5 feb 2014

Xoves 6 febreiro.- Día Internacional de Solidariedade con Leonard Peltier, 37 anos preso nos EEUU

Damos pulo a esta campaña internacional de solidariedade para con Leonard Peltier, de Lakota/Anishnabe, activista polos direitos dos pobos indíxenas, que mañán 6 de Febreiro, cumprirá 38 anos de encarceramento como prisionero, sen probas, nos cárceres estadounidenses. O mesmo goberno dos USA recoñeceu, despois de esgotadas todas as posibles vías para recurrir o seu encarceramento, que Leonard non era culpable da morte de dois axentes federais, polas que fora condenado a dois cadenas perpetuas. Peltier, tras pasar polas duras experiencias dos penais dos USA, ainda sobrevive e está a piques de cumprir 70 anos de idade. Para lembrar esta súa situación e exixir a súa imediata liberación, ven de iniciarse unha campaña internacional de visibilización.

Entre as accións previstas temos constancia por Indymedia Barcelona, que haberá Concentracións en Barcelona, a primeira mañán xoves 6 ás 12:30h diante do Consulado dos EEUU (que se repetirá cada xoves dende agora) e a seguinte no sábado 8 na praza de Sant Jaume. (tal como figura na imaxen)

Tambén hai organizada, a nivel internacional, unha recollida de sinaturas con nome e apelidos, que será entregada polos Indíxenas Americanos a Obama para apelar clemencia e que o deixen volver con a súa familia e o seu pobo, para que poida pasar os seus derradeiros días en paz con os seus netos e bisnetos que nunca chegou a coñecer.

Colamos de seguido o contexto en que Leonard foi feito prisioneiro e un seu comunicado, que colamos da web ElLokal:

Contexto:

Leonard Peltier é un home que reivindica o Dereito a ser Libre e que Loita contra a inxustiza - dereito de todo cidadán deste planeta. Peltier fixo o que calquera de nós tería feito nunha situación de emerxencia. Axudou a defender Anciáns e Nenos cando a mediados dos anos 70 o FBI desencadeou unha guerra - o "Reino do Terror" - contra a poboación Indíxena Americana de Pine Ridge, Dakota del Sur. Máis de 60 nativos morreron e máis de 400 foron vítimas de agresións e encarceramentos. Leonard, que sempre negou rotundamente as acusacións que lle imputan e falou en defensa dos dereitos do seu pobo, foi acusado de ter disparado a dous axentes do FBI. O peso da evidencia demostra máis alá de toda dúbida razoable que Leonard foi o chibo expiatorio dunha desapiadada campaña que, a través de toda a historia americana, intentou destruír de forma sistemática a cultura indíxena americana e explotou os seus territorios para extraer petróleo e uranio, todo o cal continúa ata nosos días.

O xuízo de Leonard Peltier foi unha PARODIA DA XUSTIZA. O maxistrado que negara en 1986 a petición de apelación de Peltier, a posteriori revogou a súa propia decisión. Non obstante, este feito foi e aínda hoxe segue sendo, ignorado. Durante os anos de prisión, fortemente controvertida, a Peltier denegóuselle repetidamente a liberdade condicional, tívoselle en condicións de detención duras, incluídas graves malleiras e períodos de incomunicación (a pesar dun historial de conduta impecable en termos de dignidade e comportamento) e aloxado en penitenciarías de máxima seguridade que erosionaron seriamente a súa saúde.


Comunicado de Leonard Peltier

"Aos meus Irmáns e Irmás na Loita, levo detido 37 anos e, aínda que o meu corpo está a empezar a fallar, o meu corazón aínda segue sendo forte xunto coas persoas que están a combater polos nosos dereitos humanos de base. A vosa vontade de usar as vosas voces nun esforzo coordinado e unido para axudarme a conseguir a miña liberdade dá a todas as persoas do mundo unha razón para manter a esperanza contra a inxustiza.

Non podemos deternos ata que todos e cada un dos homes, mulleres, nenos e nenas obteñan o seu dereito a vivir segundo o estilo dos seus antecesores, ricos da súa propia cultura e tradicións. Parte da nosa historia da creación afirma a responsabilidade de vivir en harmonía con todos os seres vivos. Necesitamos unir as nosas mentes para crear un mundo onde os nosos fillos e os fillos das próximas sete xeracións poidan vivir en paz, sabendo que a verdade e a xustiza poderán e poderán prevalecer.

Verdade e Xustiza darán vida a un lume que non se extinguirá xamais. Ningún ser humano volverá temer pola súa vida a causa das súas crenzas políticas ou relixiosas. Nisto estamos unidos, amigos meus, o rico, o pobre, o vermello, o branco, o negro, o marrón e o amarelo. Nós compartimos a responsabilidade coa Nai Terra e con todos aqueles que viven e respiran nela. Non o esquezades nunca.

Grazas por comprometervos a facer a vosa parte. Eu estou convosco. Grazas por estar comigo.

Doksha"

No hay comentarios:

Publicar un comentario