Primeiro foi Ceivar quem lançou aos ventos o seu desaire com a manipulaçom informativa dos meios de comunicaçom comerciais, quando estes defundiram a ideia de que, os actos de resposta á violência policial na mobilizaçom do 22M em Madrid, foram atribuidas pola imprensa canalha a "umha cisom de Resistência Galega". Entanto essas crónicas eram motivo de mofa na Galiza (e em toda a internete), ao entender que é de graça que 250 pessoas poidam ser a cissom de 15 (entroutras outras muitas barbaridades) e mesmo causou hilaridade que foram qualificadas como as promotoras dos actos de resposta á violência policial, na página web deste organismo anti-repressivo fam "fincapé no transfundo desta nova: A absoluta subordinaçom da imprensa às directrices do Ministério do Interior e a solicializaçom do independentismo coma umha conduta ilegal"(sic).
Agora a quenda é do BNG, que tras o varapau recebedo nas eleiçons galegas com o transvase de votos de boa parte da sua suposta "base eleitoral" cara á nova alternativa beirista Anova e a sua coaligaçom com EU (AGE), semelha que vem perigrar de novo a sua representaçom nas poltornas, neste caso em Europa, e bota as culpas á campanha orquestrada de descreto desde os médios e o PP, pola sua decissom de converger com Bildu na cita eleitoral europeia e com elo vincular ao BNG com o terrorismo etarra.
Andam preocupados no BNG de ver como podem ficar sem assento nas cadeiras do poder europeio, e assim venhem de tirar um seu comunicado dirigido ás suas filiadas e militantes donde, tras destacar declaraçons de dirigentes do PP basco, como a do presidente do PP de Guipúzcoa, Borja Sémper, quem dijo que "Bildu no es ETA, es una coalición formada por EA, Aralar y Alternatiba, donde el mayor peso político lo tiene la izquierda abertzale" ou a do alcalde de Gasteiz, Javier Maroto, quem assegurou que "ha tenido el coraje de llegar a entendimientos con EH Bildu", querem deixar bem patente que nom só Bildu "rejeita de forma clara e contundente a violência e é a segunda força política de Euskadi" senom que querem deixar bem claro que o BNG "nunca na sua historia apoiou a violência".
Para quem isto subscreve nom deixa de ser paradoxal que tanto umhas coma outras estexam agora medrosas ante as opinions dos falsimedios e tirem comunicados criticando a informaçom mal-intencionada, inverificável e que vulnera qualquer código deontológico.
Cicais desde a sua prisma, isto seja coerente com ter a capacidade para botar luz sobre que estratégias som politicamente legítimas ou legitimáveis, e ao mesmo tempo reconhecer que no "Movimento de Libertaçom Nacional" exista um pánico tremendo à repressom.
asdo eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Penso que hai que destacar dúas cuestións:
ResponderEliminarAntes de nada, dicir que considero lexítimo e positivo que, cando os fabricantes de mentiras ó servizo do Estado e o Capital atacan ós proxectos propios, cada quen tire os comunicados que lle apetezca para difundir outra versión non adulterada e contrarrestar, na medida do posible, os seus embustes. Alén:
1 - Os medios de comunicación NUNCA (e repito, NUNCA!) xogan ó noso favor. Se difunden unha información é porque non lles perxudica, ou porque, incluso, beneficia ós seus investidores e ó sistema financiero que manteñen oprimíndonos o pescozo. Ver por exemplo cando detiveron á rapazada na última folga estudantil aquí en Pontevedra nunha montaxe do máis absurda, e a algúns, ocurríuselles contar co Diario de Pontevedra. Ben, que sacaron? Case nada, unha nota apenas visible, onde aínda por enriba non publicaron a nota que se redactou para prensa senón outra cousa onde omitían gran parte da información e deixaban ós rapaces detidos na montaxe en moi mal lugar. Quen espere sacar adiante os seus proxectos da man dos medios, está a dar cabezazos contra a parede. Só abren a porta a apropiarse da información e xerar unha relación de suministro de carnaza sobre a cal ti non tes absolutamente ningún control. Arriscado, inxusto e desfavorable.
Hai medios de contrainformación, ou medios alternativos, que deben ser potenciados, para sacalos do gueto e xerar ferramentas autónomas de expresión a nivel local onde poder aloxar as nosas convocatorias, a nosa visión da realidade e o noso desenvolvemento do conflicto, máis alá das hipócritas caroutas e os discursos edulcorados que a prensa burguesa nos obriga a adoptar cada vez que queremos optar a un recuncho miserable nas súas vomitivas páxinas.
2 - Unha vez máis, dende o BNG reaccionan mudando de chaqueta, coma fan sempre. Agora din que o BNG, na súa historia, "nunca apoiou a violencia" (sic). Agora os do bloque dirán que isto o dixo Fulanitx de tal que non pasou polo resto do partido bla bla bla pero o certo é que ahí está, unha vez máis condenando a violencia e a praxe revolucionaria para así non perder as súas queridas cadeiras no europarlamento. Noxento, patético, cobarde. Xa se vía vir. Dime con quen andas e direiche quen eres, supoño. A que iso de condenar actos lexítimos de resistencia e ataque non vai ser só cousa de Vence, Pontón e esa minoría bloqueira.
O dito. Eu teño claro con quen están as miñas afinidades. O medo é lóxico, pero tamén é necesario actuar, tentando que o medo non nos atenace. Calquer intento patético por "caerle bien" á xente a costa de rebaixar o noso discurso, deixar sós/soas ás compañeiras que escollen as vías do ataque ou condenar os seus actos, non é máis que lixo, e sobre todo se se fai para protexer unha imaxen vendible que promocionar na Europa do capital.
Por outro lado, isto escandalizaríame se fose cousa de anarquistas, pero vindo do BNG, o certo é que non me sorprende en absoluto. O problema téñeno quenes aínda esperen algo de semellante farsa.
As grandes historias non se escriben con medias tintas...