9 oct 2013

[A Coruña] Nota de prensa de STOP Desafiuzamentos : Reclamando resposta do xulgado

Difundimos nota chegada a noso correo e video de GalizaContraInfo sobre a paralización (momentánea) do desaloxo de Elizabeth:

Tras parar o desafiuzamento de Elisabeth o Martes 8, a coordinación institucional necesaria pra solución do presente conflicto convertiuse nunha empresa fabulada ao abeiro dos acontecementos sucedidos ao longo destes días.

Sorprende a parsimonia do órgano xudicial para dar resposta a un requerimento da Consellería de Traballo e Benestar ante unha situación de emerxencia como a que estamos a vivir. Emerxencia pola nula marxe temporal da que se dispón (o desafiuzamento, marcado para onte, non tivo lugar simplemente pola presión social na rúa, que o parou no momento en que se ía producir a notificación) e pola situación da propia afectada, Elisabeth, tal e como recoñece a Consellería de Traballo e Benestar e o propio Xulgado de 1ª Instancia nº 9. [Aceder o documento adxunto]

En vista desta emerxencia, non nos explicamos a sucesión dos acontecementos: o venres 4 de outubro o xuíz notifica unha posible situación de vulnerabilidade social e remite á Consellería de Benestar e Traballo; a Consellería no mesmo día constata a falta de tempo material para actuar, e o luns 7 envía un fax solicitando a suspensión do desafiuzamento. Tendo en conta que o día 7 era festivo local na cidade da Coruña, e entendendo que o xulgado competente tiña esta notificación dende o día 8 (data marcada para o desafiuzamento) a primeira hora, que se fixo dende o xulgado ata o día de hoxe? Pasaron dous días e Elisabeth non ten ningunha notificación oficial de que o desafiuzamento fose suspendido.

O único que queda é que o xuíz se pronuncie inmediatamente para que a Consellería de Benestar e Traballo e os Servizos Sociais do Concello da Coruña acaden unha solución axeitada para Elisabeth. Ata entón, seguiremos resistindo.



Grazas pola vosa atención,
STOP Desafiuzamentos A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario