18 jul 2014

Bardo Ediciones volta con "Dulce Leviatán" do noso compa e amigo Pedro García Olivo

Pedro García Olivo, quen recoñece o seu gosto pola nosa terra, estivera pola Galiza con nós en varias ocasións, así foi nos dois anos anteriores a este, en 2012 nunha xira entre o 6 e o 11 de marzo na que estivera en varias localidades con animadas palestras e debates sobre os seus polémicos plantexamentos "anti-escolares"; e en 2013 repetiu en setembro co gallo da presentación do seu libro "Cadaver a la Intemperie"; alén participara na nosa última revista en papel Abordaxe nº4 con unha auto-entrevista que titulou "El Occidental Abominable".

Agora vimos de saber que ven de publicar o libro "Dulce Leviatán. Críticos, víctimas y antagonistas del Estado del Bienestar" na editorial anarquista Bardo Ediciones, do que vos recomendo todos os seus libros (boa edición e precio moi asequíbel), alén de que os podedes descargar debalde na súa nova web

Colamos (traducida) a presentación que Bardo fai do libro de Pedro:


A forma menos vaporosa do Estado Social de Dereito recibiu o nome de «Estado do Benestar», que non sinala un benestar de todos na área das potencias hexemónicas e que se funda no malestar de case todos no ámbito dos países dependentes, como denunciaron tantos críticos do neo-imperialismo e da globalización. Esta modalidade do Estado non aparece como un telos da lóxica política do Capitalismo: pode vir e pode irse, achégase e afástase. Hoxe tende a esvaerse, no que atinxe aos países do sur de Europa; pero persevera e ata se fortalece noutros, europeos e non europeos. Pretendo contribuír á súa crítica, pois a percibo como o maior engado, como o monstro máis falsario, máis velenoso, que cabe dispoñer para a xustificación (lexitimación) da coerción gobernamental e da explotación social, para a perpetuación da casta política e do canon de vida dos sectores burgueses e «aburguesados» (dun lado, e por definición, empresarios, banqueiros, funcionarios, etcétera; doutro, cantos traballadores, empregados ou desempregados, se recoñecen na disposición psicolóxica -antes diciamos «mentalidade»- da clase dominante, no seu «carácter social»: o sector maioritario da poboación, nas nacións do Norte).

Dende acá animarvos a leitura.

Xan do Can para Abordaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario