Mostrando entradas con la etiqueta Ourense. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ourense. Mostrar todas las entradas

12 ago 2014

O movimento autónomo ourensán nos anos 90

Un asiduo letor de Abordaxe, achegounos esta interesantísima reportaxe sobre o movimento autónomo ourensán dos anos 90.



Casa da xuventude, CSO Fogar Infantil, Anarquía popular, Colectivo Trapo Negro, Komando Estrela Galiza, Asembleia de Okupas de Ourense.
Leer más...

31 mar 2014

[Ourense] Venres 4 de abril ás 19:30h Presentación da Escola Experimental de Bioconstrucción e Permacultura “A Curuxa” no C.S.O. A Kasa Negra

Damos pulo ao convite recibido, onde "A Curuxa" Obradoiro Experimental de Bioconstrucción Cooperativa din ter a ilusión de presentar a xestación do "Proxecto Ruínas de Manzós" onde se dará formación e información para xerar debate acerca doutro xeito de construír, a bioconstrucción, e explicarase a forma de levar a cabo a construción artesanal dunha vivenda con materiais de refugallo (latas, botellas, pneumáticos...) e naturais (palla, madeira e barro) que non leven a xeración de residuos ou cascallos, que permitan o uso de técnicas de construción sinxelas e que faciliten a rapidez na execución das diferentes fases na obra, co fin de desenvolver un estilo de vida sostible a longo prazo e facendo viable a autoconstrución.

Tentaremos, tamén, demostrar que é posible organizar as diferentes esferas da nosa vida (traballo, vivenda, educación, saúde, alimentación, transporte...) dende a autoxestión e, ao mesmo tempo, crear espazos de encontro entre os proxectos autoxestionados e a cidadanía en xeral, favorecer a aparición de novas redes de apoio e fortalecer as xa existentes.

Esperámosvos en Ourense, o venres 4 de abril ás 19:30h no C.S.O. A Kasa Negra.

Se quéresche informar ou participar na creación dun espazo aberto de autoaprendizaxe, un espazo alternativo e autoxestionado, un novo recuncho máxico para impulsar e desenvolver a Bioconstrucción e Permacultura en Galiza, estas invitadx á presentación da Escola Experimental “A Curuxa” con o seguinte Programa:

19:30' Presentación da Escola Experimental “A Curuxa”
20:00' Información do "Proxecto Ruínas de Manzós"
21:30' Proxección Documental (V.O.S.) "O Guerreiro do Lixo" de Oliver Hodge


Lugar: C.S.O. A Kasa Negra (r/ Ponferrada, 26/ Bus urbano liña 5. Perdigón- Ourense)
Leer más...

4 feb 2014

[Ourense] Venres 7 Concerto Solidario 'Aborto Libre: As Mulleres Decidimos!'

Damos pulo a esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos e que reproducimos:

Boas xente! reenvío convite para este venres:

Concerto da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto: "Aborto Libre, As Mulleres Decidimos!"

Venres 7 de febreiro, 21.00h no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor) de Ourense.

Coa participación de 'As Outras' e 'The Tetas Van'

Haberá música, festa e moitas sorpresas! Entrada 2€

Saúdos feministas! Leer más...

1 dic 2013

[A Valenzá] Venres 6 Dezembro 20:30' - Último Ceador Vegano do ano


Comunicános dende A Zalenvá do seu último ceador vegano deste ano 2013 onde desfrutar de comida sana, chea de humor e rebeldía por só 4 € (*) rodead@ de boa compaña e coa actuación dun Grupo de Percusión Africana, todo elo o venres 6 de dezembro a partir das 20:30' no local da Asociación de Veciñ@s das Lamas (ao pasar A Valenzá).

Estades tod@s invitad@s!!!!!!!

O prezo modificouse a posteriori e será de 4 € (Postxs en contacto con xs organizadorxs, estxs aclaran que o prezo dos ceadores sempre ven sendo de 4 euros... desta vez foi un erro porque pensarase poñer algo máis para o grupo de música e finalmente decidiron deixalo en 4 e poñer un bote para sacar a parte para o grupo.
Leer más...

1 jul 2013

[A Valenzá] Mañán 2 de xullo ás 20:15 - 2ª Asamblea na Praza Vella

Reproducimos convocatoria que recibimos das compas da Asociación Cultural "A Zalenvá":

O autobús, o Centro de Saúde, o polideportivo, as pisciñas, o instituto, os servizos sociais... unha morea de recursos que deberían estar cubertos por ser necesidades básicas e por ser o noso dereito, atópanse esquecidos ou precarios, mentres somos testemuñas de como as constructoras colonizan o noso espazo público converténdoo en privado, toda a natureza convertida en formigón, todo có beneplácito do noso concello.

Porque nos sobran motivos, décimos basta xa!.

Acode as asambleas quincenais na Praza Vella da Valenzá, os martes

Próxima: 2 de Xullo ás 20:15.

Máis información neste mesmo blogue sobre a 1ª convocatoria
Leer más...

25 jun 2013

[Ourense] Xoves 27 "Miradas con Orgullo"

Damos conta das actividades dinamizadas por Xaira (Aasociación sen ánimo de lucro que traballa no eido da Educación Social) que nos chegou polo correio:
"aquí vos deixo os tres cartaces do Orgullo LGBT 2013 en Ourense... Miradas con Orgullo! :D Estades todxs convidadísimxs e convidadísimas tamén a convidar á vosa xente! Será na praciña en frente do Auditorio Municipal, onde está a Cafetería Bar Efémera (acceso dende a praza do Correxidor de vinhos, polas escadas da pracinha da Estrela...)
e teremos:
21:00h - "Contos de Mulleres" con TropadeTrapo.
22:30h - "CineForo (In)Visibles" dinamizado pola Asociación de Acción Social-Educativa Xaira.

Agradecemos moito a difusión, e esperámosvos cheíñas de Orgullo e Pracer!"

www.xaira.info


Leer más...

Manipulación Informativa da TVE sobre a mina de Tantalio na Penouta (Ourense)

"Nunca el silencio fue tan gráfico. La ropa tendida y el ganado cobran el protagonismo en estas calles de Penouta donde sólo una veintena de lugareños llena el espacio vacío". Así tan a gusto despáchase unha nova entrega do folletín promineiro instaurado pola dirección do ente público, que vai camiño de converterse na nova Telemadrid. Neste caso no Informe Semanal do 22 de xuño coa enésima reportaxe sobre a mina ourensana de Penouta, en Viana do Bolo, esa vila de case 100 habitantes que para a Xunta de Galicia quere ser o novo Congo polo tántalo que aínda conteñen as entulleiras da antiga mina de estaño e que agora ansía a multinacional Pacific Strategic Minerals, que se xacta na súa páxina web da boa cobertura mediática: "Reabren una mina de tantalio en Ourense que multiplicará el empleo en la zona", din -citando- as boas novas en Antena 3.

E é que se non queremos caldo, teñen que ser dúas cuncas, xa sexa en Crónicas sobre as bondades da minaría do ouro en Asturias, en Informe Semanal ou de xeito permanente no Canal 24 horas. "En este mundo moderno Penouta pareciera una aldea fantasma, que en la década de los 80 cerró la puerta a la vida cuando su vecina más próspera, esta mina a cielo abierto, empezaba a mostrar sus entrañas resecas". Ou sexa, que se non hai mina hai vida. Nuria Ramos e Rosa Alcántara, autoras da reportaxe, volven lucirse, curiosamente, cando o proxecto de Pacific Strategic se pasa por riba de directivas europeas como as de Hábitat, Aves e Auga nunha zona de alto valor ecolóxico, a tan só 50 metros do Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para as aves (ZEPA) de Pena Trevinca. Porque no Congo galego todo é posible.

"Galicia é unha mina", recorda machaconamente a administración autonómica a través dunha campaña institucional pagada polos contribuíntes. "No que se refire á sostibilidade, a redución do impacto ambiental e a rehabilitación de espazos son outras das premisas da minería. Calquera proxecto ten que ir vencellado a un plan integral de restauración do seu entorno e da súa biodiversidade". Que llelo recorden a Penouta, e ás 240 hectáreas de entulleira sen ningún tipo de restauración ambiental que deixou o hólding Rumasa tras extraer todo o estaño que lle foi posible do filón ourensano entre 1971 e 1986. E a Xunta sen inmutarse, claro. Porque as campañas institucionais non adoitan coincidir coa realidade.

Tampouco na Galiza.

Noticia colada e traducida de LaVozdelaMina
Leer más...

14 jun 2013

MANIPULACIÓN INFORMATIVA da TVG sobre a Mina de feldespato de Xinzo - Comunicado DENUNCIA da Plataforma Veciñal "Corno do Monte"

Recollemos da web da Plataforma Veciñal "Corno do Monte" esta denuncia da Manipulación informativa ofrecida na TVG ao dar a noticia de que non iase realizar a mina de feldespato, onde fica a idea no espectador de que este problema xa está resolto (“Os agricultores deixaron as mobilizacións e contentos volveron ao campo”) cando esa non é a verdade, pois as declaracións do Presidente non deixan ser meras declaracións sen validez legal algunha.

Copiamos e colamos:
Este xoves 13 de Xuño, a Plataforma Veciñal Corno do Monte foi entrevistada por xornalistas da TVG a petición dos mesmos.

Nas declaracións feitas polos membros da Plataforma Veciñal deixouse claro que:

- Nas declaracions do Presidente da Xunta reflexase o traballo feito polos veciños da Limia, e especial os dos oito pobos afectados directamente, en contra da mina Faramontaos 5089

- Mentres non estea por escrito onde debe estar (en alusión a resolución negativa que debe emitir o Consello da Xunta e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais), a veciñanza non considerará denegada a licenza

- Así mesmo exisimos a eliminacion da concesion mineira Faramontaos 5089, para non andar con estas leas cada 3 días.

- Ademais débese cambia-lo actual plan sectorial de actividades extractivas, xa que a súa aprobacion significaría a aprobación de calquer mina e en calquer lugar de Galicia, feito que nos ameaza continuamente a nós.

Vista a noticia emitida pola Televisión de Galicia, consideramos que non se axusta ao rigor e ética xornalística propia desta noble profesión, tendo o agravante de que estamos a falar dun medio galego e dos galegos, que sostemos cos nosos impostos e do que agardamos o máximo rigor e IMPARCIALIDADE.

Todo isto débese a que a noticia deixa idea no espectador de que este problema xa está resolto (“Os agricultores deixaron as mobilizacións e contentos volveron ao campo”) cando esa non é a verdade, pois as declaracións do Presidente non deixan ser meras declaracións sen validez legal algunha.

Ante estes feitos queremos deixar claro que:

As declaracións do Presidente da Xunta son o reflexo do traballo e esforzo feito pola veciñanza Limiá, en especial das aldeas afectadas.

A LICENZA NON ESTARÁ DENEGADA ATA QUE SE CUMPLAN OS REQUISITOS LEGAIS, que agardamos que se tramiten coa máxima celeridade posible

O proxecto mineiro de Minercer SL afecta a 1400 hectáreas, das cales 1200 son cultivadas tódolos anos.

A AMEAZA MINEIRA NA LIMIA continuará mentres a Xunta non ELIMINE A CONCESIÓN MINEIRA.

A veciñanza integrada toda na Plataforma Veciñal Corno do Monte, non cesará as mobilizacións ata que o Plan Sectorial Mineiro cambie e se resolva a problemática das minas xerada polos gobernantes.

A Plataforma Veciñal Corno do Monte non cesará o seu contínuo apoio a tódalas plataformas galegas integradas en Contraminacción.

Agardamos a rectificación da noticia para que sexa contada conforme aos canons da ética xornalística.

Preme para ver a nova da tvg
Leer más...

[A Valenzá] Martes 18 xuño às 20:15' na Praza Vella: Kedada en Barbadás

Facemonos eco desta convocatoria cidadá que chegounos a nosa caixa de correos das compas da Asociación Cultural "A Zalenvá":

Leer más...

13 jun 2013

[Xinzo] A Plataformam Veciñal "Corno do Monte" considera sua a vitoria contra a mina de feldespato, mas din non fiarse de Feijoo

Onte na sede parlamentaria da Xunta, Feijoo "Chistestem" recoñeceu publicamente que a mina de feldespato non ia ser unha realidade en Xinzo por incompatibilidade con o agro e a gandería desta bisbarra ourensá.

Ante semellantes verbas, a plataforma veciñal Corno do Monte celebra e entende isto como unha sua "victoria" depois das constantes movilizacións, con mención especial a tractorada do pasado 25 de maio, apoiadas por asociacións e organizacións ecoloxistas que "foron o empurrón definitivo para que o máximo mandatario galego se posicionara en contra da mina de feldespatos".

E deixan claro que esta victoria corresponde "só e únicamente à veciñanza afeitada, que con coraxe e valentía enfrontaranse às mentiras e deixaran ben claro que con o seu pan e máis o dos seus fillos non se xoga".

Con todo, a declaración de Feijóo en sede parlamentaria é tomada con reserva "ao non deixar de ser unha mera declaración de intencións, polo que, de momento carece do máis mínimo valor legal e xurídico".

Polo tanto, e aínda que recoñecen que "a intención por parte do presidente da Xunta é un éxito a celebrar por parte da veciñanza" entenden que "a ameaza da minería segue presente dado que Minercer S.L. continúa mantendo os direitos de explotación e nada impede que nun futuro poida presentar outra vez este proxecto".

Peden, pois, que o Goberno galego "reclame que os direitos de explotación sexan retirados, dado que sempre existen fórmulas legais para facelo".

eDu
Leer más...

3 jun 2013

[Ourense] Terça Feira, martes, 4 junho.- Tertúlia Política no CSO A Kasa Negra: A enésima massacre do estado: As drogas como armas contra-revolucionárias

Recolhemos do seu blogue:

Estades convidad@s tod@s.

Engadem este texto que resume o tema (ver ou descarregar acá)
Leer más...

[Ourense]. Mércores 5 xuño as 18.30 na Praza de S Martiño.- Charla informativa sobre o problema da Fractura Hidráulica na Cornisa Cantábrica

O vindeiro mércores 5 de xuño as 18.30 da tarde na Praza de S Martiño (zona vella) Charla Informativa sobre a Fractura Hidráulica, e os proxectos na Cornisa Cantábrica (e se chove vémonos a mesma hora no Sem Um Cam na rua do Vilar nº9).

O territorio da Península Ibérica vai camiño de convertirse nunha reserva enerxética de Europa e outros paises ricos. Pode ser unha saída á crise pero ¿a qué prezo? ¿saída da crise para quén? ¿qué intereses reais están detrás destes proxectos ou burbullas enerxéticas? Dende a megaminería ata a fractura hidráulica, pasando por outras tantas, a nosa vida e a da terra na que vivimos está por desaparecer... se non o impedimos.

A fractura hidráulica ou "Fracking" consiste en usar toneladas de auga con area e productos químicos, a alta presión, dirixida cara abaixo da terra e a través de pozos perforados horizontalmente a máis de 2000 m de profundidade. A mezcla presurizada fai que a capa da pizarra se fracture. Estas fisuras mantéñense abertas con area para que o gas de pizarra poida fluir hacia o pozo.

As consecuencias da fractura hidráulica son nefastas para o medio ambiente e para as habitantes dun territorio, entre elas:

- Elevado consumo de auga: demanda que entra en conflicto co abastecimento para outras necesidades da poboación)

- Compuestos tóxicos: o fluido introducido nos pozos contén entre 55.000 e 225.000 litros de productos químicos por pozo. Moitos de estos productos son sustancias tóxicas, alerxénicas, mutaxénicas e canceríxenas.

- Metales Pesados e Radiactividade: o fluido recuperado, entre o 15% e o 80%, pode arrastrar metais pesados extremadamente tóxicos (arsénico, plomo, mercurio...) e elementos radiactivos (uranio, radio...) presentes nas capas profundas da rocha.

- Contaminación de rios, augas subterráneas e atmósfera: fugas nos tanques, evaporación dos fluidos e vertidos, fallos na cimentación e deterioro do revestimento, filtración de gas metano nos acuíferos, terremotos de baixa intensidade, fugas...
Leer más...

29 may 2013

[A Valenzá] Venres 31 de maio. Ceador Vegano e Concertos

ESTE VENRES DÍA 31 de Maio de 2013 temos cita.

Desta vez ademais de petiscos veganos e refrixerantes a prezos populares teremos música ao vivo

con concerto de Maskarpone e sesión Dj Reggae & Ska

Contamos con todxs vós a partir das 9hs da tarde!

Agradécese que nos escribades un mail confirmando asistencia para tantear á hora de cociñar...

E lembrade que cambiamos de lugar: Local da Asociación de Veciñ@s das Lamas
Localización: Seguide Avenida de Celanova (A Valenzá) todo recto. Ao pasar por debaixo da ponte da autovía collede a primeira á dereita e continuade de fronte ata dar coa praza do pobo.

(para calquera cousinha: 650483352)

Apertas veganas
Leer más...

25 abr 2013

[Xinzo de Limia] - Sábado 27 ás 12 MANIFESTACIÓN CIDADÁ NON A MINA de FELDESPATO

Facemonos eco en Abordaxe desta convocatoria da Plataforma Veciñal Corno do Monte que recollimos da sua web e que copiamos e colamos à ìntegra:
Prezadas/os veciñas/os,

Dende a Plataforma Veciñal Corno do Monte composta por veciñas e veciños de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos, levamos varios meses manifestando a nosa total oposición ao proxecto Faramontaos 5089.1 que consistiría na instalación dunha mina de extracción de feldespato na nosa zona. Trátase dun proxecto de varias fases no que, a primeira se desenvolvería nestas aldeas, pero que de conseguiren instalarse, comezarían a estender o proxecto –segundo as previsións da propia empresa Minecer, S.L.- por toda a comarca.

Xa son de sobra coñecidas as consecuencias que tería para nós este proxecto: incompatibilidade coa agricultura e a gandería, contaminación das augas, seca de pozos, polución do aire… Un atentado contra a nosa vida e os nosos pobos unha vez máis.

Todos os grupos políticos do Concello de Xinzo se opoñen a este proxecto, só nos falta que a Xunta de Galicia denegue a licenza de explotación. Ata que iso chegue, a nosa loita debe continuar.

Por isto convocamos a todas as asociacións veciñais, culturais, de mulleres… do Concello de Xinzo de Limia e demais concellos da comarca para o vindeiro sábado 27 de abril ás 12 da mañá (día de feira) a unha MANIFESTACIÓN CIDADÁ que partirá do Museo do Entroido (Rúa Dous de Maio) polas principais rúas da vila.

Faremos moito barullo, con cazolas e asubíos para que a nosa voz chegue a onde se toman as decisións.

Agradecendo de antemán a vosa implicación, recibide un cordial saúdo

Mª Carmen Díaz Casas

Voceira da Plataforma Veciñal Corno do Monte
Leer más...

23 abr 2013

[Ourense] Quinta Feira, mércores, 24 desde as 12h.- Mesa Informativa Antiautoritaria e Petiscos Veganos

Colamos, tal como chegou à nossa caixa de correios esta Convocatória:

Si os ventos seguem favoráveis, na quarta-feira (mércores), 24 de abril, a partir das 12 da manhá porá-se umha mesa informativa no campus de Ourense a carom do edifício de ferro (onde se adestra em Educaçom, História, Trabalho Social...) com difusom em torno ao antiautoritarismo e criticando os pilares do sistema imperante e as suas desfeitas, e sendo coerentes com isto, sem esquecer fomentar o feminismo, o veganismo ou o rechaço ao consumo de drogas (outro tipo de controle social, de consumismo, de ócio teledirigido, de práctica hedonista, debilitamento, autodestruiçom como pessoas e como sociedade, afogando loitas ao longo da história passada e presente, etc).

E vindo ao caso, resulta que há vários quilos de queijo fermentado, hamburguesas e bolacha fria veganxs que rematarám os seus dias em sandes (sanduíches) para achegar petiscos de balde a quem ande por alô... pra que pechar-se num aula si a verdade está mais perto da porta?

Animamos-vos a participar connosco nesta pequena abordagem em balsa para quitar o disfrace ao poder e recuperar a rua em proveito de todxs.
Leer más...

26 mar 2013

Recordatorio Charlas Anarquismo e prisión en Ourense e Coruña

Recordamos que, como xa publicaramos nesta outra entrada: aquí, hoxe martes en ourense e mañá mércores na Coruña poderedes asistir á charla "Imaxinario libertario, movementos anti-carcerarios e represión na España de entre séculos (XIX-XX)". Estará ao cargo de Alejandro Forero Cuellar, membro do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universidad de Barcelona.

En ourense será hoxe día 26 ás 20h no C.S.O.A. A Kasa Negra (situada na rúa Ponferrada,26). Blog: http://akasanegra.blogspot.com.es/

Na Coruña terá lugar mañá 27 ás 18h no C.S.O.A. Palavea (rúa Rio Quintas,31). Blog: http://okupacorunha.wordpress.com/
Antes, ás 14:30h, poderedes asistir ao habitual comedor pro-presxs de todos os mércores.
Leer más...

19 mar 2013

Charlas sobre Anarquismo e prisión en Galiza

Alejandro Forero, membro do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universidad de Barcelona (aquí), impartirá durante a vindeira semana tres charlas en Galiza. Baixo o título de "Imaxinario libertario, movementos anti-carcerarios e represión na España de entre séculos (XIX-XX)" poderedes atopar a charla en:

-Vigo o Sábado 23 de Marzo ás 20h 30' en A Cova dos Ratos (rúa Romil,3) organizada por Campaña Cárcere=Tortura e GAS

-Ourense o Martes 26 de Marzo ás 20h no C.S.O.A. A Kasa Negra (rúa Ponferrada,26)

- A Coruña o Mércores 27 de Marzo ás 18h no C.S.O.A. Palavea (rúa Rio Quintas,31)

"A importancia do imaxinario anarquista da España de entre séculos (XIX-XX) é fundamental para poder entender as raíces dunha crítica profunda e frontal das institucións do encerro. A deslexitimación total do encerro a nivel teórico e o papel práctico de apoio a presos/ás e os seus familiares dende as organizacións anarquistas e os seus "órganos" (xornais, revistas) merecen unha recuperación actualizada para entender a problemática, funcións e xustificación do uso do cárcere como medida de control punitivo". Alejandro Forero

Leer más...

18 mar 2013

[Ourense] 23 marzo Concertazo Punk na Kasa Negra en apoio ao Tatto Circus do CSO Palavea de Corunha

Actuarán:

Eyaculación Post Mortem
Siniestrosis
Sobredosis

E o mellor de todo: Concerto totalmente de Balde!!! incrible nestes tempos modernos!

A hora de inicio é ás 8.00 P.M, e probable festa ate que o corpo aguante (ao máis puro estilo ourensán) ademáis de música e priva, haberá tamén deliciosa comida vegana e pizzas veganas e vexetarianas feitas no momento en forno de leña.

A metade dos beneficios usaranse para financiar o Tatto Circus de Coruña!

Animádevos a vir! e se o punk non vai con vos, ruládelle a convocatoria os vosos contactos.

Pois ala vémonos o sábado 23 en Ourense (a cidade de moda jejeje)

Enderezo da Kasa Negra: Rúa de Ponferrada nº26 32004, Ourense
(chega o Bus Urbano nº5)
Leer más...

14 mar 2013

Palestras na Galiza: Contextualización da Reforma do Código Penal

A cargo de membros da publicación anarquista Todo por Hacer, terán lugar esta finde en Compostela na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" este venres 15 às 18:30' , en Pontedeume no CSO Casa da Estacion, o sábado (por confirmar a hora) e en Coruña no CSO de Palavea o domingo ás 18h

A última reforma do CP, que se atopa en fase de proposta de enmendas e de “debate” nas Cortes Xerais, vai supoñer unha serie de novidades de maior ou menor trascendencia, como a aprobación da cadea perpetua ou o endurecemento das penas asociadas a varios delitos.

Para entender esta reforma, sen embargo, é necesario contextualizala no tempo e no espazo, así como ideolóxica e sociolóxicamente. Para iso, faremos un brevísimo percorrido pola historia do CP e do cárcere como institución, centrándonos con maior profundidade nas reformas lexislativas da última década. Desta maneira, poderáse concluir que a última reforma penal non é máis que a derradeira volta de porca dun proceso que se está a xestar dende fai moitos anos.

Os cárceres están cheos de pobres e disidentes e a reforma do CP de 2012-2013 axudará a que isto siga a ser así.

Material de apoio: Artículo"La reforma del Código Penal: Una vuelta de tuerca más a la represión"

Outros artigos indirectamente relacionados pero que axudan a contextualizar a charla son:

- :"Cuando resulta más fácil encerrar que tratar"
- :"Los ajustes del capital. Represión y gasto social en la cárcel"
- :"Su ley, su trampa"

Páxinas web:
www.todoporhacer.org,
www.boletintokata.wordpress.com,
www.puntodefuga.org,
www.derechopenitenciario.com,
www.carceligualtortura.blogspot.com.es,
www.ikusbide.org,
www.salhaketa.org
www.ala.org.es
Leer más...

13 mar 2013

A Zalenvá organiza este Venres 15 un Ceador Vegano dende as 21:00'

No correio que recebemos das compas da Asociación Cultural A Zalenvá da vila ourensá da Valenzá anunciaban que neste Ceador "haberá chiiiiiiiiiiile"
Leer más...