Onte na sede parlamentaria da Xunta, Feijoo "Chistestem" recoñeceu publicamente que a mina de feldespato non ia ser unha realidade en Xinzo por incompatibilidade con o agro e a gandería desta bisbarra ourensá.
Ante semellantes verbas, a plataforma veciñal Corno do Monte celebra e entende isto como unha sua "victoria" depois das constantes movilizacións, con mención especial a tractorada do pasado 25 de maio, apoiadas por asociacións e organizacións ecoloxistas que "foron o empurrón definitivo para que o máximo mandatario galego se posicionara en contra da mina de feldespatos".
E deixan claro que esta victoria corresponde "só e únicamente à veciñanza afeitada, que con coraxe e valentía enfrontaranse às mentiras e deixaran ben claro que con o seu pan e máis o dos seus fillos non se xoga".
Con todo, a declaración de Feijóo en sede parlamentaria é tomada con reserva "ao non deixar de ser unha mera declaración de intencións, polo que, de momento carece do máis mínimo valor legal e xurídico".
Polo tanto, e aínda que recoñecen que "a intención por parte do presidente da Xunta é un éxito a celebrar por parte da veciñanza" entenden que "a ameaza da minería segue presente dado que Minercer S.L. continúa mantendo os direitos de explotación e nada impede que nun futuro poida presentar outra vez este proxecto".
Peden, pois, que o Goberno galego "reclame que os direitos de explotación sexan retirados, dado que sempre existen fórmulas legais para facelo".
eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario