Recollemos da web "El Retroceso" estas actividades que comenzan hoxe xoves 6 ás 20:30' con a proxección do filme "13 Rosas" dentro do ciclo de Cinema que están a facer todolos xoves a esa mesma hora e que terá continuidade neste mes con a proxección dos filmes "No solo duelen los golpes", "Persépolis" e "Indomables", con entrada debalde.
Ao día seguinte, venres 7 ás 21:00' se desenvolverá a terceira sesión do Grupo de Estudos sobre a Loita Mapuche, organizado polo Ateneo Libertario A Engrenaxe, en colaboración co C.S. Madia Leva!; que inclue un Ceador con Caldo, Panada, Pan, Postre, Viño e Crema de Oruxo, todo sobre 2 ou 3 € por persoa.
E un día despois, o sábado 8 dende as 18:00' Taller de Encuadernación Diy ("Faino ti mesmx") debalde, onde aprender a encadernar.
Todas as actividades terán lugar no local do Ateneo "A Engranaxe" na rúa Rio Sil Nº52. (en leer máis tendes os cartazes de cada convocatoria)
No hay comentarios:
Publicar un comentario