31 jul 2014

Chamado a unha movilización internacional en solidariedade cxs presxs anarquistas do 23 ao 30 de agosto


No verán de 2013 os membros de varios grupos da C.N.A. (Cruz Negra Anarquista) discutiron a necesidade de introducir un Día Internacional de Solidariedade cxs Presxs Anarquistas. Ao igual que existen datas establecidas como o Día dos dereitos dxs Presxs Políticxs, ou o Día da Xustiza en prisión, pareceunos importante destacar tamén as historias dxs nosxs compañeirxs. Moitos anarquistas encarcerados nunca serán recoñecidos como “presos políticos” por organizacións formais de dereitos humanos, debido a que o seu sentido da xustiza social limítase estrictamente ás leis capitalistas que están deseñadas para defender o Estado e previr calquer cambio social real. Ao tempo, incluso dentro das nosas comunidades individuais, sabemos moi pouco acerca da represión noutros países, por non dicir que non sabemos nada, dos nomes e casos de moitxs dxs nosxs compañeirxs encarceradxs.

Por isto mesmo decidimos introducir unha semana anual para xs presxs anarquistas do 23 ao 30 de agosto. Escollemos o 23 de agosto como un punto de partida, porque nese mesmo día no ano 1927 xs anarquistas italianos Nicola Sacco e Bartolomeo Vanzetti foron executados en prisión. Foron declarados culpables de asasinar a dúas persoas durante un roubo a man armada nunha fábrica de zapatos en South Braintree, Massachusetts, Estados Unidos. O seu arresto foi parte dunha campaña anti-radical liderada polo goberno estadounidense. As probas do Estado contra os dous eran casi totalmente inexistentes e moitas persoas todavía cren hoxe que foron castigados polas súas fortes conviccións anarquistas. Dada a natureza e a diversidade dos grupos anarquistas de todo o mundo, propoñemos unha semana de acción común en lugar dunha soa campaña nun día específico, facendo máis fácil que os grupos sexan capaces de organizar un evento dentro dun horizonte de tempo. Polo tanto, facemos un chamado a todxs a difundir a información sobre a Semana de Solidariedade cxs Presxs Anarquistas entre outros grupos e comunidades e pensar na organización do evento(s) na súa cidade ou vila. Os eventos poden variar dende accións informativas, proxeccións, concertos benéficos solidarios e tamén acción directa. Deixa que a túa imaxinación voe libremente.
Áta que todos sexamos libres.
325
ABC Belarus
Brighton ABC
Bristol ABC
ABC Cardiff
ABC Czech Republic
ABC Finland
ABC Kiev
ABC Latvia
Leeds ABC
London ABC
ABC Mexico
ABC Moscow
Nizhny Novgorod antirepression group
ABC St.Petersburg
Leer más...

[Grecia] Núcleos Nihilistas atacan a sede da Canle televisiva SKAI en Atenas


Reproducimos unha vez traducido un comunicado extraído de "La Rebelión de la Palabras" . O comunicado está asinado por "Núcleos de Nihilistas" e nel reivindican e explican a intencionalidade do ataque cunha granada de man á sede da canle televisiva grega SKAI:


Cabróns – chivatos – xornalistas

“Os medios de masas son en democracia o que os tanques na ditadura”

Os “Núcleos de Nihilistas” asumimos a responsabilidade do ataque con granada á sede central da canle de chivatos SKAI, na madrugada do sábado 12 de xullo.

Na era do imperio dos mass merda escribense moitas cousas para dicir soamente unhas poucas e agochar a maioría. Xs xornalistas preséntanse como xs únicxs propietarixs da verdade. O que non aparece nas cámaras de televisión simplemente non existe. borrase… silénciase… censúrase…

Tal como pasou coa folga de fame máis grande (4500 presxs) realizada na historia das prisións gregas contra a lei pola construcción de prisións de máxima seguridade. A nova desta folga de fame sen precedentes foi agochada entre as publicidades de telefones móviles, deterxentes, máquinas eléctricas e cos ritmos festeiros da Copa do mundo, para fragmentala, machacala, e finalmente silenciala por completo.

A loita dxs presxs por non ser soterradxs e esquecidxs como mortxs vivintes dentro de toneladas de cemento e cancelas parece non encaixar na narración televisiva da vida. Alá onde a mentira constrúe os seus bastións ideolóxicos o único que cabe é o medo e o atontamento da sociedade do espectáculo. As imaxes de persoas que buscan a comida na basura alternanse con espectaculares desfiles de moda e galas de caridade, mentras a noticia do suicidio de miles de neo-desesperadxs ex-pequenoburguesxs esquécese baixo a resonancia dos chismes do lifestyle, nun negocio televisivo de afasia social sen fin… E a vida continúa fora da pantalla, en fondo branco e negro. Unha maneira de pensar masiva e sentimentos con manual de instruccións de uso… esta é a fábrica social dos medios de comunicación masiva.

SKAI e o seu equipo xornalístico de servxs e chivatxs está a exercer a propaganda do conservadurismo e do medo. Solteronas sagazes (I. Mandrou), sumisos conselleiros (A. Portosalte), axentes de servicios de información (Papahelas), asquerosos lambebotas (G. Aftias), recén chegados pretenciosos cobardes (T. Chatzis), banqueiros histéricos (M. Papadimitriou), todxs baixo a guía do contrabandista Alafouzos (propietario da canle) eloxian e santifican as ordes do Poder, enviando a Inquisición a calquera que se atreva a desafialo.

Poderíamos gastar miles de palabras para xs pagadxs tele-fiscais pero ningunha ovella se salvou balando. No combate contra o existente non vence quen fala “mellor”, senón quen transforma as súas verbas en práxe. Por iso non nos gustan discursos decorados, as análises complexas, a retórica social e a aparentemente seria terminoloxía política para “xustificar” as nosas accións ou para ser agradables aos ollos das masas.

Estamos coa minoría de aquelxs a quen non lles importan as condicións obxectivas e as etapas intermedias da “revolución social”, e levamos ao cabo a experiéncia directa da insurrección anarquista aquí e agora…

Dende o fío da navalla, onde procuramos a experiencia real do ataque, enviamos saúdos e expresamos a nosa complicidade cxs compas do Núcleo en prisión da Conspiración de Células de Lume, con Andreas Tsavdaridis e Spyros Mandylas que se atopan no módulo A da prisión de Korydallos, coa compa Olga Ikonomidou de Conspiración das Células de Lume, e con todxs aquelxs amigxs dentro das prisións que non se axeonllan fronte a tiranía do Poder e o desgaste do tempo. Solidariedade e forza ao sector na clandestinidade da Conspiración de Células de Lume, axs compas en Alemaña, Italia, Indonesia, Inglaterra, que reforzan o “Proxecto Fénix”, á rede internacional FAI/FRI (Federación Anarquista Informal / Frente Revolucionario Internacional) e ao guerrilleiro urbano Christodoulos Xiros, que está en búsqueda e captura cunha recompensa pola súa cabeza.

Pensa revolucionariamente, actúa ofensivamente.

“Núcleos de Nihilistas”

PD (1). Ante a presencia dalgúns transeúntes que por azar pasaban polo lugar e o perigo de que resultasen feridxs nos obrigóunos a non poder ampliar o ataque como estaba organizado e limitarnos ao lanzamento dunha granada. A próxima vez non nos limitaremos a un mero amedrentamento simbólico…

PD (2). Cada arresto de guerrilleirxs urbáns, como o de Nikos Maziotis, é unha nova razón para agudizar os ataques. Forza e complicidade cxs compas que asumen a responsabilidad política da loita armada.


















Leer más...

29 jul 2014

A ofensiva cidadanista

Xusto cando máis arrecian as criticas á postura antielectoralista de Abordaxe, recibimos a petición de dar publicidade a dous textos que non podían vir máis ao caso. Traducido o primeiro (pois ambolos dous proceden de cataluña) deixámosvolo aquí listo para saborear:

O 24 de xuño saltou á palestra a Plataforma cidadá "Guanyem Barcelona", edificada en torno ao atractivo mediático de Ada Colau, a delegada máis televisiva da Plataforma de Afectados polas Hipotecas; o enésimo acto da comedia electoral hispana tiña lugar no medio de patéticas advertencias contra a ofensiva neoliberal e indignadas promesas de cambiar as regras do xogo político, de romper a relación íntima da administración pública cos grandes intereses privados e, en fin, de rescatar "a democracia", todo iso pronunciado co ton da maior sinceridade posible. Parece que o ciclo aberto durante o 15 M chegou á súa máis lóxica conclusión. A incapacidade da vella política en resolver os problemas económicos das masas desclasadas, rebautizadas como cidadanía, obriga á formación dun gran partido cidadanista que agora se concreta en diversas iniciativas refundadoras que cúpulas improvisadas difunden coa axuda de informáticos. Mentres as novas formacións políticas se preparan para competir nas próximas municipais e autonómicas expresando así o anhelo de urnas dunha suposta cidadanía que habita nos movementos sociais, veciñais e sindicais, poderiamos tratar de explicar as causas desta aparente transformación do escenario político, que haberá que buscalas nas novas condicións de existencia das clases que ata hoxe constituíran a base social do vixente réxime partitocrático.

Nos países onde reinan as condicións modernas de produción e consumo realmente non pode falarse de clases, senón de masas, amontoamento indiferenciado de residuos de clases e fragmentos de capas sociais, conformista e resignado a delegar a defensa dos seus intereses nunha clase política profesionalizar e encistada nas institucións. Nesta etapa do capitalismo, que cualificamos como desarrollista, o Capital e o Estado fusiónanse orixinando un sistema político eminentemente bipartidista mesturado con intereses financeiros, turísticos e inmobiliarios. Pois ben, o empobrecemento da parte máis vulnerable das devanditas masas provocou na sociedade civil diversos movementos autoorganizados á calor dos conflitos locais, nin fortes abondo, nin o suficientemente lúcidos como para prescindir do enxame de militantes de vellos partidos frustrados, case marxinados, que acudiron á loita coa intención de instrumentalizala, nin tampouco das bandadas de novos militantes ambiciosos forxados nelas. En resumo, a crise social desgastou a imaxe da vella política bipartidista, acelerando a descomposición da socialdemocracia, un dos dous puntais da orde política, ata o punto de preocupar á clase dominante, pero non creou un movemento social independente capaz de encarar os problemas con espírito revolucionario.

Nesas condicións entra en xogo a nova burocracia política ciudadanista que se segrega das loitas sociais e pretende representar nos parlamentos e casas do concello os intereses perdedores na globalización económica. Os devanditos intereses varían dun escenario a outro, segundo vaian máis ou menos asociados, ben aos vellos partidos minoritarios que se alimentan do cadáver bipartidista, ben ás oligarquías rexionais en pugna co Estado central por cuestións de impostos e transferencias, é dicir, están determinados polo grao de implicación nos conflitos secundarios dentro da clase dominante en torno ao modelo político ou estatal máis eficaz para a economía. A disparidade de intereses deu lugar a diferentes proxectos, algúns limitados ao ámbito municipal, como por exemplo Guanyem Barcelona, outros como a CUP circunscritos na área autonómica, e finalmente, outros con ambicións estatais, caso do electropartido Podemos. A impostura despréndese dun dato: non son os seus futuros votantes que elixiron os seus candidatos; son máis ben estes os que con distintas estratexias elixiron os seus futuros votantes. Sorprende non obstante que, aínda que tales proxectos estean todos na súa primeira infancia, os seus promotores adoecen visiblemente dunha vella e coñecida enfermidade, o cretinismo parlamentario, doenza que introduce nas súas desafortunadas vítimas a convicción solemne de que o presente e o futuro do país enteiro, das masas e as clases, han de determinarse en función da distribución do número de cargos electos en todos os foros institucionais, e que todo o que sucede fóra deles, disturbios, folgas, sabotaxes, ocupación, revolucións, guerras, etc., ten moita menos importancia que calquera asunto, por nimio que sexa, que nun momento dado ocupe a atención dos deputados ou concelleiros reunidos.

Dalgun xeito as tentativas cidadanistas quixeron levar as circunstancias críticas ao punto no que se atopaban antes do 15 M. Para moitos sectores sociais afectados, particularmente o da xuventude con estudos precarios ou no paro, a canteira maior do ciudadanismo, o horror á desorde e a anarquía que intúen nos violentos enfrontamentos coa policía habidos, é máis forte que a indignación ante a impunidade da Banca, a magnitude dos recortes en Sanidade e Educación ou a corrupción da xerarquía partitocrática. Na súa intervención política subxace o desexo de impedir a formación de organismos sociais exteriores ao sistema e fóra de control, ou sexa, verdadeiramente autoorganizados, capaces de mobilizar ás masas irritadas contra a clase dominante e o Estado. A súa función consiste en deter a marcha dun antagonismo que non para de crecer, canalizando as súas reivindicacións, as súas experiencias e os seus impulsos cara ao pantano da política. O desprazamento das escaramuzas territoriais e urbanas cara ás casas do concello e os parlamentos transloce precisamente a intención sinalada de restablecer a orde nas coordenadas sociais anteriores á crise económica, pero como adoita suceder, a decadencia do partido cidadanista comezará no mesmo momento do seu triunfo. Mentres dure a crise ten a existencia asegurada; pero a condición de formar parte do xogo e evitar que a baralla rompa.

Os cidadanistas nin cuestionan o Capital, nin tampouco o Estado; queren acomodar o que chaman "economía social" no primeiro, e ter cabida no segundo, pola sinxela razón de que a súa base social, os sectores desclasados mesocráticos, se mobiliza a condición de que non pase nada. Por razóns electorais, poden manter un equívoco ao respecto reivindicando acontecementos rupturistas como os de Gamonal ou Can Víes, pero sempre se separarán do feito violento, atribuíble por eles á policía ou a minorías exaltadas non representativas. As novas formacións ciudadanistas non se formulan a acción e temen todas as iniciativas que conduzan a ela. A súa natureza mesquiña e ambiciosa nada mellor nos estanques da política, lonxe dos perigos que carrexa a intervención nas loitas sociais. Cren que fan o que deben cando non fan nada e se limitan ao acto festivo e simbólico. Son expertas en espectáculos rechamantes e ruidosos, como o que se intentou coas Marchas pola Dignidade, cuxa inanidade corre parella ao tamaño das súas pretensións. Pero na medida que hai espectáculo, deixa de haber realidade. Iso sábeo a clase dirixente, que en último extremo pode permitirse dominar a través mesmo de partidos non oficiais, plataformas cívicas, coalicións e demais "mecanismos de participación cidadá" que en aparencia, pero só en aparencia, parecen contrarios aos seus intereses, a non ser que os oprimidos rebeldes teñan en conta que a mirada dirixida e enaltecida polos medios, ás veces alternativos, nunca é a da liberdade, senón a do poder, actuando en consecuencia.

Abaixo o engano cidadanista!

Revista Argelaga, 27 de xullo de 2014

Leer más...

28 jul 2014

Ata sempre Xaquín

Hoxe tócanos o trance amargo da despedida; e é que outro apreciado compañeiro abandonou para sempre este agridoce camiño que é a vida.

Coñecín a Xaquín Yebra-Pimentel fai xa case década e media, cando me pasei a estas lides do anarquismo. Non obstante el xa levaba transitando longo tempo os camiños da insurxencia e a rebeldía. Antes mesmo de que eu me decidise a andar por estes mundos el xa coñecía o carcere, os calabozos e demais delicias represivas, por aqueles tempos alegremente administradas polo fascismo.

Quizais por iso Xaquín estivo sempre especialmente sensibilizado coa causa anticarceraria. Todos o recordaremos como un incombustible participante das marchas do Nadal á prisión de Teixeiro. Razón pola que foi especialmente escollido, xunto a outros poucos "agraciados", para ser multado inxustamente por iso.

Xaquín era profesor, non podo saber, polo menos de primeira man, que tal se lle daba iso da docencia. Non obstante sempre nos acordaremos del recomendando esta ou aquela lectura en función dos derroteros que tomara a nosa conversación. Mesmo moitas veces che traía este texto, aquel libro ou o outro poema que che recomendara tempo atrás e do que ti xa non te acordabas.

Unha vez coincidiume traballar cun compañeiro que casualmente fora alumno seu. Quede francamente sorprendido da profunda impresión que as súas clases produciran nel. O cariño que lle gardaba e a admiración que lle provocaron as súas leccións parecían telo marcado de xeito indeleble.

Pero xa non veremos nunca máis a Xaquín. Xa non volverá apuntar coidadosamente cousas na súa pequena libretiña ao vuelo de calquera conversación. Marchou para sempre porque un maldito cancer o levou.

Xaquín, emprendiches a túa derradeira viaxe. Como bo ateo volviches á nada, fúcheste a ningures a encontrarte con Xosé Tarrio, Niti, Toco ou Loló, que che precederon niso de cruzar as fronteiras deste mundo camiño do vacío. Cando te atopes con eles, alá pola inexistencia, mándalles recordos de nós os vivos; dilles que vos levaremos sempre presentes mentres continuemos transitando por este trance da vida. Sempre loitando como fixechedes vós. Non hai présa pero, gústenos ou non, pronto nos atoparemos aló.

Ata sempre Xaquín!

C. Ribas dende Abordaxe!
Leer más...

Nova información sobre a situación dxs compas presxs Mónica Caballero e Francisco Solar


O venres 4 de xullo, comunicóuselle axs compas, a través dun Auto de Procesamento do xuíz de instrucción da Audiencia Nacional, que finalmente serían procesadxs por terrorismo. Asimesmo, que deberían prestar declaración o venres 11 de xullo, na Audiencia Nacional de Madrid. A comezos da semana da declaración xs compas foron trasladadxs a Madrid, Mónica ao cárcere de Soto del Real e Francisco a Navalcarnero.Ao parecer a declaración foi un mero formalismo, xa que nin sequera foi realizada polo xuíz de instrucción que leva o proceso, senón un secretario xudicial.

A día de sábado 26 de xullo) Mónica continúa en Madrid a espera de ser trasladada novamente a Brieva (Ávila) onde se atopa dende fai meses. Francisco chegou o xoves a Villabona (Asturias) despois pasar dende o luns por tres prisións (Valdemoro en Madrid, o C.P. de León e a prisión de Teixeiro aquí en Galiza).

Sabemos que os recursos que presentaron as abogadas contra o Auto de Procesamento foron desestimados polo xuíz e que están en fase de apelación.

Se alguén está interesado en saber máis sobre a situación dxs compas:

solidaridadylucha@riseup.net


Informa Teixugo ácrata para Abordaxe
Leer más...

27 jul 2014

“Marea Atlántica” ou o nauseabundo rastro de Podemos

Xa tardaban: á exitosa aventura electoral do trepa ególatra de Pablo Iglesias con Podemos, o partiducho á súa medida montado co auspicio dunha panda de borregos post-quincemeiros, xa lle empezan a saír clónicos emuladores. E en A Coruña, falta de imaxinación pero non de oportunistas prestos a subirse ao carro, faltoulles tempo de pergeñar unha revisión local e chusqueira de pseudo-partido político buenrrolleiro a imaxe e semellanza de Podemos.
Representantes de "Marea Atlántica" lendo o manifesto
"Marea Atlántica" nace como unha especie de plataforma electoral, de índole municipal, coas supostas pretensións de "poñer as institucións ao servizo da xente", de "rescatar a democracia" do bipartidismo e de "rematar coas políticas ditadas polas elites e o poder económico". Calquera mente minimamente lúcida que supere, aínda por pouco, os dous dedos de frente sabe perfectamente que xamais se poderá acabar co poder establecido a través das institucións creadas por ese mesmo poder establecido.

Xamais na historia se conseguiu nada nin sequera remotamente parecido (e as escasas veces nas que se estivo preto de intentalo a institución militar cumpriu á perfección a función para a que en última instancia foi creada). O estreito márgen que o sistema concede aos xestores municipais, encorsetado por cen mil leis que apuntalan a propiedade, a desigualdade, a inxustiza social e o libre comercio, impedirían calquer intento de cambiar, máis alá da mera cosmética, o estado das cousas. E iso no suposto caso de que alguén estivese de verdade interesado en cambiar algo. Pois moito me temo que a prosaica realidade é que tras desta plataforma se esconden os catro trepillas de sempre tentando meter a patita nas institucións pola porta de atrás e disfrazados de
"marea cidadá". E todo, como non, co beneplácito idiota de moito parvo benintencionado.

Pese a que as propostas desta "iniciativa", polo menos no plano teórico, beben de fontes máis ou menos autoxestionarias, con propostas como o traspaso aos barrios das decisións do concello, a prosaica realidade mil veces demostrounos que estas promesas non son máis que fuegos de artificio. Pese ás posibles boas intencións dalgún dos seus promotores, o que se esconde tras deste tipo de propostas non é outra cousas que o aupamiento ao poder dalgúns trepillas locais, prestos a substituír as rancias caras da política institucional polas súas propias. Jetas menos coñecidas, pero igual de duras que as dos seus competidores. Á fin e ao cabo non é outra cousa que o necesario lavado de cara que o sistema precisa para manter incolumne o "estatus quo". As reformas que ao cabo non fan se non renovar o sistema só serven para conxurar a revolución.

É esclarecedor o feito de que, pese a que desde "Marea Atlántica" manifestan que o seu proceso "ten que saír da cidadanía, non desde organizacións políticas", rápidamente todos os partidos políticos á esquerda do PSOE apresuráronse en aplaudir a iniciativa e en pasear aos seus capitostes municipais polos actos da formación recen nacida. Cousa que, dito sexa de paso, non pareceu molestar no máis mínimo aos promotores da mesma. Á fin e ao cabo aquí do que se trata é de entrar en política pola vía rápida, e non pasará moito tempo antes de que as caras máis visibles dos que agora van de ciudadanistas autoxestionarios adornen os cartaces electorais de partidos máis serios... e con máis posibilidades de ascenso. E se non tempo ao tempo.

Pois así é, por todo o territorio do estado mil supostas iniciativas de "revolución democrática" configúranse a fume de carozo para subirse ao carro da nova post-modernidad democrática. Trepas de todo pelaxe, amparados por cándidos pardillos que de verdade se creen toda esta patraña, empezan a debuxar o novo panorama de regeneración democrática, atraídos polo cheiro do cadáver en descomposición da esquerda tradicional. O sistema necesita refundarse a si mesmo para que todo siga igual. Un novo bipartidismo co PP e o PSOE por unha banda, aliados nunha mesma coalición, e outro partido simpático e buenrrolleiro, aínda por configurar, do outro lado da ecuación. Os aspirantes a politicuchos e mangantes do futuro lánzanse en mandada ao ruedo, non sexa que non saian na foto. Desgraciadamene, dado o aborregamiento social e a falta de visión do común do cidadán, ata lles sairá ben a cousa. A nós, evidentemente, sempre nos terán en fronte.

Ovejo Añejo para Abordaxe.
Leer más...

26 jul 2014

A Igrexa reclama un alzamento militar para salvar España en presencia de descendentes de Franco


A Conferencia Episcopal o voltou a permitir, con motivo da conmemoración do 18 de xullo -data do Golpe de Estado contra a Segunda República española-, a madrileña Igrexa dos Jerónimos homenaxeou a Francisco Franco e a todos aqueles que propiciaron a “salvación de España”.
Leer más...

Varias sabotaxes e expropiacións pola liberación animal e humana






Informamos de varias accións de sabotaxe e expropiación realizadas por anarquistas nos territorios dominados polos Estados español e francés. Reproducimos unha vez traducido, un comunicado reivindicativo tirado do blogue La rebelión de las palabras

Leer más...

25 jul 2014

Anarquistas israelíes detidos por bloquear a saida de avións de guerra

Difundo a nova sacada de Proyecto Ambulante:

Polo menos 21 membros da agrupación “Anarquistas contra o muro” foron detidos onte, 24 de xullo, logo de bloquear a entrada a unha base da Forza Aérea Israelí no norte de Tel Aviv. Os activistas pretendían evitar que as naves cumplan cunha nova operación sobre a zona da Franxa de Gaza, en protesta polos bombardeos que as tropas hebreas realizan dende fai sete días e que deixou a máis de 400 palestinos mortos.

Segundo informou o diario israelí Haaretz, os manifestantes cubriron os seus rostros con máscaras brancas e sangue falso, e acostáronse na rúa simulando estar mortos.

Publicado por  Maruja a Soca
Leer más...

Postindustrialismo, Estado, e loitas de liberación nacional por Constantino Cavalleri


"Non lle chames burro ao cabalo!" dito popular galego

O Estado moderno xurdiu das esixencias das burguesías locais, nunha raibosa loita entre elas, durante o período de acumulación orixinaria do capital, e do seu arraigo e desenvolvimento en territorios circunscriptos. Isto traducíuse en protección e garante do capital da competencia extranxeira, dos ataques das masas proletarizadas e da resistencia cultural e material dos pobos e etnias históricamente hostiles á penetración e dominio capitalista-estatal. Etnocídio e xenocídio acompañan ao Estado moderno dende as súas oríxes ata os umbrais do terceiro milenio. Non é unha casualidade que o Estado se presente históricamente como inimigo, non soamente das masas proletarias, tamén das forzas sociais e políticas dos pobos oprimidos.
Leer más...

Amigos do mundo uniformado, dos valores universais e do pensamento etnocentrista

Primeiramente, quixera referirme á seguinte afirmación "A cuestión nacional, en diferentes épocas, serve intereses distintos, adquire matices variados, en función da  clase que os plantexa e do momento no que os plantexa". Esta cita di que dependendo da fase do capitalismo na que nos atopemos, o nacionalismo pode estar íntimamente ligado a unha revolución burguesa, ou ben, que as loitas de liberación nacional son obra das clases traballadoras e populares dun territorio concreto.
Leer más...

23 jul 2014

Inauguración do CSO Vista Alegre en Betanzos



10, 100, 1000 Centros Sociais!!!
Temos o pracer de airear está convocatoria de inauguración  dun novo Centro Social Okupado na Galiza, concretamente en Betanzos. A falta de máis novas sobre este proxecto reproducimos dita convocatoria:

Leer más...

Movilizaçoms em Lugo em apoio ao povo palestiniano ante o genocídio sionista



Distintas organizaçoms e individualidades do ámbeto anti-capìtalista lucense convocam para a vindeira terça feira (martes) 29 de julho ás 20:00h adiante do Concelho, umha concentraçom em contra do genocídio sionista ao povo palestiniano (e cada martes a partir dessa data). Leer más...

18 jul 2014

Compas presos escreben ao Tokata solidarizándose con Tamara e Pepita

A primeiros de xuño saltaran as alarmas nos medias alternativos anarquistas pola publicación na web ContraInfo (es) dun comunicado anónimo no que se acusaba á compañeira Tamara de ter delatado alguén á policía. Ante tamaña inxustiza para con esta compañeira, todos os medias anarquistas puxeranse ao seu carón e criticaron o feito de que ContraInfo (es) dera pábulo a tal comunicado cobarde. Agora o Boletín Tokata ven de publicar unha serie de cartas de compas presos que, unha vez receberan o boletín nas súas celas e ter coñecemento do que se calumniara sobre a nosa compa, respostaran para se solidarizar con Tamara e darlle agarimosos ánimos, alén de manifestar o seu noxo de que se publicara ese estúpido e absurdo artigo nunha páxina, pretendidamente, anarquista; mesmo algúns dirixen os seus dardos contra a policía como autora dese artigo difamante e outro contra algún "anarquista" infiltrado no ministerio do Interior.

Tambén os hai que aproveitan a comunicación con o Tokata para se solidarizar con Pepita Seoane despois de coñecer a acusación dirixida conra ela como ideóloga dos GRAPO.

Non imos colar as cartas nen a traducilas (as cartas persoais así como a poesía, perden con a traducción e, queiras que non, todas sabemos ler en castelán), pero sin facilitamos os enlaces para animarvos a sua leitura no Tokata, que colamos por orde cronolóxico:

- Carta de Juan Carlos Rico dende o Cárcere de El Puerto de Santa María

- Carta dende o Cárcere de Aranjuez do compañeiro Francisco Maya Fernández

- Carta, tambén dende Aranjuez, do compañeiro Daniel Ramírez Córdoba

Nesta última (ata agora) carta, Daniel fai unha proposta para que "se abra o debate de facer algún acto (cada un dentro das súas posibilidades e circunstancias persoais) en memoria dos nosos compañeiros e amigos/ás falecidos dentro de prisión... de forma mensual, trimestral ou anual, que se manteña viva a súa memoria. Tamén en recordo de todos/ás os/ás compañeiros/ás que mantiveron unha loita activa no colectivo de COPEL e máis tarde a reconstituída APRE e o Colectivo en Loita dos Presos FIES".

Publicado para Abordaxe por Xan do Can
Leer más...

[Uruguay]: Comunicado Anónimo de Ataque incendiario contra zoo Villa Dolores

Colamos (traducido) do blogue do Periódico Anarquía do Uruguay este comunicado sobre esta acción sobre a liberación total contra o zoo Villa Dolores:

Na mañá do Venres 13 de Xuño colocamos un artefacto incendiario dentro do zoo-prisión Villa Dolores, asegurámonos que este non afectase a ningun animal humano ou non humano. Isto tan só foi un acto simbólico e é só o comezo, cada día que pase e o zoolóxico estea aberto vailles custar caro aos responsables. Non queremos máis centros de illamento, non queremos máis opresión nin sometemento.

Pola liberación da terra e dos seus habitantes, non pararemos, ata que todas as gaiolas esten baleiras.

T.·.A.·.F.·

Máis información en Abordaxe sobre este zoo
Leer más...

Bardo Ediciones volta con "Dulce Leviatán" do noso compa e amigo Pedro García Olivo

Pedro García Olivo, quen recoñece o seu gosto pola nosa terra, estivera pola Galiza con nós en varias ocasións, así foi nos dois anos anteriores a este, en 2012 nunha xira entre o 6 e o 11 de marzo na que estivera en varias localidades con animadas palestras e debates sobre os seus polémicos plantexamentos "anti-escolares"; e en 2013 repetiu en setembro co gallo da presentación do seu libro "Cadaver a la Intemperie"; alén participara na nosa última revista en papel Abordaxe nº4 con unha auto-entrevista que titulou "El Occidental Abominable".

Agora vimos de saber que ven de publicar o libro "Dulce Leviatán. Críticos, víctimas y antagonistas del Estado del Bienestar" na editorial anarquista Bardo Ediciones, do que vos recomendo todos os seus libros (boa edición e precio moi asequíbel), alén de que os podedes descargar debalde na súa nova web

Colamos (traducida) a presentación que Bardo fai do libro de Pedro:


A forma menos vaporosa do Estado Social de Dereito recibiu o nome de «Estado do Benestar», que non sinala un benestar de todos na área das potencias hexemónicas e que se funda no malestar de case todos no ámbito dos países dependentes, como denunciaron tantos críticos do neo-imperialismo e da globalización. Esta modalidade do Estado non aparece como un telos da lóxica política do Capitalismo: pode vir e pode irse, achégase e afástase. Hoxe tende a esvaerse, no que atinxe aos países do sur de Europa; pero persevera e ata se fortalece noutros, europeos e non europeos. Pretendo contribuír á súa crítica, pois a percibo como o maior engado, como o monstro máis falsario, máis velenoso, que cabe dispoñer para a xustificación (lexitimación) da coerción gobernamental e da explotación social, para a perpetuación da casta política e do canon de vida dos sectores burgueses e «aburguesados» (dun lado, e por definición, empresarios, banqueiros, funcionarios, etcétera; doutro, cantos traballadores, empregados ou desempregados, se recoñecen na disposición psicolóxica -antes diciamos «mentalidade»- da clase dominante, no seu «carácter social»: o sector maioritario da poboación, nas nacións do Norte).

Dende acá animarvos a leitura.

Xan do Can para Abordaxe
Leer más...

Veciñas Okupas

Colamos este artigo (traducido) da web "Oficina de Vivienda" do Colectivo de Apoio Mutuo para defender o direito á vivenda digna para todas de Madrid, onde fai unha proclama pola okupación dende unha analise actual (con referentes históricos) das bondades desta para o conxunto da sociedade e das mudanzas nas peculiaridades das okupas. O artigo foinos enviado por ANA e se ben fai referencias a Madrid, a analise é extrapolable a calqueira lugar do estado (e mesmo do mundo):

Durante os anos da burbulla inmobiliaria, a vivenda converteuse nunha excelente mercadoría coa que especular. Abondaba con dar unha volta por calquera barrio para ver aparecer novos edificios todas as semanas, nunha manobra de enriquecemento duns poucos que parecía non ter fin. Madrid era unha cidade tomada polas grúas, o formigón e o ladrillo. Non obstante, nalgún momento, alguén decidiu levarse a festa a outra parte e a burbulla estoupou. O resultado foi un espectacular aumento do paro, centos de miles de familias atrapadas en hipotecas trampa e tres millóns e medio de vivendas baleiras no estado. Hoxe, seis anos despois do estalido oficial da burbulla, as consecuencias daquela estafa son máis claras que nunca: cada día prodúcense case douscentos desafiuzamentos e a vivenda converteuse nun luxo inaccesible.

Neste contexto, a okupación de vivendas é unha práctica cada vez máis estendida. Aínda que non é un fenómeno novo -sempre existiu xente que soubo arranxarse moi ben con isto da vivenda-, a crise social en que vivimos fixo que recorran a ela moitas persoas que ata agora non o tiñan en mente. O perfil do ocupa xa non é esa imaxe estereotipada que algúns seguen tendo na cabeza: hai tantas okupacións como okupas e motivos para facelo. En realidade, calquera motivación é válida, dende a de familias que non teñen outro lugar para vivir ou que foron desafiuzadas á das persoas que o fan como unha opción política. Abrir unha casa baleira para habitala non só permite que a persoa que o fai poida encontrar un lugar onde residir, senón que tamén ten beneficios para o resto de veciñas. As vivendas baleiras producen unha gran cantidade de problemas, tanto para o edificio coma para o resto da sociedade. Cando non están habitados, é moito máis probable que os pisos teñan problemas de humidade e salubridade que cando teñen habitantes, xa que non hai ninguén que se preocupe do seu mantemento. Ademais, nos casos nos que os bancos son os donos das vivendas -por exemplo, porque se produciu unha execución hipotecaria- estes néganse a pagar os recibos da comunidade, facendo que estas se arruínen e se vexan obrigadas a cortar servizos esenciais. En cambio, a maioría das persoas que okupan unha vivenda fan o posible por contribuír a estes gastos, xa que tamén necesitan eses servizos e comprenden a situación da comunidade. Pero ademais, a okupación tamén ten beneficios para o conxunto da sociedade. A existencia de vivendas baleiras que permanecen pechadas mantén elevados os prezos dos alugueres e as hipotecas, xa que todas esas vivendas non saen ao mercado. En cambio, cando existe un movemento forte de okupación, os propietarios de pisos vense obrigados a baixar os prezos, xa que doutra forma non poden alugalos.

Así, as persoas que optan pola okupación non só rompen co círculo que lles obriga a pagar prezos enormemente elevados para ter unha vivenda, senón que tamén contribúen a loitar contra un sistema cruel e inxusto. De feito, esta foi sempre unha das principais motivacións da okupación, que é unha ferramenta fundamental de loita contra un sistema económico que ten na propiedade privada a súa base fundamental. As persoas que okupan, sexan cuales sexan as razóns polas que o fan, están a atacar dous dos piares que sustentan o capitalismo: a propiedade privada e o sistema lexislativo. Temos internalizado a dominación ata tal punto que nos parece admisible que alguén que non posúa ningunha vivenda teña que pagar unha cantidade de diñeiro ao mes -un aluguer- a outro que ten varias, cando o lóxico sería que esas desigualdades non puidesen existir ou que, polo menos, as persoas que tiveran máis non puidesen explotar impunemente ao resto ata o límite de obrigalas a vivir na rúa. Ao okupar, estamos a cuestionar un sistema cruel, inxusto e ilexítimo que permite que existan casas baleiras mentres hai xente que carece delas. Por iso, a okupación non é só a resposta a unha situación concreta de necesidade, senón tamén unha elección política. Manter unha vivenda baleira excluíndo outra xente do seu uso polo simple feito de ter un papel de propiedade non é lexítimo nin respectable. Sempre estaremos do lado do que loita contra un sistema que permite que existan cinco millóns de vivendas baleiras e centos de miles de persoas sen casa. En tanto que ataca a un sistema inxusto e se nega a obedecer as leis que o protexen, toda okupación é un acto político.

A pesar dos falsos mitos que interesou difundir, as persoas que okupan unha vivenda non son diferentes do resto de veciñas. De feito, é moi posible que algunhas das túas veciñas sexan ocupas e nin sequera te decatases, dende a familia con dous nenos do segundo á rapaza con pinta de universitaria do terceiro ou a parella con can do quinto. O exemplo máis recente é o caso de Jorge, pai dunha familia de tres fillos que habitaba unha vivenda no distrito de Usera ata que foi desafiuzado polo banco propietario do inmoble. Ao contrario do que algunha xente cree, as vivendas recuperadas non son focos de problemas ou sucidade: as persoas que as habitan cóidanas porque son os seus fogares, e ademais, para mantelas o maior tempo posible é imprescindible ter boas relacións coas veciñas. Por iso, as persoas que okupan unha vivenda tratan de molestar menos aínda que o resto. Ademais, de todos os xeitos, se xorden dificultades de convivencia pódense resolver entre as veciñas, como se fai en calquera outro caso. O único que diferencia ás persoas que okupan das demais é que comprenderon que as inxustizas non se van resolver por si soas, senón que hai que poñerse mans á obra. Que as súas vidas están nas súas mans e que non van esperar a que ninguén decida por elas. Que van tomar as casas baleiras e as van encher de vida.
Leer más...

17 jul 2014

A sospeitosa teima de Espe com Podemos

"Que se fale de nós ainda que seja mal" nom é umha sentência dos génios da maldade a olhos de Espe, os alemáns Goebbels e Münzenberg. Pero sim é algo bem certo ao meu parecer. Por isso toda esta cantinela anti-Podemos desta corredora fugitiva, da-me para pensar mal.

Espe será todo o insoportável que poida ser umha arrogante milhonária com títulos nobiliários e direito vitalício ao aforamento, pero tonta, o que se di tonta, nom crio que ninguém se atreva a tilda-la. Quanto di Espe que se sae da norma das cortesias políticas, tem de seguido imediata alta repercussom em todos os falsimedios e mesmo nos alternativos que vem ne-la umha joia a seguir para desqualificar ao PP. E isso chama-me ao desconfio.

Nom resulta estranho que solte esses impropérios justo quando se sabe que a maioria dos votos que recebeu Podemos provinham de votantes do PSOE e IU?? Acaso vos nom considerades que, dalgum jeito, todo isto beneficia a Podemos e ao PP?.

Eu mesmo chego a pensar que é umha campanha orquestrada entre ambos, Espe e Pablo Iglesias, para aligerar o caminho eleitoral de promesas caducas como a socialdemocracia ou o eurocomunismo, e combater mão a mão nas furnas entre neoliberais (chamados antanho fascistas) e reformistas possibilistas. Umha luta que semelha encarnizada pero da que ambos desfrutariam em campo aberto. Eu nom duvido de que os seus elevados egos ficariam plenamente satisfeitos.

E como remate desta reflexom, quero colgar aqui estoutra que atopei pola rede, que o meu parecer define bem a política de Pablo Iglesias e Podemos:

"O reformismo nom é umha ideologia, nem sequer umha ideia, é simplemente a renúncia á luita, é a morte das ideias e da esperança, é adaptar-se o sistema e ás suas regras, ao seu jogo, por isso é estéril e é podre todo quanto toca. Os reformistas nom crêm na transformaçom da sociedade, só aspiram, ainda que ás vezes o ocultem, á conquista do poder, nom buscam nem sequer as melhoras das condiçons laborais e sociais dos trabalhadores se bem sí a utilizam como pretexto para acadar os seus objectivos e a suas ambiçons pessoais: ocupar cárregos e poltronas, acadar o estatus de líder, de liberado, de burócrata, de jefe".

Redactado por Tancredo Tantonto para Abordaxe.

Nota: A imagem corresponde-se mais com a notícia publicada acá em Abordaxe sobre Podemos e o alcaide de Vilanova de Arousa: Se bem eu nom conhecia tal vinheta do genial Dávila quando se publicara, e agora fica bem para esta.
Leer más...

[Bolívia] A Hipocrisia de Evo e a sua lei da "Pachamama"

Rula estes dias pela rede umha notícia populista segundo a qual o Evo Morales é o máximo defensor da Terra depois de criar umha nova lei que amplifica a que aprovara há dois anos e que considera a "Pachamama", a "Mãe Terra”, um sistema vivente com direitos, como se fosse umha pessoa, entre eles o direito à vida, à diversidade, à água, ao ar limpo, ao equilíbrio, à restauraçom e a viver livre de contaminaçom. Agora e suspeitosamente a só uns meses das eleiçons presidencias de 12 de outubro, vem de criar a figura da Defensoria da Mãe Terra, a qual tem a obriga de proteger os direitos da Terra, embora todas as autoridades do Estado devam fazê-lo; ou seja nada novo baixo o sol boliviano.

Mesmo a lei nom esclarece quando começará a funcionar essa Defensoria; pero ecologistas de salom e "podemistas" já defundirom pola rede esta "fantástica iniciativa" tildando ao Evo de pouco menos que o heroe mundial na defessa da Terra e voltam a destacar o feito de que se opusera abertamente aos acordos tomados durante a cimeira climática das Naçons Unidas em dezembro de 2010, pois considerou que nom eram contundentes para frear os danos da mudança climática.

Entre os destaques desta lei, figura que estabelece que as “terras da Naçom serám dotadas, distribuídas e redistribuídas de maneira equitativa com prioridade para as mulheres, povos indígenas originários, camponeses, comunidades interculturais e afro-bolivianas que nom as possuam". E propom-se a eliminaçom da concentraçom da propriedade da terra ou latifúndio e outros componentes da Mãe Terra em mãos de proprietários agrários.


Mas, o que nom contam estes ecologistas, é que há menos de um mês indígenas bolivianos denunciaram atropelos do Governo de Evo Morales contra as suas terras durante umha reuniom paralela ao G77+China que se realizou em Bolívia, e donde se manifestaram junto a indígenas amazónicos de vários paises em demanda, que curioso, de respeito á Mãe Terra e os seus Direitos, além de denunciar que o governo de Evo os criminaliza para impedir os seus protestos em contra de projectos que afectam as suas vidas e terras, como no caso da construçom dumha auto-estrada que acabaria com o TIPNIS (Território Indígena e Parque Nacional Isiboro-Secure), razom pola que as compas anarquistas Nina Mansilla e Henry Zegarrundo foram presas.

A nova lei da hipocrisia também estabelece a regulaçom e o controle da “estrangeirizaçom na propriedade”, bem como o acesso e aproveitamento dos componentes da Mãe Terra, e considera que as actividades econômicas como a mineira e a petroleira devem ser contempladas nessa lei. Dito assim sem mais soa moi bem, e se lhe engades ainda ameaças do tipo: "aqueles que causarem danos de forma accidental ou premeditada à Mãe Terra ou a seus “sistemas de vida” devem garantir a reabilitaçom das áreas, sem deixar de se submeter a outras responsabilidades legais" e além declaras que "os delitos relacionados com a Mãe Terra som “imprescritíveis”, e nom lhes será aplicado a eles o benefício da suspensom condicional da pena e que os reincidentes terám sançons mais graves", pois como que "fetém tio guai". Isso sim nom di nada de proibir minerias nem extraçons petrolíferas, só fala de regula-las, algo que, sem ir mais longe, também esta regulado acá ao igual que estám penalizadas as actividades daninas. Vamos que nom aporta nengumha salvagarda especial á Pachamama. Já publicaramos em Abordaxe a opiniom de Julieta Ojeada do colectivo "Mujeres Creando" no que dizia que: "Ficou evidente para nós que Evo nom vai ser um homem que respeita a natureza, quer dizer, que respeita a “Pachamama”, como tinha proposto em seu discurso. Seu governo tem um projecto desenvolvimentista, um mau projecto desenvolvimentista". É como dizer que as criançinhas palestinas tenhem direitos reconhecidos internacionalmente, mas isso nom assegura que os disparos de assassinos israelitas se leva a vida de mais de 45 nenos e nenas em só uns dias.

A verdade é que Evo Morales é um hipócrita defessor da Mãe Terra nos foros internacionais e mesmo algumhas das suas iniciativas forom acolhidas pola ONU, pero no seu pais afronta questonamentos de grupos de indígenas amazónicos e andinos que se distanciarom do seu governo e falam de total falha de coerência com os seus discursos na ONU. A este respeito vos recomendo a leitura deste artículo (em castelám) de Patricia Alandia titulado "Debatiendo con la abuela", no que fai umha analise do governo de Evo Morales e a sua actitude para com os povos indígenas, e donde di que "o “mandar obedecendo ao povo” convirtiu-se no “queiram ou nom queiram”, no “sí ou sí” e a violência verbal agora é marca de prepotência e autoritarismo.

Redactado por Tancredo Tantonto para Abordaxe.
..............................

Nota de Abordaxe.- Indicar que para fazer mais entendível a excelente crónica de Patricia Alandia, quando ao princípio fala de Doria Medina, refere-se ao político, empresario, ex ministro e várias veces candidato presidencial pola socialdemócrata "Frente de Unidad Nacional", e quando ao final menta a Fernando Vargas refire-se ao dirigente do Territorio Indígena Parque Nacional Isiboro Sécure (TIPNIS), quem foi proclamado como candidato á presidência polo Partido Verde.

Mais informaçom em Abordaxe sobre Evo e a repressom contra o TIPNIS por ordem cronológico:

- 1/6/2012 Ofensiva repressiva contra anarquistas!! (Outro caso bombas??)

- 5/3/2013 Outra montagem contra anarquistas na terra de Evo Morales

- 20/3/2013 Poesia de Henry, preso anarquista na Bolívia de Evo

- 7/5/2013 Fanzine e Calendário em Solidariedade com Henry Zegarrundo, agora em arresto domiciliário

Leer más...

[Alemanha e Suiça] 18 a 20 de Julho Greve da fome de presxs em solidariedade com xs presxs da Grécia

Ainda que o parlamento grego tenha aprovado o projecto de lei sobre prisons de segurança máxima no dia 8 de Julho, a resistência contra o novo sistema prisional, e, em especial, as prisões de tipo C, nom terminou.

Estas prisons tênhem semelhanças com as prisons de tipo F na Turquia ou com as prisons de segurança máxima na Alemanha. Após a greve de fome em massa nas prisons gregas, umha declaraçom de greve de fome de solidariedade internacional foi enviada em torno de diferentes prisons na Alemanha, mas a comunicaçom entre/com xs presxs demora muito tempo.

Nas prisons alemãs, as participantes da greve de fome de solidariedade som até agora Oliver Rast, na prisom de Tegel em Berlim, Ahmet Düzgün Yüksel (extraditado da Grécia para a Alemanha, em Maio de 2014) e Andreas Krebs, quem com 40 e poucos anos, está na prisom há mais de 16 anos, sendo um prisioneiro rebelde, tem participado de várias greves de fome e também tentou fugir duas vezes. Graças à sua iniciativa, mais de 20 presos da prisom Aschaffenburg, na Baviera, declararam a sua solidariedade com a próxima greve. Ele também escreveu aos presos de duas outras prisons.

O companheiro Thomas Meyer-Falk, preso desde 1996 e agora na prisom de segurança em Freiburg, escreveu umha mensagem de solidariedade para a greve de fome.

O anarquista Marco Camenisch (na cadeia há mais de 20 anos) vai participar na greve de fome, também. Está actualmente detido em Bostadel, Suíça.
Leer más...

[Chile]: O Grupo de Acción "Nikos Romanos" reivindica a colocación dun artefacto

Se arriscamos as nosas vidas, é porque sabemos que só así poderemos facelas nosas.

Recollemos (e traducimos) de ContraInfo (es):

Durante as últimas dúas semanas de maio, instaláronse segundo a prensa chilena, dez artefactos explosivos e incendiarios.

Escribimos para recoñecer a autoría dun deles. Por motivos de seguridade non sinalaremos o que foi dentre todos, pero parécenos que tras dous meses da nosa acción frustrada, é necesario resaltar a existencia de varios grupos coa disposición e compromiso de atacar.

Cremos que se non nos comunicamos se perde a oportunidade de compartir ideas e experiencias que poden ser tensionadas e á súa vez, sirvan a outros grupos e compañeiros.

Ao dicir isto non formulamos que esta sexa a liña correcta, senón que resulta necesario analizar e fomentar a retroalimentación que contribúa a afinar as accións.

Se se tratase de escribir só por presumir acertos, teriamos que silenciar outras accións que foron frustradas; desprezando a ousadía e decisión de persoas dispostas a atacar.

A nosa acción non é ningún triunfo pero tampouco nos sentimos derrotados, o que nos impulsa a buscar melloras que nos leven a concretar os nosos obxectivos.

A través disto queremos achegar á discusión sobre a necesidade de lograr un equilibrio entre a disposición a atacar e a efectividade do noso ataque, é dicir, entre a materialidade da acción e as ideas que a sustentan.

O uso de armas e/ou accións violentas non posúen un contido político en si, son as ideas que as sustentan as que lle dan este carácter.

Recoñecemos a importancia de reivindicar a memoria e a solidariedade combativa, irmandámonos coa acción do compañeiro Mauricio Morales e cos compañeiros do caso Security e nunca quedaremos impávidos ante a condena que a sociedade lles impón aos nosos irmáns

Ata pronto

Grupo de Acción Nikos Romanos
Leer más...

"Marca España": 166 mortes en prisión, denuncias por torturas, tráfico de drogas nos cárceres... e unha lei para que non loitemos.

Reproducimos esta noticia (e traducimos) da CNA (península ibérica e illas):
O estado español tortura e asasina, ningunha novidade, só varían determinadas cifras entre ano e ano. Pero sempre figura entre os estados líderes da unión europea en xente encerrada. Oficialmente, 66.995 persoas presas ao final do 2013. Un 13,8% delas en prisión preventiva.

Sorprendentemente, a fonte da noticia de hoxe é o último informe de "El Defensor del Pueblo", que o podedes ler enteiriño a través deste enlace. A condesa pepeira Soledad Becerril presentouno hai uns meses. O estado págalle unha fortuna para iso.

O 92,38% das persoas presas segundo o informe eran homes, o 7,62% mulleres. A condesa pepera (non ignoremos que o PP non condenou nunca o franquismo; claro, iso non é terrorismo...) recoñece que en 2012 a "taxa de mortalidade" nos cárceres do criminal estado español foi superior á de 2011 e situouse en 2,78 mortes por cada 1.000 persoas presas. 166 persoas presas "morreron" nos centros de exterminio do estado... oficialmente. Aí non se contan seguramente a xente á que sacan e morre aos poucos días...

Suponse que o tráfico de drogas é ilegal, ata para os aforados. Suponse que os cárceres están totalmente vixiados, con cámaras e todo, que son de "máxima seguridade" e que nelas hai carcereir@s (que por suposto non venden drogas... nin hai ningún preso por ese feito, claro)... e, pese a todo iso, en 2012 houbo 31 "mortes" por sobredose de drogas. Un 18,7% do total de falecementos e a segunda causa tras a "morte natural por causas distintas do VIH", na que se agrupa o 57,8% dos falecementos habidos. A diferenza entre a taxa de mortes "por causa natural" entre as prisións e a rúa é abismal, sospeitosamente.

Á sida atribúense, en cambio, o 5,4% das "mortes" do total. A terceira causa de "falecemento" en prisión é o "suicidio", 25 casos, o 15,1% dos falecementos. A idade media dos que non saían con vida tras estar entre reixas en 2012 situouse en 46,5 anos, fronte aos 45,6 de 2011... Todo isto nos contaba a prensa burguesa hai uns meses.
541 queixas dende prisión recibiu a condesa; 49 actuacións de oficio nesta materia, dez máis que o ano anterior; mátanse a currar os parasitos. O resto de queixas, ao lixo.

E sobre a lei que aprobaron, recomendámosvos leades isto.

A loita é o único camiño... e vai ser dura a loita para que estas leis fascistas e @s mercenari@s que as aplican non nos afecten. E será case imposible que @s xornalistas ao servizo do seu amo non nos criminalicen; vívese mellor lambendo os xenitais de quen manda e non tendo ningunha clase de ideal máis que o diñeiro. Pero como non temos medo, ningunha lei debería pararnos. Sempre estivo clara a solución: Revolución. E aplicar unha fórmula para a cal non hai que ser licenciad@ en matemáticas:

Morte ao estado, e viva a anarquía!.

E que isto non quede só en palabras, nin en pantallas de ordenador.
Leer más...

[Grécia] Mais sobre Nikos Maziotis

Recolhemos esta informaçom de diversas fontes, nas que se aponta que, segundo informaçons do seu advogado, Nikos Maziotis está "fora de perigo" (em quanto a sua situaçom médica, claro) tras ser intervido no hospital Evagelismos, onde permanece internado debaixo de estricta custódia policial.

Dizer que, segundo informaçom de ContraInfo(pt), desde as 22:30 horas dezenas de compas concentraram-se durante mais dumha hora frente ao hospital Evangelismos, mostrando o seu apoio a Nikos. Hoje há convocada umha assembleia para as 19:30 horas, na Escola Politécnica, em Exarcheia, onde ontem foi colocada a faixa da foto.


A situaçom que provocou o cruzamento de disparos em pleno centro turístico de Atenas, segue confusa, as fontes policiais apontam a que a DIGOS (polícia antidisturbios) tinha despregado agentes em lugares supostamente frequentados por Maziotis e por isso foi localizado ontem entrando numha tenda e foi quando se lhe deu o alto e Nikos respostara disparando até oito vezes contra os agentes e fugindo, e que seria entom quando recebeu um impacto de bala no seu ombro. Essa mesma fonte aponta a que também resultaram feridos um polícia numha perna, um turista australiano de 19 anos do impacto dum casquilho de bala num nocelos e um turista alemám com feridas leves (que negou-se a ser atendido no hospital para poder seguir de cruceiro). Além, aponta a fonte que, as autoridades ofereceram umha recompensa de 1 milhom de euros por informaçom que facilitara o seu arresto. Outras fontes apontam que seria umha trabalhadora dumha tenda quem avisou á polícia ao contastar que Nikos portava um arma.

A mim, pessoalmente, nom me quadra que o "terrorista mais perigososo da Grécia tuda" disparara oito vezes num lugar moi concurrido de turistas e que só lhe dera a um polícia numha perna (as feridas leves dos "guiris" foram "de rebote"). De todas o que fica claro é que foi a polícia a que provocou a situaçom de perigo no centro turístico de Atenas; se já tinham localizado ao Nikos, poderiam ter optado por fazer-lhe um seguimento e dete-lo num outro lugar onde nom correram risco a vida de outras pessoas. Por isso crio que as palavras do i-responsável da Ordem Pública, Vassilis Kikilias, considerando o arresto como um "gram éxito" nom se corresponde á realidade de caos vivido. Aguardaremos a que saiam vozes de testemunhas presentes que ajudem a saber a verdade.

Dizer também que, pese a que os falsimedios indicam que Nikos era o "terrorista mais perigoso" da Grécia, no julgamento os membros de "Luta Revolucionária" em abril de 2013, onde Nikos e Poula (a sua companheira) foram julgadas em rebeldia tras reconhecer num comunicado pertencer á "Luta", e "só" foram condenadas por “simple cooperaçom”, isso sim á barbaridade de 50 anos cada umha, e ambos foram absoltos do delito de “liderazgo de organizaçom terrorista”.

Actualizaremos à medida que surjam mais notícias relacionadas com o caso.

asdo eDu
Leer más...

16 jul 2014

[Grécia] Nikos Maziotis é preso após tiroteio com polícias no centro de Atenas

Colamos de ANA esta notícia de hoje mesmo:

Polícias prenderam, nesta quarta-feira (16 de julho), o anarquista Nikos Maziotis, após um tiroteio no centro de Atenas. Na troca de tiros Nikos ficou gravemente ferido e foi enviado sob custódia a um hospital.

Segundo a imprensa grega, o incidente ocorreu perto de um banco no bairro turístico de Monastiraki, durante uma operaçom policial. Ainda de acordo com a imprensa grega, um polícia e dois turistas estrangeiros sofreram ferimentos leves na sequência do incidente.

Em 2012, Nikos Maziotis e sua companheira Panagiota Roupa, acusados de envolvimento na organizaçom Luta Revolucionária, desapareceram durante a liberdade condicional, enquanto aguardavam o julgamento. Desde entom, estavam em procura polas autoridades.

Seguiremos informando.

Mais informaçom sobre Nikos Maziotis e Luta Revolucionária em Abordaxe:

- Crónica do caso e chamado á solidariedade

- 30/7/2010 .- Remata com éxito a greve de fame de Nikos Maziotis

- 8/10/2011 Liberdade baixo condiçons restrictivas para os membros de "Luta Revolucionária"

- 30/4/2014 .- "Luta Revolucionária" reivindica a responsabilidade pola explosom de carro-bomba no centro da cidade de Atenas
Leer más...

[Ucrânia] Declaraçom dos autônomos de Kharkiv sobre a criaçom do centro social e cultural



Colamos de ANA esta declaraçom de anarquistas e antifascistas da Ucrânia fazendo a acçom e expropriaçom de umha localidade municipal abandonada para ser reconstruída como centro social e cultural para a moradia, trabalho e lazer dos trabalhadores que sofrem com as consequências da guerra inter-racial e outras formas de opressom social. Umha das suas acçons na escolha em favor da luta forte e consistente para a construçom anarquista (sem classes, autogovernada) da sociedade comunista.

Saudos revolucionárias a todos os camaradas solidários do mundo!

Nós somos os trabalhadores da Ucrânia e membros activos dos mais massivos e radicais protestos das últimas décadas desenvolvendo continuamente o movimento de classe autônomo.

O levante antigovernamental que começou no último outono se desenvolveu em um massacre destrutível para as classes trabalhadoras. Naturalmente, as classes altas da Rússia e Ucrânia facilmente impuseram valores de patriotismo e ódio inter-racial para as massas trabalhadoras.

Ao mesmo tempo, a desigualdade social, mantendo a experiência de luta bem-sucedida contra o sistema governamental e político, dá boas chances de mudar as ocorrências sociais sacudidas pelo crescimento revolucionário real.


Percebendo a complexidade da situaçom nós estamos fazendo a escolha em favor da luta forte e consistente para a construçom anarquista (sem classes, autogovernada) da sociedade comunista.

Em tempos em que a vida de milhons de trabalhadores está ficando pior por causa do caos da guerra, fazemos a convocatória a seguir pelo nosso próprio caminho anarquista da solidariedade dos trabalhadores e ajuda mútua de todos os grupos oprimidos.

Ajuda aos trabalhadores da Crimeia e Ucrânia do Este, que estám na posiçom de refugiados e imigrantes por causa da repressom política e acçons de combate que estám capturando várias cidades e áreas residenciais, poderia ser o primeiro passo nesta direçom.

No sentido de ajudar estes refugiados da Crimeia e Ucrânia do Este nós estamos – os membros da Kharkiv AWU (Autonomous Worker’s Union Kharkiv), anarquistas e antifascistas da Ucrânia fazendo a acçom e expropriaçom de umha localidade municipal abandonada. Esta localidade será reconstruída com um centro social e cultural para a moradia, trabalho e lazer dos trabalhadores que sofrem com as consequências da guerra inter-racial e outras formas de opressom social.

Coletivos da Kharkiv AWU e centro social e cultural de Kharkiv

Guerra nos Palácios! Paz nos Fogares!

Tomado da sua web Avtonomia
Leer más...

[Sanxenxo] Nota de prensa de SOS Panadeira contra a invasión do espazo público por unha entidade privada

Levamos seguindo esta luita da veciñanza da vila mariñeira de Sanxenxo, que alén ten a consideración de vila turística na temporada estival. A súa luita vai dirixida contra os desmáns dos prepotentes ante o silenciamento dos poderes públicos (o que só se pode considerar de conveniencia con o delito). E un dos maiores invasores, apropriedadores do público é o regatista e coleguísimo do ex-rei Juancar, Pedro Campos Calvo-Sotelo (de quen estamos preparando un artigo para desenmascarar as súas mas artes, e de onde hai muita "chicha" que destripar deste fillo do propietario das augas públicas das termas de Cuntis e neto do fascista José Calvo-Sotelo, asesinado só catro días antes do golpe de estado franquista).

Agora colamos a nota de prensa que nos enviaron dende SOS Panadeira a nosa caixa de correos:
Este neno é o pobo de Sanxenxo e non podemos deixalo só

Aínda que unha nota parecida foi remitida con anterioridade, decidimos dende SOS PANADEIRA introducir algún dato máis e pedir que por favor teñan en conta que é un documento base moi valioso para comezar unha investigación.

Non dubiden que a semellanza con outros grandes escándalos é primoroso. Non está na nosa man a interlocución con todas as partes pero sabemos que si está man dos Medios así que animamos a que Galicia tamén sexa capaz de destapar os escándalos que nos permitan empezar de novo sen olor a podre.

Coñecemos do conxunto de accionistas e a interacción que intentan someter a independencia dos xornalistas.

Non dubiden que aínda que non sexamos poderosos os casos de mala praxe dolosa de El Correo Galego será denunciada con nome e apelidos, sería inxusto dar o mesmo trato aos profesionais que aos voceiros.


Non é doado discernir quen é quen nas armazóns empresariais do Porto Deportivo de Sanxenxo. SOS PANADEIRA intentouno con Nauta (Ente local, público concesionario do Porto de Sanxenxo); Team Campos (Empresa privada, propiedade de Pedro Campos); RCNS, e o Concello de Sanxenxo; e pretende desvelar algúns dos pactos entre eles pero sobre todo conseguir que en diante deixen de ser secretos e a cargo do erario público. Actualmente anúnciase un novo convenio que esperemos que, entre outras, se acolla á normativa da Lei de Transparencia 19/2013, e que, polo tanto, remate co "compadreo" entre ambas as dúas empresas privadas e a pública NAUTA e o Concello.

Non obstante a empresa de Pedro Campos, unha vez máis, invadiu terreo público do porto deportivo sen que ese anunciado novo convenio se aprobase polo Consello de Administración de NAUTA - órgano competente -, nin, por suposto, asinado. Deste modo novamente ningunea se ás autoridades locais e ao órgano reitor de Nauta (Ente público) cuxos compoñentes actuais, tras a destitución de Pedro Campos, son: Catalina González (Alcaldesa); Elisardo Balboa (ex alcalde); José Luis Rodríguez (concelleiro de medioambiente); Salvador Durán (Tenente de Alcalde) e María Deza (Concelleira de urbanismo).

A actuación deste órgano xestor de NAUTA cualificámola como irresponsable e cómplice, e estes son os feitos aos que nos remitimos:
1.- Por pactar ou consentir un novo convenio sen a liquidación previa do anterior, do que temos coñecemento de débense grandes sumas, e que foi unha das causas para invalidalo.
2.- Consentir o exceso de ocupación durante anos do triplo de metros asignados na zona a tal fin destinada.
3.- Permitir que a empresa privada de Pedro Campos, campe sen control, cometendo abusos doadamente detectables no uso de auga, luz, lixo, aparcadoiros privados, uso do travel life etc. (estes pagamentos hanse de facer entre o 1 e o 5 de cada mes queremos ver as entradas mensuais, pola contra estámolos a pagar os cidadáns)
4.- Uso do local público de NAUTA por parte do club privado RCN de Sanxenxo sen ningunha contraprestación económica, mentres que os locais anexos de negocios, igualmente privados, pagan os seus alugueres.
ESCANDALOSO!

Na situación actual, como cidadáns, preguntámonos: ante un posible accidente quen sería responsable?, seriamos os veciños ante calquera eventualidade responsables civís subsidiarios?

Pois si, xa pagamos 90.000 euros entre todos para arranxar o barco dun particular e seguimos... Temos datos... Non hai presuposto para necesidades básicas (temos que ver nais loitando na rúa polo diñeiro dos seus fillos adebedado polo Concello) pero pagarían esas neglixencias de empresas privadas como TEAM Campos e RCNS como xa estivemos a facer.

Catro prazas de garaxe das que trimestralmente vencen os seus gastos por contrato Estanse a pagar? Estanse a utilizar a 32,33,34 e 35 asignadas ou máis?, se foren máis, Páganse?

Por iso, suxerimos á Sra Alcaldesa que antes de irse, por ética social, elimine o compadreo que durante anos o seu antecesor e ela mesma mantiveron con esas empresas privadas en claro prexuízo dos intereses dos veciños, e dese xeito demostrar que todos somos iguais ante a Lei.

A loita de SOS PANADEIRA está vinculada á defensa de dúas praias urbanas: Iriña e Panadeira. Por iso, non se opón a ningún convenio que favoreza os intereses xerais, pero non vai ser encubridor de prácticas caciquiles que lamentablemente estiveron instaladas no Porto deportivo de Sanxenxo e que, tras moitos meses de loita, comezan a visualizarse.

Por último, esiximos que a través da páxina web do Concello se fagan públicos todos os convenios e acordos entre as partes, públicas e privadas, dende o ano 2004 ata a actualidade; así como que se elabore unha auditoría externa xurídico-contable que aclare o acontecido neses anos por se dela se puidese deducirse actos delituosos.

Video onde pode observase como com marea baixa o pantalán come a praia:

Leer más...

[Vigo] Sábado 19 de Xullo - Xantar propresxs na Cova dos Ratos

Un mes máis, as compas do Grupo de Apoio da Galiza Sur á Campaña Cárcere=Tortura organizan en Vigo un Xantar Pro-Presxs na Cova dos Ratos (r/Ramil 3).

Difusión e bom proveito.
Leer más...

[Italia] 3 novas detidas por ser activistas Non-TAV. Campaña de Solidariedade Internacional

Recibimos dunha leitora un correo con esta información (que traducimos):

O pasado 11 de Xullo rexistraron as casas e detiveron Francesco Sala, Lucio Alberti e Graziano Mazzarelli, tres xovens anarquistas que forman parte do movemento NON TAV* en Italia. Os dois primeiros foron detidos en Milano e Graziano en Lecce, no sur. Están acusados de fabricar e portar "armas de guerra e artefactos explosivos", e de dano, incendio e violencia contra a policía acusándoas de participar nunha acción contra as obras do TAV na noite do 13 ao 14 de Maio do 2013; acción pola que tambén están encerradas desde o 9 de Decembro Chiara, Claudio e Niccolò e Mattia en prisións alta seguridade por consideralas terroristas.

Unha vez máis o Estado golpea contra toda aquela persoa que cuestione o seu xeito de facer. A súa arma: a represión. Os detidos encóntranse no cárcere á espera de declarar esta semana. A partir de entón poderán ser trasladados aos cárceres de alta seguridade.


Dende aquí pedimos calquera tipo de apoio, accións e mostras de solidariedade coas compas de Italia. Calquera día poderemos ser nós. A continuación detallamos as direccións a onde se lles pode escribir:

Francesco Sala e Lucio Alberti
Casa Circondariale San Vittore
Piazza Filangeri 2
20123 Milano

Graziano Mazzarelli
Casa circondariale
Via paolo perrone 4
Borgo S.Nicola
73100 Lecce

Mattia Zanotti e Niccolò Blasi
Casa Circondariale
Via Casale San Michelle 50
15100 Alessandria

Chiara Zenobi
Casa Circondariale
Via Bartolo Longo 92
00156 Roma

Claudio Alberto
Casa Circondariale
Via Arginone 327
44122 Ferrada

* O TAV é un proxecto Europeo que consiste na creación dunha liña de alta velocidade dende Lisboa ata Kiev. É en 1995 cando no Val de Susa comeza unha importante loita en oposición á súa construción. En 2008 radicalízase a loita debido á militarización do val e a extensión do movemento por outras cidades de Italia.

Máis información en Abordaxe sobre este caso
Leer más...