Colamos convocatoria recebida do CSOA Xuntas:
O vindeiro sábado 12 de outubro, no CSOA Xuntas, contaremos coa presenza do compañeiro Damilo Mandioca, que viviu de primeira man os conflictos acontecidos no Brasil o pasado xuño.
En xuño do 2013, millóns de brasileirxs sairon ás rúas en protesta contra diversos ataques do capital. ¿Como empezou todo? ¿Quen está nas rúas? ¿Cal é o papel dxs anarquistas en todo isto? Este coloquio pretende facer unha viaxe histórica da política contemporánea brasileira e apuntar algunhas razóns para o crecemento das protestas en xuño deste año. Tamén pretende pasar polas accións dos grupos anarquistas e autónomos involucrados no conflicto, e a herencia das protestas no momento actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario