Mostrando entradas con la etiqueta Vigo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vigo. Mostrar todas las entradas

2 abr 2014

[Vigo] Crónica da concentración solidaria con C.S.O. Palavea

Publicáramos esta convocatoria en Abordaxe que parteu da Asamblea Solidaria C.S.O. Palavea, agora as compas que a organizaran enviáronos xunto a esta Crónica da Concentración na Farola de Urzaiz que colamos, fotos do acto e mais o pánfleto que repartiron con o título de "7 horas":

Crónica da concentración solidaria con C.S.O. Palavea en Vigo

Xuntámonos arredor dunhas 25 persoas na Farola, onde se fixo un teatro de rúa evidenciando a represión á que están a ser sometidos os movementos sociais. Alí repartíronse centos de panfletos, se berrou e deuse lectura ao comunicado de denuncia e apoio.

Animámonos a facer o teatro móbil percorrendo a rúa Principe ata "o Sireno", onde aproveitamos unha das portas instaladas pola reconquista para realizar novamente o teatriño e ler o comunicado, neste momento houbo varios "espontaneos" que se sumaron ao teatro, o cal foi un punto simpático.

A valoración das persoas que participamos neste improvisado acto solidario é positiva, pois conseguimos xuntarnos un grupo de solidarias en pouco tempo, moitos veciños quedaron coa cara desencaixada ao ver o teatriño e repartíronse arredor duns 1000 panfletos "7 horas" (que reproducimos ao final desta Crónica).
Queremos agradecer o apoio a todas as persoas que asistiron e das redes operativas en Vigo e Galiza que nos facilitaron a súa difusión, especialmente queremos agradecer aos compis de Coruña todo o que nos apartou Palavea así como as Atochas nos seus anos de loita e liberdade.

Esperamos que pronto poidamos xuntarnos, cantar e loitar nun novo espazo liberado na “cidade rodeada de mar”.

10, 100, 1000 centros sociais
Unión, Acción, Autoxestión

Asamblea Solidaria C.S.O. Palavea


7 Horas

“Nos han tenido siete horas de pie en la comisaría de Moratalaz, desde las 22.00 a las 4.30 horas de la madrugada. Sin comer, sin beber. Mirando a la pared. Vigiladas por cuatro policías que hacían turnos para descansar”

“No giréis la cabeza”, “callaos que estáis detenidos”, “yo soy el policía y aquí mando yo”... estas son algunhas das frases lanzadas pola policía ás persoas detidas durante as sete horas que permaneceron de pé e durante longos intres obrigadas a manter os brazos no alto de face á parede, relata Raquel, detida o 22M.

"Foron dous días pésimos, a luz estaba acendida, non podiamos durmir, tiñamos que mear polos ocos da cela, porque non podiamos ir ao baño", relatou Emilio, o carballinés detido.

Estase producindo unha intensificación da protesta social que está tendo como resposta a crecente represión do Estado aos movementos sociais e ás persoas que loitan mediante sancións económicas, malos tratos, torturas e encarceramento. Pretenden xerar unha psicose colectiva e unha cultura do terror e do medo onde ninguén se atreva a protestar e a desenvolver a praxe revolucionaria.

Os medios de comunicación colaboran intoxicando coas súas noticias manipuladas, defenden a banca que lles dá de comer. Os policías protexen os intereses do capital, atacando ao pobo baixo o escudo e a porra Democrática.

¡¡¡Xa está ben!!!, na Coruña desaloxaron un espazo liberado que leva anos traballando pola cidade baixo unha perspectiva horizontal e asemblearia, levando á práctica a nova sociedade que tumbará ó capitalismo asasino e inxusto.

Nosxs compañeirxs maniféstanse neste momento na Coruña, nós expresamos a nosa solidariedade coa súa loita, coa loita do 22M, coa loita dos pobos contra o neoliberalismo asasino do FMI e o BCE.

LIBERDADE TODXS XS PRESXS E DETIDXS DO ESTADO REPRESOR
STOP REPRESION-- STOP TORTURA
10, 100, 1000 centros sociais, Solidarieadade C.S.O. Palavea
UNIÓN, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN

Leer más...

31 mar 2014

Ciclóxenese Cultural na Universidade de Vigo

Damos pulo a esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos para esta semana (hoxe luns e mércores e xoves):

Benvid*s á cicloxénese cultural!

Benvid*s aos días de temporal cultural na Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo!

O luns 31 de marzo, presentaremos a cicloxénese ás 12 horas na cafetería da FFT e inauguraremos a exposición "Lois Not Dead" de Emilio Cabezas para o cal contaremos coa presenza do propio artista e canda el, Leo Arremecaghona e Gonzalo Navaza.

O mércores 2 de abril, o teatro invadirá diferentes espazos da facultade coa Interpretación Simúltanea de Acción palabra pigmento de Lailarina Kenoesbailarina; De por que os nenos se suicidan por María Costa e Entre abaladas de Xandra Táboas.

O xoves 3 de abril, a cicloxénese tórnase poético-musical e poderemos gozar con Cintaadesiva -grupo poético musical composto por Silvia Penas e Xesús Tejada- e Xenderal, o home máquina do beatbox ao ragga stye!

"Es incuestionable; no hace muchos días lo deciamos y hoy lo repetimos: estamos ya en el principio del fin. La lucha es terrible pero inevitable (...) La lucha es inevitable, porque, como dice Volney, la codicia, el egoísmo y la ignorancia de las personas, así lo quieren". R. M.



Xustiza ......................................... 1.500.754,04

Defensa ......................................... 5.654.454,39

Seguridade ciudadá e institucións penitenciarias. 7.880.953,26

Educación........................................ 2.174.996,11

Cultura.......................................... 717.971,02

Este é o orzamento real -miles de euros- para o ano 2014 no estado español.

E ti que opinas? Non te asusta? A nós si e non estamos de acordo! De aí esta cicloxénese cultural!

Benvidas ao temporal cultural! Coidado!

Vimos cargadas de pintura, teatro, música e poesía para facervos tremer.

Somos vento xeado golpeándote na mañá -ese que te desperta da inopia onde te teñen atrapad*-.

Somos esa chuvia da que non podes defenderte -esa que te empapa de cultura e te obriga a cambiar o camiño-.

Somos lóstregos electrificantes e mortais!

Atenta! Atento!

Estate alerta!

Vén, cultívate, rebélate e goza canda nós!

Saúde!
Leer más...

28 mar 2014

[Vigo] Sábado 29 ás 19:00' Concentración Solidaria co C.S.O. Palavea na Farola de Urzaiz

Desde a Asamblea Solidaria C.S.O. Palavea de Vigo informannos desta convocatotia solidaria, coincidente en día e hora con a convocada en Coruña no Obelisco:

BASTA DE REPRESION AOS MOVIMENTOS SOCIAIS
CONTRA A VIOLENCIA DO ESTADO RESPOSTA POPULAR


SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS

ÁS 19:00H NA FAROLA DE URZAIZ, VIGO.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación.

Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS
UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

Leer más...

17 mar 2014

[Vigo] Venres 21 as 21:00' Apresentaçom do fanzine Cam do Palheiro no C.S.A. A Cova dos Ratos

O companheiro do fanzine Cam do Palheiro, fijo-nos chegar este seu correio com o convite para publicitar esta convocatória, ao que acedemos gostosas:

Olá! Saude compis! Com motivo da apresentaçom do fanzine Cam do Palheiro na Cova dos Ratos, enviamos cartaz e texto descritivo da convocatória para melhor difusom. Também vos convidamos a subir o fanzine a "Publicações Amigas" de Abordaxe, sempre que seja possível. E dado que nom só é possível, senom que é um agasalho ao que nom renunciámos, acá tendes a ligaçom para le-lo ou descarréga-lo da nossa secçom

Cam do Palheiro chega até a Cova dos Ratos:

Apresentara-se numha velada crítica, revolucionária, enxebre, excêntrica, performativa, irónica e mesmo de escárnio, mas sem protagonismo dxs autorxs. A revista tem baixada livre acá

Animamos-vos a recuperar um outro infinito anaco de vida. A loita nunca morre e, enchoupadxs nas suas correntes, devires, mares, rios e regatos, trazemos sementes de verdade, sementes de hoje e amanhá.

Nestes tempos orwelianos de arraigada crise moral, muito mais profunda, endémica e sangrenta que a económica, de contaminaçom informativa, ausência de liberdade de consciência e pensamento, ainda combatemos além do relativismo e o "buenrrollismo" no que moitxs mercachifles, postmodernxs, hedonistas, trepas alternativxs, babosxs, agressores e neopestes varixs se escoltam, encobrem e arrastam. O eido pessoal nom é umha excepçom. Como di umha companheira:

AS REVOLUÇÕES NOM SOM FILHAS DO ESTÔMAGO,SOM FILHAS DO PENSAMENTO.

A REVOLUÇOM SERÁ ÍNTEGRA OU NOM SERÁ.

Leer más...

[Vigo] Xoves 20 ás 20:00' Palestra Tortura e Represión na cafeteria De Catro a Catro

De ECOAR))) envianos esta Convocatoria da palestra "TORTURA E REPRESIÓN NO ESTADO ESPAÑOL", na que se poderán escoitar distintos testemuños directos, e que reproducimos para axudar na súa difusión:

O vindeiro xoves, 20 de marzo terá lugar a mesa redonda Tortura e Represión no Estado Español, organizada pola plataforma cidadá ECOAR))). A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). No transcurso desta palestra achegaranse os testemuños de diversas persoas vítimas da tortura e a represión, vencelladas a colectivos de acción social e traballo neste eido, e que viviron ou viven de xeito directo os procesos e consecuencias destas prácticas, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla, directa e actual desta problemática aínda presente (e silenciada) en España.

Para tal fin, participarán nesta palestra xs seguintes representantes:

- Óscar Gomes (Activista de CEIVAR)

- Activista da campaña Carceré = Tortura

- Francisco Rodríguez Veloso (Vítima de Torturas)

- Miguel Angel Gomez (membro da Comuna Presxs do Franquismo)

- Flor Baena (Irmá de Xosé Humberto Baena, vítima do Franquismo)
Leer más...

26 feb 2014

[Vigo] Luns 3 de marzo as 20:30' - Asemblea aberta do Espazo Aberto Antimilitar na Cova dos Ratos

Damos pulo a esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos que nos enviaron as compas de GAS:

O Espazo Aberto Antimilitar volve ao traballo e por iso convocamos unha asemblea/xuntanza para comezar a deseñar a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2014.

Será o luns 3 de marzo a partires das 20:30 na Cova dos Ratos (Rúa Romil 3 baixo, Vigo).

Dita asemblea lembramos que é aberta a toda persoa que queira botar unha man a prol do antimilitarismo. Ademais de pensar como desenvolvemos a campaña pola OF 2014 trataremos de ver se as forzas que temos dan para facer algunha cousiña máis.

Animádevos a vir!
Leer más...

19 feb 2014

[Vigo] Sábado 22 as 20:30' - Charla Josep Mª Roselló no CS A Cova dos Ratos

Damos pulo a esta convocatoria da palestra que, con o título de "O Pensamento Naturista Hispano Contra a Civilización, O Progreso e a Ciencia" será impartida por Josep María Roselló, autor dos libros "La vuelta a la naturaleza" e "Viva la naturaleza" este vindeiro sábado 22 no CS "A Cova dos Ratos" (r/ romil 3 baixo), organizada por GAS Vigo e Lapsus Distribuidora.

A finais do século XIX, na Francia do positivismo científico e do auxe do desenvolvemento capitalista xorden, entre os libertarios, os naturien, un movemento que ensalza a natureza e denigra a civilización, pondo en práctica formas de vida acordes ao seu pensamento.

No territorio hispano tamén triunfaron estas ideas, cristalizando en diferentes correntes como o naturismo libertario, a trofoloxía, o vexetarianismo naturista e social e a librecultura, presentes tamén na nosa cidade.
Achegarémonos con esta charla a esta parte da nosa historia recente, pioneira na crítica ao desarrollismo, e polo tanto plenamente vixente.
Leer más...

17 feb 2014

[Vigo] Crónica do Peche do Sábado 15 Vivir Dignamente é un Dereito

Da Oficina Dereitos Sociais - Coia acheganos, con rogo de publicación, a crónica e fotos do peche desenvolvido este sábado pasado, ao que acedemos:

Un gran número de persoas, que chegou en varios momentos da xornada ao centenar, levamos a cabo o sábado 15 un peche de 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria cun dobre obxectivo: compartir unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas.

Convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS) e o Colectivo Imán, pechámonos, dende as loitas cotiás e comúns destes colectivos, porque nos pechan todas as portas; pechámonos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten; pechámonos, en fin, para reivindicar o noso dereito a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos.

Pola mañá compartimos información e experiencias nun obradoiro sobre as axudas sociais autonómicas e municipais, e despois o Colectivo Imán falounos do Programa Sereos do Casco Vello e do conflito xurdido polo peche do local onde era desenvolvido o traballo diario. Tralo xantar común, reflexionamos a partir da proxección do documental “La plataforma”, que da conta das orixes e do traballo realizado pola PAH (Plataforma de Afectados por la Hipoteca). A media tarde o grupo de rap formado por rapaces do barrio de Coia “Ostiapadre” interpretou para nós as súas letras críticas co sistema; e finalmente puxemos fin á reflexión cunha charla-coloquio onde se pretendían achegar algunhas alternativas reais á situación actual de empobrecemento e precariedade, coa presentación, por parte da PAH e da ODS-Coia, de dúas Iniciativas Lexislativas Populares (ILP) que están a impulsar respectivamente: a ILP de Vivenda e a ILP da Renda Básica. A xornada rematou cunha cea compartida e a intuición de que, na loita cidadá polo dereitos sociais, compartir espazos, experiencias e iniciativas, nos enche de novas forzas a todas as persoas e colectivos implicados.
Leer más...

5 feb 2014

[Vigo] Sábado 8 as 20:30' Concerto Solidario con o CSO "La Casika" de Móstoles no Distrito9

Recibimos esta convocatoria solidaria con o centro social "La CasiKa" de Mostoles que, unha vez arquivada a vía penal, está outra vez baixo a sombra da amenaza, agora pola via civil, do desaloxo. O xuízo previsto para o xoves 23 de xaneiro foi adiado ata nova orden por diversos motivos procesais, durante esa manán unhas 200 persoas solidarias estiveron concentrándose fora dos xulgados en apoio das duas persoas encausadas, días antes (18 de xaneiro) miles de veciños e veciñas deran o seu apoio nunha manifestación, tal como se reflexa neste Comunicado de Agradecemento.

Despois de 16 anos de que este centro social estivera disponible para os movimentos sociais, queren derrubar esta antigua casa e eliminar este espazo para deixar un frío solar e depois construir vivendas de luxo. É por iso que demandan toda a axuda posible e que todos os colectivos que queiran que se poñan mans á obra organizando actos, concertos, charlas, etc. dado que os gastos económicos e as indemnizacións que peden no proceso xudicial son desorbitadas e se agradece todo o apoio posible. (Ver acá Comunicado en galego)

Nesa medida xurdiu este Concertazo Solidario organizado pola distri "El Fary es Dios" e o Centro Social Autoxestionado de Coia "Distrito 09", sito no Camiño de Figueirido nº 89, onde terá lugar o concerto, no que estarán tocando:

PERRÄS SALVAJES dende Madrid. Crust rock&roll
BATAÄLLA dende Salamanca. D-beat crust
SARLACC - Vigo HC/Punk

O prezo da entrada será 4€. Os benefecios da mesma irán destinados a financiar gastos xudicias dxs companheirxs encausadxs.

10, 100, 1000 centros sociais!!


Leer más...

4 feb 2014

[Vigo] Hoxe martes 4.- Comenza Ciclo de Palestras e outras actividades das xornadas "Barrios, Espazos de Vida. A Experiencia de Coia"

Recibimos un par de correos de Eduardo Rodríguez, un dos organizadores deste ciclo que comenzou onte 3 de febreiro con unha exposición na Biblioteca municipal "Xosé Neira" (que permanecerá aberta ata o 1 de marzo) e que hoxe terá continuidade con a palestra “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” ( a primeira dun ciclo de 3 charlas que terán lugar os martes 4, 11 e 18 ás 19:30') e que se completará con unha actividade para o público infantil (o martes 25 dende as 6 da tarde). Mais imos colar xa a información recibida deste interesante ciclo que permitirá, as suas asistentes, coñecer mellor un dos barrios máis combativos e deteriorados da historia de Vigo.

CICLO DE CHARLAS:

- “A Coia tradicional, dende as súas orixes ata o século XX” a cargo de Eduardo Rodríguez. Martes 4 de febreiro ás 19h30.

Coia non foi sempre un barrio ateigado de rúas e edificios: ata hai poucas décadas era unha das tantas parroquias rurais que existían no Val do Fragoso. Se retrocedemos aínda máis na Historia, descubrimos as pegadas das xentes que habitaron a Coia tradicional. Nalgúns casos os ecos desas vellas sociedades subsistiron en forma de restos arqueolóxicos.

- “Das leiras aos grandes bloques” a cargo de Eduardo Rodríguez e Diego Lores. Martes 11 de febreiro ás 19h30.

Os anos 60 supuxeron o final da paisaxe rural que durara tantos anos. Nesas datas execútase o Plan Parcial del Polígono de Coia, e o arquitecto Desiderio Pernas deseña a configuración dos novos espazos. A nova paisaxe urbanística e a chegada de nova poboación (de orixe rural que viña a dotar de man de obra á industria florecente) carrexou a aparición de numerosas contradicións.

- “Do barrio que temos ao barrio que precisamos” a cargo de Diego Lores. Martes 18 de febreiro ás 19h30.

A fractura social é cada día máis evidente, e nos barrios populares os seus habitantes están máis expostos as súas consecuencias negativas. Os anos de deterioro dos lazos comunitarios, de individualismo, de consumismo, de inseguridade, de privatizacións... fixeron que estes espazos foran perdendo a súa forza coma xeradores de vida.

Partindo deste momento de mudanzas, queremos deternos e pensar -en común- que vida queremos/precisamos construír día a día nos nosos barrios.

ACTIVIDADE PÚBLICO INFANTIL (dende 5 ata 12 anos)

- Obradoiro: “O barrio, a nosa casa” a cargo de Eduardo Rodríguez e Diego Lores. Martes 25 de febreiro ás 19h30.

Cos máis pequenos trataremos de dar resposta a preguntas coma: Como era o barrio cando os vosos avós tiñan a vosa idade? Que barrio gustaríanos construír? ...

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

Paneis e fotografías farán un repaso pola historia de Coia, un barrio cargado de vida.

Do 3 de febreiro ao 1 de marzo, en horario de apertura da biblioteca.

Todas as actividades terán lugar na Biblioteca Neira Vilas na Avda. Martínez Garrido, nº 21. Vigo
Leer más...

20 ene 2014

[Vigo] Comunicado dos movimentos sociais ante as detencións da semana pasada en Vigo, Lugo e Ciudad Real

Colamos dun correo que recibimos de GAS - Vigo (Grupo de Axitacion Social):

Desde os movementos sociais de Vigo queremos denunciar a grave escalada represiva que se está a dar nos últimos tempos contra todos os sectores populares.

Non nos referimos únicamente á súa plasmación no papel na nova reforma do código penal e lei de “seguridade” cidadá, senón á evidencia real, a pé de rúa, que se pon de manifesto nunha presenza policial cada vez maior, no incremento de identificacións e cacheos indiscriminados ou nas actuacións sobre calquera tipo de colectivo que tente alzar a voz para defender os seus dereitos.

Pero nestes días debemos resaltar especialmente as operacións mediáticas, como a levada a cabo esta pasada semana nas cidades de Vigo, Lugo e Ciudad Real, que teñen como único obxectivo crear alarma social ao tempo que estender o medo.

Consideramos totalmente inxustificado, e de todo punto inaceptábel, que se deteña e traslade a centos de quilómetros das súas casas a unhas persoas, baixo o argumento de ter provocado uns danos cualificados, incluso no seu momento, como non graves. E non só isto, senón que se difunden as súas facianas e datos sobre a súa vida, nun exercicio máis, por parte dos medios, de actuar como simple correa de transmisión da policía e o Ministerio de Interior, deixando de lado calquera tipo de rigor informativo, suposta ética xornalística ou respeto á intimidade.

Parece que unha alfombra queimada e uns vidros rotos, únicos danos reais dos que eses mesmos
medios falan, son motivos suficientes a día de hoxe para acabar en Madrid. Porque, a fin e ao cabo, os feitos son o que menos importa. A aplicación da lei antiterrorista “lexitima” calquera actuación, permite a suspensión dos dereitos básicos de calquera persoa e pode levar á imposición de décadas de prisión por pertenza a supostas bandas armadas das que, en moitos casos, só se coñece a súa existencia a golpe de exclusiva periodística.

Non é ningunha novidade a actuación da Audencia Nacional, en tanto que auténtico tribunal de
excepción, pero si que a súa intromisión na esfera do público sexa cada vez maior, polo que se fai necesario esixir, unha vez máis, a súa inmediata desaparición.

Alegrámonos, finalmente, de que, aínda que non totalmente libres, estas persoas estean xa na rúa o que, por outra banda, pon de relevo o esperpéntico de toda actuación.

19/01/2014
Leer más...

15 ene 2014

Tres detidos polo lanzamento dun coctel molotov contra o Club Financeiro de Vigo no 2012

Segundo o recollido esta mañá pola prensa comercial, tres persoas, supostamente de ideoloxía anarquista, resultaron detidas durante o día de onte pola súa presunta relación co ataque ao Club Financeiro de Vigo sucedido en setembro do 2012. Aquel suceso foi reivindicado como "Acción Directa Anticapitalista Internacionalista" (A.D.A.I.) nun comunicado enviado á prensa empresarial, noticia que nós recollemos no seu día -AQUÍ. A operación foi coordinada pola Audiencia Nacional dende Madrid e nela resultaron detid@s unha muller en Vigo e dous homes, un en Lugo e outro en Ciudad Real, así como se practicaron rexistros en Vigo e Lugo.

Seguiremos informando.


C.R. con información da prensa comercial
Leer más...

21 nov 2013

PALESTRA DE "NAIS CONTRA A IMPUNIDADE" EN VIGO SÁBADO 23 NOVEMBRO coa presenza de Lola (nai de Noelia Cotelo) e Pastora (Nai de Xose Tarrio)

Difundimos a petición de AFFAP-GZ, por un lado, e NAIS CONTRA A IMPUNIDADE polo outro, a convocatoria da seguinte charla:
En Marzo do 2012 ten lugar a asamblea constitutiva da Asociación "Nais contra a impunidade", que agrupa a nais de persoas presas nas cadeas do estado español, e que colabora con outras organizacións de familiares de persoas presas, e doutros tipos; favorecendo así a creación dun movemento social anticarcelario e autoxestionado.

Esta asociación agrupa a nais de pres@s, indistintamente de ideoloxías, e asimesmo non ten relación con nengún partido político.

A loita das nais é autoxestionaria, e quere achegar a súa mensaxe de denuncia social e as súas loitas anticarcelarias á sociedade.

Por iso, difundimos e denunciamos os abusos que se producen nas cadeas, e mantemos viva a memoria de quenes faleceron nas cadeas por mor dos abusos. Tamén colaboramos na producción de materiais relativos ao SIDA, aos CIE's (Centros de Internamento de Estranxeiros), e aos recortes de dereitos sociais que sofren as persoas presas.

No 2012 morreron mais de 50 persoas mentres estaban baixo custodia. Moitas institucións penitenciarias veñen retirando as guardas médicas necesarias para atender a saúde da poboación carcelaria, e os diversos castigos que teñen lugar baixo os illamentos e os rexímenes inhumanos dos FIES, agravan esta situación.

Animamosvos a que acodades a nosa charla para informarvos destas situacións e animarvos a colaborar connosco.

¡¡¡Fronte á impunidade de quenes abusan d@s nos@s fill@s, e fronte á ineficacia dun sistema carcelario cruel e inhumano!!!. ¡¡¡NAIS CONTRA A IMPUNIDADE!!!.


Dende os diversos grupos e colectivos convocantes deste acto, solicitamos a colaboración de persoas e organizacións sociais coa devandita asociación, xa que a súa actividade é de interese social, alén das inquedanzas políticas:

Pola nosa parte, somente podemos dicir que:

-O cárcere non reeduca nin integra a ninguén, porque a educación das persoas soio pode ser integral, liberadora e feita en e para una sociedade libre e igualitaria.

-O cárcere e unha ferramenta de control social, que serve para castigar a quenes loitan contra o actual sistema, e a quenes padecen as piores problemáticas socioeconómicas que aquel produce.

-O estado e as leis son contrarios ao evoluir da ética social, tal e como se observa nos diversos movementos sociais de carácter crítico que optan por dar alguna resposta ás inxusticias sociais. Polo tanto, o estado e as leis están obsoletas e deben desaparecer.

-Os abusos e vivencias que relatan as "Nais contra a impunidade" son certas, pois cando unha persoa ten poder sobre outra, reproduce actitudes e comportamentos antisociais e contrarios aos valores humanos máis básicos.

-As leis, neste caso penais, deben ser abolidas e rexeitadas progresivamente, de maneira paralela á construcción dun sistema xusto e igualitario.


O texto aquí reproducido é o da páxina da Asamblea de Familiares e Amigxs das Persoas Presas -AQUÍ. Pola súa banda, Nais contra a impunidade pídennos tamén difusión -DESTAS xornadas en Salamanca e -DESTAS OUTRAS en Sevilla.
Leer más...

24 oct 2013

[Vigo] Crónica do acto do "Día Contra a Riqueza"

Publicamos nota de prensa recibida no noso correo:

En 23 de outubro ducias de persoas convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) quixeron celebrar publicamente o Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida

Con motivo deste Día contra a riqueza, concentrámonos ás 11:30 horas na Praza do Rei baixo o lema “Menos rollos, máis solucións”. Todas as persoas que alí estabamos fumos envoltas cun rolo de papel por dúas persoaxes caracterizadas como o Alcade de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, quedando de manifesto que a súa resposta ás demandas xustas da cidadanía máis empobrecida non son máis que rollos, nunca solucións.

Posteriormente procedemos a ler un manifesto no que, por unha banda, presentamos a Iniciativa Lexislativa Popular estatal por unha Renda Básica; e por outra, esiximos unha vez máis ao Concello de Vigo que respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social e, en concreto, que permitan ás persoas que solicitan ditas axudas que presenten por escrito as solicitudes nas UTS, mediante formulario normalizado e conservando unha copia selada.

Ao rematar dous compañeiros subiron a falar unha vez máis co Xefe do Servizo de Asuntos Sociais sobre o tema do procedemento, e mantiveron unha conversa na que quedou claro que finalmente o compromiso expresado polo Xefe de Servizo nunha xuntanza anterior non se ía levar a cabo e que nas UTS non recibirán, nin sequera en administración, solicitudes por escrito.

Adxuntamos o manifesto lido no acto:

Menos rollos, máis solucións

O pasado xoves, 17 de outubro, celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS), queremos celebrar publicamente esa data que nós rebautizamos como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Nesta xornada que nós renomeamos como o Día contra a riqueza, queremos facer chegar á cidadanía dúas mensaxes: a primeira, a nivel local, denunciar a situación de falla de garantías coa que se atopan as persoas que se achegan aos servizos sociais do noso concello buscando solucións á ausencia de recursos para satisfacer as súas necesidades básicas; a segunda, a presentación pública dunha Iniciativa Lexislativa Popular por unha Renda Básica Estatal, que entendemos como un instrumento eficaz de loita contra a pobreza e de xustiza social.

En relación ao primeiro punto, a ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vimos denunciando, máis aló da evidente insuficiencia dos recursos económicos destinados por Concello e Xunta a paliar a grave situación de empobrecemento da veciñanza, a opacidade que existe na tramitación das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social do Concello de Vigo e, sobre todo, a inobservancia do procedemento legalmente esixible na tramitación destas axudas.

Tras dúas reunións cos responsables dos Servizos Sociais do Concello e unha carta pública ao Alcalde de Vigo, temos que denunciar que a situación non variou substancialmente. Aínda que semella que si conseguimos que comecen a dar por escrito a resolución denegatoria das solicitudes das Axudas de Emerxencia Social, o compromiso verbal de posibilitar a presentación por escrito das solicitudes en administración nas UTS quedou en nada e a xente está a ser remitida ao Rexistro do Concello de Vigo para exercer ese dereito.

Por isto reiteramos hoxe as nosas esixencias: que se respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social do Concello de Vigo e que, en consecuencia, se garanta aos solicitantes a posibilidade de presentar por escrito as solicitudes, mediante formulario normalizado, e conservando os interesados unha copia selada. Porque é un dereito básico da cidadanía na súa relación coas administracións, e porque ha de selo especialmente para as persoas que se ven na obriga de achegarse aos Servizos Sociais na procura dunha solución ao crecente empobrecemento do que son vítimas.

Menos rollos, máis solucións. Este é o lema en torno ao que nos xuntamos hoxe nesta praza. E, coma sempre, as solucións existen e veñen da man da cidadanía que se organiza e busca alternativas para unha vida digna.

Tras meses de traballo colectivo e reflexións asemblearias no eido estatal, en Galiza unimos as nosas voces a moitas outras que, baixo o paraugas do “Movemento contra o Paro e a Precariedade. Por unha Renda Básica Xa!”, en todo o Estado Español chaman á mobilización de colectivos sociais e de persoas para gritar basta! fronte á realidade de emerxencia social e de degradación das condicións de vida que sufrimos unha maioría.

Cremos que é imprescindible comezar por un real reparto da renda e da riqueza. E nesta lóxica baséase a INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR POR UNHA RENDA BÁSICA ESTATAL na que estamos a traballar e da que queremos facer partícipe a toda a cidadanía.

Concibimos a Renda Básica como un instrumento de erradicación da pobreza, un mecanismo de repartición da riqueza e distribución da renda, que pode dar seguridade económica á poboación; que permite iniciar outros modos de vida, fomenta a igualdade de xénero e contribúe a eliminar os estigmas sociais. A Renda Básica pode ser o piar do novo sistema de benestar e un instrumento útil para defenderse da deterioración das condicións de vida que impón o capitalismo global.

A Renda Básica que defendemos non é unha esmola, nin unha prestación asistencial, nin un salario de pobres, senón un dereito inherente á condición de persoas, un dereito coas características de individualidade, universalidade e incondicionalidade.

A ILP pola Renda Básica pretende ser unha ferramenta para sacar da intemperie a milleiros de persoas, mais tamén para combater o medo e a desmobilización social. “Non hai pan para tanto chourizo” berrouse con carraxe nas prazas. Si hai e debe haber recursos para garantir unha vida austera, pero digna, a todas as persoas.

Por todo o exposto, presentamos esta ILP que establece o dereito á Renda Básica, é dicir, o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas; un dereito individual, universal e incondicional, cunha contía equivalente ao limiar da pobreza (645,33 €/mes) e cunha aplicación gradual en dúas fases: de xeito inmediato trala aprobación da Lei para todas as persoas que non teñan cobertura por desemprego e non dispoñan doutros ingresos, e tamén para aquelas cuxas rendas sexan inferiores á contía da Renda Básica; e nunha segunda fase, para o resto da cidadanía.

Porque temos dereito a vivir con dignidade: RENDA BÁSICA ,XA!


Vigo, 23 de outubro de 2013


ODS-Coia - Parroquia Cristo da Victoria – Grupo Axitación Social

Leer más...

14 oct 2013

[Vigo] Actividades polo Día Internacional Contra a Riqu€za

Damos pulo a estas convocatorias recibidas no correo:

O 17 de outubro celebrase o Día Internacional Contra a Pobreza. As xentes da ODS-Coia, da comunidade cristiá do Cristo da Victoria e do G.A.S. non estabamos satisfeitas con esta proposta e por iso rebautizamos a data como: “Día Internacional Contra a Riqu€za”.

Para celebralo convocamos unha serie de actos:

- Sábado 19 ás 18h00 CHARLA: “A renda básica das iguais como ferramenta de transformación social” a cargo da ODS-Coia. Será nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria ( r/Baiona 9 – Coia).

- Mércores 23 ás 11h30 CONCENTRACIÓN E ROLDA DE PRENSA: “Menos rollos, máis solucións”. Presentaremos a ILP estatal por unha RENDA BÁSICA, ademais de esixir que ninguén quede sen axudas sociais por falta de orzamentos ou atrancos administrativos. Será na praza do Rei ás portas do Concello de Vigo.

Leer más...

9 oct 2013

[Vigo] Sábado 12 as 19h , no CSOA Xuntas.- Charla sobre a situación do Brasil

Colamos convocatoria recebida do CSOA Xuntas:

¿Qué está a pasar no Brasil?

O vindeiro sábado 12 de outubro, no CSOA Xuntas, contaremos coa presenza do compañeiro Damilo Mandioca, que viviu de primeira man os conflictos acontecidos no Brasil o pasado xuño.

En xuño do 2013, millóns de brasileirxs sairon ás rúas en protesta contra diversos ataques do capital. ¿Como empezou todo? ¿Quen está nas rúas? ¿Cal é o papel dxs anarquistas en todo isto? Este coloquio pretende facer unha viaxe histórica da po­lítica contemporánea brasileira e apuntar algunhas razóns para o crecemento das protestas en xuño deste año. Tamén pre­tende pasar polas accións dos grupos anarquistas e autónomos involucrados no conflicto, e a herencia das protestas no momento actual.
Leer más...

27 sept 2013

[Vigo] Crónica da Concentración Monarquia Non

Colamos tal como nos fixeron chegar as compas de Ecoar Vigo sobre a Concentración de onte:

RESUMO DA XORNADA

CONCENTRACIÓN MONARQUÍA NON!!!

Esta mañá tivo lugar en Vigo a concentración Monarquía Non!!! convocada por ECOAR))) e outros colectivos

Con motivo da visita dos príncipes á cidade de Vigo, esta mañá tivo lugar, na esquina da estación de bombeiros de Balaídos (a actividade estaba convocada na porta principal da empresa Citroënse ben non foi posible acceder), unha concentración, baixo o lema Monarquía Non!!! Con esta actividade, que tivo lugar de xeito pacífico e sen incidentes, a cidadanía viguesa pretende visibilizar o seu rexeitamento cara a unha institución, a Monarquía, que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e que, no caso do estado español, ten a gravísima cuestión de que a coroa foi elixida por un xenocida, recoñecido como tal internacionalmente.
Leer más...

19 sept 2013

[Vigo] Venres 20 as 11:30' .- Acto de entrega e Concentración na Xunta por Unha Renda Básica

Recibimos e defundimos esta convocatoria recibida da Oficina Dereitos Sociais - Coia :

Desde a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria queremos vos convidar a unha concentración e ao posterior acto de entrega colectiva dos recursos cos que respondemos á inadmisión da petición dunha renda básica para garantizar o dereito a vivir dignamente. O acto será o venres 20 de setembro a partires das 11h30 no edificio administrativo que a Xunta de Galicia ten en Vigo na rúa Concepción Areal 8.

O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos presentados, exercendo o dereito de petición, esixindo unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais de todas as persoas.

A resposta da Xunta de Galicia pode resumirse nunha palabra: "INADMITIDAS".

Amosan así a súa falla de sensibilidade e o seu desprezo ante unha problema social que cada día afecta a máis persoas privadas dos mínimos para a vida. Por iso volvemos á Xunta para manifestar que nós inadmitimos a súa irresponsabilidade a través da entrega dun recurso contrario á súa resposta.

Tedes a resposta da Xunta, aquí:
odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/inadmision_xunta.pdf,e
o recurso que imos presentar neste enlace:
odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/reposicion_xunta_final.odt

Achegamos o texto que leremos no acto.

O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos que presentamos o 27 de xuño exercendo o dereito de petición para esixir unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais.

A Xunta de Galicia nin sequera admitiu a trámite a nosa petición para, nun segundo momento, argumentar as razóns de fondo polas que a aceptaba ou a denegaba. Sinxelamente inadmitiu aducindo dúas razóns: a suposta existencia dun procedemento administrativo legalmente fixado para formular a pretensión obxecto de petición e a existencia dun procedemento parlamentario administrativo xa iniciado en trámite sobre o obxecto da solicitude.

Nós non temos ningunha dúbida de que tales argumentos non son aplicables a este caso, posto que ambos parten da equiparación da Renda Básica que nós solicitamos coa Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), cando de feito son figuras diferentes e mesmo contrarias.

A Renda Básica, tal e como a concibimos, ten carácter universal, persoal e incondicional; fronte a unha RISGA subsidiaria e restritiva, familiar e condicionada. A Renda básica é suficiente e digna; a RISGA, escasa e miserable. Finalmente, a Renda Básica é un instrumento de xustiza e redistribución da riqueza, mentres a RISGA supón un instrumento de fiscalización, estigmatización e perpetuación da esmola asistencial.

Hoxe estamos de novo na Xunta de Galicia para dar unha resposta contundente e clara a súa inadmisión a trámite. Ante a realidade crúa de precariedade e crecente empobrecemento que estamos a padecer unha gran parte da cidadanía, resulta dunha falla total de sensibilidade e dun desprezo absoluto a resposta da administración. Non hai dereito a que nin sequera contemplen a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Eles pretenden que todo acabe cunha única palabra: INADMITIDAS. Pero nós temos dereito a vivir con dignidade. Somos nós, a cidadanía que busca alternativas e demanda xustiza, quen non pode admitir esta actitude irresponsable por parte da Xunta de Galicia. Por iso inadmitimos a súa inadmisión; por iso, hoxe entregaremos por rexistro os recursos potestativos de reposición contra a resolución da Consellería de Traballo e Benestar do 19 de agosto de 2013 a través do que solicitamos que se admita a trámite o dereito de petición exercitado, se continúe a tramitación polas canles legais oportunas e se dite finalmente resolución pola que se recoñeza o dereito de percibir unha renda básica de 863 euros ao mes, con carácter indefinido.

Vigo, setembro 2013

ODS-Coia e Parroquia Cristo da Victoria
Leer más...

[Vigo] Sábado 21 Xantar Pro-Presxs no C.S. A Cova dos Ratos

Recibimos do Grupo Galiza-Sur de apoio á Campanha Cárcere=Tortura un correo notificándonos que dende xá retoman estes famosos xantares solidarios propresxs na Cova dos Ratos (r/ romil 3, baixo) e que van ter lugar todos os 3eiros sábados de cada mes.

Ademais recordan e agradecen que se lles envien calquera noticia de malos tratos ou torturas en A Lama ao seu correo: noestansolxs@gmail.com
Leer más...

11 sept 2013

[Vigo] Sábado 14 - Roteiro "Plantas Silvestres Comestibles" e Charla-presntación libro "Cadaver a la Intemperie"

As compas de CaskOkupa de Vigo confirmannos o qué xa nos apontara un/unha comentarista anónimo/a na noticia das charlas na Galiza de Pedro García Olivo , a sua presencia tambén en Vigo no Xuntas C.S.O.A. e ademáis convocan, no mesma xornada un interesante roteiro "jiado" por César Lema.
Copiamos o seu correo con as convocatorias e os "Karteis" respectivos "koa info das interesantísimas aktividades ke se van facer este sábado 14 de setembro":

de 11:00' a 14:00' Roteiro "PRANTAS SILVESTRES KOMESTIBLES" na Horta Colectiva do Berbés jiado por CÉSAR LEMA, cita as 10:30' no Olivo (Paseo de Alfonso XII)
+
as 20:00' Charla-presentación do libro "Kadáver á intemperie" no Xuntas C.S.O.A. (r/ do Carme nº 1) kon PEDRO JARCÍA OLIVO

Difundide a info, facede favor, e mirámonos alí.

Apertas kriminais!!

Para máis información mirade os cartazes (ou karteis)
Leer más...