2 abr 2014

[Vigo] Crónica da concentración solidaria con C.S.O. Palavea

Publicáramos esta convocatoria en Abordaxe que parteu da Asamblea Solidaria C.S.O. Palavea, agora as compas que a organizaran enviáronos xunto a esta Crónica da Concentración na Farola de Urzaiz que colamos, fotos do acto e mais o pánfleto que repartiron con o título de "7 horas":

Crónica da concentración solidaria con C.S.O. Palavea en Vigo

Xuntámonos arredor dunhas 25 persoas na Farola, onde se fixo un teatro de rúa evidenciando a represión á que están a ser sometidos os movementos sociais. Alí repartíronse centos de panfletos, se berrou e deuse lectura ao comunicado de denuncia e apoio.

Animámonos a facer o teatro móbil percorrendo a rúa Principe ata "o Sireno", onde aproveitamos unha das portas instaladas pola reconquista para realizar novamente o teatriño e ler o comunicado, neste momento houbo varios "espontaneos" que se sumaron ao teatro, o cal foi un punto simpático.

A valoración das persoas que participamos neste improvisado acto solidario é positiva, pois conseguimos xuntarnos un grupo de solidarias en pouco tempo, moitos veciños quedaron coa cara desencaixada ao ver o teatriño e repartíronse arredor duns 1000 panfletos "7 horas" (que reproducimos ao final desta Crónica).
Queremos agradecer o apoio a todas as persoas que asistiron e das redes operativas en Vigo e Galiza que nos facilitaron a súa difusión, especialmente queremos agradecer aos compis de Coruña todo o que nos apartou Palavea así como as Atochas nos seus anos de loita e liberdade.

Esperamos que pronto poidamos xuntarnos, cantar e loitar nun novo espazo liberado na “cidade rodeada de mar”.

10, 100, 1000 centros sociais
Unión, Acción, Autoxestión

Asamblea Solidaria C.S.O. Palavea


7 Horas

“Nos han tenido siete horas de pie en la comisaría de Moratalaz, desde las 22.00 a las 4.30 horas de la madrugada. Sin comer, sin beber. Mirando a la pared. Vigiladas por cuatro policías que hacían turnos para descansar”

“No giréis la cabeza”, “callaos que estáis detenidos”, “yo soy el policía y aquí mando yo”... estas son algunhas das frases lanzadas pola policía ás persoas detidas durante as sete horas que permaneceron de pé e durante longos intres obrigadas a manter os brazos no alto de face á parede, relata Raquel, detida o 22M.

"Foron dous días pésimos, a luz estaba acendida, non podiamos durmir, tiñamos que mear polos ocos da cela, porque non podiamos ir ao baño", relatou Emilio, o carballinés detido.

Estase producindo unha intensificación da protesta social que está tendo como resposta a crecente represión do Estado aos movementos sociais e ás persoas que loitan mediante sancións económicas, malos tratos, torturas e encarceramento. Pretenden xerar unha psicose colectiva e unha cultura do terror e do medo onde ninguén se atreva a protestar e a desenvolver a praxe revolucionaria.

Os medios de comunicación colaboran intoxicando coas súas noticias manipuladas, defenden a banca que lles dá de comer. Os policías protexen os intereses do capital, atacando ao pobo baixo o escudo e a porra Democrática.

¡¡¡Xa está ben!!!, na Coruña desaloxaron un espazo liberado que leva anos traballando pola cidade baixo unha perspectiva horizontal e asemblearia, levando á práctica a nova sociedade que tumbará ó capitalismo asasino e inxusto.

Nosxs compañeirxs maniféstanse neste momento na Coruña, nós expresamos a nosa solidariedade coa súa loita, coa loita do 22M, coa loita dos pobos contra o neoliberalismo asasino do FMI e o BCE.

LIBERDADE TODXS XS PRESXS E DETIDXS DO ESTADO REPRESOR
STOP REPRESION-- STOP TORTURA
10, 100, 1000 centros sociais, Solidarieadade C.S.O. Palavea
UNIÓN, ACCIÓN, AUTOXESTIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario