25 jun 2013

[Vigo] Actos de hoxe 25 e do xoves 27 da Campaña "Vivir dignamente é un dereito"

Damos difusión aos actos que tanto hoxe, con un Obradoiro de Decoración de Paraguas e Parasois, como o Xoves, con o acto final da Campaña da entrega das follas de denuncia social nos rexistros do Concello e da Xunta, que organizan conxuntamente vários colectivos de Vigo como ODS-Coia ou GAS:

Hoxe a partires das 17h00 nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia) Obradoiro para preparar os paraugas ou parasois que se levarán ao acto de peche da campaña "Vivir dignamente é un dereito", así que vinde con PARAUGAS e PARASOIS para decoralos con lemas reivindicativos, para facer deles instrumentos que nos defendan da que está a caer en forma de: paro, inxustiza, desigualdade, desafiuzamentos, corrupción, perda de dereitos...

O xoves 27 de xuño convocanos para a seguinte mañá de actividades:

- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro do Concello de Vigo. Na lonxa do concello ás 11h00.

- Manifestación dende o concello ata a Xunta, o percorrido será: Paseo Granada-Segunda República-Policarpo Sanz-Colón-Concepción Areal . A saída será ás 11h30 dende o concello.

- Acto de entrega colectivo e público das follas de denuncia social no rexistro da Xunta de Galicia. No edificio da Xunta (r/Concepción Areal 8) ás 12h15.

Baixo lema: "Coa que está a caer, Renda Básica XA" marcharemos dende o concello ata a Xunta protexidos por paraugas ou parasois, animamos a que os decoredes con lemas reivindicativos.

Precisamos de vos para facer un acto co que escoiten que esiximos os nosos dereitos agora!

Con estes actos a xente da ODS-Coia, da parroquia do Cristo da Victoria e do Grupo de Axitación Social pechan a campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través da recollida de follas de denuncia social esixen unha Renda Básica a Concello de Vigo e Xunta de Galicia.

Foron algo máis de dous meses de actos de rúa, mesas informativas, encontros con ducias de persoas, reunións con políticos e técnicos de servizos sociais, festas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario