Damos pulo ao convite recibido, onde "A Curuxa" Obradoiro Experimental de Bioconstrucción Cooperativa din ter a ilusión de presentar a xestación do "Proxecto Ruínas de Manzós" onde se dará formación e información para xerar debate acerca doutro xeito de construír, a bioconstrucción, e explicarase a forma de levar a cabo a construción artesanal dunha vivenda con materiais de refugallo (latas, botellas, pneumáticos...) e naturais (palla, madeira e barro) que non leven a xeración de residuos ou cascallos, que permitan o uso de técnicas de construción sinxelas e que faciliten a rapidez na execución das diferentes fases na obra, co fin de desenvolver un estilo de vida sostible a longo prazo e facendo viable a autoconstrución.
Tentaremos, tamén, demostrar que é posible organizar as diferentes esferas da nosa vida (traballo, vivenda, educación, saúde, alimentación, transporte...) dende a autoxestión e, ao mesmo tempo, crear espazos de encontro entre os proxectos autoxestionados e a cidadanía en xeral, favorecer a aparición de novas redes de apoio e fortalecer as xa existentes.
Esperámosvos en Ourense, o venres 4 de abril ás 19:30h no C.S.O. A Kasa Negra.
Se quéresche informar ou participar na creación dun espazo aberto de autoaprendizaxe, un espazo alternativo e autoxestionado, un novo recuncho máxico para impulsar e desenvolver a Bioconstrucción e Permacultura en Galiza, estas invitadx á presentación da Escola Experimental “A Curuxa” con o seguinte Programa:
19:30' Presentación da Escola Experimental “A Curuxa”
20:00' Información do "Proxecto Ruínas de Manzós"
21:30' Proxección Documental (V.O.S.) "O Guerreiro do Lixo" de Oliver Hodge
Lugar: C.S.O. A Kasa Negra (r/ Ponferrada, 26/ Bus urbano liña 5. Perdigón- Ourense)
31 mar 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario