Ante as declaracións feitas o pasado domingo 9 de xuño polo Delegado do Goberno, señor Samuel Juárez, a asociación de amigos e familiares "Que Voltem À Casa", manifesta a través de este comunicado o seguinte:
Como familiares de pres@s queremos mostrar a nosa indignación ante tales declaracións, onde o delegado do goberno xustifica, que a dispersión penitenciaria que se lles está aplicando de xeito sistemático a este colectivo de pres@s, non ten como finalidade castigar as familias senón que: "se trata de evitar que los miembros de una organización terrorista sigan organizados en la cárcel y sometidos a la disciplina de la organización".
Moitos pais e nais de estes supostos terroristas, tivemos oportunidade de ler estas declaracións o domingo pola maña, despois de chegar a altas horas da madrugada, tras centos de quilómetros as nosas costas, para poder estar entre corenta minutos ou hora e media de visita cos nosos fill@s. Co corpo aínda mallado pola viaxe, tivemos que almorzarnos con ditas declaracións, as cales só evidencian unha manipulación política, así como unha falta de humanidade por parte do representante dun goberno "democrático" cas familias.
A nosa intención é por o día en materia penitenciaria o señor delegado Juárez, tras a demostración de ignorancia interesada que reflicten as súas palabras en estas cuestións.
1º- As cadeas señor Juárez, están formadas por módulos, polo que vai ser imposíbel que dous pres@s coincidan no mesmo, a non ser qué, así se acorde pola institución penitenciaria. No centro penal de Mansilla de Las Mulas (León), por exemplo, en estes momentos, cumpren prisión preventiva dous presos galegos da suposta "banda", e por suposto en módulos distintos, e ate o momento sen posibilidade de contactar entre eles. Polo que fica demostrado que estes presos poderían estar nunha cadea da propia terra, e non chegar a verse entre eles nin en vinte anos. Polo que o argumento no que o señor delegado basea a súa lóxica para xustificar a dispersión penitenciaria, non é máis que unha gran mentira.
Solicitamos do Delegado do Goberno que explique á sociedade galega, os verdadeiros motivos polo que o estado español deseñou a estratexia da dispersión. Que non son nin máis nin menos que, un programa baseado na tortura e na vinganza estatal, destinado a quebrar a vontade de pres@s e familiares. Un quebranto moral, económico, que deixe fonda pegada nas súas vítimas. Esta é a realidade que familiares e achegados padecen, e que vostede tan falsamente xustifica.
2º- A organización terrorista á que vostede alude, de momento ningún xuíz demostrou a súa existencia. Polo que de novo esta sustentando as súas afirmacións na mentira. Como pode vostede condenar a persoas que ata o momento só están imputadas, chamándolles terroristas? Como delegado do goberno, aínda non leu a constitución do estado o cal representa? Sabe vostede o que é a presunción de inocencia, os dereitos humanos?
Explíquelles por favor, señor delegado do goberno as familias, que teñen que xogar cas súas vidas a ruleta rusa, cada vez que van ver os seus familiares, as razóns de medidas tan excepcionais. Acaso vaise facer cargo, en caso de que aconteza algunha morte nas estradas por causa da dispersión, das posibles vítimas?. ...Se acaso algún día pasa, como lles vai chamar a estas vítimas? Serán vítimas do terrorismo? de qué terrorismo? Dende o ano pasado contabilízanse dous accidentes de tráfico, un deles sinistro total, o outro con dous feridos leves. De paso, dígalles tamén, porqué estes imputados son máis perigosos que os que matan as mulleres, que os que abusan de menores, ou mesmo dos centos de imputados por corrupción política e económica, os cales xeran mortes indirectas polas súas operacións fraudulentas, e que na actualidade poden continuar ca súa vida cotián, sen sufrir medidas restritivas.
Cando o representante de un goberno, o amparo da súa posición e do seu interese político, e quén de deixar o marxe os dereitos humanos e a propia constitución de un estado, rexeitando as proposicións de carácter humanitario que outros partidos con valentía política presentan, só merece a reprobación de toda a sociedade a cal representa. Polo que dende a asociación Que Voltem À Casa, animamos e solicitamos de partidos políticos e demais axentes sociais, a que pidan de forma inmediata a reprobación do Delegado do Goberno Samuel Juárez.
13 jun 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario