25 jun 2013

Manipulación Informativa da TVE sobre a mina de Tantalio na Penouta (Ourense)

"Nunca el silencio fue tan gráfico. La ropa tendida y el ganado cobran el protagonismo en estas calles de Penouta donde sólo una veintena de lugareños llena el espacio vacío". Así tan a gusto despáchase unha nova entrega do folletín promineiro instaurado pola dirección do ente público, que vai camiño de converterse na nova Telemadrid. Neste caso no Informe Semanal do 22 de xuño coa enésima reportaxe sobre a mina ourensana de Penouta, en Viana do Bolo, esa vila de case 100 habitantes que para a Xunta de Galicia quere ser o novo Congo polo tántalo que aínda conteñen as entulleiras da antiga mina de estaño e que agora ansía a multinacional Pacific Strategic Minerals, que se xacta na súa páxina web da boa cobertura mediática: "Reabren una mina de tantalio en Ourense que multiplicará el empleo en la zona", din -citando- as boas novas en Antena 3.

E é que se non queremos caldo, teñen que ser dúas cuncas, xa sexa en Crónicas sobre as bondades da minaría do ouro en Asturias, en Informe Semanal ou de xeito permanente no Canal 24 horas. "En este mundo moderno Penouta pareciera una aldea fantasma, que en la década de los 80 cerró la puerta a la vida cuando su vecina más próspera, esta mina a cielo abierto, empezaba a mostrar sus entrañas resecas". Ou sexa, que se non hai mina hai vida. Nuria Ramos e Rosa Alcántara, autoras da reportaxe, volven lucirse, curiosamente, cando o proxecto de Pacific Strategic se pasa por riba de directivas europeas como as de Hábitat, Aves e Auga nunha zona de alto valor ecolóxico, a tan só 50 metros do Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para as aves (ZEPA) de Pena Trevinca. Porque no Congo galego todo é posible.

"Galicia é unha mina", recorda machaconamente a administración autonómica a través dunha campaña institucional pagada polos contribuíntes. "No que se refire á sostibilidade, a redución do impacto ambiental e a rehabilitación de espazos son outras das premisas da minería. Calquera proxecto ten que ir vencellado a un plan integral de restauración do seu entorno e da súa biodiversidade". Que llelo recorden a Penouta, e ás 240 hectáreas de entulleira sen ningún tipo de restauración ambiental que deixou o hólding Rumasa tras extraer todo o estaño que lle foi posible do filón ourensano entre 1971 e 1986. E a Xunta sen inmutarse, claro. Porque as campañas institucionais non adoitan coincidir coa realidade.

Tampouco na Galiza.

Noticia colada e traducida de LaVozdelaMina

No hay comentarios:

Publicar un comentario