Outra convocatoria que recibimos e damos pulo. Desta volta no-la envían por correio compas do Colectivo que forma a Mostra Da Barbarie onde convidan á inauguración desta exposición con o nome de Mostra Da Barbarie e consta de 18 ou 19 obras que mesturan a palabra e a imaxe.
Din-nós as compas que estarían encantadas de que pasases a mirala o día da inauguración e que nada faríalles máis felices que disfrutarades coa mostra e a pequena festa que están a preparar.
Tambén apontan que teñen un seu blogue onde, polo momento, podedes ver o cartaz de presentación (o deseño que acompaña esta convocatoria) e máis un pequeno texto-manifesto (que reproducimos a continuación), ademais de anunciar que a partir do día seguinte da inauguración da Mostra, liberarán as obras no seu blogue "para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira".
E por último, agradecen a difusión que se poida facer da mostra.
Agardámosvos cunha aperta!
TEXTO-MANIFESTO: É realmente isto unha mostra?
Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo. Rexeitamos así tamén o ocio.
Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.
Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.
Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima...
As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira aquí en http://mostradabarbarie.wordpress.com a partir do 6 de Abril.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario