, é dizer, contrastar nom contrastarom pero ve-se que vissitarom na nossa página a notícia das Jornadas Itinerantes realizadas em Novembro de 2012 (aqui) pois som as mesminhas vilas e cidades onde houvera palestras dessas Jornadas (inciso para que lhes fique dumha vez claro para os senhores e senhoras polícias, juízes, fiscais, jornalistas e debatistas professantes: as jornadas chamarom-se Novembro Negro porque forom em Novembro, ao igual que no ano 2010 chamaram-se "Abril Libertário" porque foram em Abril) . A novidade nesta ocasiom, e por isso é notícia neste blogue (senom seria repetir-se de mais pois já recém foi tratado isto acá e acolá) é que falam de que "predicam o anarquismo sem violência" (???, disto sim que nom sei de onde tirarom essa infomaçom), claro que, de seguido, apelam a que isso "Nom é o que di a polícia" e voltando ao informe policial (a biblia par os jornalistas dos mass medias) aclaram que na estratégia destes "novos grupos anarquistas" inclue-se a colocaçom de "artefactos explosivos, coqueteles molotov, cartas e paquetes bombas" e que além de na Galiza, estes "novos grupos" actuam por La Rioja, Catalunya, Madrid e Andalucia e, nom podia falhar, retomam o manido "Triángulo Anarquista" com Grécia e Itália, para rematar com umha frase para a história do jornalismo: "Así que todos muy pendientes de los anarquistas aquí en España pero tambien en Grecia y también en Italia" com o que se retoma a mesa de diálogo e começa o inédito: Tras umha primeira intervençom ao respeito dum tema antérior de debate (onde o ponhente e ex-vicepresidente da Junta com Fraga, Xosé Luís Barreiro Rivas, entroutras lindeças demonstra que desconhece a actualidade da situaçom grega ao falar de que a mobilizaçom está parada) que da pê a moderadora a retomar o fio da "investigaçom policial" em torno aos anarquistas ao que o mesmo tertuliano (professor de Políticas na USC) aclara no início que nom temos nada a ver os anarquistas de antes (Durruti, sindicatos da república) com os de agora, que som "algaraderos que aprovechan el momento para hacer algaradas" (toma riqueza da linguagem!!) e já muito mais rissíveis som as suas verbas ao respeito da nossa intençom de "meter a la gente que es de otra naturaleza, la de las preferentes y los deshaucios , etc. convertirlos mediante el proceso de infiltración en anarquistas,...", ve-se que temos o poder de converter!! (seremos magas??). Isto da pê a outro tertuliano (também professor da USC e candidato falhido dos grupos nacionalistas a reitor Lourenzo Fernández Prieto, Tito) a aclarar que na história (e assim deixa patente que é professor de história contemporánea) houvera anarquistas coma os de hoje e fai lembranças de que a Canovas, a McKinley, a Lincoln, a Canalejas, a Dato os matarom anarquistas individualistas (??) e tras uns segundo de retomar ao tema antérior e ser curtada pola moderadora que insiste em falar de nós, o Tito presume de ter entrado na nossa página (suponho que se refire a esta) e di que "nom os conhecia de nada, nunca ouvira falar deles, digo o que vim como historiador que conhece o anarquismo levemente e o que vim som: umha gente nova que busca referências em Durruti, nos libertários, nom falam nunca de acçom individual, falam de acçom colectiva" (???) e tras um inciso no que aclara que el nom tem simpatia algumha polos anarquistas e tampouco antipatia, (ubica-se assim "neutral") e julga-nos como "gente bastante culta que invita a professores da universidade a reunions, que se pregunta por problemas polos que nos preocupamos todos e que tenhem perfeito direito a faze-lo" e a partir de ai "salvam-nos o cu" tanto o Tito como a moderadora ao afirmar que hai que ter muito coidado com isso da conspiraçom, que a sua página está moi bem feita (obrigadas!!), que nom se ocultam, e mesmo a moderadora di que gostaria de que foramos ao programa e o da case por feito dizendo que "vamos a convidarlos porque me parece interante saber..." (se bem, passado já um mês, nunca chegou-nos convite algum) para de seguido retomar o Tito com o anarquismo individualista e alerta que a violência em tempos de crise canaliza-se de diferentes jeitos e profetiza que também, para nossa desgraça, voltará essa idea de que o individuo pode soluçonar problemas e fala da possibilidade de que jurda outro Mateo Morral que pense que com a sua acçom individual acaba com os problemas, para rematar aclarando que por ser anarquista nom se passa nada, pero que fique claro que o anarquismo é também umha forma de política e que o anarquismo espanhol terminou tendo ministros (tudo um professor da USC recurrindo ao manido engano e confussom de igualar partidismo e participaçom eleitoral com política) e remata a moderadora com a reiterada proposta de convidar-nos para saber de que imos as anarquistas de Novembro Negro (mas nom imos estar aguardando). Asdo eDu (um nom tam novo anarquista de 52 tacos) Leer más...

[Compostela] Xoves 6 xuño Xornada Solidaria coas Nais en Loita

Terá lugar as seguintes actividades no C.S.O. Casa do Vento:
as 14:00' Xantar
as 17:00' Presentación do colectivo Nais en Loita e falarán da 2ª edición do libro de Xosé Tarrío: "Huye Hombre Huye"

E no Café Ateneo 30
as 22:00' Concerto con:
BitxoBola (Cantautor Punk)
Garcia (presentando o novo disco "Abaixo e de pe")
Leer más...

[A Valenzá] Venres 31 de maio. Ceador Vegano e Concertos

ESTE VENRES DÍA 31 de Maio de 2013 temos cita.

Desta vez ademais de petiscos veganos e refrixerantes a prezos populares teremos música ao vivo

con concerto de Maskarpone e sesión Dj Reggae & Ska

Contamos con todxs vós a partir das 9hs da tarde!

Agradécese que nos escribades un mail confirmando asistencia para tantear á hora de cociñar...

E lembrade que cambiamos de lugar: Local da Asociación de Veciñ@s das Lamas
Localización: Seguide Avenida de Celanova (A Valenzá) todo recto. Ao pasar por debaixo da ponte da autovía collede a primeira á dereita e continuade de fronte ata dar coa praza do pobo.

(para calquera cousinha: 650483352)

Apertas veganas
Leer más...

[Vigo] Acto de rúa xoves 30 de maio de 11:00' a 13:00' na Praza da Constitución

Damos conta desta convocatoria que nos envian as compas da Oficina Dereitos Sociais-Coia:

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, GAS (Grupo de Axitación Social) e o Grupo O Imán queremos informar aos medios de comunicación da organización o vindeiro xoves 30 de maio dun acto de rúa na Praza da Constitución co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Ao acto asistirá tamén a compañeira Beatriz Figueroa que nesa data levará 9 días en folga de fame diante das portas do INEM de Navia denunciando que "El SERGAS te cura el cáncer, el INSS y el INEM te matan de hambre."

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz..., continuamos a recibir en demasiadas ocasións unha resposta negativa cando nos achegamos aos servizos sociais en busca dunha solución, cando menos parcial, aos nosos graves problemas. “Non hai cartos”, escoitamos con frecuencia. Pero mentres, hai cartos a esgalla para proxectos que nada teñen que ver cos dereitos fundamentais da cidadanía; e mentres, por exemplo, continúa sen ser executado o plan de axudas sociais para familias con escasos ou nulos recursos, aprobado o pasado xaneiro por un importe de 3,2 millóns...

O acto se desenvolverá entre as 11:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas familias no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.
Leer más...

MARCHA CONTRA CELULOSAS este Sábado 1 as 19:30'

O día 1 de xuño con saídas de Pontevedra ou de Marín (ambas con saída dende as suas respectivas Alamedas) farase unha nova “MARCHA CONTRA CELULOSAS” para apoiar a esixencia do peche do complexo e contra a ampliación da concesión que recolle a nova lei de costas.

A súa vez informamos tamén que nace unha plataforma en Pontevedra baixo o nome “Plataforma 2018 contra a prórroga a ENCE”. Esta plataforma nace coa ideia de denunciar e traballar en prol de evitar que ENCE, coa modificación da lei de costas, poida estar na ría de Pontevedra máis aló do 2018.
Leer más...

[Vigo] Sábado 1 de xuño as 12:00'. Pobos unidos contra a troika.

Hai días recibiramos de ECOAR Vigo na nosa caixa de correos unha petición de publicar un artigo para dar pulo a Manifestación Contra a Troika, depois da nosa resposta positiva, agora recibimos este artigo ao que damos consabida e gostosa publicidade, ademais copiamos da sua web o video que podedes visionar clicando en "leer más" e o cartaz da foto:

O vindeiro 1 de xuño, a cidadanía de máis dez países europeos (Portugal, Escocia, Eslovenia, Italia, Grecia, Alemaña, Bretaña, Francia, Inglaterra, Chipre, España, Galicia, Catalunya e País Vasco) sairá á rúa para rebelarse contra as medidas impostas pola Troika (Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional e Comisión Europea). No caso de Vigo, a mobilización terá lugar ás 12:00h., partindo da Praza de España, con percorrido até a Porta do Sol.


Saiamos na procura de sistemas que acepten a libre participación democrática de todas e cada unha das persoas que compoñen a nosa sociedade; sistemas nos que os dereitos humanos estean por enriba dos intereses económicos ou de poder; sistemas nos que o medio ambiente sexa un ben a preservar; sistemas nos que a dignidade das persoas sexa respectada con independencia da súa situación social ou económica. Sistemas, en definitiva, nos que a soberanía estea en mans de quen debe estar: do pobo.

O vindeiro 1 de xuño, saiamos á rúa para dicir que todxs nós estamos contra este sistema que dende vai xa tempo está en contra nosa. O vindeiro 1 de xuño, todxs unidos contra a troika.
Leer más...

[Vigo] Sábado 1 xuño as 20:00' - Charla: "Gastos militares e modelo de defensa do Estado Español" no CS A Cova dos Ratos

Recibimos esta convocatoria do Espazo Aberto Antimilitar e damoslle pulo:

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa.

O título da charla é "Gastos militares e modelo de defensa do Estado Español" e nela contaremos coa presenza de José Ambrona e Juan Carlos Rois que nos falarán dos gastos militares no Estado español e analizarán o modelo de defensa actual baseado no militar e a violencia.

Será o sábado 1 de xuño a partires das 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3, Vigo)

+info: http://www.nonaogastomilitar.org/content/1xu-o-charla-gastos-militares-e-modelo-de-defensa-do-estado-espa-ol
Leer más...

28 may 2013

Eu, cidadán terrorista

Copiamos e colamos à ìntegra este moi bo artigo de opiniom de Marga Tojo no diario dixital Praza pública:

En mal momento quedou o Goberno sen o principal canalizador ao que desviar as preocupacións cidadás. Onde agarrar o seu vello discurso do inimigo, sen ETA de comodín a man? Como encher ese marco semántico e emocional do adversario que en España foi durante décadas o terrorismo, precisamente agora que a lexitimación gobernativa se resentiu? Como convencer os 6,2 millóns de parados de que o perigo segue sendo o outro? Está seguro de que nada do que vostede fai o converte en obxectivo policial? É vostede un cidadán de ben ou un terrorista de novo cuño?

A pesar das discusións internas no seo do PP, todo parece indicar que o único punto cumprido do programa electoral de Rajoy terminará sendo a reforma da lei do aborto. Mentres, existe un quórum no Goberno e os seus medios de comunicación afíns sobre cal é o modo discursivo e operativo que debe imperar. “Por unha banda, aplicar o Dereito Penal do inimigo, o populismo punitivo, e, por outra, as respostas represivas aos movementos sociais”, sostén Raimundo Viejo Viñas, doutor en Ciencia Política e da Administración e profesor da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona.

Aínda que a estratexia non é nova, a súa verosimilitude resulta no contexto actual moito máis ardua. A lectura de José Ángel Brandariz, profesor de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC), é que “por primeira vez desde a morte de Franco, a construción retórica dun ou varios inimigo -unha das maneiras máis cómodas, aínda que menos democráticas, de administrar a conflitividade social e política- supón unha tarefa pouco sinxela”. O cambio na situación de Euskadi levou o executivo a ter que actualizar o sistema de control, “só que a sociedade ridiculiza a súa estratexia; porque, ademais, hai algo que aínda escapa ao seu control: as redes sociais. Aínda lograron inventar un patrón eficaz para iso”.

Mentiras preventivas. O teorema de Thomas

Para obter o seu propósito, o Estado ten dúas opcións: ser reactivo ou preventivo. Pero a reactividade non sempre é útil, chega tarde e suscita facilmente a crítica. Por iso en ocasións “o que fai é adiantarse con mentiras preventivas”, explica Raimundo Viejo. Sucedeu cando o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz anunciou que convocar concentracións por internet sería considerado delito de integración en organización criminal. “Isto é imposible, legalmente inviable, pero ao lanzar esta mentira conséguese xerar un estado de tensión e un efecto inhibitorio”. Como propón o Teorema de Thomas, o que é crido como verdade, convértese en real nas súas consecuencias.

Así, a policía visitou o pasado mércores os domicilios dos fotógrafos Raúl Capín e Adolfo Luján para detelos por presuntas "agresións á autoridade". Segundo o avogado dos reporteiros gráficos, tras a decisión, hai “un aviso a navegantes -á prensa, principalmente-, para evitar testemuñas incómodas”. Horas despois Capín e Luján eran postos en liberdade con cargos.

Segundo o profesor Raimundo Viejo, Wchegou un punto en que o abano de inimigos está a facerse demasiado grande e calquera cidadán podería entrar a ser considerado terrorista”. Fronte á xente “de ben” -os nosos votantes- está o que protesta e “coquetea con organizacións próximas a ETA” -en palabras de Rafael Hernando (número tres do PP)-.

Son, por exemplo, os membros da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, cuxo escrache pareceulle ao ex líder do PP vasco, Antonio Basagoiti, “calcadiño a como o facían os do mundo abertzale". En consonancia, Interior instou os seus axentes a eliminar o termo e substituílo por "acoso, coaccións ou ameazas?, para convertelos por obra e graza léxica nunha vulneración da legalidade. A pesar diso, o venres 10 de maio, o xulgado de instrución número 4 de Madrid arquivou a causa contra 27 imputados pola protesta ante o domicilio de Soraya Sáenz de Santamaría ao non atopar delito nin falta.

Viejo etiqueta o escrache como “o catalizador máis importante da democracia en décadas”; unha práctica política á altura dunha ruptura constituínte. Por iso, se a desobediencia aos desafiuzamentos era até certo punto defensiva, apremada pola urxencia da solidariedade coas vítimas, o escrache ”sitúase no horizonte dunha contraofensiva dunha sociedade que comprendeu a dobre rapadoira para os sobres -e quen os dan-, e os desafiuzamentos -e quen os padecen. Por iso non lle sorprende que sacase a relucir toda a artillaría retórica do mando, “desde as máis ramplonas ameazas fascistas a Ada Colau, até os máis exquisitos argumentos sobre a inadecuación aos preceptos da democracia liberal, a mesma que, curiosamente, nos trouxo até aquí”.

Durante as mobilizacións do 15M producíronse un total de 447 detencións. Sobre esas actuacións policiais non sobreveu, polo momento, nin unha soa condena. A maioría das sancións están a ser “arbitrarias e inxustificadas”, segundo os letrados. Nun vídeo tomado nas mobilizacións en torno ao congreso dos deputados un policía nacional esíxelle a documentación a dous mozos co seguinte argumento: "eu teño a obriga de pedirlles a documentación por se están vostedes incumprindo algún artigo da Lei". Ás palabras do policía o mozo responde: "Acabo de baixar agora mesmo e teño que ir á miña casa". O axente armado insiste: "Vostede entrégueme a súa documentación e logo se quere presentar un prego de descargo cóntello á delegación do Goberno". Un dos dous mozos foi trasladado posteriormente a un dos furgóns policiais onde se comprobaron os seus datos, afastado das miradas de cámaras e veciños.

Se lle damos a razón ao politólogo Sami Naïr e a linguaxe é sempre un instrumento totalitario e fascista, pois a relación entre obxecto designado e palabra é imposible, a única protección posible é a consciencia do receptor. Niso este goberno facilitou a tarefa, ao sistematizar dun modo tan notorio a apropiación da linguaxe, a súa performatividade, e moralización do discurso para lograr que calquera conflito social poida converterse nun asunto de seguridade e de orde pública.

Fátima Báñez di que a emigración de mozas e mozos de España chámase “mobilidade exterior”, os dereitos pasaron ao epígrafe de privilexios, o concepto de liberdade fundiuse co de seguridade, o dereito a manifestación necesita ser “modulado”. Todo en virtude do “sentido común”, mantra do partido.

As catro mulleres asasinadas por violencia machista en 48 horas son tratadas como feitos conxunturais, non estruturais, sobre os que non se toman medidas. Que pasaría se eses crimes recibisen o nome de atentados? Que sucedería se, por exemplo, un presunto lobo solitario -a tan socorrida nova especie terrorista-, matase catro cidadáns en 48 horas? Que pasaría se fose ETA? Por que a retórica está a ser nos crimes contra as mulleres tan intencionadamente fláccida?

Revisitando a Lakoff

Como no Non penses nun elefante de George Lakoff, o Partido Popular bótalle o lazo ao recurso da conversión en símil de ETA a todo antagonista. É seguramente o que conduciu ao director de ABC, Bieito Rubido, a asegurar que o socialista Eduardo Madina -que sufriu a amputación da súa perna esquerda por unha bomba lapa da banda terrorista- “simpatiza máis co que representa ETA que co que representa o Partido Popular”. Ou, nun modo máis naif, explica o perseverante argumento que o presidente da Xunta de Galicia, Nuñez Feijóo, emprega para descualificar ao líder da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), Xosé Manuel Beiras, de quen di con desprezo que “toca o piano”. Con isto convérteo en indigno de confianza, pois ten coñecementos dos que, en España, tras un rosario de infrutuosas reformas educativas, a xente carece. Así, Beiras, é igual a raro, e raros sempre son os outros, o inimigo.

A última deriva deste postulado é a que se refire á semellanza entre as mulleres que abortan e a banda armada. Foi expresada polo responsable de Interior, recoñecido membro do Opus Dei que atopou a fe tras unha fin de semana en Las Vegas, para quen Deus, “o gran lexislador do universo, que está moi presente no Congreso” foi o encargado de trazar o seu camiño até o Ministerio, “o lugar onde quere que estea”. A demonización alcanzou glosas inverosímiles, coma aquela na que o edil de Economía de Castelló, Juan José Pérez Macián, asegurou que os membros do 15M “son híbridos de hiena e rata”. E nos plans do goberno até o sexo pode adquirir a esencia de adversario.

A consecuencia de instalarse nun modelo punitivo encamiñado a xulgar inimigos, máis que nun dereito penal garantista sustentado nos principios do Estado de dereito, é a dicotomización social en dous bandos, e o permiso autoconcedido en virtude diso para aplicar sobre o adversario condenas moito máis duras, de maior duración, en peores condicións, afastadas do modelo de reinserción social que, suponse, rexe o sistema penal español.

Así mesmo, fai necesario elevar o gasto carcerario e o encamiñado á represión da protesta e da inseguridade urbana suscitada pola desinvestimento social e a deficiente xestión da crise económica. Así, por exemplo, a partida para material antidisturbios e equipamento de protección da Policía Nacional multiplicouse por 18 en 2013, até os 3,26 millóns de euros, segundo se recollía no Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para este ano. Ao seu lado, fixéronse recortes de persoal e conxelouse o investimento en Policía Científica.

Invención dun imaxinario terrorista en Galicia

A última cortina de fume está a deslizarse sobre Galicia en forma de banda armada. Segundo o Partido Popular chámase Resistencia Galega e o xornal ABC fixo mesmo un detallado esbozo da súa estrutura e funcionamento a pesar de que ningunha sentenza admite a súa existencia. Entre outras afirmacións, ABC atribúe o seu financiamento aos “nada desdeñables ingresos que obteñen a través da venda do refresco denominado Galicola”. Segundo os impulsores desta bebida refrescante -unha asociación cultural legal e sen ánimo de lucro que destina os seus ingresos á promoción de proxectos que apoian a lingua galega a través dun concurso de etiquetas- véndense un máximo de 1.250 botellas ao mes, ao prezo dun euro por unidade para o consumidor. Os cálculos son sinxelos.

Nos anos oitenta corría a lenda de que o refresco KAS financiaba ETA, debido a que as súas siglas se correspondían coas da Koordinadora Abertzale Socialista. E talvez haxa algo dese espírito no relato de ABC sobre a Galicola: “Sérvese na gran maioría dos centros sociais do ámbito independentista galego, inspirados na rede de herriko tabernas da esquerda abertzale (?) lugares de captación e adoutrinamento dos novos aspirantes a formar a trama terrorista de Resistencia Galega”. A bebida comercialízase, entre outros locais nada susceptibles de responder á descrición do xornal, no restaurante de nova cociña galega Abastos 2.0, recomendado pola revista de referencia Eater.com, ou na cafetaría dun tradicional colexio privado de Santiago de Compostela.

Segundo a normativa internacional e o fixado como decisión marco pola Unión Europea despois dos atentados do 11M, o elemento medial do terrorismo debe ser sempre a comisión de delitos graves. Sublíñao Benet Salellas, avogado dun do seis galegos que actualmente están en prisión provisional á espera de xuízo por suposta relación cunha "organización terrorista" á que ninguén di pertencer e que se descoñece socialmente. “Para min existe un elemento moi importante: que nunca se atoparon armas”.

Se se utilizasen os conceptos dos anos oitenta, os tradicionais na nosa lexislación de “organización armada” ou de “banda armada”, non poderiamos aplicarllos a eles. Cando falamos de terrorismo falamos dun concepto xurídico, non ético nin social. Pero na Audiencia Nacional úsanse os conceptos penais de forma expansiva, extensiva e até analóxica. Existe en Galicia colectivos intimidados por accións terroristas? A resposta é non. De feito, iso é o que se deduce do último barómetro do CIS, segundo o cal menos dun 0,2% da poboación galega considera a existencia do problema.

Fronte a esta situación, o blog http://devoltaparaloureda.wordpress.com/ acaba de recibir o X Premio Roberto Vidal Bolaño como reflexión colectiva á garantía dos dereitos humanos. Trátase dunha web de apoio aos presos preventivos a quen a xustiza vincula co terrorismo galego e que se atopan en prisión á espera de xuízo. Os responsables desa páxina de internet realizaron unha enquisa ás portas dun centro comercial da capital galega para comprobar os datos do CIS. A pregunta eran sinxela: "Cal é o principal problema social?, Preocúpalle o terrorismo en Galicia?.

A principios do mes de abril, no Parlamento galego, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera insistiu en negar a existencia de terrorismo galego: "Negamos a maior, a existencia de terrorismo en Galicia". Daquela sesión saíu un consenso histórico entre a oposición coas firmas de BNG, AGE e PSdeG-PSOE a unha iniciativa dos primeiros. Na iniciativa parlamentaria pedíase pór fin ao uso abusivo do réxime de incomunicación durante as detencións e á dispersión penal, modificar a lexislación de excepción, ou garantir a aplicación do denominado protocolo Garzón contra a tortura. A maioría absoluta do PP tombou a proposta.

Orixes: Operación Castiñeira

Foi no ano 2005 cando se iniciou o proceso, coa detención de once membros de AMI (Asemblea da Mocidade Independentista) durante a Operación Castiñeira. Sobre iso escribe o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, en De volta para Loureda: "Jaume Matas, cunha condena de seis anos enriba, anda libre por razóns que se me escapan e que pretender entender custaríame bastante tempo e unha minuta considerable. Carlos leva oito meses en prisión por pertenza a unha organización terrorista. A cal? Á que vostede queira, e se non lle gusta esta, temos outra. Lembro a presentación en sociedade da Operación Castiñeira, nunha época en que aínda había preguntas. Quero dicir, na que os xornalistas faciamos preguntas e os preguntados respondíanas. A Operación Castiñeira foi a detención, cunha chea de watios de luz e son, de oito ou nove rapaces pertencentes a AMI. 'Cal é a acusación?', preguntarámoslle ao entón Delegado do Goberno. 'Ben, son de AMI'. 'Pero non é ilegal, non?', 'Ben, o xuíz xa determinará se hai algo'. Efectivamente, non había nada. Máis nada que un ridículo absoluto para quen ordenou a operación e un mal grolo considerable para quen a sufriu. Desde entón perfeccionaron o sistema. Xa ninguén se pon a tiro de micrófono. E os detidos falan húngaro".

Con todo, o último informe da Oficina Europea de Policía (Europol) Terrorism Situation and Trend Report inclúe unha breve reseña da actividade de Resistencia Galega. Europol especifica que a suposta organización "continuou perpetrando ataques terroristas en Galicia en 2012 nun número similar a 2011” e considera que a eficacia antiterrorista "parece reducir significativamente as capacidades operativas".

Para o profesor de Dereito Penal José Anxo Brandariz os informes de Europol “son manifestamente selectivos e tendenciosos. Calquera persoa que coñeza o tema, e os leu, como é o meu caso, sábeo. Facer unha idea da realidade da violencia política e do terrorismo en Europa con eses informes é inviable. Seleccionan aquilo que lles resulta mais cómodo para a súa narrativa de análise, e niso falar de Resistencia Galega parece encaixarlles moi ben, tanto para o contexto español como para o europeo. En todo caso, é extremadamente revelador de por onde van ir as cousas nesta materia”.

Joam Peres, da organización “legal e transparente” Causa Galiza, que tamén figura no organigrama terrorista de ABC, contra o cal anunciaron unha querela, denuncia “un seguimento obsesivo á ideoloxía independentista, que é legal e lexítima; vixilancia 24 horas, e unha estratexia de desgaste económico, ao xerar procesos xudiciais, e a práctica sistemática de crear antecedentes con pequenas condenas. Así a reclamación da soberanía política equipárase a unha cuestión de orde pública”. Na súa opinión, “se no ano 2005 non había consenso, a día de hoxe a Audiencia Nacional colocaralle ao independentismo galego a etiqueta de terrorismo que recompuxo en 2012”.

Os próximos días 24 e 25 de xuño sentarán no banco Eduardo V.D, Roberto R. F, Antón S. P e María Ou. L, para os cales a Fiscalía da Audiencia Nacional pide penas que suman 64 anos de cárcere. Será o primeiro xuízo contra a presunta Resistencia Galega. Actualmente hai dez galegos - detidos desde finais de 2011 e até xaneiro de 2013- aos que se lles manteñen os cargos por suposta pertenza a organización terrorista. Seis deles permanecen en prisión preventiva e catro están en liberdade provisional, todos eles á espera de xuízo.
Leer más...

Xornadas Maio: Construíndo Alternativas...Vigo contra a Troika!!!

Recén recibimos esta noticia na nosa caixa de correos (tendose celebrado xá varios actos destas xornadas) e damos cumprida conta delo tal como a recibimos:

VÍDEO PROMOCIONAL COORDINADORA 1X-VIGO:

Saúdos e grazas pola difusión e colaboración!

Coordinadora 1X Vigo
POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA


Leer más...

27 may 2013

[Lugo] Sábado 1 de xuño as 18:00' .- Charla, Debate sobre a Ruka Inche no Ateneo Libertario A Engranaxe

Con a presencia dun compañeiro do Grupo de Apoio da Galiza será presentado o video "De la Cuna a las Rejas" e falarase da experiencia do proxecto "Ruka Inche" e dos Centros de Menores en Chile.
O Ateneo Libertario "A Engranaxe" ubicase na rua Río Sil 52 local 3
Leer más...

Suecia: "Isto é unha rebelión contra a marxinación, a represión, o racismo e a indeferencia institucional"

Recollemos para a sua tradución e difusión de Nodo50:

Varios barrios dos arredores de Estocolmo volveron rexistrar disturbios a noite do xoves, por quinto día consecutivo, cunha trintena de coches queimados, rotura de ventás; denuncias e enfrontamentos coa policía sueca.

Oito persoas foron detidas tras os incidentes do pasado martes pola noite, segundo informan as forzas represivas. A violencia séguese estendendo a máis suburbios da capital e outras rexións do país. Na cidade sueca de Malmö producíronse algúns incidentes e ata tres automóbiles foron incendiados nun barrio periférico. Trátase da cuarta noite consecutiva con mobilizacións destas características, o que supón a maior ondada de denuncias e actos de resistencia en anos en Suecia.

As manifestacións comezaron o domingo en Husby, ao oeste da capital, onde días antes un inmigrante con problemas psíquicos foi asasinado por disparos da policía na súa vivenda, onde se encerrara coa súa compañeira, e que supostamente ameazara cun machado aos axentes, que aseguraron actuar en defensa propia cando o destrozaron a balazos.

A Policía abriu unha investigación do incidente, pero a falta de credibilidade social desatou a protesta pública e os disturbios fóronse estendendo e recruaron a noite seguinte coa adhesión social de habitantes doutras zonas ao que se interpreta dende abaixo como actos de xusta denuncias e resistencias ante a marxinación, a represión, o racismo e a indiferenza institucional.

Os medios suecos recolleron estes días testemuños de veciños de Husby que denuncian cargas policiais contra nenos e anciáns e insultos racistas dos axentes como "negros", "ratas" ou "monos", o que orixinou críticas xeneralizadas e a apertura doutra investigación policial interna.

A asociación "Megafon", que traballa con grupos de mozos inmigrantes na zona, vinculou as protestas co racismo e coa sensación de abandono que se vive neste e noutros barrios, con índices de paro xuvenil que roldan o 20 por cento ou máis.

Estes feitos abriron o debate sobre a forma de abordar o paro xuvenil e a inmigración por parte do país nórdico. Tras décadas de modelo sueco caracterizado como estado do benestar, Suecia, coas receitas neoliberais, reduciu o papel do Estado dende a década de 1990, co maior crecemento da desigualdade na área da OCDE de economías desenvolvidas.

Aínda que -segundo as estatísticas oficiais e macroeconómicas- o nivel de vida estaría aínda entre os máis altos de Europa, os sucesivos gobernos neoliberais incrementaron a desocupación e a marxinación xeral. E o paro xuvenil inmigrante en particular, a exclusión social como politica de longo prazo, que afectou con máis forza ás barriadas con maior abandono e pobreza logo da aplicación sistemáticas de recortes sociais.

En concreto, segundo enuncia a OCDE, o desemprego entre os nacidos fóra de Suecia está no 16 por cento, fronte ao 6 por cento para os nacidos no país. En realidade fálase do 40% de desocupación en sectores de xuventude inmigrante.

O diario "Aftonbladet" chegou a afirmar que os disturbios representan un "xigantesco fracaso" dunha política gobernamental que levou ao aumento dos guetos nos barrios.

Nestes momentos continúan os actos de protesta, as manifestacións a favor e en contra da denuncia social. Os aparatos mediáticos hexemónicos, destacan pola súa parcialidade e intentos de criminalizar a loita social, así como negar a análise das causas do descontento que motivan o xurdimento e expansión da protesta.

Non son poucas as expresións comprensivas -e mesmo de adhesión- a esta onda de protesta social. "É unha rebelión" afirman dende o grupo "Panteras pola rehabilitación social". Proclámase sen voltas o apoio á xuventude en loita e as súas reivindicacións entre as que destacan a denuncia contra o racismo e a violencia policial. "Panteras" é unha organización que traballa socialmente en barrios das cidades de Gotemburgo e Malmö.

Nestes días outro órgano de expresión do descontento e a loita social foi o portal "Megáfono"

Reprodúcense e amplifícanse as declaracións solidarias, tales como:

"Vostedes están no medio da tormenta. O seu mundo estase a queimar. E dirixímonoslles para dicir que sabemos o que está a pasar, e admiramos como manexaron os acontecementos dos últimos días. Fan uns anos tamén queimáronse coches en Biskopsgården. A policía aproveitou e fixo o que quixo durante esas noites, e cando chegou a mañá, os políticos, dixeron o que querían de nós. Xa sabes: os restos ennegrecidos, vidros rotos na rúa: parece tan doado condenalo cando o ves dende fóra. E iso é o que agora lles esixen a vostedes cando están a tratar de dicir algo acerca da revolta. Tratan de que non se poida explicar, senón que simplemente se unan ao coro de condena, o coro que di que é inescusable queimar un coche, romper unha ventá... "

"Vostedes fan ben -unha e outra vez-, cando nas noticias e programas de debate e a través de internet, insisten en explicar por que se queima en vez de só condenar os mozos. Os que unicamente condenan un acto sen explicar as súas causas, condenan tamén os sentimentos e experiencias que deron lugar á acción... "

"Moitas persoas din que hai que loitar por ti mesmo, pero non é tan doado, cos porcos que colgan sobre o teu ombro cada día. A esperanza de sobrevivir desaparece... "

"Cremos que é correcto sinalar que non se trata de disturbios de mozos ou disturbios apolíticos, pero se é só unha rebelión, unha resposta colectiva e espontánea ao desemprego, as escolas empobrecidas e o racismo estrutural, ou sexan as causas subxacentes do que está a suceder hoxe en día ".

"Hai un vínculo entre todas as persoas. Choramos entre si cando morremos. Estamos en solidariedade cos demais. Vivimos xuntos na sociedade. Apoiámolo en todos os sentidos".

"En Hammarkullen paséase a policía montada pola praza. En Biskopsgården as cámaras da represión filman a entrada aos barrios. En Fröolunda chegan cada noite noticias sobre os disturbios -soan os teléfonos e sucédense os sms, murmúrase que quizais a revolta se estenda tamén a Göteborg, aquí onde pelexamos cos mesmos problemas ca vostedes en Estocolmo: a militarización dos nosos barrios periféricos, abusos policiais, desmantelamento social... "

"Vostedes sábeno: O sentimento de que ninguén escoita, non queren escoitar os relatos sobre a policia racista, os abusos, a violencia institucionalizada. Quizais debe arder para que alguén decida escoitar as nosas voces. Agora está a arder. Aquí estamos nós, xuntos... "

"Se entran nos barrios como unha forza uniformada de combate en territorio inimigo, habitado por xentes á que chaman "monos" -ou peor- e reprimen brutalmente, entón provocan unha guerra... "


Non todo é silencio cómplice e as declaracións solidarias sucédense, transmitiendose persoa a persoa, entre os colectivos e as canles alternativas de información. A rebelión espontánea é un berro de desafio e advertencia, un frontal Basta Xá!, de resistencia para a existencia, dende o abaixo que se move tamén no norte europeo.

Outra nota, imaxens e vídeos en La Haine

Leer más...