Coplamos de Tokata o seguinte Comunicado de Agustín Moreno Carmona, membro fundador da COPEL en Carabanchel, e este video de PK–Activismo AudioVisual sobre a Folga de José:
LIBERDADE JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA!
Un preso só, inanimado, está nunha cela. Loita lento, ten o corazón de fera. Alá onde está desangra enerxías, loita contra o bocado por fame de xustiza. Non quero rancho, chamo os meus amigos que por acollerme suspiran. Aquí estamos na mala hora de verte sufrindo e se por nós fose cambiariamos o amigo de dentro a fóra. Se que estades comigo en loita contra a miña condena e sen barrotes e alegre a liberdade e a vida compartir convosco quixera. Saúde mental, control total queren os que che queren, veñen e van co pensamento da túa liberdade.
Hai 37 anos un neno inquedo pola súa xuventude contactou coa loita. Contaxio, na respiración entroulle a forza. Alá pola Modelo de Barcelona respiran as forzas da liberdade. Un mundo apaixonada como só a loucura por sentimento combativo une, provoca, sangra e estala. A COPEL mechea regando de polvora as galerías. Soan as portas cunha palabra nova, rebelde, impía e esperanzadora. Ten o fío da verdade. O gonzo pisa un ton. Presenta a calma e o nervio, toda a abundancia humana expresada por un neno contaxiado polo cambio. Envolvido pola orquestra de gonzos. Pola nova vida no seu barrio de obreiros, familiar, veciños cos seus compañeiros presos. Entre ferrollos as sensacións van unindo as pezas toradas polo franquismo ante a vista de José Antúnez Becerra. Machucando e cairo, bebe palabras e atende, suspira e crea, sangue e dor, mesmo ás veces caen bágoas polo primeiro fracaso. Somos xovens e volvemos a golpear. Somos presos en loita.
Volveu. Esta aquí. Vemos a ese ave dende grande altura regresar con chuvia fresca. Para José Antúnez Becerra non pasa o tempo.
Estamos preocupados e pendentes porque te necesitamos.
Agustín Moreno Carmona, membro fundador da COPEL en Carabanchel
5 feb 2014
José Antúnez Becerra e a COPEL. No seu vixésimosegundo día de Folga de Fame.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario