14 jun 2013

MANIPULACIÓN INFORMATIVA da TVG sobre a Mina de feldespato de Xinzo - Comunicado DENUNCIA da Plataforma Veciñal "Corno do Monte"

Recollemos da web da Plataforma Veciñal "Corno do Monte" esta denuncia da Manipulación informativa ofrecida na TVG ao dar a noticia de que non iase realizar a mina de feldespato, onde fica a idea no espectador de que este problema xa está resolto (“Os agricultores deixaron as mobilizacións e contentos volveron ao campo”) cando esa non é a verdade, pois as declaracións do Presidente non deixan ser meras declaracións sen validez legal algunha.

Copiamos e colamos:

Este xoves 13 de Xuño, a Plataforma Veciñal Corno do Monte foi entrevistada por xornalistas da TVG a petición dos mesmos.

Nas declaracións feitas polos membros da Plataforma Veciñal deixouse claro que:

- Nas declaracions do Presidente da Xunta reflexase o traballo feito polos veciños da Limia, e especial os dos oito pobos afectados directamente, en contra da mina Faramontaos 5089

- Mentres non estea por escrito onde debe estar (en alusión a resolución negativa que debe emitir o Consello da Xunta e a súa posterior publicación nos boletíns oficiais), a veciñanza non considerará denegada a licenza

- Así mesmo exisimos a eliminacion da concesion mineira Faramontaos 5089, para non andar con estas leas cada 3 días.

- Ademais débese cambia-lo actual plan sectorial de actividades extractivas, xa que a súa aprobacion significaría a aprobación de calquer mina e en calquer lugar de Galicia, feito que nos ameaza continuamente a nós.

Vista a noticia emitida pola Televisión de Galicia, consideramos que non se axusta ao rigor e ética xornalística propia desta noble profesión, tendo o agravante de que estamos a falar dun medio galego e dos galegos, que sostemos cos nosos impostos e do que agardamos o máximo rigor e IMPARCIALIDADE.

Todo isto débese a que a noticia deixa idea no espectador de que este problema xa está resolto (“Os agricultores deixaron as mobilizacións e contentos volveron ao campo”) cando esa non é a verdade, pois as declaracións do Presidente non deixan ser meras declaracións sen validez legal algunha.

Ante estes feitos queremos deixar claro que:

As declaracións do Presidente da Xunta son o reflexo do traballo e esforzo feito pola veciñanza Limiá, en especial das aldeas afectadas.

A LICENZA NON ESTARÁ DENEGADA ATA QUE SE CUMPLAN OS REQUISITOS LEGAIS, que agardamos que se tramiten coa máxima celeridade posible

O proxecto mineiro de Minercer SL afecta a 1400 hectáreas, das cales 1200 son cultivadas tódolos anos.

A AMEAZA MINEIRA NA LIMIA continuará mentres a Xunta non ELIMINE A CONCESIÓN MINEIRA.

A veciñanza integrada toda na Plataforma Veciñal Corno do Monte, non cesará as mobilizacións ata que o Plan Sectorial Mineiro cambie e se resolva a problemática das minas xerada polos gobernantes.

A Plataforma Veciñal Corno do Monte non cesará o seu contínuo apoio a tódalas plataformas galegas integradas en Contraminacción.

Agardamos a rectificación da noticia para que sexa contada conforme aos canons da ética xornalística.

Preme para ver a nova da tvg

No hay comentarios:

Publicar un comentario