Dende A Cova da Terra enviáranos esta convocatoria con a que queren convidar á sociedade a reflexionar sobre o actual modelo enerxético e para elo din ofrecer alternativas reais ao mesmo. Con esa intención, neste mes de abril, van converter á Cova da Terra nun fervedoiro de enerxía limpa, colaborativa e sustentable. A proposta xira en torno a estas tres actividades que terán lugar no seu local da rúa das Noreas nº 12 (as 3 aqctividades comezarán ás 20:00') e na que colabouran "Véspera de Nada" e a "Asociación por unha Galiza sen Petróleo":
- VENRES 4: Proxección do documental Oligopoly2. O imperio eléctrico contra todxs, xunto coa presentación da campaña DeSOLbediencia e debate posterior.
- VENRES 11: Presentación da GUÍA PARA O DESCENSO ENERXÉTICO DE GALIZA. Estarán con nós Manuel Casal Lodeiro e Afonso Fernández de Véspera de Nada. Asociación por unha Galiza sen Petróleo.
- VENRES 25: Proxección do documental "La sombra del Fracking" e debate posterior: Que sabemos da fractura hidráulica?
Animámosvos a asistir e difundir.
POR UN MODELO ENERXÉTICO, NON EXTRACTIVO, SUSTENTABLE E SEN MONOPOLIOS!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario