Recollemos e traducimos de Contra Info este Comunicado de Acción Anarquista Revolucionaria (Devrimci Anarşist Faaliyet, DAF):
Na mañán do 11 de xuño de 2013, a policía atacou a ocupación da praza Taksim e o parque Gezi. Despois dunha reunión do consello de ministros o día anterior (10/06), a policía chegou à praza a primeira hora da mañán, sobre as 07:00 e, mentras disparaba gases lacrimóxenos, as forzas represivas anunciaban que ian atacar o parque. Centos de oficiais de policía entraron na praza Taksi alegando que non ian atacar a praza e que só ian quitar as pancartas. Mentras arrincaban as pancartas do centro cultural Atatürk, un outro grupo de policías quería quitar as tendas da praza. A xente intentou impedilo e a policía atacou con gases lacrimóxenos a quen protestaban.
Mentras o ataque policial estaba en proceso, muita xente comenzou a achegarse à praza ante este ataque fascista. Para evitar que chegara a xente, a policía lanzou lacrimóxenos no metro e fechou o transporte na estación de metro de Taksim.
A policía usou unha enorme cantidade de lacrimóxenos, bombas de son (granadas aturdidoras) e balas de goma à vez que arroxaba auga a presión polos cañóns de auga. Un grupo de resistentes fixo unha cadea humana agarrándose dos brazos e a policía disparou latas de gas lacrimóxeno a corta distancia. Muita xente resultou ferida polas latas de gas, pero despois de que pasara o efecto dos gases, muitxs manifestantes se reagruparon e volveron a facer a cadea.
A pesar de que a policía anunciou que non ia haber “intervención” no parque, lanzaron muitos gases, incluso na enfermería que había e se tivo que levar desa zona axs feridxs.
Muita xente resultou danada polos gases lacrimóxenos e as balas de goma. Alp Altinörs, membro da iniciativa solidaria de Taksim, foi alcanzado por unha bala de goma na sua frente e tivo que ser evacuado ao hospital en ambulancia. Vese que a policía apunta direitamente à xente cando dispara.
Por outro lado, a policía empezou a facer redadas nos espacios e oficinas políticos. A sede do PDS (Partido Democracia Socialista) foi arrasado e se puso baixo custodia a muitas persoas à forza. A policía alxemou axs resistentes e xs apaleou brutalmente mentras eran detidxs.
A pesar do duro ataque, a xente segue resistindo na praza Taksim e o parque Gezi. O Estado fascista, a opresión e o terror policial non poden desalentarnos, a nosa luita continúa e a nosa rabia medra, tambén o fai a nosa luita.
Estambul está en todas partes; a resistencia contra o terrorismo de Estado, a violencia policial e a explotación capitalista está en todas partes.
Disturbios, revolución, anarquía!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Concentración en apoio ó pobo turco onte en Vigo:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=A9X2ijpmXkg&feature=youtu.be