2 abr. 2014

[A Guarda] Actualización da Programación da II Feira do Livro Anarquista (25, 26 e 27 de abril)

Unha vez actualizada e confirmada a programación, as compas de A Guarda envíannos este correo para a súa difusión (no que adxuntan os dous módelos de cartaz que tiraron):

II FEIRA DO LIVRO ANARQUISTA EN A GUARDA

Vaise achegando esta II edición da “Feira do livro anarquista” en A Guarda, que este ano se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de abril, e trae con ela un programa completo e do máis diverso dentro dos nosos límites pretendendo cubrir tódolos ámbitos e representalas diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e experiencias de loita, entre outras.

Salientar que en Galiza non existe este tipo de encontros, e cremos que representan unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal, contribuindo á destrucción das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas, polo que esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio.

PROGRAMACIÓN:

VENRES 25:

Ás 16:30 procederase á apertura da Feira no C.S. Fuscalho (fronte a atalaia), para dar comezo ás 17:00 á primeira actividade que será a presentación do livro “Para que non me esquezas” a cargo do colectivo Nais unidas contra a droga. Despois da presentación e posterior debate sobre as 18:45 pasaremos a disfrutar da obra de teatro “Unha historia de amor ao Tarantino” representada polo colectivo 8mm Teatro dende Nigrán. Para continuar ás 20:00, o Grupo Anarquista Cencellada dende Valladolid procederá á presentación do seu fanzine “Reflexións anárquicas da loita contra a dominación”. Para relaxar un pouco trala intensa tarde, sobre as 21:00 pasaremos a degustala cea que consistirá nuns bocatas “DIY” (Faino ti mesmx) con diferentes e variadas posibilidades. Trala cea e xa para rematala xornada sobre as 22:00 pasaremos un bo rato amenizado polos cantautores e rapeiros locais “John tres dedos”, “Bombin experience” e “O homen com cara de can”.

SÁBADO 26:

A xornada do sábado comezará ás 10:00 no C.S. Fuscalho co desaiuno para continuar coa realización dun mural antiautoritario nunha das paredes do Centro Social. Xs asistentes disporán dalgún tempo por se queren visítalo pobo ou dar un paseo ata as 13:00 que comezará a presentación conxunta dos fanzines “Beixos e bombas” e "A boia" e do novo número da revista “Abordaxe” a cargo de compas participantes nas correspondentes edicións e ás 14:00 será o xantar. Despois de xantar desplazamos a Feira á praza de S. Bieito (próxima ao porto) montando alí os postos de material antiautoritario e sobre as 16:00 poderemos presenciala presentación da primeira edición propia da editorial madrileña Oitodouscatro “Por enriba do seu cadáver, a economía política dos dereitos animais”, traducción de "Making a killing" de Bob Torres que relaciona a explotación animal co capitalismo e analiza a loita polos dereitos animais. Sobre as 18:00 poderemos disfrutar do estreo teatral de "Quenridequen" a cargo dunhas compas da Galiza. Sobre as 19:00 contaremos coa presenza de compas da Biblioteca Anarquista A Maldita (Burgos) que estiveron presentes no estalido social de Gamonal e tentarán aclararnos e relatarnos parte do alí acontecido mediante a palestra “Reflexións anárquicas en torno á revolta de Gamonal”.

Rematada a palestra voltaremos ao C.S. Fuscalho para cear e sobre as 22:00 darán comezo os concertos nos que contaremos con “Bitxobola” (Cantautor punk dende Fene), “Transxenéricas” (Punk feminista dende Compostela), “Ded Routines” (Perrapérsico son dende o Baixo Minho) e máis sorpresas.

DOMINGO 27:

O domingo voltaremos comezar desaiunando ás 10:00 no C.S. Fuscalho e ao rematar voltaremos á praza de S. Bieito onde montaremos outra vez os postos de distribución de material antiautoritario para continuar coa terceira xornada da feira. Ás 12:30 asistiremos á palestra en torno ao texto de Fredy Perlman “A continua atracción do nacionalismo”, recentemente traducido ao portugués por Textos Subterrâneos e ao remate da mesma sobre ás 14:00 degustaremolo xantar. Ás 16:00 contaremos con a proxección da curtometraxe “Ibrahim” que narra unha das realidades migratorias que se dan nun barrio centrico de Madrid como Lavapiés, a cargo do Colectivo Libertario de Cine "Camara Negra". Sobre as 17:00 realizaranse os sorteos correspondentes ás rifas e coñeceremos xs agraciadxs dos lotes de libros e productos. Xa por último pero non menos importante sobre as 17:30 poderemos presenciar conxuntamente a palestra “Desaloxos e desafiuzamentos na Corunha”, que como ben indica o nome tentará introducilas experiencias de okupacións, desaloxos e desafiuzamentos nos últimos tempos na cidade da Corunha e a presentación e reflexións en torno ao proxecto “Okupa resiste crea” a cargo de compas participantes no mesmo. Unha vez rematada a palestra e posterior debate procederase ao peche desta edición da Feira, para comezar a pensar na vindeira edición e agardando voltar reproducila nos vindeiros anos.

As actividades repartiranse entre o C.S. Fuscalho (fronte á Atalaia) e a Praza de S. Bieito (próxima ao porto). Habilitarase espazo para aloxamento dxs asistentes (Traede o voso saco ou manta) e mesas para exposición de material antiautoritario. Tódalas comidas servidas nos xantares, ceas e desaiunos serán veganas e ademáis haberá unha zona de bebidas e comida a prezos populares durante o desenvolvemento das actividades. Os horarios son aproximados. Agradeceríase que confirmarades asistencia para unha mellor organización e se precisades aloxamento o número aproximado de persoas que sodes.

Existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.

Contacto: acaros-baixominho@hotmail.com

Mapa dos espezos:


Sen mais unha aperta e esperamos contar con todxs vos.

EM PORTUGUÉS:

II FEIRA DO LIVRO ANARQUISTA EN A GUARDA (25, 26 e 27 de Avril)

Achegase esta II edição da “Feira do livro anarquista ” en A Guarda, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de avril, Tentamos tornar a programação mais variada e completa possível dentro de nossos limites tentando representar diferentes formas de expressar nossas idéias a partir de material escrito, teatro, música e luta, entre outras.

Dizer que na Galiza nao existe este tipo de encontros, e cremos que é uma ferramenta necessaria para a divulgação das ideias anti-autoritárias e o intercâmbio material, ideolóxico, pessoal, …, contribuindo à destrucción das relações de dominación e exploração que actualmente rixen as nossas vidas e esperamos que tais iniciativas sejan reproduzidas por outras partes do território.

Programaçao:

SEXTA 25:

Às 16:30 procederá à abertura da Feira no C.S. Fuscalho (face à atalaia), para dar começo às 17:00 à primeira actividade que será a apresentação do livro “Para que não me esqueças” a cargo do colectivo Mães unidas contra a droga. Depois da apresentação e posterior debate sobre as 18:45 passaremos a disfrutar da obra de teatro “Uma história de amor ao Tarantino” representada pelo colectivo 8mm Teatro dende Nigrán. Para continuar às 20:00, o Grupo Anarquista Cencellada dende Valladolid procederá à apresentação do seu fanzine “Reflexões anárquicas da luta contra a dominación”. Para relaxar um pouco trás a intensa tarde, sobre as 21:00 passaremos a degustala ceia que consistirá nuns bocatas “DIY” (Faino ti mesmx) com diferentes e variadas possibilidades. Trás a ceia e já para rematá-la jornada sobre as 22:00 passaremos um bom rato amenizado pelos cantautores e rapeiros locais “John tres dedos”, “Bombin experience” e “O homen com cara de can”.

SÁBADO 26:

A jornada do sábado começará às 10:00 no C.S. Fuscalho com o café da manhã para continuar com a realização de um mural antiautoritario numa das paredes do Centro Social. Xs assistentes disporão de algum tempo por se querem visita-lo povo ou dar um passeio até as 13:00 que começará a apresentação conjunta dos fanzines “Beijos e bombas” e "A boia" e do novo número da revista “Abordaxe” a cargo de compas participantes nas correspondentes edições e às 14:00 será o jantar. Despois de jantar desplazamos a Feira à praça de S. Bieito (próxima ao porto) montando alí a exposição de material anti-autoritário e sobre as 16:00 poderemos presenciala apresentação da primeira edição própria da editora madrilena Oitodouscatro “Por enriba do seu cadáver, a economía política dos dereitos animais”, tradução de "Making a killing" de Bob Torres que relaciona a exploração animal com o capitalismo e analisa a luta pelos direitos animais. Sobre as 18:00 poderemos disfrutar do estreio teatral de "Quenridequen" a cargo de uma série de compas da Galiza. Sobre as 19:00 contaremos com a presença de compas da Biblioteca anarquista A Maldita (Burgos) que estiveram presentes no estalido social de Gamonal e tentarão clarificar-nos e relatar-nos parte do ali acontecido mediante a palestra “Reflexões anárquicas em torno da revolta de Gamonal”.

Rematada a palestra voltaremos ao C.S. Fuscalho para cear e sobre as 22:00 darão começo os concertos nos que contaremos com “Bitxobola” (Cantautor punk dende Fene), “Transxenéricas” (Punk feminista dende Compostela), “Ded Routines” (Perrapérsico son dende o Baixo Minho) e mais surpresas.

DOMINGO 27:

No domingo voltaremos começar tomando o café da manhã às 10:00 no C.S. Fuscalho e ao rematar voltaremos à praça de S. Bieito onde montaremos outra vez a exposição de material anti-autoritário para continuar com a terceira jornada da feira. Às 12:30 assistiremos à palestra en torno ao texto de Fredy Perlman “A contínua atração do nacionalismo”, recentemente traduzido ao português por Textos Subterrâneos e ao remate da mesma sobre às 14:00 degustaremolo jantar. Às 16:00 contaremos com a projeção da curtametragem “Ibrahim” que narra uma das realidades migratórias do bairro cêntrico de Madrid, Lavapiés, a cargo do Colectivo Libertário de Cinema "Camara Negra". Sobre as 17:00 realizaranse os sorteios correspondentes às rifas e conheceremos xs agraciadxs dos lotes de livros e productos. Já por último mas não menos importante sobre as 17:30 poderemos presenciar conjuntamente a palestra “Desaloxos e desafiuzamentos na Corunha”, que como bem indica o nome tentará introduzí-las experiências de okupacións, desaloxos e desafiuzamentos nos últimos tempos na cidade da Corunha e a apresentação e reflexões em torno do projecto “Okupa resiste crea” a cargo de compas participantes no mesmo. Uma vez rematada a palestra e posterior debate procederá ao peche desta edição da Feira, para começar a pensar na próxima edição e aguardando voltar reproduzí-la nos próximos anos.

As actividades desenvolveranse entre o C.S. Fuscalho (face à Atalaia) e a Praça de S. Bieito (próxima ao porto). Teremos espaço para a exposição de material anti-autoritário e uma área para habitação para xs asistentes (Traz teu cobertor) , também bebida e comida vegan. Os horários são aproximados. Seria apreciado que confirmarades asistência para uma melhor organização e Se você precisar de alojamento dirá o número aproximado de pessoas que são.

Existe a possibilidade de aportar propostas de melhora, possíveis mudanças, críticas, recomendações, temas a tratar, possíveis apresentações ou palestras e todo o tipo de colaborações.

Contato: acaros-baixominho@hotmail.com

Sem mais um abraço e esperamos contar con você.

EN CASTELLANO:

II FERIA DEL LIBRO ANARQUISTA EN A GUARDA (25, 26 y 27 de Abril)

Se va acercando esta II edición de la “Feria del libro anarquista” en A Guarda, que este año se desarrollará los días 25, 26 y 27 de abril, y trae con ella un programa completo y de lo más diverso dentro de nuestros límites, pretendiendo cubrir todos los ámbitos y representar las diferentes formas de expresar nuestras ideas, yendo desde material escrito, teatro, música, y experiencias de lucha, entre otras.

Destacar que en Galiza no existe este tipo de encuentros, y creemos que representan una herramienta necesaria para la difusión del ideal antiautoritario y el intercambio material, ideológico y personal, contribuyendo a la destrucción de las relaciones de dominación y explotación que actualmente rigen nuestras vidas, por lo que esperamos que se reproduzcan este tipo de iniciativas por otros lugares del territorio.

PROGRAMACIÓN:

VIERNES 25:

A las 16:30 se procederá a la apertura de la Feria en el C.S. Fuscalho (frente a la atalaia), para dar inicio a las 17:00 a la primera actividad que será la presentación del libro “Para que no me olvides” a cargo del colectivo Madres unidas contra la droga. Despues de la presentación y posterior debate, sobre las 18:45, pasaremos a disfrutar de la obra de teatro “Una historia de amor a lo Tarantino” representada por el colectivo 8mm Teatro desde Nigrán. Para continuar a las 20:00, el Grupo Anarquista Cencellada desde Valladolid procederá a la presentación de su fanzine “Reflexiones anárquicas de la lucha contra la dominación”. Para relajar un poco tras la intensa tarde, sobre las 21:00 pasaremos a degustar la cena que consistirá en bocatas “DIY” (Hazlo tu mismx) con diferentes y variadas posibilidades. Despues de cenae y ya para finalizar la jornada sobre las 22:00 pasaremos un buen rato amenizado por lxs cantautorxs y raperxs locales “John tres dedos”, “Bombin experience” y “O homen com cara de can”.

SÁBADO 26:

La jornada del sábado comenzará a las 10:00 en el C.S. Fuscalho con el desayuno para continuar con la realización de un mural antiautoritario en una de las paredes del Centro Social. Lxs asistentes dispondrán de algún tiempo por si quieren visitar el pueblo o dar un paseo hasta la 13:00 que comenzará la presentación conjunta de los fanzines “Besos y bombas” y "A boia" y del nuevo número de la revista “Abordaxe” a cargo de compas participantes en las correspondientes ediciones y a las 14:00 será el comedor. Despues de comer desplazamos la Feria a la plaza de S. Benito (próxima al puerto) montando allí los puestos de material antiautoritario y sobre las 16:00 podremos presenciar la presentación de la primera edición propia de la editorial madrileña Ochodoscuatro “Por encima de su cadáver, la economía política de los derechos animales”, traducción de "Making a killing" de Bob Torres que relaciona la explotación animal con el capitalismo y analiza la lucha por los derechos animales. Sobre las 18:00 podremos disfrutar del estreno teatral de "Quenridequen" a cargo de unas compas de Galiza. Sobre las 19:00 contaremos con la presencia de compas de la Biblioteca anarquista La Maldita (Burgos) que estuvieron presentes en el estallido social de Gamonal y intentarán aclararnos y relatarnos parte de lo allí ocurrido mediante la charla “Reflexiones anárquicas en torno a la revuelta de Gamonal”.

Al acabar la charla volveremos al C.S. Fuscalho para cenar y sobre las 22:00 empezarán los conciertos en los que contaremos con “Bitxobola” (Cantautor punk desde Fene), “Transxenéricas” (Punk feminista desde Compostela), “Ded Routines” (Perrapérsico sonido desde el Baixo Minho) y más sorpresas.

DOMINGO 27:

El domingo empezaremos desayunando a las 10:00 en el C.S. Fuscalho y al acabar volveremos a la praza de S. Benito donde montaremos otra vez los puestos de distribución de material antiautoritario para continuar con la tercera jornada de la feria. A las 12:30 asistiremos a la charla sobre el texto de Fredy Perlman “La continua atración del nacionalismo”, recientemente traducido al portugués por Textos Subterrâneos e al acabar, sobre las 14:00 degustaremos la comida. A las 16:00 contaremos con la proyección del cortometraje “Ibrahim” que narra una de las realidades migratorias que se dan en un barrio céntrico de Madrid como Lavapiés, a cargo do Colectivo Libertario de Cine "Camara Negra". Sobre las 17:00 se realizarán los sorteos correspondientes a las rifas y conoceremos a lxs agraciadxs de los lotes de libros y productos. Ya por último pero no menos importante sobre las 17:30 podremos presenciar conjuntamente la charla “Desalojos y desahucios en Corunha”, que como bien indica el nombre intentará introducir las experiencias de okupaciones, desalojos y desahucios en los últimos tiempos en la ciudad de Corunha y la presentación y reflexiones en torno al proyecto “Okupa resiste crea” a cargo de compas participantes en el mismo. Al finalizar la charla y posterior debate se procederá al cierre de esta edición de la Feria, pero empezando a pensar en la siguiente edición que esperamos seguir reproduciendo en los próximos años.

Las actividades se repartirán entre el C.S. Fuscalho (frente a la Atalaia) y la Plaza de S. Benito (próxima al puerto). Se habilitará espacio para alojamiento de lxs asistentes (Traer vuestro saco o manta) y mesas para exposición de material antiautoritario. Todas las comidas servidas en los comedores, cenas y desayunos serán veganas y además habrá una zona de bebidas y comida a precios populares durante el desarrollo de las actividades. Los horarios son aproximados. Se agradecería que confirmarais asistencia para una mejor organización y si necesitais alojamiento el número aproximado de personas que seais.

Existe la posibilidad de aportar propuestas de mejora, posibles cambios, críticas, recomendaciones, temas a tratar, posibles presentaciones o charlas y todo tipo de colaboraciones.

Contacto: acaros-baixominho@hotmail.com

Sin mas un saludo y esperamos contar con todxs vosotrxs.

Nota de Abordaxe.- Dado que a anterior entrada en Abordaxe falando desta Feira, tivera algún comentarios, colamos aquí o enlace á mesma.

2 comentarios:

  1. Se alguén quere botar unha man nalgunha das seguintes tarefas durante o desenvolvemento da feira do libro que comente a tarefa ou tarefas nas que lle interesaría colaborar mediante o correo ou no mesmo finde da feira.

    Contacto: acaros-baixominho@hotmail.com

    Un saúdo e vémonos na feira.

    - Xantar sábado
    - Xantar domingo
    - Preparar ceas
    - Montaxe e desmontaxe dos postos de material
    - Botar unha man co son das actividades e concertos
    - Tarefas varias

    ResponderEliminar
  2. De puta madre!!!
    nosotrxs tenemos 3 sitios en coche, desde Compostela, por si alguien se anima!!!!!!!
    Morti

    ResponderEliminar