28 jul. 2014

Ata sempre Xaquín

Hoxe tócanos o trance amargo da despedida; e é que outro apreciado compañeiro abandonou para sempre este agridoce camiño que é a vida.

Coñecín a Xaquín Yebra-Pimentel fai xa case década e media, cando me pasei a estas lides do anarquismo. Non obstante el xa levaba transitando longo tempo os camiños da insurxencia e a rebeldía. Antes mesmo de que eu me decidise a andar por estes mundos el xa coñecía o carcere, os calabozos e demais delicias represivas, por aqueles tempos alegremente administradas polo fascismo.

Quizais por iso Xaquín estivo sempre especialmente sensibilizado coa causa anticarceraria. Todos o recordaremos como un incombustible participante das marchas do Nadal á prisión de Teixeiro. Razón pola que foi especialmente escollido, xunto a outros poucos "agraciados", para ser multado inxustamente por iso.

Xaquín era profesor, non podo saber, polo menos de primeira man, que tal se lle daba iso da docencia. Non obstante sempre nos acordaremos del recomendando esta ou aquela lectura en función dos derroteros que tomara a nosa conversación. Mesmo moitas veces che traía este texto, aquel libro ou o outro poema que che recomendara tempo atrás e do que ti xa non te acordabas.

Unha vez coincidiume traballar cun compañeiro que casualmente fora alumno seu. Quede francamente sorprendido da profunda impresión que as súas clases produciran nel. O cariño que lle gardaba e a admiración que lle provocaron as súas leccións parecían telo marcado de xeito indeleble.

Pero xa non veremos nunca máis a Xaquín. Xa non volverá apuntar coidadosamente cousas na súa pequena libretiña ao vuelo de calquera conversación. Marchou para sempre porque un maldito cancer o levou.

Xaquín, emprendiches a túa derradeira viaxe. Como bo ateo volviches á nada, fúcheste a ningures a encontrarte con Xosé Tarrio, Niti, Toco ou Loló, que che precederon niso de cruzar as fronteiras deste mundo camiño do vacío. Cando te atopes con eles, alá pola inexistencia, mándalles recordos de nós os vivos; dilles que vos levaremos sempre presentes mentres continuemos transitando por este trance da vida. Sempre loitando como fixechedes vós. Non hai présa pero, gústenos ou non, pronto nos atoparemos aló.

Ata sempre Xaquín!

C. Ribas dende Abordaxe!

3 comentarios:

  1. Companheiras/os:

    Poderia ser que afinal o levasse o cancro que padecia, pero nom o levou o cancro,
    de que se estava a tratar longa e pacientemente...

    Matou-no umha negligência médica que ultimamente o sistema de saúde trata de apagar. A causa última, talvez, os danos que o Governo está a aplicar ao sistema de saúde público. De ser assi, conta-se mais um assassinato de Estado.

    (Umha amiga no hospital onde viveu os 8 últimos meses da sua vida o Joaquim)

    ResponderEliminar
  2. Magoa, canto aprendimos con el!
    Que a terra lle sexa leve!

    ResponderEliminar
  3. Que pronto te vexamos elevándote polas pòlas dise carballo ó pe do que foron cariñosamente despositadas as túas cisas, que se cumpra contigo todo o que ti desexaches no poema que adicaras ó teu pequeno sobriño cando fixo esta viaxe que acabas de facer ti. Beixos.

    ResponderEliminar