Colamos tal como nos fixeron chegar as compas de Ecoar Vigo sobre a Concentración de onte:
RESUMO DA XORNADA
CONCENTRACIÓN MONARQUÍA NON!!!
Esta mañá tivo lugar en Vigo a concentración Monarquía Non!!! convocada por ECOAR))) e outros colectivos
Con motivo da visita dos príncipes á cidade de Vigo, esta mañá tivo lugar, na esquina da estación de bombeiros de Balaídos (a actividade estaba convocada na porta principal da empresa Citroënse ben non foi posible acceder), unha concentración, baixo o lema Monarquía Non!!! Con esta actividade, que tivo lugar de xeito pacífico e sen incidentes, a cidadanía viguesa pretende visibilizar o seu rexeitamento cara a unha institución, a Monarquía, que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e que, no caso do estado español, ten a gravísima cuestión de que a coroa foi elixida por un xenocida, recoñecido como tal internacionalmente.
O feito de que a Monarquía como institución (e mesmo como concepto) vai en contra dos principios democráticos non é algo cuestionable: ademáis de ser unha institución obsoleta, ningunha das persoas que compoñen a casa real foi elixida democráticamente. Non só a cidadanía española non tivo nin voz nin voto á hora de escoller ás persoas que exercerían como representantes do noso país, senon que foi Franco quen elixiu ao seu sucesor, o actual monarca Juan Carlos I. Non é de extrañar, por tanto, que a Monarquía xurara no seu momento lealdade ao Movemento Nacional, non así á Constitución Española.
A Casa Real gasta máis de 500 millóns de euros ao ano segundo diversos estudos, a pesar de que para o ano 2012 só se declararan publicamente 8,42 millóns de euros (non se contabilizan ningún dos gastos asignados a outros ministerios: garda real, palacios, viaxes,...). No tocante ao custo económico que a Casa Real supón para o país, non debemos esquecer a implicación de parte dos seus membros en diversos casos de corrupción, cun alcance que aínda hoxe descoñecemos.
A cidadanía viguesa súmase así a un rexeitamento xeral e crecente na poboación española cara á institución monárquica, mantido dende fai xa moito tempo e fortalecido a causa dos últimos acontecementos, e que será novamente visibilizado o vindeiro 28-S, cunha concentración indefinida fronte ao Palacio Real en Madrid, para esixir a Abolición da Monarquía.
Máis información sobre esta actividade en www.ecoar.eu
PENSA-ORGANÍZATE-ACTÚA
No hay comentarios:
Publicar un comentario