26 jul. 2014

A Igrexa reclama un alzamento militar para salvar España en presencia de descendentes de Franco


A Conferencia Episcopal o voltou a permitir, con motivo da conmemoración do 18 de xullo -data do Golpe de Estado contra a Segunda República española-, a madrileña Igrexa dos Jerónimos homenaxeou a Francisco Franco e a todos aqueles que propiciaron a “salvación de España”.

Non se trata da primeira vez e de seguro non será a última na que a Igrexa Católica acolle elementos de extrema dereita. A igrexa madrileña de San Jerónimo, coñecida entre outras cousas por oficiar en 1975 a cerimonia de entronización de Juan Carlos I, continúa a ser un templo de tributo aos "caídos por Dios y por España" con varios rituais deste tipo nos últimos anos. De feito este ano, ante o "auxe da extrema esquerda" o párroco optou por endurecer a súa mensaxe esixindo aos católicos "estar preparados" ante a posibilidade de realizar unha nova cruzada "por Dios y por España".

Ante varios descentes de Francisco Franco, o párroco comenzou a súa intervención lembrando que o motivo da celebración da "santa misa" era "conmemorar una fecha histórica y central en la historia de la salvación de España". Na opinión do cura o 18 de xullo de 1936 "se produjo un alzamiento nacional de liberación, tras un periodo de oscura hostilidad católica, en la que reinaba una ideología diabólica y se incendiaban iglesias y símbolos religiosos". Tamén resaltou o traballo de "cristianos ejemplares que supieron discernir los signos de los tiempos y alzarse para evitar aquella situación" e agarda que "intercedan nuevamente por España", xa que "España está nuevamente inmersa en una guerra contra principados, autoridades y poderes que dominan el mundo de las tinieblas".

O sacerdote puntualizou que "Nos enfrentamos contra los espíritus y las fuerzas sobrenaturales del mal", e pode comprobarse "observando el auge de la extrema izquierda y la crisis espiritual". Realizou tamén un chamamento a tódolos fieis a "Estar preparados y encontrar en la gracia de Dios y en la Iglesia, la fuerza para la lucha". Agregou tamén que "Debemos estar unidos ante Dios y conscientes del momento en que nos encontramos" porque "España no sufre una crisis económica sino espiritual".

Informa Pataca Miúda para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada