21 nov 2013

PALESTRA DE "NAIS CONTRA A IMPUNIDADE" EN VIGO SÁBADO 23 NOVEMBRO coa presenza de Lola (nai de Noelia Cotelo) e Pastora (Nai de Xose Tarrio)

Difundimos a petición de AFFAP-GZ, por un lado, e NAIS CONTRA A IMPUNIDADE polo outro, a convocatoria da seguinte charla:

En Marzo do 2012 ten lugar a asamblea constitutiva da Asociación "Nais contra a impunidade", que agrupa a nais de persoas presas nas cadeas do estado español, e que colabora con outras organizacións de familiares de persoas presas, e doutros tipos; favorecendo así a creación dun movemento social anticarcelario e autoxestionado.

Esta asociación agrupa a nais de pres@s, indistintamente de ideoloxías, e asimesmo non ten relación con nengún partido político.

A loita das nais é autoxestionaria, e quere achegar a súa mensaxe de denuncia social e as súas loitas anticarcelarias á sociedade.

Por iso, difundimos e denunciamos os abusos que se producen nas cadeas, e mantemos viva a memoria de quenes faleceron nas cadeas por mor dos abusos. Tamén colaboramos na producción de materiais relativos ao SIDA, aos CIE's (Centros de Internamento de Estranxeiros), e aos recortes de dereitos sociais que sofren as persoas presas.

No 2012 morreron mais de 50 persoas mentres estaban baixo custodia. Moitas institucións penitenciarias veñen retirando as guardas médicas necesarias para atender a saúde da poboación carcelaria, e os diversos castigos que teñen lugar baixo os illamentos e os rexímenes inhumanos dos FIES, agravan esta situación.

Animamosvos a que acodades a nosa charla para informarvos destas situacións e animarvos a colaborar connosco.

¡¡¡Fronte á impunidade de quenes abusan d@s nos@s fill@s, e fronte á ineficacia dun sistema carcelario cruel e inhumano!!!. ¡¡¡NAIS CONTRA A IMPUNIDADE!!!.


Dende os diversos grupos e colectivos convocantes deste acto, solicitamos a colaboración de persoas e organizacións sociais coa devandita asociación, xa que a súa actividade é de interese social, alén das inquedanzas políticas:

Pola nosa parte, somente podemos dicir que:

-O cárcere non reeduca nin integra a ninguén, porque a educación das persoas soio pode ser integral, liberadora e feita en e para una sociedade libre e igualitaria.

-O cárcere e unha ferramenta de control social, que serve para castigar a quenes loitan contra o actual sistema, e a quenes padecen as piores problemáticas socioeconómicas que aquel produce.

-O estado e as leis son contrarios ao evoluir da ética social, tal e como se observa nos diversos movementos sociais de carácter crítico que optan por dar alguna resposta ás inxusticias sociais. Polo tanto, o estado e as leis están obsoletas e deben desaparecer.

-Os abusos e vivencias que relatan as "Nais contra a impunidade" son certas, pois cando unha persoa ten poder sobre outra, reproduce actitudes e comportamentos antisociais e contrarios aos valores humanos máis básicos.

-As leis, neste caso penais, deben ser abolidas e rexeitadas progresivamente, de maneira paralela á construcción dun sistema xusto e igualitario.


O texto aquí reproducido é o da páxina da Asamblea de Familiares e Amigxs das Persoas Presas -AQUÍ. Pola súa banda, Nais contra a impunidade pídennos tamén difusión -DESTAS xornadas en Salamanca e -DESTAS OUTRAS en Sevilla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario