31 mar 2014

Ciclóxenese Cultural na Universidade de Vigo

Damos pulo a esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos para esta semana (hoxe luns e mércores e xoves):

Benvid*s á cicloxénese cultural!

Benvid*s aos días de temporal cultural na Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo!

O luns 31 de marzo, presentaremos a cicloxénese ás 12 horas na cafetería da FFT e inauguraremos a exposición "Lois Not Dead" de Emilio Cabezas para o cal contaremos coa presenza do propio artista e canda el, Leo Arremecaghona e Gonzalo Navaza.

O mércores 2 de abril, o teatro invadirá diferentes espazos da facultade coa Interpretación Simúltanea de Acción palabra pigmento de Lailarina Kenoesbailarina; De por que os nenos se suicidan por María Costa e Entre abaladas de Xandra Táboas.

O xoves 3 de abril, a cicloxénese tórnase poético-musical e poderemos gozar con Cintaadesiva -grupo poético musical composto por Silvia Penas e Xesús Tejada- e Xenderal, o home máquina do beatbox ao ragga stye!

"Es incuestionable; no hace muchos días lo deciamos y hoy lo repetimos: estamos ya en el principio del fin. La lucha es terrible pero inevitable (...) La lucha es inevitable, porque, como dice Volney, la codicia, el egoísmo y la ignorancia de las personas, así lo quieren". R. M.



Xustiza ......................................... 1.500.754,04

Defensa ......................................... 5.654.454,39

Seguridade ciudadá e institucións penitenciarias. 7.880.953,26

Educación........................................ 2.174.996,11

Cultura.......................................... 717.971,02

Este é o orzamento real -miles de euros- para o ano 2014 no estado español.

E ti que opinas? Non te asusta? A nós si e non estamos de acordo! De aí esta cicloxénese cultural!

Benvidas ao temporal cultural! Coidado!

Vimos cargadas de pintura, teatro, música e poesía para facervos tremer.

Somos vento xeado golpeándote na mañá -ese que te desperta da inopia onde te teñen atrapad*-.

Somos esa chuvia da que non podes defenderte -esa que te empapa de cultura e te obriga a cambiar o camiño-.

Somos lóstregos electrificantes e mortais!

Atenta! Atento!

Estate alerta!

Vén, cultívate, rebélate e goza canda nós!

Saúde!

3 comentarios:

  1. Moi setenteira a convocatoria, faltoubos
    Un happening...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. sim, pero o happening tivera os seus inícios nos cinquenta e o seu apogeo nos sesenta. Falhas-te por umha ou duas décadas.

      Eliminar
  2. Eu pensaba que nacera nos 60, mais, nos 70 proliferaban bastante os happenings. Ou sexa que tampouco creo que "falle". Ás veces botanse en falta este tipo de actividades, é bonito ver como en determinados ambientes está a haber unha "recuperación" das actividades poéticas e teatrais(Tattoo Circus, timbas poéticas, Sala Iago, Feira do libro na Guarda, cicloxénese en Vigo).
    O DO HAPPENING ERA TOTALMENTE EN SERIO

    ResponderEliminar