25 jul. 2014

Postindustrialismo, Estado, e loitas de liberación nacional por Constantino Cavalleri


"Non lle chames burro ao cabalo!" dito popular galego

O Estado moderno xurdiu das esixencias das burguesías locais, nunha raibosa loita entre elas, durante o período de acumulación orixinaria do capital, e do seu arraigo e desenvolvimento en territorios circunscriptos. Isto traducíuse en protección e garante do capital da competencia extranxeira, dos ataques das masas proletarizadas e da resistencia cultural e material dos pobos e etnias históricamente hostiles á penetración e dominio capitalista-estatal. Etnocídio e xenocídio acompañan ao Estado moderno dende as súas oríxes ata os umbrais do terceiro milenio. Non é unha casualidade que o Estado se presente históricamente como inimigo, non soamente das masas proletarias, tamén das forzas sociais e políticas dos pobos oprimidos.

A aplicación das novas tecnoloxías nos procesos produtivos das mercadorías (e na sociedade tecnolóxica calquera cousa, material e espiritual, real ou ficticia, é mercadoría), conxuntamente coa sabia utilización dos media na creación de realidades virtuais e na manipulación das conciencias, modificaron radicalmente o estado das cousas. A pulverización da industria no territorio require a máxima aceptación por parte de quen nel habita: un Estado non aceptado, a miúdo directamente enfrontado e atacado continuamente por parte da poboación, é un poder político incapaz de garantir a estabilidade e os intereses do capitalismo postindustrial. Por iso mesmo, en moitas situacións -vella Europa, América Latina, ex-imperio bolchevique, oriente Medio e oriente Extremo- asistimos non soamente ao nacimento de novos Estados, senón tamén á transformación de Estados dictatoriais en reximes democráticos, e de gobernos tradicionalmente centralistas (como o italiano, o español, o francés, etc.) en reximes democráticos en ampla descentralización administrativa con perspectivas reais cara novas formas de poder estatal federalista.  Ao tempo, a mundialización do mercado permite e induce o desmantelamento da industria tradicional ubicada nas áreas todavía non pacificadas. O obxectivo é transformar éstas, homologándoas nos mesmos procesos productivos, en xigantescas realidades virtuais ecolóxico-turísticas e metas de masas de culturizados que consumando ese virtualismo levan a cabo un proceso de desculturización que o Estado e o capital industrial non conseguíran. O desmantelamento industrial en Asturias e en moitos lugares do País Vasco, o peche das minas na Cerdeña, etc., ata a imposición de parques naturais e áreas protexidas, compréndense mellor se son evaluados dende esta perspectiva. Ao Estado-Capital actual interesalle a ganancia, non as tonterías ecoloxístas, que sabiamente usa para crear unha verdadeira industria capaz de transformar unha realidade virtual nunha ganancia real. Acláranse así tamén aquelas posicións interclasistas propias da burguesía e do capital local das áreas xeohumanas culturalmente oprimidas. Non se pode xogar máis ao enredo da liberación nacional no inmediato e aplazar a cuestión social para mañán.

A independencia estatal, na sociedade postindustrial, significa realizar inmediatamente os intereses do Estado-capital das multinacionais, non se precisa moito para entender que a independencia real, a autodeterminación dos individuos e dos pobos non pode existir baixo o xugo material do capital autóctono continuamente confundido co capital estranxeiro. Hoxe máis que nunca a loita pola autodeterminación ten que ser tamén a loita contra o capital e contra o Estado,  e aínda máis contra o poder local que se vislumbra nas administracións periféricas e naquelas rexionais, con todos os aspectos da autoctonía. Esta loita ten que exercerse con novas formas de organización, adecuadas ao ataque real contra a sociedade tecnolóxica, non estruturas político-militares verticais e interclasistas, porque continuarían a reproducir o martirio de individuos e a racionalización xerárquica e patriarcal do Estado-capital. Non máis exércitos de liberación nacional que, co pretexto dunha autodeterminación futura, en realidade construén o Estado autóctono máis adecuado para a sociedade do dominio post-industrial, e resultan autores de novas vexacións e da homologación da mercadoría. Non máis loita únicamente contra o Estado históricamente opresor das específicas situacións xeohumanas, senón contra todos os Estados, porque representan un interés único e un inimigo que hai que  golpear. Hoxe máis que onte, os exércitos revolucionarios no teñen ningunha razón de ser. O inimigo está desprazado no territorio e para golpealo alcanzan pequenos instrumentos, un pouco de vontade e moita creatividade.

Pero resulta evidente que golpear ao inimigo concebido no só punto, soamente nun territorio, aínda que se pode dañar dalgunha maneira, non o pon en situación de crise total. Para poñelo seriamente en discusión hai que concebilo na súa extensión real e ramificación, que vai máis alá dos confíns dos pobos e dos Estados, para realizar o asalto de forma sintonizada, cada quen cos seus propios instrumentos, métodos e sensibilidades.


Texto tirado do libro "O anarquismo na sociedade postindustrial"
Constantino Cavalleri
Guasila, agosto 1999




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada