5 feb. 2014

[Vigo] Sábado 8 as 20:30' Concerto Solidario con o CSO "La Casika" de Móstoles no Distrito9

Recibimos esta convocatoria solidaria con o centro social "La CasiKa" de Mostoles que, unha vez arquivada a vía penal, está outra vez baixo a sombra da amenaza, agora pola via civil, do desaloxo. O xuízo previsto para o xoves 23 de xaneiro foi adiado ata nova orden por diversos motivos procesais, durante esa manán unhas 200 persoas solidarias estiveron concentrándose fora dos xulgados en apoio das duas persoas encausadas, días antes (18 de xaneiro) miles de veciños e veciñas deran o seu apoio nunha manifestación, tal como se reflexa neste Comunicado de Agradecemento.

Despois de 16 anos de que este centro social estivera disponible para os movimentos sociais, queren derrubar esta antigua casa e eliminar este espazo para deixar un frío solar e depois construir vivendas de luxo. É por iso que demandan toda a axuda posible e que todos os colectivos que queiran que se poñan mans á obra organizando actos, concertos, charlas, etc. dado que os gastos económicos e as indemnizacións que peden no proceso xudicial son desorbitadas e se agradece todo o apoio posible. (Ver acá Comunicado en galego)

Nesa medida xurdiu este Concertazo Solidario organizado pola distri "El Fary es Dios" e o Centro Social Autoxestionado de Coia "Distrito 09", sito no Camiño de Figueirido nº 89, onde terá lugar o concerto, no que estarán tocando:

PERRÄS SALVAJES dende Madrid. Crust rock&roll
BATAÄLLA dende Salamanca. D-beat crust
SARLACC - Vigo HC/Punk

O prezo da entrada será 4€. Os benefecios da mesma irán destinados a financiar gastos xudicias dxs companheirxs encausadxs.

10, 100, 1000 centros sociais!!


1 comentario:

  1. E indignante que este sitio se autodenomine"Centro Social Autoxestonado" cando excluen a entrada neste "local" polo capital que poidas aportar, xa que podes participar en todalas actividades "sociais" que oferten cunha previa aportación especifica de diñeiro, na que se non se da pola túa precariedade económica, pois non pintas nada no "Distrito 09" gorrilla...

    ResponderEliminar