Colamos esta información (traducida) de KaosEnLaRed , onde recollen as opinións de Pablo ante dita sentencia:
Estaba cantado, querían dar un castigo exemplar e condenáronme a 2 anos de prisión por facer cancións, o que pedía a fiscalía, non rebaixaron nin uns meses para lavarse a cara. Non entro esta vez a falta de antecedentes penais pero á mínima me como os 2 anos e o que me caia sumado. O 29 deste mes teño outro xuízo denunciado polo PP por supostas ameazas e ataque á súa sede, se o pasan polo penal entrarei en prisión seguro. Non só condenáronme a 2 anos para asustar a outros mozos, tamén para botarme para atrás na miña militancia. É o seu último aviso: se non te acovardas á próxima entras. Non lles abondaba con ter rexistrado o meu domicilio levándose multitude de cousas nin con terme detido un día, esas bestas fascistas non teñen escrúpulo ningún se de represión se trata.
Para colmo, decateime pola prensa, nin sequera me chamaron, nin sequera me enviaron unha carta, nin sequera llo comunicaron antes ao meu avogado. Teño que decatarme pola prensa burguesa e manipuladora da condena. Para colmo, seguen mentindo dicindo que apoio a Al Qaeda cando no xuízo quedou demostrado que era totalmente falso, pois se algo fixen nas miñas cancións é denunciar que serviu a intereses imperialistas e que eu non apoio atentados contra inocentes ou organizacións anticomunistas como Al Qaeda. Pero poden acusarte de cousas tan graves sen recibir castigo ningún, fano para criminalizar e intentar deixarme como un monstro para que a opinión pública pense que o merezo.
Só me tería librado dunha condena así, deixarme levar polo camiño ao que me quería levar a fiscal, o da condena da autodefensa armada. Pero antes morto, xa lle recordei que como comunista falo nas miñas cancións da loita armada da que tanto falaron os clásicos do marxismo, o Che, etc. Acaso deixan outro camiño para rematar coas inxustizas, co xenocidio diario de inocentes que supón o capitalismo? Son eles os que impoñen a tiranía inxusta coas armas. Non me perdoaron que lles recordase que non poden dicirme a quen admirar ou non, que se quero respectar ao PCE(r) ou aos GRAPO, fágoo. Non me perdoaron que lles dixese que non poden obrigarnos a sentir pena se un opresor recibe un castigo. Acaso eles non se alegrarán se mañá asasinan un dos nosos? Este Estado é tan pouco democrático que nos quere controlar ata as emocións, que nos nega ata nos desafogar coa palabra ante todo o que nos fan a nós e aos nosos.
Están nerviosos porque cada vez máis pobo toma conciencia e como as miñas cancións conseguiron facer pensar moitos rapaces ou denunciaron a situación dos presos políticos que intentan ocultar, tiñan que atacar aínda que así o único que conseguen é que máis persoas se decaten da falta de liberdades alarmante e poñerme máis as pilas na Resistencia. O mesmo sucede con outros tantos xovens que sofren a brutal represión por esixir dereitos que ata a súa podre constitución promete. A miña detención e esta sentenza forman parte da campaña de terror que queren levar a cabo para afastar a xuventude da loita.
Queda de sobras demostrado que neste Estado, cuxa Audiencia Nacional que me condenou é herdanza do franquismo, só a dereita ten liberdade para dicir o que lle vinga en gana e máis. Cando nós pasamos liñas molestas para o poder, acúsasenos de apoloxía ao terrorismo ou de terrorismo directamente. Bispos dicindo que os homosexuais son enfermos, que as mulleres violadas ían provocando ou protexendo pederastas? Reciben diñeiro público. Nazis collidos con lanzagranadas, machados, pistolas e demais armas? Non pisan prisión, son concelleiros de partidos nazis. Homenaxes a Franco na TV ou pepeiros en homenaxes á división azul? Son chamados demócratas. O P$OE axilizando desafiuzamentos ou apoiando guerras imperialistas? Máis do mesmo. Racistas pedindo por twitter que se asasine inmigrantes e celebrando cando son asasinados? Protexidos pola policía cando se manifestan. Poderiamos pasar horas poñendo exemplos tan lamentables. Non obstante, protestar con firmeza contra iso está penado con prisión.
Cabe recordar que isto non foi só unha condena contra Pablo Hasél, foi unha condena contra a liberdade de expresión, non fai falta compartir ao 100% as miñas ideas nin que te guste a miña música para solidarizarte, ese non é o asunto. Mañá poden ir a por ti se protestas polos teus dereitos, se berras alto contra as inxustizas e contra os que se lucran a custa destas.
Di o xuíz para xustificar a condena que as miñas cancións incitan ao odio. Non, as miñas cancións incitan ao amor os oprimidos, é dicir, á inmensa maioría da humanidade. Pero como dicía o Che: "Máis forte que o amor á liberdade é o odio cara aos que nola quitan". O único odio que teñen é o que nos obrigan a sentir, o que responde ao seu odio á humanidade. Eu incito ao odio contra o inxusto e orgulloso, eles incitan ao odio ao xusto, hai unha clara e gran diferenza. Tamén di nun acto de infinita hipocrisía que a liberdade de expresión ten límites, pero volvemos ao de antes, só para a esquerda. Xa lles dixen no xuízo que xamais condenarán os que falan de apuñalar inmigrantes porque para eles non son vítimas os pobres, só os seus amigos opresores.
Agradezo as mostras de solidariedade e volvo recordar que os xuízos non poden aniquilar a loita pola dignidade. Seguramente acaben encerrándome en prisión como a tantas loitadoras máis, pero xamais rematarán con estas xustas ideas e non me cabe dúbida de que tarde ou cedo venceremos e xa ninguén volverá ser condenado por berrar a crua realidade.
CONTRA A SÚA REPRESIÓN NIN UN PASO ATRÁS!
SE NOS TOCAN A UN TÓCANNOS A TODOS!
LIBERADE PRES@S POLÍTIC@S!
Pablo Hasel
Vena pablito, campeón!!!!
ResponderEliminarXa conseguiches o que querias...¿non?
¿Para cando firmas contrato discográfico?
Co mal que rapea pareceme pouca condea! :)
ResponderEliminarPersoalmente, non me mola un carallo Hásel, e de feito, paréceme un flipao que vai de "estrellita" polo mundo. Sen embargo, non me parece "apropiado" alegrarse pola súa condea. O que non pode ser é que nos pasemos o día dando discursos anticarcelarios e berrando "Abaixo os muros" e "Presxs á rúa" e que despois haia quen se alegre cando o sistema xudicial aplica as súas leis a un fulano por expresar nas súas cancións as súas ideas (máis que discutibles, sí, pois non neguemos que é un stalo, pero ó fin e ó cabo, o que dixo é o que moitas pensamos, que o Rei, ou Rajoy etc merecen un tiro na caluga)...
ResponderEliminarRepito, eu simpatías co Hásel poucas ou ningunhas, pero non esquezamos que é un caso máis de represión política onde a AN aplica penas de cárcere polo mero feito de extender un pensamento diferente ó da mensaxe dominante. Non sei a vós, pero a min non me fan nin puñeteira gracia nin a sentencia, nin certos comentarios que vexo por aquí...
Claro que si "a rebelión das , palabras",solidaridad con Hassel y de paso Josue libertad. No te jode¡!!!
EliminarQue se pudra en un gulag contigo, Niega y Pablo Iglesias.
Viva Stalin con razón ou sen ela
De que carallo falas???
EliminarA min Hásel dame igual, pero o único que dixen é que certos comentarios sobran. Se nos poñemos a burlarnos e rirnos das condenas doutros mentras enarbolamos discursos anticarcelarios, a que se supón que estamos xogando?
Eu flipo con algúns. Ah, e o de Stalin, Nega, Pablo Iglesias... non sei a que carallo ven. Nin que eu fose stalo...
Un consello, lee de novo o meu comentario. Ó mellor á segunda vez eres quen de entendelo primeiro antes de poñerte a soltar bilis pola boca acusándome de comunista.
Ah, e se comezamos a ser tan selectivas, se cadra podemos escarallarnos de risa tamén das condeas dxs independentistas, non? É moi moi gracioso que te metan 18 anos de talego, se eres comunista, claro, se eres un/ha presx social ou un/ha anarquista daquela non, que rirse é pecado. Ide rañala... E repito, nin son comunista nin aturo ós marxistas-leninistas coma Hásel pero iso non me impide identificar a súa sentencia coma un caso máis dunha represión estructural dirixida contra calquera que ó difundir as súas ideas (neste caso mediante a música) contradiga a mensaxe dominante. Se ti non eres capaz de identificar este problema e te quedas co único detalle de alegrarte porque un fulano entra no talego, non sei que carallo de discurso anticarcelario terás, e se non tes un discurso anticarcelario, daquela... en fin. Ti mesmx.
Hala.
Hai unha soa, foto, pegata, cartel, imaxe, na que non saia a cara deste tio??
ResponderEliminarAhora resulta que por ser abolicionistas tienen que darnos pena nuestros enemigos. Pues no. Te lo digo bien claro. Abajo los muros y Hassel que se pudra. No me da pena.como si lo fulmina un rayo.lo mata un nazi. Va al talego o se suicida m da igual. Te dio pena josue cuando lo enchironaron???
ResponderEliminarA mi hay gente que me da igual la suerte que corra. Al margen de mi ideal. Basta ya de tanta falsedad e hipocresía. Eres vegan nivel6? No comes nada que haga sombra? Eres tan sensible que todo afecta y t da pena no?. Pues no. Eres un esclavo mas igual que ttodos. Estoy harto de vuestros discursitos de superanarcas. Vete con buda a tomar té con pastas
No me da pena. A mí también me parece un gilipollas, y un stalinista de mierda, y varixs compas/colegas me han contado las que lió en CSO's de Coruña, Granada y otras ciudades con sus aires de "estrellita" y su prepotencia, además de su actitud machirula y sexista para con varias compañeras, que el tío es un payaso no lo duda nadie, pero no por eso voy a hacer comentarios riéndome de la aplicación de una condena bajo las mismas leyes que odio, aplicada por el Estado que odio, con los mismos tribunales que odio y el mismo sistema que odio.
ResponderEliminarA ver si me explico. Hace unos días, los Mossos se cargaron a dos personas durante sus respectivas detenciones. Una de ellas era un bastardo maltratador que acababa de agredir y apuñalar a su pareja durante una discusión. El tío es un maltratador, sí. ¿Se merece unas ostias? Sí, por supuesto. No obstante, eso no es motivo para celebrar la brutalidad policial. Una cosa es que un grupo de tías o la propia pareja se lo carguen hartas de su actitud, y otra legitimar que lo haga un madero, que como rol social representa la represión aplicada de manera estructural sobre el/la individux con todo lo que ello conlleva. Pues ésto es parecido. Yo no siento pena ninguna por el maltratador que se cargaron los Mossos, pero no por ello dejo de ver en ese suceso un caso claro de brutalidad policial que se repite en muchos otros contextos y situaciones donde las víctimas no se merecen lo que les pasa (el migrante muerto en la comisaría de Tarragona, el vecino del Raval del vídeo donde se veía cómo le apaleaban hasta la muerte los maderos... por ejemplo). En este caso, Hásel no es mi compañero ni le considero en absoluto un afín, y no me solidarizo con él directamente, pero eso no me impide ver en ésto un caso más de represión política sistematizada y aplicada desde un tribunal clara herencia del fascismo, la Audiencia Nacional.
Hásel es un stalo, sí, pero eso no quita que haya que combatir, y en ningún caso celebrar, al sistema carcelario y judicial y su funcionamiento. Si no eres capaz de comprender la separación de una cosa y la otra, no creo que estés en situación de criticar ningún discurso.
Y respecto a lo de Buda, me limito a responderte ésto: http://www.youtube.com/watch?v=R8rwwJx-urQ
Hala, reflexiona. Salú.
Ah, el del comentario de arriba fui yo. Se me escapó un anónimo.
ResponderEliminarTranquilo que por dos años no va a entrar en txirona
ResponderEliminarEres tan racional que hasta da asco
Lo sé, pero ya que lo mencionas, tiene otro juicio pendiente, y va por penal. Insisto en que no me preocupa demasiado su suerte, no al menos más de lo que me puede importar, a priori, la de cualquier otrx presx, pero no deja de ser una mierda, aunque a algunxs "irracionales" (orgullosxs por lo visto de su condición) como tú os parezca gracioso.
ResponderEliminarTu capacidad argumentativa es sorprendente, oye. Si tu postura se reduce a decirme que doy asco por ser racional (¿?¿?), empiezo a pensar que más que iniciar un debate, lo que hice contigo fue perder el tiempo, pero no te preocupes, no seguiré perdiéndolo. Allá tú con tu conciencia, a mí me importas tanto tú como el Hásel, si te digo la verdad.
Que te vaya bonito meu rei, hala.
Y aun por encima el tipo se paso de baboso con varias compañeras y tu aquí haciendo de abogado de pleitos pobres
EliminarE que que fose baboso? Que as compas collan e lle metan de ostias ou lle caguen na boca... Iso non xustifica a existencia das prisións nin que nos alegremos porque o Estado siga a exercer a sua dominación sobre toda idea que considere subversiva para o Réxime. Eu odio a Hásel. Unha vez compartín espacio con el nunha okupa e deume asco terrible, igual que a maior parte dxs comunistas. É un machirulo da ostia e tiña que levar paus. Pero non estar preso por escribir cancións de merda... Por favor, un pouco de sentidiño... que logo meten a compas na cadea por escribir cuatro chorradas en Facebook (xs 5 de sabadell) e todxs levamos as mans á cabeza. Si, foron parvxs por andar a escribir merda nunha rede social capitalista asquerosa, igual que nos ao debatir por este Blog dunha empresa de merda, pero non merecían estar en preventiva. Bah.
ResponderEliminarPois si parvx si que eres....
EliminarEspaña no Existe, La Rebelión de las Palabras, Hassel , los indepes y todos al jodido paredón...
ResponderEliminarDictadura anarca ya!!!! viva Bandera negraaaaa jodeeeerrr!!!!!
¿¿¿¿Y la CNT????
ResponderEliminarAnarquistas debatindo a través de productos de empresas privadas, sometendose a un control social extra e gratuitamente... Chegou o anarcocapitalismo compañeirxs, e nós sen facerlle boicot. Somos un puto loby
ResponderEliminarVi